Sábado. 20.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: Empate soneirán

Baio-Soneira
MC e Pichi cos colexiados costeiros do Baio-Soneira
1ª Galicia: Empate soneirán

Xornada importante esta 25ª na 1ª Galicia, con varias cousas de interese. Por arriba, a estrana vitoria do Dumbría ante o Cruces permítelle ao cadro dumbriés empatar co Xallas e co Lalín na 4ª praza, despois do empate entre os dous candidatos. Cólase tamén o Flavia, tras vencer pola mínima a un mellorado Mazaricos, que segue ocupando a praza do máis que seguro arrastre do Fisterra.

”Tres puntos importantísimos” para a Esteirana para saír da zona de perigo, ademais do empate no derbi da comarca de Soneria entre Baio e Soneira. Un empate que non lles vale nin a uns para saír dos postos de descenso directo, nin ao outro para volver engancharse na loita pola promoción.

 

Baio - Soneira (1-1)

11 do Baio ante o Soneira

  • Baio: Bugy, Norberto, Iván, Peke, Pablo Domínguez, Aitor, Santiso, Rubio, Josiño, Braian e MC. Tamén: Iván Fraga, Aday, Hugo e Iván Rod.

11 do Soneira en Baio

  • Soneira: Javi Souto, Darío, Aarón, Pichi, Fabián, Borja, De la Sierra, Cristian, Richi, Basti e Javito. Tamén: Coke, Alberto, Maki, Gesto e Brais Pereira.
  • Goles: 1-0, m.9: MC de penalti; 1-1, m.58: Pichi.

Saíu o Baio ben armado atrás ante un Soneira que durante o primeiro tempo non estivo ben en nungún aspecto, nin con balón, nin sen balón, perdendo os duelos. Adiantou MC aos de Félix dende os 11 metros, e puido ter ampliar a renda buscando nas contras a verticalidade dos 3 de arriba.

Igualáronse as cousas tralo descanso. O Soneira foi collendo o balón con máis xento, e Basti, Mayor e Richi avisaban. Pichi conseguía pronto o empate. Se os de Pedro pediron dous penaltis na segunda metade (unha patada alta sobre Borja e unha posible man de Rubio), no treito final MC tivo un man a man que non definiu ante a boa saída de Javi Souto.

 

Dumbría - Cruces (3-0)

11 do Dumbria ante o Cruce

  • Dumbría: Anxo, Yerva, Pablo Paz, Raúl, Kanario, Baba, Rivi (Sendón), Lucas, Mario (Periscal), Diego Estévez (Fabio) e Xabi (Brais Fdez).
  • Goles: 1-0, m.25: Xabi Castro; 2-0, m.78: Estévez; 3-0, m.85: Estévez.

Dumbria-Cruces

Goles: Partido estrano, cunha primeira media hora de dominio local pero na que a ocasión máis clara foi para os visitantes. Tardou media hora en adiantarse o cadro de Pablo Conde, pero de contado Baba era expulsado. Ata o descanso o partido ficou igualado.

Comezou a segunda metade co Cruces máis dominador, pero sen profundidade, ata que chegou a primeira expulsión dos visitantes. Recuperaron o mando os dumbrieses pouco antes de dúas novas expulsións do cadro visitante, coas que se acabou o partido.

 

Mazaricos - Flavia (0-1)

11 do Mazaricos-Foto-Luis Gonzalez
11 do Mazaricos-Foto-Luis González
  • Mazaricos: Brais, Borja, Carreira, Pablo, Pose, Brais, Pereiro, Guille, Marcos, Kevin, Molinos. Tamén; Ángel, David Lado, David García, Iago Estalote.
  • Gol: 0-1, m.4: nun córner.

Mereceu algo máis o cadro de Marcos ante un Flavia que se adiantou moi pronto nun fallo de marcaxe nun córner. A xogada clave chegou pouco despois cando Pereiro sofre un penalti polo meta visitanta que o colexiado non ve. Nese primeira metade, a mellor ocasión sería para os visitantes, pero Brais fíxolle un paradón a unha xenialidade de Toni.

Kevin e Marcos tiveron as mellores ocasións nunha segunda metade, ante un Flavia que se dedicou a achicar balóns.

O vestiario amosouse moi “jodido” pola derrota, pero satisfeito polo traballo e a competitividade, que seguro que lle permite cambiar a dinámica de resultados.

 

Esteirana - Silleda (1-0)

  • Esteirana: MJ, Simón, Code, Adrián Louro, Adrián Abelleira, Tobío, Alex Rama, Pablo Rama, Raúl, Elías, Rober Pladur. Tamén: Kevin, Damián, Alex Louro, Héctor, Brais.
  • Gol: 1-0, m.50: Rober Pladur.

Tres puntos vitais para a Esteirana ante un dos de abaixo abaixo, deses que non se poden escapar, e que lles permiten subir varios postos e ver o descenso directo con 6 de vantaxe. O cadro de Geno foi superior todo o partido, dominando sempre, tendo moitas ocasións, facendo bo fútbol e sen fisuras atrás, pero só Pladur foi quen de romper a igualdada, mantendo a incerteza ata o último minuto.

 

Lalín - Xallas (2-2)

  • Xallas: Iván Couto, Diego, Aitor, Brais, Samuel, Fidi, Colón, Stefan, Capelo, Juan de Celia, Carlos Rieiro. Tamén: Íker, Caneda, Rubén, Doro, Sergio Barbeiro.
  • Goles: 1-0, m.57; 1-1, m.69: Brais; 1-2, m.70: Stefan; 2-2, m.79.

Partido ante un rival directo dos de Adrián Vázquez, cunha primeira metade moi controlado, con dominio de balón ante un Lalín que esperaba que só tivo un roubo perigoso.
Axitouse o partido na segunda, e tras un roubo na saída do balón adiántanse os locais. Pero o Xallas non se veu abaixo e nun minuto deron a volta ao marcador Brais e Stefan. Intentou baixar o ritmo do partido o cadro de Adrián Vázquez pero o choque estaba tolo. Conseguiron empatar e nos últimos minutos o partido puido caer de calquera lado, cun par de chegadas dos visitantes e un paradón de Iván Couto.

 

Máis crónicas da 1ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios