1ª e 2ª FEM: O Tordoia frea ao Muxía nunha semana con vitorias para Cee, Corme e Esteirana

Imaxe do Tordoia-Muxía na Rega

Viña marcada a fin de semana polo choque polo liderato entre Tordoia e Muxía, os dous grandes candidatos ao título da 2ª Div. Fem. Venceu o cadro de Curro, o ex do Ponteceso, nun partido no que as de Noe Iglesias mereceron moito máis. Queda moita liga e o Tordoia saca agora 6 puntos, pero cun partido máis.

Polo demais, se ben o Xallas perdía na casa e o Dumbría descansaba, boa semana para as nosas. 5ª vitoria seguida do Corme que xa se mete xa na promoción.
Vitoria tamén do Cee, adicada á capi Nerea, operada o pasado xoves.
E sobre todo, importante vitoria da Esteirana tras cinco derrotas consecutivas, ante un equipo da zona baixa, demostrando que non o cadro de Fran Figueroa non está situado aínda no sitio que lle corresponde na táboa.

1ª Div. Fem, xornada 9,

Xallas - Calo (0-1)

  • Xallas: Rosío, Ahinoa, Silvia, Andrea Otero, Daniela, Yaiza, Sara, Paula Barcia, María Rial, Espasandín e Olalla. Tamén: Soraya e Judit.
  • Gol: 0-1, m.79: en propia.

Con 5 baixas chegan as de Eloy ao partido tendo que xogar varias do filial. E lles custou entrar no partido ante un Calo que impuxo o seu ritmo, dende o comezo xa avisando con 3 chegadas claras nos primeiros 10 minutos tendo que aparecer Rosío cun paradón para manterse no partido. O último treito da primeira metade foi máis igualado, e mesmo Barcia tivo algunha boa internada por banda.

Saíron mellor as xalleiras na segunda, metendo ao Calo no seu campo e avisando por medio de Espasandín e Oli. Pero eran as visitantes as que acertaban a 10 do final, tras un córner cheo de mala sorte no que Sara despexa cara portería. Apretaron de aí ao final polo empate, que tería sido máis xusto, pero o marcador non se movería.

2ª Div. Fem. Gr. 1, xornada 9

Tordoia - Muxía (2-1)

  • Muxía: Vero, Ana Toba, María Rod., Barrientos, Raquel, Patri Romaní, Elsy, Laura Doce, Eva Lago, Eva Lema e Barca. Tamén: Sheila, Nerea Pazos, Paula e Andrea Piroja.
  • Goles: 1-0, m.14: en propia; 2-0, m.38: Rebeca Puente; 2-1, m.53: Barrientos.

Partido condicionado na primeira parte polas choivas, cun campo impracticable en moitas zonas pola cantidade de auga que caeu. Este escenario e o pequeno tamaño do campo xa facía presaxiar o difícil do choque. As de Noe Iglesias saían tentando ter o balón, coas rivais encerradas e cun xogo moi forte. Pero un erro nun despexe moi cedo xa lles regala un gol que pesaría moitísimo no bando muxián. Ademais, non eran as de sempre co balón, e os nervios do duelo importante provocarían que non combinasen como adoitan. Aínda así, Patri Romaní puido empatar o partido pouco antes de de que, tras un córner, segundo para o cadro de Curro.

Saíron as Corviñas na segunda parte, xa sen choiva e con algún charco menos, facendo o que mellor saben, xogar ao fútbol. Romaní foi un puñal polas bandas e aos 8 minutos xa recurtaban tras unha internada súa. A tónica da segunda parte foi un Tordoia encerrado e un Muxía envorcado e tendo ocasións que paraba a gran porteira rival. As perdas de tempo constantes e os despexes foron adiantando un reloxo que deixou ás visitantes con ganas de xogar 10 minutos máis para darlle a volta ao partido.

Eirís - Corme (0-2)

  • Corme: Lucía, Saskia, Laura, Lucía; Zeltia (Salomé), Olalla, Ana, Natalia (Candela); Cris (Nerea), Claudia, Carla.
  • Goles: 0-1, m.14: Claudia; 0-2, m.70: Carla.

Partido intenso o vivido o domingo na Coruña ante un Eirís que apretou moito. Pero as de Rubén Souto competiron moi ben, xogando cada vez mellor pero aínda con marxe de mellora. Co apoio da afección que se volveu desprazar, foron dominadoras, marcaron e souberon aguantar os momentos de ataque herculinos, e volveron para cunha molladura pero cos 3 puntos, está xa aí, na zona noble a pesar do inicio irregular.

Cee - San Lázaro (3-1)

  • Cee: Noemi, Lurs, Cris, Ramos, Nayara Casais, Cari, Sabela, Laura Blanco, Martínez, Naiara Alvite, Sharay Caamaño. Tamén: Gala e Thalia.
  • Goles: 1-0, m.46: Martínez; 2-0, m.62: Martínez; 2-1, m.70: Iria López; 3-1, m.90: en propia.

Vitoria na casa ante un San Lázaro marcado polas baixas. Comezaron dominando as de Rafa, pero co paso dos minutos perderon a orde, e o acerto.

Saíron máis enchufadas na segunda e Martínez nun rexeite marca o 1-0. Seguían tendo o control do balón as llcais e Martínez marcaría o seu segundo gol nun córner para ampliar a vantaxe. Pouco despois as visitantes nunha contra nos marcan o 2-1, pero foi nun dos poucos achegamentos que tiveron as visitantes. Nos últimos minutos tras unha boa presión entra o balón en propia tras un despiste entre a defensa lucense, facendo así o 3-1 definitivo.

UC Cee dedicando a vitoria a Nerea

Nicrariense - Esteirana (1-3)

  • Esteirana: Maruxa, Tobío, Uxía, Nerea, Marta, Melania, Lara, Lidia, Nuria, Bárbara e Rut. Tamén: Alicia, Sara.
  • Goles: 0-1, m.21: Lara; 0-2, m.60: Rut; 0-3, m.80: Rut de penalti; 1-3, m.82: Alba.

Recuperaron o sabor da vitoria tras 5 derrotas consecutivas as de Fran Figueroa, cunha vitoria ademais fóra da casa e cunha cara competitiva que lles permiteu levar os tres puntos de Negreira a través do balón e o xogo colectivo. As blaugranas, que parecían apoiadas por un ceo morado espectacular, dominaron o choque, ofrecendo apoios e movendo o xogo de maneira fluída, tendo moitas ocasións, e puidendo ter mantido a por ta a certa a cero. Con todo, esperan que a vitoria no Cepelo sirva de revulsivo.

Barbara baixo o ceo morado de Negreira

Crónicas da #LigadaCostaFEM

Crónicas da 1ª e 2ª Div.

Máis info