Venres. 19.04.2024
El tiempo

Volven denunciar o eterno caos circulatorio na estación de buses de Fisterra

Caos nos buses de Fisterra
Imaxes do caos de tráfico na estación de buses de Fisterra
Volven denunciar o eterno caos circulatorio na estación de buses de Fisterra

Chega o verán, e volve o caos a Fisterra. Ano tras anos chegan queixas dunha veciñanza farta de atascos, de ruídos, de fumes dos motores encendidos, pero ningunha das administracións fai nada para resolvelo.

Á acumulación de buses so serviso de transporte “público”, súmanse os camións de reparto, condutores ou autocaravanas de turistas, os propios veciños ou os traballadores da zona portuaria, enchen a rúa Federico Ávila, xusto na entrada da Rúa Real, paso de entrada do Camiño e lugar onde se atopa o alburue municipal.

Se ben o caos é continuo, sinalan que a situación se complica máis sobre todo os días de mercado, martes e venres, cando o tráfico no paseo de Calafigueira está cortado, por iso é polo que a única entrada e saída da zona portuaria sexa exclusivamente na rúa Federico Ávila, onde está situada a estación.

Así o denuncia a Asociación de Veciños Costa da Morte de Fisterra, que critica que non se faga nada ante o “caos para o tráfico rodado” que pode provocar accidentes ou atropelos.

Dende a vila lamentan esta situación que ofrece unha mala imaxe para o turismo, ademais das complicacións para a veciñanza, nun lugar onde as infraestruturas, como o aparcamento do porto, quedan pequenos en datas de alta ocupación.

Polo menos, dende a entidade solicitan “a presenza da Policía Local está concertada de 12 a 14 horas, os martes e venres, na zona da Estación de Autobuses da rúa Federico Ávila para evitar atascos e o risco para os usuarios do transporte público”.

NOVAS RELACIONADAS

 

Comentarios