Venres. 26.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: Choque de dinámicas en Fontenla

Processed with VSCO with  preset
Xallas celebrando un gol-Foto-Xallas FC
1ª Galicia: Choque de dinámicas en Fontenla

Igualado derbi en Fontenla que acabou con goleada, demostrando que as dinámicas moitas veces deciden partidos. O Xallas chega coa frecha para arriba, e nun minuto de inspiración do muradán Juan de Celia (menuda fin de semana para o fútbol muradán co importante gol de Victor Casais co Pontevedra en 1ª RFEF; e o lourán Juan de Dora marcando co Betanzos e ampliando a renda de pichichi da Preferente), e coa axuda da defensa baiesa, rompeu o partido e acabou goleando a un gran Baio, que necesita cambiar a tendencia.

A vitoria apreta a zona de arriba, esa loita polas 3 prazas de promocións nas que tamén temos a Dumbría e Soneira, que non fallaron ante equipos de abaixo. O único que fallou do vagón de cabeza foi o líder, Cidade de Ribeira, en Padrón, pero non fallaron os seus inmediatos perseguidores, Negreira e Lalín.

Polo demais, a Esteirana non puido sacar nada da visita ao Agolada, e a vitoria do Tordoia ao Mazaricos devolve aos dous equipos á zona perigosa, e deixa ao Baio a 3 puntos dos postos de salvación .

 

Xallas - Baio (4-0)

  • Xallas: Iván Couto, Diego García, Aitor, Brais, Samuel, Ángel Cuns, Fidi, Colón, Stefan, Capelo, Juan de Celia. Tamén: Fabián, Caneda, Rubén Sande, Doro e Alex Blanco.
  • Baio: Bugy, Pablo Rod., Norberto, Pazos, Pablo Dom., Aitor, Ceide, Peke, Bieito, Braian, Santiso. Tamén: Aday, MC, Josiño, García e Julián.
  • Goles: 1-0, m.27: Juan de Celia; 2-0, m.28: Juan de Celia; 3-0, m.41: Fidi; 4-0, m.84: Capelo.

Partido que comezaba moi igualado, cun Baio ben prantado con 3 centrais e sen permitir espazos ao ataque xalleiro. Pero cambiou o partido nun minuto. Un erro nun saque de Bugy permite que Juan de Celia abra o partido. E nada máis sacar de centro, rouba Juan de Celia e fai o segundo, condicionando moito o partido.

O choque seguía moi igualado e só Fidi, tras unha boa xogada combinativa, ampliaba a renda.

A segunda metade foi tamén igualada, cun Xallas que se dedicou a deixar acabar o partido, ante un Baio que foi un quero e non podo.

 

Soneira - Calo (3-2)

  • Soneira: Javi Souto; Darío, Aarón Fdez., Pichi, Fabián, De la Sierra; Borja, Richi, Cristian, Basti, Javito. Tamén: Coke, Alex Figueiras, Maky, Sendón e Brais Pereira.
  • Goles: 1-0,m .44: Darío; 1-1, m.46: Boo; 2-1, m.55: Darío; 3-1, m.70: Javito; 3-2, m.78: Adrán.

Partido no que os de Pedro Gómez tiveron o control absoluto pero no que os desaxustes defensivos fixo que lle os de Teo estivesen vivos ata o final. As perdas de balón dábanlle vida ao Calo para contraatacar. Na primeira metade ademais do gol ao fío do descanso de Darío tras un córner, os locais tiveron máis ocasións, coma un pau de Aarón tras outro saque de esquina, e varios centros laterais nos q non encontrabamos rematador. O Calo dispuxo de dúas claras en pases da morte que non atoparon rematador.

Na segunda metade o Calo saiu máis enchufado e empataron ao comezar. Refíxose o cadro local, e e Darío, outra vez de corner, poñía ó 2-1 e ao pouco, Javi parecía que sentenciaba o choque co 3-1. Pero os visitantes non se deron por vencidos e tras facer o 3-2, tiveron dous man a man que sacou Javi Souto, providencial para sacar os 3 puntos e manterse na loita pola promoción.

 

Tordoia - Mazaricos (2-0)

11 do Mazaricos en Tordoia-Foto-Luis Gonzalez
11 do Mazaricos en Tordoia-Foto-Luis Gonzalez
  • Mazaricos: Pablo, Pose, Chumiko, Borja, Marcos, Pereiro (Losada), Josete (Ferreiro), Chiki (Molinos), Sandelo, Guille, Kevin.
  • Goles: 1-0, m.21: Javi Seoane; 2-0,m .90: Abel Torres.
Tordoia-Mazaricos-Foto-Luis Gonzalez 2
Foto-Luis González

Mal partido dos amarelos, que nun estiveron cómodos en ningún momento con balón e sin el. Pronto encaixaron o primeiro, nunha acción mal defendida a balón parado. Puido ampliar a renda o cadro de Nando Muíño, con dúas chegadas moi claras pola banda de Dennis.

Na segunda parte Óscar Mingui modificou o sistema e os mazaricáns tiveron máis balón que na primeira, pero non foron capaces de crear ocasións claras de gol Xa no desconto e nós con todo arriba encaixaron o segundo.

 
Tordoia-Mazaricos-Foto-Luis Gonzalez
Tordoia-Mazaricos-Foto-Luis Gonzalez

Agolada - Esteirana (2-1)

  • Esteirana: MJ, Simón, Code, Godo, Adrián Louro, Adrián Abelleira, Alex Rama, Pablo Rama, Raúl, Elías e Róber Pladur. Tamén: Alex Louro, Javi Romero, Pachi, Tobío.
  • Goles: 1-0, m.47: Aitor Hurtado; 1-1, m.57: Róber Pladur; 2-1, m.64: Santi.

Dominou a primeira metade o cadro de Geno, tanto en xogo como en ocasións, pero non acertaron as súas ocasións.

Nada máis comezar a segunda, na primeira chegada case que en todo o partido, os locais abrían o marcador. Souberon repoñerse do golpe os blaugranas, e puideron empatar o partido nun cabezazo de Rober Pladur á saída dun córner. Eran bos minutos dos esteiráns, pero nun despiste permitiron un gol en contra que matou o partido. Os locais comezaron a parar o partido e o choque xa remataría.

 

Dumbría - Vista Alegre (5-0)

WhatsApp Image 2023-02-12 at 12.02.01

  • Dumbría: Carlos, Yerva, Pablo Paz, Raúl, Kanario (Sendón) , Brais Fdez (Baba), Lucas,  Darío, Rivi (Diego Estévez), Mario (Dani Chao) e Xabi Castro.
  • Anxo, Dani Chao, (Sendón), , Lucas, Mario (Code), Darío (Yerva), Xabi (Rivi) e Diego Estévez.
  • Goles: 1-0, m.14: Xabi Castro de penalti; 2-0, m.53: Mario; 3-0, m.61: Capelo; 4-1, m.62: Estévez; 5-0, m.67: Xabi Castro.

Dumbria-Cruces

Partido claro do Dumbría ante o pechacancelas, cun tanto inicial dende os 11 metros e unha primeira metade de control inerte. Xa na segunda, cunha marcha máis, o cadro de Pablo Conde sentenciou rápido.

 

Máis crónicas da 1ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios