1ª e 2ª FEM: Escapa o Tordoia mentres o Corme supera ao Cee e alcanza ao Muxía
Venceu o Tordoia no Conco e empatou o Muxía ante o Bergan B, co que o cadro de Curro escapa no alto da táboa (10 de 10 levan) e o Corme, tras sumar a súa 6ª vitoria seguida ante o Cee, alcanza ás Corviñas na 2ª praza.
Polo demais, boas sensacións na Esteirana, que sumou a súa segunda vitoria seguida, e regulares do Xallas, que suma 4 partidos sen coñecer a vitoria na 1ª FUTGAL.
1ª Div. Fem, xornada 10
Antas - Xallas (3-2)
- Xallas: Peta, Ahinoa, Silvia, Andrea Otero, Sara, Noe, Isa, Paula Barcia, María Rial, Olalla. Tamén: Graci e Daniela.
- Goles: 1-0, m.47: Jenny; 2-0, m.68: Nuria; 3-0, m.73: Jenny; 3-1, m.78: Olalla; 3-2, m.81: en propia.
A primeira parte estivo igualada, na que mellor ocasión puido adiantar aos xalleiros por medio de Oli nun golpeo dende a frontral, no que a porteira rival mete unha man abaixo e fai un paradón. As locais tiveron tamén un remate ao pao.
Abriuse máis o partido na segunda, cun gol nada máis saír, tras un tiro cuzado que Peta (a porteira do B, Valeria Gasco, que tivo que xogar ante a falta de Rosío) fai un paradón pero Jenny marca no rexeite para as locais. Seguían máis acertadas as locais que se colocan 3-0 a falta de 15 minutos.
Reaccionaron aí as de Eloy, que avisan cunha xogada que salva unha defensa baixo paus e recurtan por medio de Ol cun golpeo dende a frontal. Volvía aparecer Peta para facer un paradón a un balón que ía á escuadra, pero o Xallas o segue intentando. Barcia avisa nunha xogada por banda que non atopa rematadora, e a falta de 10 minutos, chega o segundo nunha falta lateral que bota Noe cerrada rasa e a defensa intenta despexar introducindo o balón na súa propia portería. De aí ao final intentárono as verdes pero sen acerto, quedado cun sabor agrio pero coa sensación de estar competindo moi ben.
2ª Div. Fem. Gr. 1, xornada 10
Muxía - Bergantiños B (1-1)
- Muxía: Vero, Ana Toba, Eva Lago, María, Nerea Barrientos, Andrea Piroja, Elsy, Patri Romaní, Laura Doce, Barca e Eva Lema. Tamén: Raquel, Paula, Sheila, Andrea e Karen.
- Goles: 0-1, m.9: Lucía Canosa; 1-1, m.65: Patri Romaní.
Sabe a pouco o empate no cadro de Noe Iglesias. Nos primeiros minutos de xogo, un erro de Vero na saída de balón propiciou o gol rival, realizado pola ex do Cee, Laura Canosa. O Muxía mandaba no campo, cunhas internadas de Patri que só paraban a base de faltas, algunha mesmo fea. Tiveron as Corviñas dúas ou tres ocasións claras que entre a súa porteira e a mala puntería non subiron ao marcador. Aínda así, non atopaban a mellor versión ante un filial ben armado atrás.
Na segunda parte, cos cambios tácticos melloraron as locais, un punto superiores fisicamente. Pero os cortes de xogo a base de faltas e interrupcións impediu manter un ritmo alto. Chegou o tanto de Patri, e houbo varias claras, como varias de Eva Lema, pero a porteira carballesa parábaas todas Eva Lema. O bergan B marchou de Arliña cun punto sen apenas tirar baixo paus.
Corme - Cee (3-1)
- Corme: Lucía; Saskia, Laura, Lucía; Zeltia (Salomé), Olalla, Ana, Natalia; Carla, Claudia, Cris. Tamén: Candela, Nerea e Carla Vázquez.
- Cee: Noemi, Lurs, Cris, Ramos, Sabela, Laura, Martínez, Nayara Casais, Naiara Vázquez, Sharay Caamaño e Saray Duarte. Tamén: Valeria, Cari, Lucía Caamaño, Carolina e Aroa.
- Goles: 1-0, m.27: Carla; 1-1, m.66: Saray Duarte cun golazo lonxano; 2-1, m.77: Saskia; 3-1, m.91: Claudia.
Partido entre dous equipos moi parecidos e con propostas semellantes, moi condicionado polo vento. Na primeira, co vento a favor, dominou o Corme, chegando o descanso con 1-0, tras un primeiro tempo no que o Cee tiña moitas imprecisións.
Xa na segunda o Cee pasaría a dominar e empataría o encontro, e cando peor o estaban pasando as de Rubén Souto, nun córner aparecía Saskia para volver adiantar ás locais no marcador. Colleu algo de confianza aí o Corme, pero o Cee seguía apretando e envocando o campo sobre a meta de Lucía. Pero a defensa cormelá estivo segura, e mesmo conseguía sacar algunha contra, como unha que Valeria lle sacou a Claudia, pero non puido facer o propio na última, que significou o terceiro.
Dumbría - Tordoia (1-5)
- Dumbría: Liss, Carril, Adriana, Mariña, Carla Recarey, Carla Lago, Sabela, Elba, Paula Fandiño, Alba. Tamén: Carla Pérez, Alicia, Cundíns, Yolanda e Lara.
- Goles: 0-1, m.2: Rebeca Puente; 0-2, m.6: Andrea Costa; 0-3, m.23: Tamara; 1-3, m.37: Paula Fandiño de penalti; 1-4, m.63: Tamara; 1-5, m.73: Ana Domínguez.
Equipazo o que ten o ex do Ponteceso Curro, que ademais se atopou cun Dumbría durmido. Saíron desubicadas e desconectadas as dumbriesas nun partido que sabían que tiñan que dar o 200%, pero en 5 minutos xa perdían 0-2 , cun tanto da pichichi da categoría, Rebeca Puente que suma 16 goles, polos 14 da muxiá Barca, e outro de Andrea Costa.
Non eran quen de repeler o dominio visitante o cadro de Santi Lira, que vía como as visitantes vencían cada duelo, cada segundo balón, e xeraban perigo chegando e combinando. Si que sacou algún momento de bo xogo o cadro local, pero con pouca continuidade, rematando cunha vitoria xusta das líderes.
Esteirana - Brexo Lema (7-3)
- Esteirana: Maruxa, Tobío, Nerea, Sara, Lara, Lidia, Nuria, Melania, Marta Piñeiro, Bárbara e Rut. Tamén: Uxía.
- Goles: 1-0, m.5: Bárbara; 1-1, m.17: Laura; 2-1, m.20: Bárbara a centro de Rut; 3-1, m.22: Bárbara en xogada individual; 4-1, m.26: Melania; 5-1, m.53: Rut; 5-2, m.56: Laura; 6-2, m.65: Bárbara; 7-2, m.70: Rut; 7-3, m.72: Alba.
Partido no que o cadro local dominou dende o comezo, marcando moi pronto por medio de Bárbara. Pero nun erro nun córner empataban. Reaccionaron rápido as locais, que estaban moi finas arriba, marcando 3 tantos Bárbara e Rut, que tivo que probar á meta visitante en varias ocasións antes de marcar. Continuaba o dominio local na segunda, un pouco máis igualado, pero foron caendo os goles. Si que tivo que facer un paradón Maruxa.
Crónicas da #LigadaCostaFEM
- X.6: O Juan Cabrejo non perdoa.
- X.5: O Camariñas non cede nin co Cabana.
- X.4: 4 equipos seguen invictos.
- X.3: Xornada a medias moi igualada.
- X.2: Corcubión e Camariñas, un paso por diante.
- X.1: Comezou a rodar o balón.
Crónicas da 1ª e 2ª Div.
- X.8: Muxía e Dumbría demostran o potencia do Fútbol da Costa.
- X.7: Cee, Dumbría e Corme pegan un salto.
- X.5: No pelotón.
- X.4: Muxía e Tordoia presentan candidaturas<7a>.
- X.3: O Muxía mete medo.
- X.2: O Corme superou ao Dumbría nun partido máis igualado do que sinala o marcador.
- X.1: 1ª e 2ª FUTFEM: O Muxía presenta credenciais.