1ª Galicia: Corme e Volantes sentenzan o seu descenso. O Ponteceso mantense con vida
3 xornadas para o remate e a lonxa vai quedando sen peixe. Por arriba, Mazaricos e Baio queren deixar pasar a marea e que chegue a Copa da Costa canto antes.
Nas fases de descenso, a cousa está complicada, xa que os posibles descensos de Estudiantil, Puebla e Xallas poderían provocar que descendan non só os os 2 últimos de cada un dos 3 grupos, senón tamén os 2 peores terceiros.
Só Dumbría e Soneira parecen ter encamiñada a permanencia. Os demais, o único que respira, pero sen saír da UVI, é o Ponteceso tras vencer no partidazo da semana ante un Volantes que case que di adeus á categoría tras perder, incomprensible ente os últimos 4 partidos case que no desconto. Igual que o Corme.
Fase de Ascenso, xornada 5
Mazaricos - Flavia (1-2)
- Mazaricos: Iván Baña, Cristian, Borja, Raúl, Iago, Dani, Brais, Rachín, Mario, Marquítos, Kevin. Tamén: Oscarín, Ricardo, Mario Roo, Molinos e Marcos.
- Goles: 0-1-, m.50; 0-2, m.65; 1-2, m.68: Borja.
Non acaba de situarse o Mazaricos nesta fase na que aínda non puntuou. O partido comezou con pouco ritmo e apenas unha ocasión, a de Rachón que para o porteiro e pega no longueiro, en todo o primeiro tempo.
Dous goles rápidos do Flavia abrían a segunda metade. Intentou reaccionar o cadro de Diego Gálvez, que recurtaba pronto cun remate de Borja a unha falta lateral. Co rival con 10, o cadro local apretou e tiveron opcións do empate nos pñes de Chapela, Mario e un cabezazo de Marcos, pero o empate non chegou.
Baio - Unión (0-4)
- Baio: Iago, Norberto, Iván, Peke, Yago Couto, Alex Varela; Bieito, Santiso, Braian, Paco e MC. Tamén: Diego, Bruno, Iván Rod. e Sergio.
- Goles: 0-1, m.1; 0-2, m.20; 0-3, m,25; 0-4, m.67.
Partido sen historia, roto xa no primeiro minuto tras un erro defensivo baiés. O equipo de Pablo Torreira xa sufría moitas baixas e no m.20 xa sofría a lesión de Norberto no que ademais sería o 0-2, completando ata 3 cambios por lesión no primeiro tempo, e rematando con 2 xuvenís e Diego, o porteiro, de dianteiro.
Permanencia D1, xornada 7
Lalín - Dumbría (2-0)
- Dumbría: Anxo, Róber (Xaco), Kanario, Matías (Marcote), Brais Fdez., Yuyo, Darío, Mario, Baba, Xabi e Mataso (Sendón).
- Goles: 1-0, m.73; 2-0, m.85.
Derrota xusta do Dumbría ante o líder do grupo e iso que aguantou a primeira metade, sufrindo moito, e con varias ocasións claras en contra, sen recibir. Comezaba a segunda metade máis igualada, pero a dinamita dos locais fixo mella e sentenciou no treito final.
O cadro de Pablo Conde pode certificar a súa permanencia a semana que vén ante a visita do Agolada.
Esclavitud - Corme (2-0)
- Corme: Adrián, Jesús, Pandi, Eloy, Aitor, Brais Corral, Brais Torrado, Lucas, Toniño, Javi Bermúdez e Alejo. Tamén: Brais Pombo, Brais Pailos, Borja Torrado e Samu Costa.
- Goles: 1-0, m.53; 2-0, m.72.
Cando saen mal as cousas, saen fatal. O pechacancelas deixoulle o posto de honra ao Corme vencéndoo sen merecelo, aproveitando un par de erros infantís que condenan aos de Lelo e Ángel a ter que facer unha fazaña de gañar os 3 partidos para salvar a categoría.
Permanencia D2, xornada 7
Ponteceso - Volantes (3-2)
- Ponteceso: Puenteceso SD: Benji, Isaac, Ángel, Eloy Trigo, Luca (Raúl Pertrusán, m.81), Mendieta, Alberto Recarey, Iago López (Hadrian Neira, m.61), Puente (Juanjo, m.81), Eloy Álvarez (Nando, m.61).
- Volantes: Alberte, David Pais, Manuel, Godo, Oscarín; Alex Vázquez, Miguel da Corocha, Pesco, Kevin, Toni e Pardelo. Tamén: Alex de Yi, Alex Figueiras, Isma Mayo, Santi Lado e Pablo.
- Goles: 1-0, m.15: Eloy Álvarez; 1-1, m.31: Kevin; 2-1, m.73: Hadrian Neira; 2-2, m.85: Pesco; 3-2, m.88: Hadrian Neira.
Partidazo tremendo o vivido no Pinguel no que se perfilaba como unha finalísima para ambos conxuntos. Comezou o partido moi tenso, cun Ponteceso que tiña algo máis profundidade polo lado de Luca. Tamén o Volantes ameazaba a meta ben defendida por Eloy. Un erro de Alberte permitía precisamente a Eloy abrir o marcador, pero o Volantes tirou de garra e empatou á media hora.
Pasaban os minutos con moito respecto e sen demasiados riscos, con moito medo a perder. Lucas, Eloy e Recarey ameazaban, e nunha desas un pase filtrado por Recarey era rematado a gol polo xuvenil Hadrián Neira. Non se rendería o Volantes. Iván González metía máis pólvora arriba, volcando o campo cara a meta local, e a 5 do final conseguía empatar por medio de Pesco dende fóra da área.
Estaba tolo o partido, un pasarrúas de todos que puido decantarse para os dous lados, e sorprendeu o máis nóbel. Hadrián Neira deixaba aos seus con vida, xa que se ben a vitoria non saca da UVI aos de Pablo Mallón, déixaos con vida. Ten dous choques directos ante Cruces e Val do Ulla, polo que a permanencia depende deles.
Fantástico o golazo de Pesco que de pouco lle valeu ao Volantes de Baño na súa vital visita ao Pinguel. O @SdPuenteceso respira pero ten a permanencia complicada. A crónica da 1ª #FutboldaCosta: https://t.co/RgilVZ3D3L pic.twitter.com/qUOxcRm393
— Quepasanacosta (@quepasanacosta) May 2, 2022
Permanencia D3, xornada 7
Cordeiro - Soneira (3-0)
- Soneira: Javi Souto, Darío, Brais Mouzo, De la Sierra, Alex Figueiras, Diego Lois, Maki, Pichi, Agra, Basti e Javi Souto. Tamén: Álvaro, Damián, Brais Pereira, Fran Calvo e Nico.
- Goles: 1-0, m.8; 2-0, m.38; 3-0, m.45.
Entraron sen tensión, demasiado relaxados os soneiráns, eforon a remolque todo o partido. Adiantouse rápido o cadro local, que se xogaba a vida, e o partido xa quedou sentenciado na 1ª metade cos 3 goles, e despois a segunda metade foi para cubrir o expediente.
Así e todo, parece que non periga a permanencia do cadro de Pedro Gómez, que, en calquera caso, ten aínda que puntuar para asegurala matematicamente.