Sábado. 20.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: O Dumbría desbanca ao Soneira na loita pola fase

Capis do Dumbria-Soneira
Kanario e Pichi, capis do Dumbria e Soneira, co trío arbitral fisterrán
1ª Galicia: O Dumbría desbanca ao Soneira na loita pola fase

Fermoso derbi o vivido no Conco, con alternativas ata o final e un resultado que deixa ao Dumbría ben metido na pelexa pola Fase, empatado co Xallas, e superando a Cordeiro, Flavia e Lalín.
De feito, a derrota do Flavia no Platas Reinoso para deixar así a parte alta, quedando o cadro soneirán na zona morna de cara as últimas 7 xornadas.

Por abaixo, a vitoria do Baio e as derrotas de Esteirana e Mazaricos (imperdoable a dos mazaricáns ante un equipo xa practicamente descendido) deixa aos amarelos en posto de descenso directo, e os branquiazuis e blaugranas pendentes dos posibles arrastres.

Esteirana - Ribeira (2-3)

  • Esteirana: MJ; Kevin, Code, Damián, Tobío, Pachi, Alex Rama, Raúl, Oli, Elías e Rober Pladur. Tamén: Alex Louro e Javi.
  • Goles: 0-1, m.18: Adao; 0-2, m.20: Christian lojo; 1-2, m.27: Rober Pladur; 2-2, m.39: Raúl; 2-3, m.75: Adao.

Gran ambiente no Xosé Luís Vara pese ao mal tempo que facía na tarde do sábado para ver o líder sufri. O partido comezaba co Ribeira mandando e meténdose moi pronto por diante. Pero soubo reaccionar o cadro dirixido por Gustavo por primeira vez trala saída de Geno. Coa axuda da afección, e co acerto de Pladur e Raúl, o equipo empataa antes do descanso.

Na segunda, os esteiráns estiveron serios en defensa, moi ben ordenados, e pese a que os visitantes tiñan a posesion, non tiveron moitas ocasions claras. Aproveitaron un rebote á saída dun córner para facer o terceiro. Intentouno o cadro blaugrana pero as forzas xa non acompañaron, e malia o esforzo de plantarlle cara a todo un líder, non sacaron nada positivo.

Baio - Flavia (2-0)

11 do baio cd

  • Baio: Bugy, Aday, Pablo Rod., Pablo Dom., Peke, Rubio, Norberto, Iván García, Iván Rod., Braian, Santiso. Tamén: Fraga, Hugo, Josiño, Sergio e Aitor.
  • Goles: 1-0, m.67: Santiso; 1-1, m.90: Aitor Vilas.

Baio-Flavia capis

Partidazo do Baio ante un dos de arriba, conseguindo romper unha serie de 6 partidos sen gañar. Dominaron os de Félix na primeira metade, sen eficacia pero con poderío.
Non recuaron na segunda, e o Flavia non puido despegarse do dominio local, e froito diso, adiantábanse os locais por medio de Santiso tras unha xogada a balón parado. Pesou por momentos o medo a verse aí e poder perdelo, pero foron valentes os xogadores baieses, e tras saber sufrir, xa co tempo cumplido, nunha transición rápida o mago de Malpica, Aitor Vilas, sentenciaba o choque.

Dumbría - Soneira (4-2)

  • Dumbría: Anxo, Samu, Pablo Paz, Kanario, Mario, Dani Chao, Baba, Xabi Castro, Lucas Toba e Estévez. Tamén: Carlos , Álex Sendón, Brais, Rivi e Dani.
  • Soneira: Javi Souto, Aarón, Fabián, De la Sierra, Pichi, Alex Figueiras, Borja Gándara, Maky, Mayor, Richi e Javito. Tamén: Basti, Álvaro, Gesto e Alberto.
  • Goles: 1-0, m.17: Estévez; 1-1, m.34: Javito; 2-1, m.58: Estévez; 2-2, m.81: Aarón; 3-2, m.83: Pablo Paz; 4-2, m.87: Estévez.

Soneira-Dumbria

Duelo de pichichis no Conco, que levou o máximo goleador da categoría. O triplete do fisterrán Estévez fai que leve xa 27 goles, polos 19 de Javito (ten un máis que Adao, pichichi do Ribeira), os dous no alto da táboa.

Foi superior o Dumbría ante un Soneira que chegaba moi mermado, pero que prantou cara e se meteu no partido por dúas veces. Un golpe de cada pichichi deixou o choque en táboas ao descanso, cun cuarto de hora final de igualdade máxima.

Saíu máis forte o cadro de Pablo Conde na segunda, meténdose pronto por diante co segundo de Estévez. E malia que os dumbrieses eran superiores e que os Pedro Gómez perdían ademais da Mayor cunha fractura no narís, conseguían empatar a falta de 10 minutos tras un córner. Reaccionou de inmediato o equipo local que envorcou en busca da vitoria e acabou con doius tantos máis.

Mazaricos- Silleda (1-2)

  • Mazaricos: Brais, Borja, Carreira, Pereiro, Fran Pose, David, Brais Canosa, Kevin, Iago, Molinos e Marcos. Tamén: Guille Botas, David, Ricardo, Pablo e Marcos.
  • Goles: 0-1, m.40: Martín Taboada de penalti; 1-1, m.47: Marcos; 1-2, m.62: Rubén.

Derrota, a 7ª consecutiva, das que doen ante un Silleda case que descendido. Os de Marcos mantiveron unha boa actitude, e pelexaron ao máximo, pero están tendo pouco bagaxe cara gol, e están sufrindo unha porcentaxe de acerto do rival moi alta.

Xallas - Tordoia (1-0)

  • Xallas: Iván Couto, Aitor, Caneda, Samuel, Brais, Fidi, Colón, Stefan, Capelo, Juan de Celia e Carlos Rieiro. Tamén: Íker, Becerra, Doro, Sergio Barbeira e ángel Cuns.
  • Goles: 1-0, m.81: Doro a centro de Juan de Celia.

Apretada vitoria do Xallas ante o Tordoia de Nando Muíño. Dominou a primeira metade o cadro xalleiro tendo moi boas ocasións para abrir a lata.
Replegáronse máis os visitantes na segunda, deixando o balón para os xalleiros, que non tiñan tantos espazos ás costas da defensa e lle custaba máis facer dano. Ata que un centro de Juan de Celia xa no treito final era rematado a gol polo eterno Doro, que dá 3 puntos fundamentais para seguir arriba de todo.

Espectacular a serie do equipo de Adrián, con 6 vitorias e 1 empate nas últimas 7 xornadas.

 

Máis crónicas da 1ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios