Un domingo de cine en Fisterra
07:27 28/08/12
O verán vai chegando ao seu remate pero aínda van xurdindo diferentes opcións para aproveitar, por exemplo, as noites. É o caso da vila de Fisterra, que acollía na noite do pasado domingo a proxección da película Vilamor, de Ignacio Vilar. A proxección forma parte do cine de verán que organiza a Rede de dinamización Lingüística en colaboración co Concello de Fisterra.
O filme non era unha película máis. A particularidade residía na presenza na película da moza natural de Fisterra, Marta Lado.
Abundaron os aplausos e ata houbo tempo para unha pequena homenaxe. O alcalde de Fisterra, José Traba fixolle entrega dun ramo de flores a Marta Lado, co gallo de felicitala polo seu traballo.
Foron arredor de douscentos fisterráns e visitantes os que quixeron pasar unha noite de cine ao aire libre.
Máis información
Novas relacionadas
- Vilamor: De New York a fin do mundo con dous premios
- Cee, Muros, Zas, Corme e Fisterra proxectarán o filme galego Vilamor.
- A caravana Vilamor chega a Cee con actores da Costa.
- Entrevista con Santi Romay, un malpicán en todos os “fregaos”.
- As entrevistas do GDR: César Cambeiro.
- Corcubión, Corme e Carballo recuperan as vellas salas de cine.
- A Feira do Libro e a Mostra de Teatro, puntos fortes do programa de verán de Cee.
- Da Galicia de Fisterra á Galicjia dos Cárpatos pasando por Baio.
- Un premio MAX para os Pelos na Ligua de Talía Teatro.
- Premos María Casares 2012: Talía Teatro e Vicente de Souza traen dous novos premios á Costa duns María Casares máis reivindicativos ca nunca.
- Os actores da Costa tamén se reivindican contra o desmantelamento cultural.
- Soñando no mar da Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).