Venres. 26.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: O Baio venceu en Esteiro

Dumbria-Cordeiro
Capis e colexiados no Dumbría-Cordeiro
1ª Galicia: O Baio venceu en Esteiro

O gran partido da antepenúltima xornada da 1ª era o derbi case nocturno do Xosé Luís Vara. A Esteirana recibía ao Baio e unha vitoria permitiríalle superar ademais ao Tordoia, que viña de perder ante o Flavia, co que deixaría para dous postos de arrastre por debaixo. Pero o Baio venceu, deixando os dous equipos por debaixo do Tordoia.

Foi un choque no que o cador de Félix sorprendeu cunha primeira metade espectacular, na que se colocaba 0-3 cos tantos de Bieito e 2 de MC (un dende o medio campo), que volvía ao céspede. Pero o cadro de Gus, que levaba o peso do partido pero non conseguía superar liñas, recurtaba ao fío do descanso por medio de Brais. Froito dese gol e por o empuxe nos primeiros compases, a Esteirana facía o segundo, por medio de Pablo Rama, deixando o choque completamente aberto. Pero non houbo moito fútbol nunha trabada última media hora de tensión e interrupcións continuas.

Aquí podedes ver o partido da man de Santi Soneira e o CD Baio:

Xallas e Dumbría seguen arriba

Mentres o Soneira leva xornads deixándose ir, sen tensión e sendo pouco competitivos, como o demostrou ante o Agolada, Xallas e Dumbría manteñen as espadas en todo o alto, na loita polas 3 prazas de promoción. Parece que o Negreira non vai fallar polo que quedarían 2 prazas para 5 equipos, que chegan ás dúas últimas xornadas nun pano de 2 puntos. Vantaxe teñen Xallas e Flavia, con 63, polos 62 do Lalín, e os 61 de Dumbría e Cordeiro.

Precisamente o cadro dumbriés non se quixo descolgar e venceu ao Cordeiro na súa casa cun solitario gol de Xabi Castro na segunda metade. O cadro de Pablo Conde necesitan gañar os dous partidos e eperar que tropecen, Zallas, Flavia e Lalín (que goleou a un Mazaricos coa cabeza noutra parte). A semana que vén recibe a semana que vén ao xa campión Cid Ribeira, que parece ter levantado algo o pistón como demostra o seu empate ante o pechacancelas, e remata o curso nun derbi en Esteiro.

Os de Adrián Vázquez non fallaban ante o Silleda, remontando un 1-4 cos tantos de Juan de Celia (2), Adán e Carlos Rieiro, e seguen dependendo de si mesmos, tendo un enfrontamento directo a semana que vén ante o Cordeiro e acabando o curso no campo do propio campión.

Comentarios