Sábado. 20.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: Esteirana e Baio complícanse a permanencia

11 do Baio 22-23
11 do Baio que non puido co campión de Liga
1ª Galicia: Esteirana e Baio complícanse a permanencia

Xornada regular para os equipos costeiros. Só o Dumbría conseguía sumar os 3 puntos (xogaba contra o pechacancelas), achegándose de novo aos postos de promoción. Uns postos tremendamente aprtados, con 5 equipos nun pano de 3 puntos loitando por 2 postos. Se o Negreira parece fixo tras vencer á Esteirana, o Cordeiro ocupa a 3ª praza, mentres que Xallas (que non pasaba do empate ante o Puebla) e Flavia (sorprendente derrora dos de Padrón ante o Cruces despois de castigar durante varias semanas aos equipos costeiros) están empatados con 60 puntos, polos 59 do Lalín e os 48 do Dumbría.

Pero máis intensa aínda está a zona baixa. Co Mazaricos xa pensando noutra cousa, Baio e Esteirana tiñan compromisos moi complicados contra os dous primeiros. Mala xornada para os nosos que vían como Tordoia, Cruces e Calo, os 3 rivais por evitar os postos de arrastre, sumaban os 3 puntos.

Quedan 3 finais, incluída un choque directo a semana que vén en Esteiro entre blaugranas e branquiazuis.

Dumbría - Silleda (7-0)

Dumbria 11 2023

  • Dumbría: Carlos, Dani Chao, Samuel, Pablo Paz, Raúl, Brais Fdez., Capelo, Estévez, Mario, Baba, Xabi Castro.Tamén: Anxo, Alex Sendón, Fabio, Dani e Lucas.
  • Goles: 1-0, m.6: Capelo; 2-0, m.10: Estévez; 3-0, m.15: Capelo; 4-0, m.50: Estévez; 5-0, m.63: Xabi Castro; 6-0, m.73: Xabi Castro; 7-0, m.75: Mario.

Capis do Dumbria e Silleda

Aos 15 minutos o marcador xa sinalaba un rotundo 3-0, contra un rival moi frouxo e derrotado.

Xallas - Puebla (0-0)

  • Xallas: Iván Couto, Diego, Aitor, Caneda, Brais, Fidi, Colón, Stefan, Capelo, Carlos Rieiro e Juan de Celia: Tamén: Íker, Rubén Sande, Doro, Xan e Samuel.

Non foi boa a primeira metade dos xalleiros, poucos fluídos con balón, nos que apena chegou o cadro cunha de Juan de Celia. Si que mellorou na segunda o equipo de Adrián Vázquez, tendo ocasións de todas as cores, pero sen sorte de cara gol. O normal tería sido gañar o partido pero o equipo ten que seguir competindo e sumando.

Baio - Cidade Ribeira (1-4)

  • Baio: Buguy, Bruno, Aday, Pablo Rod., Norberto, Iván Rod., Iván García, Pazos, Chechi, Santiso e Paco. Tamén: Fraga, Hugo, Bieito, Peke e Javi Suárez.
  • Goles: 0-1, m.14: Yago Rivas; 0-2, m.28: Jose Antonio Aguado; 0-3, m.54: Adao; 1-3, m.60: Bieito; 1-4, m.65: en propia.

Baio e Ribeira

Non foi quen o Baio de asumir a importancia do choque ante a chegada do xa campión da Liga. Así, con moi pouco, o visitante xa se adiantaba 0-2 á media hora. Na segunda saíu con máis iniciativa o equipo de Felix, e con valentía, pero sen ser suficiente para facerlle dano a un líder que, a medio gas, levou o choque con 3 accións a balón parado.

Negreira - Esteirana (2-0)

  • Esteirana: MJ, Kevin, Damián, Adrián Louro, Code, Pachi, Alex Rama, Pablo Rama, Elías, Oli e Raúl. Tamén: Alex Louro, Javi e Brais Noceda.
  • Goles: 1-0, m.67: Juan; 2-0, m.68: Gonzalo.​

Un Negreira con posesión do balón continua, pero tamén con moita pegada e calidade, foi demasiado rival para unha boa Esteirana. O cadro de Gus saíu ben armado en defensa, sen conceder ocasións salvo un par de córner. E tiveron algunha que outra chegada, como unha de Pachi que mandou rozando o pau tras un bo pase atrás de Alex Rama. Unha falta de Raúl tamén pasou a carón do pao.

Na segunda parte o cadro local si que se estirsou pero aínda co empate a ceros, Elías tivo un man a man que puido cambiar o partido. O primeiro gol dos nicrarienses afectou moito aos esteiráns, que se viñeron algo abaixo no treito final do choque.

Mazaricos - Calo (0-5)

  • Mazaricos: Pablo, Borja, Raúl, Carreira, Ricardo, Esteban Pereiro, David, Guille Botas, Cives, Kevin e Marcos. Tamén: Brais, David Lado, Brais Canosa e Pablo Losada.
  • Goles: 0-1, m.4: Mateo; 0-2, m.75: Denis; 0-3, m.76: Adrián; 0-4, m.80: Denis; 0-5, m.88: Sergio.

Competiu ben o Mazaricos sobre todo durante máis de unha hora, pero recibía demasiado pronto un tanto en posible fóra de xogo. A partir de aí, moitos minutos de control mazaricán, con algunha chegada pero sen demasiada pegada.
Aos 20 minutos da segunda a expusión do porteiro mazaricán decantou o partido. Os mazaricáns non recuaron foron a por eles e acabaron recibindo 4 tantos nos últimos 15 minutos, certificando a súa 11ª derrota consecutiva.

Lalín - Soneira (4-0)

  • Soneira: Coke, Darío, Ángel, Aarón, Pichi, Fabián, Alex Figueiras, Borja Gándara, De la Sierra, Maki, Richi. Tamén Basti e Alberto Mouzo.

Chega o Lalín coas fichaxes de última hora de Chiño e a Enjamio de Arzúa que reforzan moito o equipo de cara a meterse na promoción. Así o sufríu o cadro de Pedro Gómez, a pesar de que na primeira metade, a pesar de adiantarse pronto o Lalín, foi moi superior. Os soneiráns tiveron o control do balón e do xogo e o Lalín só buscaba contras porque non eras capaces de quitarlles o balón. Richi e Dela avisaron e a sensación de perigo era constante.

Pero na segunda, os vimianceses, só con 13 xogadores, acusaron o cansanzo e os locais sentenciaron pronto.

MÁIS CRÓNICAS DA 1ª GALICIA

AS TÁBOAS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM

 

Comentarios