Venres. 29.03.2024
El tiempo

Xulgado por asasinato 5 anos despois

Xulgado por asasinato 5 anos despois
Casa de Antonio Insua na Rúa do Carme de Fisterra Casa de Antonio Insua na Rúa do Carme de Fisterra

Había case un ano que non sabiamos del, pero Guillermo Marcote Traba leva todo ese tempo no cárcere sen ter sentencia firme. Foi detido como acusado dun delito de asasinato 4 anos despois do suceso, tras a reapertura, por parte do Xulgado, dun caso pechado por suposto suicidio 4 anos antes, nunha extraña operación policial, que a súa familia xa tildou de “detención ilegal” provocada pola “incompetencia da Policía Xudicial”.

Como xa nos contara a súa familia o acusado asinara un papel coa suposta declaración na que recoñecía a autoría do asasinato envolto nunhas estranas circunstancias, "baixo presión e baixo os efectos dun porro que lle deixou fumar a Guarda Civil e sen medicación".
Cómpre lembrar que falamos dunha persoa con discapacidade, con episodios de esquizofrenia e epilepsia, e consumidora habitual de drogas, que á hora de explicarlle a familia por que asinara o papel explicaba aquelo do "A polisía é sempre boa". Dixéronme que se declaraba en min contra aos 15 días sairía e que se non estaría 15 anos no cárcere", engadía o pasado martes no xuízo, que tempo que argumenta que el non matara a Antonio Insua Canosa porque "era o meu amigo".

Agora, en pleno xuízo, o fisterrán enfróntanse a unha pena de 24 anos de cárcere por asasinato e roubo con violencia, ademais dunha indemnización de 50.000€ a cada un dos dous fillos do falecido, que non acodiron ao xuízo.

Incongruencias nos testemuños

A 1ª sesión do xuizo na Audiencia Provincial da Coruña (a segunda parte será hoxe e o caso quedará visto para sentenza), servíu ademais para comprobar as incongruencias das testemuñas. Pasaron polo estrado as 4 parellas de Gardas Civís implicadas no caso. As 2 primeiras parellas, de Carballo, eludiron responsabilidades por ter pechado o caso no seu momento, aló polo 2008.
Os 4 axentes da Coruña que detiveron a Guillermo tampouco atinaron e apuntaron que lle deran a medicación en 4 momentos distintos, e mesmo un asegurou que non lla deran antes de asinar a suposta declaración. Un punto clave.

Quen tamén pasaron polo estrado foron varias das testemuñas. I é que os 4 veciños nos que se basearon os Garda Civís para implicar a Guillermo cambiaron as súas declaracións. Un deles xa non dixo que Guillermo lle contara que o matara, senón que o "baticara", e mesmo asegurou que aquela noite do 2 de febreiro de 2007 volvera achegarse ao piso da rúa do Carme.
Outra das testemuñas, un veciño de Muxía, asegurara que vira a Guillermo ensangrentado por toda a roupa, pero onte só dixo que tiña os nudillos, probablemente de batir na porta.

O informe forense

Pero outro dos puntos claves é a hora do suceso. I é que todos os feitos nos que se implic a Guillermo sucedería unha suposta tarde noite de xoves. Pero o cadáver foi levantado o sábado ao mediodía e o forense asegura no seu ditamen que a morte foi entre as 12:00h da mañá e as 24:00h do venres.

A partir de mañá o xuízo quedará visto para sentencia á espera do que determine o xurado. Polo de pronto, Guillermo Marcote Traba xa leva un ano en prisión.

Novas relacionadas

Fonte

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios