Domingo. 06.10.2024
El tiempo

1ª Galicia: O Dumbría mantén o pulso mentres Soneira e Baio asinan táboas

Dumbria en nonseionde
O Dumbría trouxo os puntos do Camballón
1ª Galicia: O Dumbría mantén o pulso mentres Soneira e Baio asinan táboas

O Xallas competiu cara a cara contra o líder, pero non puido sacar nada positivo. O Lalín mantense no alto, como único equipo que non coñece a vitoria, con 2 puntos de vantaxe sobre o Ribeira e 4 sobre un Dumbría que se mantén aí arriba tras conseguir vencer ao Cruces con dous tantos de Estévez, o actual pichichi da categoría con 8 tantos (o esteirán Raúl e o soneirán Javito, con 5, e o xalleiro Capelo e o dumbriés Xabi Castro con 4 tamén aparecen na parte alta).

Soneira e Baio asinaron unhas clásicas táboas no derbi soneirán. Tamén empatou a Esteirana en Silleda, mentres que o Mazaricos sufriu unha dura goleada.

 

Soneira - Baio (2-2)

  • Soneira: Javi Souto, Darío, Brais Mouzo, Aarón Fdez., Fabián, De la Sierra, Alex Figueiras, Borja Gándara, Richi, Basti e Javi Souto. Tamén; Álvaro, Ángel Senra, Cristian, Brais Pereira e Fran Calvo.
  • Baio: Cristian, Aday, Pablo Rod., Norberto, Iván Rod., Mario, Pablo Domínguez, Peke, Porty, Bieito e MC. Tamén: Iago, Iván García, Julián, Ceide e Aitor Vilas.
  • Goles: 1-0, min.28: Javi Souto de falta; 2-0, m.37: Javi Souto; 2-1, m.52: Porty; 2-2, m.83: Pablo Dominguez.

Unha parte, e un punto, para cada un neste vivido derbi soneirán adiantado á xornada sabatina. O Baio tardou en entrar no partido e o Soneira foi superior no primeiro tempo a pesar de estar en contra do forte vento. Javito foi protagonista cun gol de falta e outro de picardía, adiantándose á defensa.

Cambiou o debuxo Félix na segunda, e o Baio pasou a ter control e iniciativa, pero Basti tamén puido ter feito o terceiro se non marra un man a man ante Javi Souto. Na xogada seguinte Porty metía de cheo no partido aos de baieses. Non puideron axustar a presión aí os de Pedro Gómez, e non puideron evitar o empate. O partido esmoreceu co xusto empate.

 

Xallas - Lalín (0-1)

  • Xallas: Iván Couto, Marcos, Aitor, Caneda, Brais, Samuel, Fidi, Colón, Carlos Rieiro, Capelo, Alex Blanco. Tamén:David, Sergio, Ángel Cuns, Stefan e Adán.
  • Gol: 0-1, m.56: á saída dun córner.

Recibía o Xallas ao Lalín coa posibilidade de meterse de novo no alto da táboa. Pero entrou moi mal o Xallas, con grandes desaxustes nos primeiros 15 minutos, tendo o punta visitante tres boas ocasións que non acabaron en gol. Igualouse moito no resto do primeiro tempo.

Arrincou ben na segunda o cadro de Adrián Vázquez, pero cando mellor estaban, nun córner adiantáronse os visitantes. Replegáronse a partir de aí e ao Xallas tocoulle tomar riscos. Non sufrían atrás os verdes pero tampouco facían demasiado dano máis que certas entradas por banda e centros laterais. Si que tivo o empate Aitor nunha das últimas xogadas do partido, pero o seu remate estando practicamente só, saíu fóra.

 

Flavia - Mazaricos (5-0)

  • Mazaricos: Pablo, Rachón, Borja, Pose; David, Aurelio (Moreira), Losada, Ferreiro, Sandelo e Marcos.

Superados de principio a fin os amarelos ante o cadro padronés. Xa no ecuador do primeiro tempo, con dous tantos seguidos (o primeiro de penalti), deixaban o partido encarrilado. Ata o descanso o cadro de Óscar Mingui sufría moito, e malia os cambios do descanso, un gol nada máis saír dos vestarios xa sacou do partido aos costeiros, que intentaron seguir competindo ata o final.

 

Silleda - Esteirana (0-0)

  • Esteirana: MJ, Simón, Code, Damián, Godo; Adrián Louro, Adrián Abelleira, Pachi, Raúl, Elías, Róber Pladur. Tamén: Alex Louro, Javi, Tobío e Manu Teijo.

Partido sen moita historia o vivido no Outeiriño, con pouco fútbol, e apenas algunha ocasión por bando visitante, como unha falta de Pachi que salvou o meta, unha remate dende a frontar de Adrián ou un longueiro de Raúl.

Os locais puideron marcar nun par de remates de cabeza, sobre todo nun que salvou Code baixo paus coa axuda do poste.

 

Cruces - Dumbría (2-3)

  • Dumbría: Anxo, Dani Chao, Baba, Raúl Añón (Pablo Paz), Álex Sendón, Brais Fdez, Lucas (Mario), Darío Capelo, Diego Estévez (Kevin), Code (Dani Yerba) e Xabi Castro.
  • Goles: 1-0, m.11; 1-1, m.16: Xabi Castro; 1-2, m.18: Estévez; 2-2, m.40; 2-3, m.63: Estévez de penalti.

WhatsApp Image 2022-10-30 at 16.37.01

Partido duro contra un rival complicado o que conseguíu sacar adiante o cadro de Pablo Conde. Empezaron os locais eles nun error defensivo dumbriés, pero o equipo repúxose ben e foi quen de remontar rápido. Eran bos minutos dos costeiros pero ao fío do descanso os locais empataban de córner.

Na segunda parte saíu ben o cadro branco, e Estévez de penalti metía por diante de novo. Igualouse aí o choque, co cadro local apretando algo. Aguantou ben o equipo as embestidas locais, pero si tocou sufrir no desconto, cando a base de saques de banda longos non deixaban saír da área a uns dumbrieses que pelexaron moitísimo para traer de volta os 3 puntos.

Máis crónicas da 1ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios