Domingo. 13.10.2024
El tiempo

1ª Galicia: Un empate e unha goleada nos derbis costeiros

O Xallas celebrando a vitoria
O Xallas celebrando unha nova vitoria
1ª Galicia: Un empate e unha goleada nos derbis costeiros

Dous derbis costeiros nesta xornada 4 da 1ª Galicia, que remataron cunha (demasiado) abultada goleada do Dumbría (ollo con este Dumbría) ao Baio, e un empate no Municipal de Vimianzo que sabe mellor por Esteiro (quedou con 10 os últimos 20 minutos o cadro blaugrana) que na vila soneirá.

Mentres o Xallas segue ao seu, sumando 4 de 4 tras bater a outro dos favoritos. Ademais, o Mazaricos sumou un punto dos que saben a gloria, colleitado sobre o pitido final.

 

Soneira - Esteirana (1-1)

  • Soneira: Javi Souto, Brais Mouzo, Aarón Fdez., Pichi, Fabián; Alex Figueiras, De la Sierra, Borja, Richi, Basti e Javi Souto. Tamén: Álvaro, Maky, Gesto, Brais Pereira e Fran Calvo.
  • Esteirana: MJ, Simón, Code, Damián, Tobío; Pablo Rama, Adrián Abelleira, Oli, Raúl, Elías e Brais. Tamén: Adrián Louro, Godo, Alex Vega, Manu Teijo e Pachi.
  • Goles: 1-0, m.2: Javi Souto; 1-1, m.38: Raúl Lestón.

Partido moi intenso, cun alto nivel físico por parte dos dous equipos, que comezaba poñéndose de cara para os locais co tanto de Javi Souto. O dominio local inicial íase disipando e a boa presión dos de Geno facía que os de Pedro Gómez estiveran cada vez máis imprecisos. Un par de chegadas puideron facer os esteiráns na primeira, unha delas acabou na madeira dos pés de Adrián Abelleira e outra foi o tanto de Raúl para acadar o empate antes do descanso.

Arrincaba igualada a segunda, pero a expulsión de Adrián Louro acon aínda 20 minutos para o final, deixaba o partido para os locais, que tiveron 4 boas ocasións (un man a man de Fabián que se planta só ante MJ que lle detén o disparo; outra de Pichi que case na área pequena manda alta; un disparo de Borja dende a frontal, e outra de Richi que desbarata MJ) pero que non conseguiron romper a igualada.

 

Dumbría - Baio (5-0)

11 do Dumbria ante o Baio

  • Dumbría: Anxo, Dani Yerba, Raúl Añón, Kanario, Álex Sendón, Baba (Hugo), Brais Fdez, Lucas, Diego (Periscal), Dani Chao (Code) e Xabi (Rivi).

11 do Baio en Dumbria

  • Baio: Cristian; Mario, Norberto, Iván Rod., Ceide, Yago, Pablo, Bieiro, Braian, Porty e MC. Tamén: Iago Cancela, Ivám García, Peke, Josiño e Pablo Rod.
  • Goles: 1-0, m.17: Estévez de penalti; 2-0, m.50: Estévez; 3-0, m.75: Raúl Añón; 4-0, m.79: Estévez; 5-0, m.81: Estévez.
Kanario e MC cos colexiados
Kanario e MC cos colexiados

Partido máis igualado do que sinala o marcador, que se estirou no treito final con 3 goles á contra. A primeira metade foi moi igualada, ata que Estévez, o home do partido, abría o marcador dende os 11 metros. A partir do Baio o dominio foi baiés, pero sen demasiada profundidade.

Arrincou mellor o cadro de Pablo Conde a segunda, e pronto Estévez marcaba o segundo. Os de Félix estiraban liñas e foi Estévez o encargado de sentenciar á contra.

 

Cruces - Mazaricos (1-1)

  • Mazaricos: Brais, Brais, Pose, Borja, Josete, Chumiko, Kevin (Pereiro), Sandelo, Ferreiro (Aurelio), David, Molinos.
  • Goles: 1-0, m.70; 1-1, m.92: Esteban Pereiro.

De infarto o punto colleitado polo cadro de Mingui e Cantudo no Camballón. Levou o peso do partido na primeira metade o cadro amarelo, pero sen profundidade, e permitindo apenas unha ocasión que salvou Brais.

Aínda saía na segunda con máis ansia o Mazaricos para intentar crear máis perigo, e conseguía chegar á área rival con máis claridade. Pero cando mellor estaban os visitantes, chegou o gol local nun balón solto dentro da área que non chegou a tapar a defensa amarela.

Tocaba remar con apenas 20 minutos por diante. Os visitantes volcáronse e tiveron ocasións nos pés de David e Sandelo. Foi no desconto cando Borja lanzou unha falta directa ao pau, no primeiro rexeite David non acertou pero Pereiro si o facía marcando un bonito gol a bote pronto algo escorado pola escadra.

Ainda tiveron outro achegamento perigoso antes de rematar pero non houbo tempo para máis e os costeiros traen un punto importante para cortar a serie de 2 derrotas seguidas que levaban.

 

Xallas - Negreira (2-1)

  • Xallas: Iván Couto, Marcos, Aitor, Caneda, Fidi, Brais, Doro, Colón, Stefan, Carlos Rieiro e Capelo. Tamén: David, Rubén Sande, Alex Blanco, Becerra e Samuel Barral.
  • Goles: 1-0, m.20: Carlos Rieiro; 1-1, m.32: Brais de penalti; 2-1, m.90: Capelo de penalti.

Fermoso partido, moi igualado, con momentos para os dous equipos, que se decantou no último suspiro para os locais, que se manteñen no alto da táboa con 4 de 4 empatados co Lalín.

Na primeira metade comezaron os de Adrián Vázquez algo máis entonados pero o Negreira conseguía facerse co dominio, con Gonzalo, o de sempre, dando problemas. Pero os xalleiros conseguían roubar e correr e nunha desas, Carlos Rieiro abría o marcador. O Negreira estirábase e nunha xogada por banda, Brais cortaba coa man dentro da área e os nicrariarienses non perdoaban.

A segunda metade, a pesar do inicio con forza dos visitantes, foi de cor locai, que apretou arriba, indo máis polo partido e tendo varias ocasións para desnivelar a contenda. E cando parecía que o partido acabaría en empate, penalti sobre Álex que marca Capelo para manter a serie dos xalleiros.

 

Máis crónicas da 1ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios