Venres. 19.04.2024
El tiempo

Gran mazazo á familia do Zas tras quedar ás portas do ascenso

Gran mazazo á familia do Zas tras quedar ás portas do ascenso
Ambientazo en San Andres para o Zas-Tordoia-Foto-Paula

Vestíase de gala San Andrés cunha espectacular entrada con 580 persoas. A ruidosa afección do Tordoia facíase ver ante unha parroquia local que chegaba moi ilusionada, que quería ver o seu equipo na 1ª Autonómica, despois de dúas semanas nas que a posibilidade do ascenso estivo moi preto.

Pero foi un auténtico mazazo para a familia zaense despois de perder unha liga no minuto 84 hai un mes e agora o ascenso no minuto 94. Un mazazo que sofre tamén o Montelouro, que soñaba con que o Zas liberase unha praza na Liga da Costa para manter a categoría pero que ve como terá que xogar o ano que vén na 3ª Autonómica.

Un mazazo que non permite que o míster Iván Cancela, que tantos amigos deixa en Zas camiño do seu novo equipo (retorna ao XSC), se despida cun gran éxito como o ascenso. En todo caso quere dar as "Grazas a toda a xente do Zas polo ben que se portou conmigo e donde deixo moitos amigos. Sinto enormemente non acabar esto con un ascenso. O fútbol foi duro con nós. Agora toca levantarse porque estos xogadores, directiva e afección son enormes. Felicitar ó Tordoia polo ascenso tamén”.

O Zas na Fase de Ascenso-Foto-Paula

Zas - Tordoia (1-2)

  • ZAS: Rizos, Josito (Martín, min.90), Diego (Fabián, min.60), Isma, Vecino; Canedo, Peke; Manu, David Blanco, Rubio e Álex Flores.
  • Goles: 0-1, min.36; 1-1, min.82: Rubio a pase de David Blanco; 1-2, min.94.

Un partido marcado polos 30 grados. Un partido serio do Zas e que tivo paciencia para repoñerse ao gol inicial dun Tordoia que practicaba un xogo directo sen complicacións. O Zas defendeu ben, e foi un choque sen demasiadas ocasións.

O Zas tivo máis a iniciativa na sgeunda metade, consciente de que un empate lle valía. A alegría invadía o campo cando Rubio marcaba un empate que valía un ascenso, pero cando se cantaba o ascenso, o cadro visitante marcaba xa con 4 minutos sobre o desconto botando un xerro de auga fría sobre o Zas.

Houbo uns momentos convulsos. Nese momento do tanto, varios afeccionados visitantes saltaban ao campo e caía un cubito de xeo ao céspede, e o colexiado, demasiado rigoroso decidía parar o partido (a falta de 2 minutos de desconto) e esperar á Garda Civil. Media hora máis tarde reanudábase o choque e o Zas non conseguía igualar o partido quedando ás portas do ansiado ascenso á 1ª Autonómica.

Partido parado no Zas-Tordoia no desconto-Foto-Paula

Novas da Gala

Crónicas da semana

Artigos futboleiros

Primeiros títulos colleitados

Máis información

Fonte

Comentarios