mércores. 30.04.2025
El tiempo

1ª Galicia: 3 alegrías e 3 decepcións

Flavia Dumbria
Capis e colexiados no Flavia-Dumbría
1ª Galicia: 3 alegrías e 3 decepcións
Tres vitorias e tres derrotas para os nosos equipos. Por arriba vencía o Xallas e caía o Dumbría, quedando os dous no segundo grupete, pero moi preto do liderato. Boa vitoria de Soneira e Baio e vanse colocando en zona UEFA.

Caeu o Mazaricos, pero competiu ben co líder. A máis dura foi a derrota da Esteirana, que caeu cun rival directo que o coloca en postos de descenso. A semana que vén, un vital Mazaricos-Esteirana.

 

Soneira - Cruces (4-1)

  • Soneira: Javi Souto; Darío, Aarón Fdez., De la Sierra, Fabián; Álex Figueiras, Borja Gándara, Maky, Cristian, Richi e Javito. Tamén: Ángel, Basti, Gesto, Santi e Brais Pereira.
  • Goles: 1-0, m.34: Javito; 2-0, m.49: Javito; 3-0, m.58: Maky; 3-1, m.78: Ezequiel; 4-1, m.83: Basti.
Soneira no campo minuto de silencio
Minuto de silencio no Municipal de Vimianzo polo pasamento da avoa de Pichi

Partido controlado en todo momento polo cadro de Pedro Gómez, que tivo innumerables ocasións dende o comezo por medio de Javito, Richi, Maky, Darío… Pero na primeira só entrou unha de Javito, para ir con vantaxe ao descanso.

Máis efectivos foron os locais na segunda, con menos ocasións e máis acerto. Pronto facía o segundo Javito, que se coloca como segundo máximo goleador con 8 tantos (polos 11 de Estévez), e Maky facía a sentencia co terceiro.

 

Flavia - Dumbría (1-0)

11 Dumbria en Padron

  • Dumbría: Anxo, Yerba, Raúl, Pablo Paz, Kanario (Sendón), Baba, Brais Fdez., Darío (Rivi), Mario (Lucas), Dani Chao e Xabi Castro.
  • Gol: 1-0, m.64: Iván Calvo.

Complicado partido o vivido no Municipal do Souto, cun campo impracticable que parecía unha lameira. Os dumbrieses fixero un esforzo terrible, pero un rexeite no ecuador da segunda metade permitiu ao cadro local marcar. E xa se sabía que o que aproveitase as súas ocasións, levaría os puntos. Os dumbrieses tiveron a súa na primeira metade, pero o pau repeliu un balón de Xabi.
Polo menos, volveu sen lesionados Pablo Conde.

 

Silleda - Baio (0-2)

  • Baio: Cristian, Mario, Iván García, Pablo Domínguez, Ceide, Pazos, Peke, Bieito, Santiso, Braian e MC. Tamén: Iago, Josiño, Iván Rod., e Julián.
  • Goles: 0.1, m.11: Santiso; 0-2, m.14: Bieito.

Partido moi serio dos baieses no Outeiriño, sen fiarse en ningún momento da situación clasificatoria do cadro local. Comezou moi forte, presionando ben en campo contrario, roubando e saíndo con potencia. Así chegaban dous goles practicamente consecutivos nos primeiros 15 minutos.
A partir de aí, control do partido, algo imprecisos na parte ofensiva, pero gardando ben a roupa, sen sufrir.

 

Ribeira - Mazaricos (2-1)

  • Mazaricos: Pablo (Brais), Rachón, Pose (Ferreiro), Chumi (Josete), Borja, Pereiro (Aurelio), Sandelo, Marcos, Losada, Molinos.
  • Goles: 1-0,m .48: Alberto Romero; 2-0, m.73: Adao; 2-1, m.90: Rachón.

Competiu co líder o cadro mazaricán, polo de agora o equipo que máis gustou a Mingui dos que se teñen enfrontado, cuns mecanismos con balón de moita calidade e traballo. Os amarelos propuxeron unha defensa co equipo moi xunto, e aguantaron moi ben unha primeira metade con dominio local pero sen apenas achegamentos claros á área.

Na primeira xogada da segunda chegou o primeiro tanto, o que obrigou a subir liñas aos amarelos. E coa defensa adiantaba, nun balón longo colleron as costas dos costeiros para facer o segundo. Intentouno o Mazaricos, e de feito chegou a recurtar por medio de Rachón, pero xa non había tempo para acadar o empate.

 

 

Esteirana - Calo (0-5)

  • Esteirana: Álex Vega; Simón, Code, Tobío, Adrián Louro, Adrián Abelleira, Pablo Rama, Álex Rama, Oli, Elías e Rober Pladur. Samu, Javi, Pachi, Godo e Manu Teijo.
  • Goles: 0-1, m.12: Sergio; 0-2, m.27: Adrián; 0-3, m.52: Sergio; 0-4, m.78: Alex Villanueva; 0-5, m.87: Mateo Bello.

Día duro no Xosé Luís Vara. Era un partido importantísimo ante un rival directo na loita pola permanencia, e o equipo blaugrana, que saía con moita potencia arriba, viuse superado tras encaixar moi pronto. Non soubo reaccionar e acabou sendo goleado polo Calo, que o alcanza na clasificación.

 

Agolada - Xallas (0-2)

  • Xallas: Iván Couto, Aitor, Caneda, Brais, Adán, Ángel Cuns, Fidi, Stefan, Samuel, Carlos Rieiro, Alex Blanco. Tamén: David, Loureiro, Marcos, Rubén Sande e García.
  • Goles: 0-1, m.30: Álex Blanco tras unha falta; 0-2, m.90: Rubén Sande.

Tardaron en entrar no partido os xalleiros, ante un cadro local que avisou con varias ocasións a balón parado no pequeno campo do Hospitalillo. Pero situouse a partir do m.15 o equpo de Adrián Vázquez, que comezou a ganar duelos e a ter ocasións, como un par de Carlos Rieiro. E foi Álex Blanco, nunha falta, o que abría o marcador á media hora.

Saíu moi ben de novo o Xallas na segunda, combinando ben e sentíndose moi cómodo. Pero non acabou de sentenciar, e Stefan foi expulsado (os xalleiros lamentaron a “actitude chulesca” do colexiado) e tocou remar. Certo que non houbo demasiados achegamentos rivais pero a incerteza estivo no partido ata o desconto, cando sentenciaba Rubén Sande nun balón longo.

Máis crónicas da 1ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios