#LigadaCostaFEM: O Camariñas non cede nin co Cabana
O Camariñas superou unha pedra de toque como era o Cabana e continúa líder contando os seus partidos por vitorias e aumentando a distancia cos seus inmediatos perseguidores, Outes e Soneira a 4 puntos e Corcubión e Cabana a 5 puntos.
Laura Lires (Outes) e Kenny (Vimianzo) comandan, con 9 dianas, a táboa de máximas goleadoras, por diante de Sandra López (Corcubión) que ten 8 despois dos 3 do domingo). Por aí tamén aparecen Carla Vidal (Outes) con 7, e María Castro (Corcubión), Sofía Caamaño (Muídas) e Oanes (Ponteceso) con 5.
3ª Div. Fem., grupo 3, xornada 5
Miúdas - Outes (3-3)
- As Miúdas: Adriana Siaba, Lago Leire, Sabela, María González, Maria García, Sofia Caamaño, Salomé, Adriana, Ana Romero e Iria. Tamén: Amina, Alba, Lola e Nicole.

- Outes: Lía, Fátima, Antía, Ali, Erika, Carla, Campos, Gracia, Alonso, Buján e Gema Roo. Tamén: Laura Lires, Miriam, Marta Geroe, Cris e Uxía.
- Goles: 0-1, m.14: Carla; 1-1, m.18: Sofía; 2-1, m.46: Sofía; 2-2, m.55: Carla de falta; 3-2, m.83: Sofía; 3-3, m.86: Laura Lires.
Divertido partido no Eleuterio Balayo, competido, con constantes alternativas e moi bonito de ver. Empezaba o encontro cos dous equipos pelexando moito no medio e ataques frustrados polas dúas porteiras. Ata que nun balón dividido rouba Carla e tras regatear a defensa avanza sola cara Siaba e marca o primeiro. Pero estaban máis cómodas as locais que pronto empatan por medio de Sofía, unha das protagonistas do choque.
Nada máis sacar de centro marca de novo Sofía, pero Carla volve demostrar o seu idilio co gol cun golzo de falta. Foron as de Mané Senande a buscar máis o partido, e volvía aparecer Sofía para completar o seu triplete preto do final. Pero xa case no desconto, aparecía Laura Lires para salvar un punto para as de Dani Salgueiro.
Corcubión - Dubra (6-1)
- Corcubión: Xiana, Cris, Andrea Rod., Lucía Garea, María Díaz, Tati, Ana Sierra, María Castro, Sandra, Andrea Romero e Jimena. Tamén: Alexandra Lojo, Marta, Xaira, Juliette e Sandra García.
- Goles: 1-0, m.16: María Castro; 1-1, m.31: Carla; 2-1, m.40: Andrea Romero; 3-1, m.52: Sandra López; 4-1, m.62: Carla López; 5-1, m.67: María Castro de penalti; 6-1, m.85: Sandra López.
Saían as de Rubén Castillo coa intención de dominar o partido a través de ter a posesión. Porque lle está a costar este ano, e se ben houbo algún momento de bo xogo, tamén hai erros que costan caros. Así pasou á media hora cando as visitantes empataban o gol inicial de María Castro. Pero co paso dos minutos foron asentándose, chegando con máis claridade e deixando o choque sentenciado aoo comezo da segunda, deixando ademais boas combinacións.
Camariñas - Cabana (2-0)
- Camariñas: Desiré, Lara, Rocío, Aitana, Saray, Laura Pose, Yara, Laura Paredes, Alba (Ana Lelucha), Paula Mouzo (Lola) e Maira (Daniela>.
- Cabana: Miriam, Idania (Valeria), Mireia (Begoña), Iria (Nuria), Aroa, Inma, Alejandra (Natalie), Laura, Silvia, Adriana, Nerea (Sabela).
- Goles: 1-0, m.18: Aitana de penalti cometido sobre Paula Mouzo; 2-0, m.73: Paula Mouzo.
Era o partidazo da xornada, nunha nova pedra de toque para as líderes. O vento condicionou o choque, e permitiu que o Cabana dominase na primeira metade. Así e todo eran as locais as que se adiantaban tras unha pena máxima cometida sobre a capi encaixeira, Paula Mouzo. As cabanesas non foron quen de adaptarse ao partido e vironse impotentes ante un cadro local que soubo manexar os tempos, agardou ben armado atrás, e lanzaba contras perigosas.
Yara puido ampliar a renda na segunda, pero entre Miriam e o longueiro o impediron. Nunha contra tras un roubo, no ecuador da segunda, chegou o segundo tras un novo paradón de Miriam a tiro de Maira, pero que aproveita Paula para marcar o rexeite.
Cerqueda - Soneira (1-1)

- Cerqueda: Inés, Mariña, Uxía, Sara, Tati, Kayla, Saray, Antía, Raquel, Tania, Lorena. Tamén: Mónica, Valeria, Érika e Aroa.

- Soneira: Karen; Luana (Adri), Cris, Loly, Laura (María); Uxia (Kenny), Sara P, Tamara; Agra (Danni), Candela, Kelly.
- 1-0, m.44: Saray; 1-1, m.64: Kenny.
Partido no que o Soneira non conseguíu superar a barreira das xogadoras do Cerqueda, que van medrando co paso dos partidos. As locais anularon o potencial soneirán, e lanzaban algunha contra, pelexando ademais a saída do balón. Nun roubo de Tania ao fío do descanso, conseguía facerlle unha vaselina que remachaba Saray na boca de gol.
Na segunda parte saía máis forte o Soneira e, con máis corazón que cabeza, pechou ao Cerqueda no seu campo. Moita posesión, pero sen demasiada claridade. Kenny tivo un par de ocasións, unha para dentro e outra a piques, pero Inés estivo segura. Tamén as locais tiveron un par de córners ben botados por Antía que rondaron a meta de Karen.
Zas - Ponteceso (2-1)
- Zas: Alvite, Sara, Lorena, Atenea, Nuria, Andrea, Lara, Antía, Nerea, Lucia e Ruth. Tamén: Isa, Laura, Valeria.
- Ponteceso: Candela, Maica, Sabela, Lucía, Virgi, Laura Rod., Vila, Eva Carril, Clara, Lorena e Oanes. Tamén: Nerea, Miriam, Tati, Iria e Elena.
- Goles: 1-0, m.20: Antía; 1-1, m.38: Oanes; 2-1, m.53: Nuria.

Partido moi disputado en San Andrés, que comezaba co Ponteceso aproveitando o vento a favor, e tendo varias ocasións. A partir de aí xa o Zas se asentou no encontro e empezou a competir facendo dano ás costas das visitantes. Antía cun golazo de falta abría o marcador pero pouco durou a alegría nas de Anxo xa que as visitantes facían o empate nun córner case directo coa axuda dunha defensa.
Comezaba a segunda metade co gol de Nuria que se prantaba sóa diante de Candela tras un balón longo dende a defensa. Intentou ir polo empate o cadro de Alex Chouciño, pero as locais pecháronse ben atrás e no deixaron espazos tendo que aparecer Alvite nun par de ocasións, puidendo ter ampliando a renda as locais nalgunha contra.
Xallas B - A Baña (1-0)
- Xallas B: Valeria, Cali, Mar, Paula Maneiro, Judit, Noe, Saray, Laura, Mar, Yaiza e Michelle. Tamén: Alba, Valeria, Marta, Carmen e Noa.
- Gol: 1-0, m.53: Judit.
Primeiros 3 puntos que quedan en Santa Comba, o que deixa moi contentas pola vitoria e o traballo do equipo á adestradora Noe Vimi. As xalleiras saíron moi serias e concentradas aínda que un pelín nerviosas no primeiro tramo do partido. Saían na segunda con máis temple e xerando moito mais perigo en aáea rival, facendo Judit o seu primeiro gol na categoría, completando ademais un partido moi completo.
Resultado xusto que puido ser mais amplio se aproveitasen as ocasións as Yai, Mi e un man a man de Cali.
Crónicas da #LigadaCostaFEM
- X.4: 4 equipos seguen invictos.
- X.3: Xornada a medias moi igualada.
- X.2: Corcubión e Camariñas, un paso por diante.
- X.1: Comezou a rodar o balón.
Crónicas da 1ª e 2ª Div.
- X.8: Muxía e Dumbría demostran o potencia do Fútbol da Costa.
- X.7: Cee, Dumbría e Corme pegan un salto.
- X.5: No pelotón.
- X.4: Muxía e Tordoia presentan candidaturas<7a>.
- X.3: O Muxía mete medo.
- X.2: O Corme superou ao Dumbría nun partido máis igualado do que sinala o marcador.
- X.1: 1ª e 2ª FUTFEM: O Muxía presenta credenciais.