Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os 18 adestradores do Fútbol da Costa que homenaxeará a RFGF

Adestradores de Honra do Futbol da COsta
Na fila de arriba: Juan Ramón Lobelos Insua, José Antonio Moreira Fernandez, Manolo Varela Rey, Moncho Vasrela Rey e Javier Lodeiro Eniceto. Na segunda: Agustín Costa, José Pasantes García “Camuel”, Manolín Olveira, Manín e José M. López Canosa; Na terceira: Manuel Fariña, Sieso, Calabanda, José Antonio Periscal Barca e Jesús Lado Lestón; e na última: Rochicholi, Nito e Yuli
Os 18 adestradores do Fútbol da Costa que homenaxeará a RFGF

Este xoves 24 de xuño, no Centro Cívico de Malpica, a partir das 20:00 horas, a Real Federación Galega de Fútbol vai realizar unha homenaxe moi especial. No marco dunha campaña a nivel galego, o Comité Galego de Adestradores que dirixe Iván Cancela, remata na Costa unha xeira de homenaxes por toda Galicia a adestradores cunha importante traxectoria (65 anos aprox. e uns 15 anos de traxectoria).
Unha iniciativa que ten como obxectivo homenaxear a darlle as gracias a unha serie de adestradores que tanto traballaron polo fútbol galego, independientemente da categoría. Adestradores que viviron unha época diferente, moito máis difícil e con moitos menos medios.

Son 18 os que recibirán o Carné de Honra e un diploma acreditativo do Comité, nun acto ao asistirá o presidente da RFGF, Rafael Louzán, e a directiva Silvia Cancela, entre outros federativos.

ADESTRADOR IDADE ANOS ACTIVO TRAXECTORIA XERAL
Juan Ramón Lobelos Insua 63 15 Fisterra SD e Lira CF.
José Antonio Moreira Fernandez 64 30 Coristanco SD, Cabana SD, CD Baio, SD Negreira, At. Arteixo, Bergantiños CF e SCD Malpica.
Manolo Varela Rey 67 15 Deportivo Carballo Xuv., Sofán SD (Xuv. e Senior), SCD Malpica e Bergantiños CF (Base e Senior).
José Ramón (Moncho) Varela Rey 66 20 Sofán SD Base, Corme CF, Cabana SD, Bergantiños CF Xuv., Sp. Zas, CD Baio e SCD Malpica Base.
Javier Lodeiro Eniceto 60 30 Ames, SD Negreira, Carnota, CD Baio, CF Noia, Esteirana SD e SD Urdilde.
Agustín Costa Pose 65 20 Cabanas SD Xuv., At. Milagrosa, Bergantiños CF (Base e Senior), Ponteceso Escola Deportiva e SCD Buño.
José Pasantes García “Camuel” 67 10-15 Camariñas CF.
Manuel Oliveira Gómez “Manolín” 78 +45 Marín CF, UD Corcubión, Unión Club Cee, Fisterra SD, CD Baio, Burela SD, SD Negreira, Outes FC, Soneira SD, Lira CF, Camariñas CF e Sp. Meicende.
José López Marcote “Manín” (Fisterra) 69 15 UD Corcubión, Fisterra SD, CD Muros, Lira CF, Muxía CF, Ponteceso SD, Soneira SD, Asteirana e Cabana SD.
José M. López Canosa 72 50 Fisterra SD, UD Cee, SD Compostela, CF Vista Alegre, CD Conxo, CD Calasainz e Dumbría CF.
Manuel Fariña de Buño 73 20-25 SCD Buño, SCD Malpica, Ponteceso SD, UD Cerqueda, Soneira SD, Deportivo Carballo e Bergantiños CF (Infantil).
José Ramón Gómez Ayala “Sieso” 67 0 Muxía CF, Carnota, Cabana SD e Soneira SD.
Carlos Ortiz Rochicholi 64 12 At. Milagrosa, Bergantiños CF, CD Muiño, Sp. Zas, UD Cerqueda, Coristanco SD e SD Laxe.
Benedicto Quintela Trillo “Nito” 65 15-20 Lira CF, Carnota, Mazaricos CF, Muxia CF, UD Corcubión e At. Pereiriña.
Jorge Mira López “Calabanda” 65 15-20 UD Corcubión, Fisterra SD, Camariñas CF, Porteño CF, UD Cee base, CD Nantón e CD Baio Xuv.
José Antonio Periscal Barca 73 15 SDC Órdenes, Bergantiños CF, Sofán SD, SCD Malpica, San Lorenzo SD e Ponteceso SD.
Jesús Lado Lestón 64 10 Carnota, UD Corcubión, Dumbria CF, Esteirana SD e Lira CF
Francisco Collazo Añón “Yuli” 68 20-25 Club do Mar (Base a Senior), SCD Malpica e CD Marte.

Homenaxe a Manolo Martín

A RFGF tamén quere aproveitar este acto para facerlle un merecido recoñecemento a Manolo Martín, unha persoa que destaca pola súa continua labor solidaria coa Costa da Morte, en especial con Muxía, a través do torneo de fútbol que leva o seu nome.

Comentarios