1ª Galicia: O Baio freou ao Xallas
Con 4 de 4 chegaba o Xallas ao Platas Reinoso. E mesmo se metía por diante o cadro de Adrián Vázquez, pero o Baio, conseguía darlle a volta ao marcador e endosarlle a primeira derrota ao cadro xalleiro.
Con esta derrota, que o Lalín só arriba, e o Xallas descende á 4ª posición igualado cun Dumbría que promete e que goleaba ao pechacancelas.
Vitoria importante da Esteirana para asentarse en zona morna, e derrotas do Soneira (ante un Calo que levaba 0 puntos) e do Mazaricos.
Vista Alegre - Dumbría (0-4)
- Dumbría: Anxo, Dani Yerva, Raúl Añón, Kanario (Darío), Sendón, Baba, Brais Fdz, Lucas (Antón), Chao (Mario), Diego Estévez (Code) e Xabi.
- Goles: 0-1, m.6: Xabi; 0-2, m.35: Baba; 0-3, m.46: Xabi; 0-4, m.80: Code.
Partido con pouco ritmo, e non moi bo xogo de ningún dos equipos, pero os dumbrieses foron superiores en todo momento e souberon aproveitar as súas ocasións para sentenciar pronto.
Baio - Xallas (3-1)
- Baio: Cristian, Aday, Norberto, Mario, Iván Rod., Pablo, Ceide, Porty, Bieito, Braian e MC. Tamén: Iago, Pablo Rod., Josiño e Peke.
- Xallas: Iván Couto, Aitor, Caneda, Samuel, Brais, Fidi, Colón, Capelo, Doro, Carlos Rieiro, Alex Blanco. Tamén: David, Marcos, Sergio, Stefan e Javi.
- Goles: 0-1, m.44: Capelo de falta directa; 1-1, m.56: en propia; 2-1, m.68: Pablo de tiro cruzado; 3-1, m.83: MC.
Partido moi igualado no primeiro tempo cun Xallas que conseguía presionar e roubar preto da área rival e así Alex Blanco tiña algunha chegada. O Baio tiña máis o balón e conseguía entrar por bandas e sacar algún centro con perigo.
Pero era Capelo ao fío do descanso cando nun libre directo adianta aos de Adrián Vázquez.
Arrincou a segunda cun Xallas máis mandón, pero un erro entre defensa e porteiro xalleiro o Baio consegue empatar. Abreuse un pouco e era Pablo o que facía de tiro cruzado o 2-1, provocando que o choque se convertise nun ida e volta que puido acabar de calquera lado, pero que acabou sentenciado MC.
Calo - Soneira (2-1)
- Soneira: Álvaro, Brais Mouzo, Pichi, Fabián, Gesto; De la Sierra, Alex Figueiras, Borja, Maky, Basti e Javi Souto. Tamén: Javi Souto, Senra, Santi, Brais Pereira e Fran Calvo.
- Goles: 0-1, m.2: Alex Figueiras; 1-1, m.21; 2-1, m.71.
Mal partido do cadro de Pedro Gómez a pesar de poñerse de cara tralo gol inicial de Alex Figueiras. Pero non era o día, e as numerosas imprecisións deixaban balón claros para un cadro local que demostrou por que non sumara ningún punto. Tiveron moitas ocasións pero só conseguiron empatar.
O cadro local quedaba con 10 con aínda unha parte por diante, pero as imprecisións impedían traspasar liñas, e nun erro entre porteiro e defensa os locais desnivelaban o choque. Houbo balóns aos paus nos dous equipos, balóns que se quitaron debaixo dos paus, infinidade de ocasións para os dous bandos, pero o Calo foi xusto vencedor.
Mazaricos - Tordoia (0-3)
- Mazaricos: Brais, Oscarín, Pose, Borja, Josete, Chumiko, Brais (Rachón), Sandelo (Ferreiro) Pereiro, David, Molinos (Aurelio).
- Goles: 0-1, m.20; 0-2, m.65; 0-3, m.80.
Comezaba o choque con dominio local. O cadro amarelo xogaba o balón intentando crear perigo ante un cadro visitante que buscaban máis balóns longos, pero as ocasións non chegaba. Abriuse a lata tras unha perda da defensa local na saída do balón, e chave foi a expulsión de Jose Angel Carreira antes do descanso, puidendo ter caído algún tanto máis nese treito.
Introduxeron cambios Mingui e Cantudi¡o ao comezo da segunda axustando atrás, e o quipo saíu ben colocado e mesmo xerando algunha ocasión, pero a segunda expulsión (de Pose, de novo por cartón vermello directo), aínda con 20 minutos por diante, marcaba o devir do choque. Con 9 homes, a pesar de competir moi ben, o equipo non puido aguantar.
Tócalle reflexionar ao equipo sobre as expulsións.
Esteirana - Agolada (3-1)
- Esteirana: MJ, Simón, Code, Damián, Tobío; Pablo Rama, Adrián, Brais, Raúl, Oli e Elías. Tamén: Teijo, Godo, Alex Vega, Rober Pladur e Pachi.
- Goles: 1-0, m.20: Oli de falta directa; 1-1, m.48: de penalti; 2-1, m.79: Rober Pladur de penalti; 3-1, m.84: Simón fai un golazo dende 40 metros.
Boa vitoria para unha Esteirana que fixo moito máis que o rival. Comezou o choque igualado e con tensión, pero tralas primeiras ocasións, o partido rompíase cun golazo de falta de Oli. Aí chegaron boas ocasóns para os locais como un longueiro de Adrián e un man a man de Elías.
Pero 10 minutos de “torrija” á saída dos vestiarios permitiron empatar de penalti aos visitantes. O gol esperou aos de Geno, que comezaron a dominar de novo e facer un asedio constante á meta visitante. As ocasións chegaban e só era cuestión de tempo que chegasen os tantos. Foi Rober Pladur, na súa volta aos terreos de xogo, o que facía o segundo de penalti, e Simón facía o terceiro cun goles da temporada.