Venres. 11.10.2024
El tiempo

Veciños de Fisterra entregan as sinaturas ao Arcebispado pedindo a retirada das pinturas

Veciños de Fisterra entregan as sinaturas ao Arcebispado pedindo a retirada das pinturas
Jose Insua no Arzobispado Jose Insua no Arzobispado

Despois de entregalas no Concello, esta mañá de venres 20 de novembro de 2015, un dos membros da nova da Asociación de Veciños Finisterre, José Miguel Insua Traba (novo tesoreiro tras a renuncia de Ángel Manuel Rivas Santamaría), entregou no Arcebispado de Santiago un escrito esixindo a retirada da pintura augamarina da igrexa de Santa María de Fisterra.

Agardan que "o arzobispo sexa sensible ás nosas peticións e que se poida así conseguir o noso obxectivo que non é outro que a retirada desta cor e a restitución á situación orixinal da igrexa".

En todo caso, aseguran que seguirán "traballando ante as institucións que sexan necesarias para acadar este fin e confíamos en que tanto o arcebispo Julián Barrio, como o seu bispo auxiliar Jesús Fernández e o Chanceler Elisardo Temperán nos axuden nesta ardua laboura".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios