Venres. 19.04.2024
El tiempo

15 anos de historia sobre o tapete de San Andrés

Un Zas-Soneira de 1 en San Andres na tempada 2008-2009-Foto-Marcos Rodriguez
Un Zas-Soneira de 1ª en San Andres na tempada 2008-2009-Foto-Marcos Rodríguez
15 anos de historia sobre o tapete de San Andrés

Esta semana comezaron as labores de renovación do céspede do campo de San Andrés de Zas. Era unha verdadeira necesidade, pois cada vez que caían 4 gotas o campo se anegaba absolutamente obrigando mesmo a suspender varios encontros.

Obras de renovacion do cespede do Campo de San Andres de Zas

Foron 15 anos dende a súa instalación, e por iso convén facer un repaso pola historia do campo zaseiro.

O campo “San Andrés” de Zas comezou a disputar partidos oficiais, trala súa remodelación, na tempada 2003-04. O primeiro fito singular acontecía na tempada 2005-06, cando celebraría o primeiro éxito no mesmo o Sporting Zas proclamándose por primeira e única vez ata agora Campión da Copa da Costa, ao vencer ao Castriz por 4-0, remontando o 1-0 da ida.

Na tempada 2006-07, o Sporting Zas alcanzaría o título de Campión da Liga da Costa (2ª Autonómica), ascendendo a 1ª Autonómica, da man do adestrador Berto.
Esa mesma tempada, celebraban o campionato de Liga de infantís, disputando a fase de ascenso á Liga Galega.

O primeiro descenso sufriríao o Sporting na tempada 2008-09, perdendo a 1º Autonómica por mor dos temidos arrastres.

Un Zas-VImianzo en San Andres da 09-10

Na tempada 2009-10, novo éxito sportinguista, co título de Liga da Costa, en 2ª Autonómica, ascendendo de novo a 1ª, en dura loita co Xallas, decidido pola diferenza de goles a favor do Sporting. Curiosamente, o último partido na casa daquela campaña, co equipo ás ordes de Felipe Solís, caía por 3-4 ante o Vimianzo (na foto), ficando obrigado a vencer por goleada ao Montelouro na última xornada naquel Agra da Filgueira de terra para alcanzar o campionato.

Na campaña 2010-11, o Zas non alcanzaría a permanencia en 1ª, descendendo novamente a 2ª.

Na tempada 2011-12 chegaría unha nova celebración no campo zaseiro, co título de campión de Campión da Copa da Costa de Xuvenís, ao derrotar na final a dobre partido ao Cabana, polo valor dobre dos goles en campo contrario, tras empatar a dous tantos en Cabana e sen goles en San Andrés.

Entre a serie de xornadas tristes vividas en San Andrés, dende o club lembran aquel partido de xuño de 2015, cando o cadro zaseiro recibía ao Tordoia na Fase de Ascenso á 1ª, despois de que o cadro dirixido por Iván Cancela quedase segundo na Liga da Costa. O campo enchíase para celebrar un novo ascenso, pero o Tordoia vencía 1-2 deixando ao Zas ás portas do ceo.

O frustrado ascendo do Zas en San Andres ante o Tordoia na 14-15
Imaxe do frustrado ascenso ante o Tordoia da 14-15

Unha das últimas grandes alegrías que brindou o Zas á súa afección tiña lugar na tempada 2015-16 o Sporting, como subcampeón de Liga da Costa, disputaría a fase de ascenso a Primeira, logrando retornar á citada categoría tras vencer en Bastavales. O equipo puido celebralo nunha última xornada de trámite no San Andrés.

A alegría durou pouco por Zas, por unha vez máis non duraría máis dunha temporada na categoría autonómica, descendendo de novo á Liga da Costa.

Curiosamente, o último partido en San Andrés foi o Sporting - San Román de Veteranos, que pode outorgar o título de campión da División de Honor ao Sporting no primeiro campionato federado.

Felipe Solis durante o partido dos Veteranos entre Zas e San Roman-Foto-Costa Futbol

Novas relacionadas

Comentarios