Venres. 04.10.2024
El tiempo

1ª Galicia: O Dumbría caza ao Xallas e o Mazaricos suma unha vitoria “de voda”

Dumbria-Xallas no Conco
Colaxiados e capis no Dumbría-Xallas do Conco
1ª Galicia: O Dumbría caza ao Xallas e o Mazaricos suma unha vitoria “de voda”

A 7ª xornada da 1ª tiña un claro foco de atención no Conco. O derbi entre Dumbría e Xallas enfrontaba a dous candidatos a todo, que comezaron ademais moi ben a temporada. A vitoria dumbriesa deixa aos dous equipos empatados con 15 puntos, a 4 dos líderes, Lalín e Ribeira.

A xornada deixou ademais a segunda vitoria do Mazaricos ante un rival directo como o Agolada. 3 puntos adicados ao capitán Esteban Pereiro, que casaba o sábado e o domingo non faltaba á cita na Peña de Ouro.
O domingo puido deixar tamén a terceira dunha Esteirana que acabou empatando ante o Puebla. O Soneira non puido co potente Negreira e o Baio viviu unha montaña rusa ante o Tordoia.

Dumbría - Xallas (1-0)

  • Dumbría: Anxo, Dani Chao, Raúl Añón, Kanario, Sendón (Code), Baba, Lucas, Brais Fdez, Xabi Castro (Mario), Diego Estévez (Antón) e Darío (Pablo Paz).
  • Xallas: Iván Couto, Marcos, Aitor, Caneda, Brais, Samuel, Colón, Fidi, Carlos Rieiro, Capelo e Alex Blanco. Tamén: David, Sergio, Ángel Cuns, Adán e Doro.
  • Gol: 1-0, m.63: Xabi Castro.

Igualado partido o vivido no Conco, que ben puido ter rematado en empate, pero que foi decidido por unha xenialiade de Xabi Castro.

Arrincaba a primeira metade cun Xallas máis mandón, maniantando as armas locais, pero sen grandes ocasións, e mesmo protestaron un posible penalti sobre Carlos Rieiro.

Na segunda apretaron máis os locais, que nunha acción individual de Xabi, que mete un golazo pola escuadra, rompía a igualada. A partir de aí abriuse o choque e houbo algunha ocasión máis para os dous bandos. Tivo o empate Capelo sobre a bocina, pero o seu tiro dende o borde da área tras un rexeite foi ben salvado por Anxo.

 

Baio - Tordoia (3-3)

  • Baio: Iago, Aday, Norberto, Mario, Julián, Peke, Pablo, Bieito, Braian, Porty e MC. Tamén: Christian, Josiño, Iván, Ceide e Aitor Vilas.
  • Goles: 0-1, m.2; 1-1, m.14: MC; 2-1, m.21: Aday; 3-1, m.23: en propia; 3-2, m.76: de penalti; 3-3, m.84.

Partido disputado e condicionado por momentos de caída de gran cantidade de auga sobre Platas Reinoso. Adiantaríase nos primeiros minutos o cadro visitante tras un despiste baiés. Pero o cadro de Félix fixo media hora espectacular, dándolle a volta ao marcador, amosando unha gran superioridade e marchando 3-1 ao descanso.
Pero non apareceu na segunda o cadro baiés, sen fútbol, e deixando que o Tordoia se metese no partido, crese na remontada e a piques estivo de conseguila.

Negreira - Soneira (4-1)

  • Soneira: Javi Souto, Darío, Brais Mouzo, Aarón Fdez., Gesto, De la Sierra, Álex Figueiras, Borja Gándara, Maky, Basti e Javi Souto. Tamén: Álvaro, Senra, Pichi, Brais Pereira e Fran Calvo.
  • Goles: 1-0, m.4: Jose; 2-0, m.30: Gonzalo; 3-0, m.48: Piki; 4-0, m.64: Christian de penalti; 4-1, m.70: Javi Souto.

Foi superior o poderoso Negreira sobre todo na 1ª metade. Os de Pedro Gómez conseguiron nivelar o choque na segunda, e recurtaron, xa sen demasiada fe, co tanto de Javi Souto, e puideron marcar algún máis nun rito ao pau de Brais Pereira e un par de chegadas por medio de Pichi e Javi.

Esteirana - Puebla (3-3)

  • Esteirana: MJ, Simón, Code, Samuel, Damián, Adrián Louro, Pachi, Oli, Raúl, Elías e Rober Pladur. Tamén: Pablo Rama, Alex Vega, Alex Louro, Javi e Manu Teijo.
  • Goles: 1-0, m.4: Rober Pladur; 2-0, m.20: Raúl; 2-1, m.42; 2-2, m.57; 2-3, m.71; 3-3, m.90: Raúl.

Partido de tolos o vivido no Xosé Luís Vara, cun cadro blaugrana moi superior na primeira metade, marchando por diante pero deixando vivo ao cadro da Barbanza. O gol antes do descanso deu ás aos visitantes, que daban a volta ao marcador e obrigaban aos esteiráns a remar no último cuarto de hora contra vento e marea. Conseguía Raúl o gol do empate sobre o pitido final, que serve para seguir sumando.

Esteirana celebrando un gol
Esteirana celebrando un gol

 

Mazaricos - Agolada (1-0)

  • Mazaricos: Pablo Pose, Oscarín, Pose, Borja, Aurelio (Losada), Chumiko, Sandelo, Ferreiro (Pereiro), David, Rachón.
  • Gol: 1-0, m.47: Sandelo nun córner.

Primeira vitoria do cadro amarelo, adicada ademais ao capitán Esteban Pereiro que casaba o sábado e o domingo non faltaba no campo. Foi nun choque pouco vistoso e moi competido que empzaba cunha ocasión clara para o Agolada que incomprensiblemente non acabou en gol. Despois ata o descanso apenas houbo chegadas e ocasións, a máis clara unha de Aurelio que cun disparo de 40 metros estrelou o balón no largueiro.

Nada máis saír dos vestiarios aproveitaba Sandelo unha xornada a balón parado. De aí ata o minuto 30 os locais estiveron cómodos, sen sufrir e tendo algunha que outra ocasión para marcar o segundo. Pero a partir de aí ata o final tocou sufrir, e moito, facendo un esforzo defensivo de resistencia tremendo para manter o marcador. Os visitantes tiveron 3 ocasions moi claras que entre as intervencións acertadas de Pablo Pose e estar vivos nos segundos balóns fixo posible non encaixar e sumar a primeira vitoria do curso.

Máis crónicas da 1ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios