Xoves. 28.03.2024
El tiempo

1ª Galicia: Dumbría e Xallas mantéñense no grupo

Vista Alegre -Soneira
O Soneira venceu en Santiago
1ª Galicia: Dumbría e Xallas mantéñense no grupo

Rompeu o Xallas a tendencia de dúas derrotas consecutivas e volve engancharse á parte de arriba. De feito, xalleiros e dumbrieses fican en postos de promoción, e suman 4 puntos máis que o seguinte. Os dumbrieses salvaron 1 punto no desconto ante o Tordoia, e ambos equipos vén como o Lalín escapa cuns números espectaculares (8 vitorias e 1 empate).

Polo demais, bos empates de Mazaricos e Soneira, que seguen sumando; Vitoria do Soneira ante o pechacancelas, e inesperada derrota do Baio na casa ante o Agolada.

Baio - Agolada (0-2)

11 do Baio ante Agolada

  • Baio: Iago, Pablo Rod., Aitor, Pazos, Mario, Iván, Peke, Pablo Dom., Bieito, Braian, Josiño. Tamén: Cristian, Norberto, Porty, Julián e Ceide.
  • Goles: 0-1, m.44: Bieito; 0-2, m.62: Álvaro.

Capis e arbis do Baio-Agolada

Merecida vitoria do Agolada no Platas Reinoso. Partido no que o Baio caeu nun ritmo lento proposto polo equipo rival e non soubo en ningún momento meterse no partido. Premio de 3 puntos para un Agolada que sacou rendemento do mal partido cadro local.

 

Mazaricos - Puebla (1-1)

  • Mazaricos: Pablo, Rachón (Brais), Pose, Aurelio, Borja, David, Josete, Ferreiro, Marcos, Losada (Oscarin) e Molinos.
  • Goles: 1-0, m.44: Rachón; 1-1, m.60: de penalti.

Punto que sabe ben por Mazaricos tralo visto no partido e dá boas esperanzas ao equipo de Mingui. Primeira metade moi seria dos amarelos, discutíndolle a poesión a todo un Puebla, moi seguros atrás e mesmo tendo algunha chegada.
Nos últimos compases da primeira metade apretaron os visitantes, e nunha xogada de varios córners consecutivos, o colexiado sinalaba penalti por mans. Apareceu Pablo, que parou o penalti e tamén o rexeite.
E do 0-1, pasouse a un 1-0, tras unha fermosa xogada colectiva de banda a banda que rematou Rachón cun golazo.

Saíu ben o Mazaricos na segunda, pero o Puebla comezaba apretar, e conseguía empatar tralo segundo penalti da tarde. Quedaba media hora e tocou sufrir. O cadro visitante tiña a posesión e chegaba continuamente, pero os costeiros conseguiron aguantar as embestidas, mesmo tendo unha ocasión clara de Molinos e un gol anulado por fóra de xogo. A máis clara da tarde foi na área mazaricá, pero un dianteiro visitante mandou fóra a porta baleira.

 

Esteirana - Cordeiro (0-0)

  • Esteirana: MJ, Simón, Code, Damián, Godo; Adrián Louro, Adrián Abelleira, Pachi, Raúl, Oli e Elías. Tamén: Alex Vega, Alex Louro, Javi, Tobío e Manu Teijo.

Partido condicionado pola expulsión máis que dubidosa de Simon aos 13 minutos. Tocou defender e defenderon os esteiráns de 10, sen concederlle nin unha ocasión en todo o partido ao cadro da Barbanza. Porén, na outra área os de Geno enviaron 3 balóns á madeira, dous de Raúl, un de Code e unha ocasión clarísima que non acertou Pachi.
Probablemente mereceron máis os esteiráns pero seguen sumando e iso é moi importante.

 

Xallas - Cruces (2-0)

  • Xallas: Iván Couto, Caneda, Adán, Samuel, Fidi, Brais, Stefan, Carlos Rieiro, Capelo, Colón e Álex Blanco. Tamén: David Freire, Sergio, Aitor, Ángel Cuns e Manuel Cuns.
  • Goles: 1-0, m.10: Carlos Rieiro; 2-0, m.36: Carlos Rieiro.

Púxose de cara o partido co gol inicial de Carlos Rieiro. E a partir de aí o cadro xalleiro foi dominador. A nivel defensivo non sufríu o cadro de Adrián Vázquez en ningún momento, que facía dano co un para un por fóra con Carlos e Capelo, e Stefan e Alex chegando a zonas de remate. O gol antes do descanso, de novo de Carlos, deu moita tranquilidade para afrontar unha segunda metade na que os costeiros puideron ampliar a vantaxe con 3-4 ocasións claras.

 

Dumbría - Tordoia (2-2)

11 do Dumbria ante Tordoia

  • Dumbría: Anxo, Dani Chao, Baba, Pablo Paz, Sendón, Brais Fdez, Lucas (Rivi), Darío Capelo, Codesal (Mario), Diego Estévez e Xabi (Dani Yerba).
  • Goles: 1-0, m.25: Codesal; 1-1, m.51: Javi Seoane; 1-2, m.62: Javi Seoane; 2-2. m.97: Pablo Paz.

Capis e arbis do Dumbria e Tordoia

Irregular partido dos de Pablo Conde que salvaron un punto no descontísimo. Foi un partido malo, cun cadro visitante que marcaba o ritmo, lento, de partido. Os dumbrieses conseguían adiantarse no ecuador do primeiro tempo nunha das poucas boas xogadas da primeira parte. Pero nada máis saír dos vestiarios, os visitantes, que tampouco creaban ocasións claras, remontaban en dúas xogadas a balón parado.
Empurrou o cadro dumbriés todo o que puido, e xa co tempo cumplidísimo, marcaban no últimos saque de banda á desesperada.

 

Vista Alegre - Soneira (1-3)

  • Soneira: Coke, Darío, Fabián, Aarón Fdez., Brais; De la Sierra, Alex Figueiras, Mayor, Borja Gándara, Maky, Richi. Tamén: Javi Souto, Brais Mouzo, Ángel, Pichi e Fran Calvo.
  • Goles: 0-1, m.3: Fabián; 0-2, m.18: Maky; 1-2, m.30: Adrián Osorio; 1-3, m.48: Maky.

Non fallou ante o pechacancelas o equipo de Pedro Gómez, máis efectivo e que xa aproveitaba a debilidade local aos 3 minutos co tanto de Fabián. Maky ampliaba rendas e cando o partido parecía controlado os locais se metían no partido. Aí aparecía Coke para salvar aos seus, anulando 3 mans a mans dos locais que puideron ter significado ir ao descanso por debaixo no marcador.

Na segunda metade axustaron e equilibraron liñas algo mellor o equipo os soneiráns e pronto puña Maky o terceiro que deu moita tranquilidade. Tiveron un tiro ó longueiro de Mayor para sentenciar.

Máis crónicas da 1ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios