Martes. 05.11.2024
El tiempo

1ª Galicia: A Esteirana salva 3 puntos fundamentais

Esteirana celebrando 3 puntazos
Esteirana celebrando 3 puntazos
1ª Galicia: A Esteirana salva 3 puntos fundamentais

Partido deses nos que te xogas moito máis dque 3 puntos. Visitaba o Xosé Luís Vara o Cruces, equipo que marcaba a salvación, só a 2 puntos da Esteirana. Unha vitoria podería ser un punto de inflexión para situarse na zona morna e deixar a 6 o descenso. E así foi, os blaugranas tiraron de garra e sumaron 3 puntazos e unha inxección de moral incalculable.

Ademais, a xornada tiña un derbi no Pino do Val, que venceu o Dumbría.

O Xallas volvía gañar mentres que o Soneira acadaba un bo empate ante o Cordeiro, e os 3 equipos están nunha dura pugna por varias das prazas de promoción.

O que non tivo sorte foi o Baio, que nun dos seus mellores partidos acabou caendo pola mínima ante o 3º da táboa, e se mantén en postos de descenso.

 

Calo - Xallas (0-3)

  • Xallas: Iván Couto, Diego, Aitor, Rubén Sande, Brais, Fidi, Capelo, COlón, Samuel, Juan de Celia, Carlos Rieiro. Tamén: Íker, Caneda, Doro, Ángel Cuns e Stefan.
  • Goles: 0-1, m.8: Capelo; 0-2, m.20: Capelo; 0-3, m.87: Stefan.

Moi bo partido, sobre todo con balón, dos de Adrián Vázquez, creando moito perigo cada vez que chega a tres cuartos de campo, pero perdonando bastante, como vén sendo habitual nos últimos partidos. Non perdou Capelo, que aos 20 minutos xa besara dúas veces as mallas. Pero de aí ao descanso o equipo local estirouse e fixo sufrir aos xalleiros, e mesmo Iván Couto evitou, parando unha pena máxima, que se meteran de cheo no partido.

Axustou liñas no descanso o míster, non sufriron e xeraron á contra moitas moitas ocasións.

 

Esteirana - Cruces (2-1)

  • Esteirana: MJ, Alex Rama, Code, Damián, Tobío, Adrián Louro, Adrián Abelleira, Pablo Rama, Oli, Rober Pladur e Elías. Tamén: Priegue, Alex Louro, Javi Romero, Pachi e Godo.
  • Goles: 1-0, m.13: Tobío; 1-1, m.24: Rendo; 2-1, m.90: Elías.

Típico partido onde os dous equipos saben o que se xogan e non querían arriscar. Moita intensidade pero sen chegadas ás áreas. Tiña pronto unha boa Pladur, mandando o balón ao pau, mentres que na outra área tivo que aparecer MJ nun par de ocasións. Os dous tantos chegaron en sendos córners.

Conseguíu combinar algo máis o cadro de Geno na segunda, con máis control pero sen grandes ocasións, máis que un par de tiros de Pachi lonxanos. E cando o partido esmorecía e parecía que todos asinaban as táboas, unha gran xogada de Álex Rama por banda deixaba para que Elías fixese saltar polos aires todo o Xosé Luís Vara.

 

Mazaricos - Dumbría (0-2)

11 do Mazaricos no Pino do Val

  • Mazaricos: Pablo, Oscarín (Kevin), Borja, Pose, David, Pereiro (Ferreiro), Josete (Guille Botas), Marcos, Brais, Molinos (Chiki).

11 do Dumbria no Pino do Val

  • Dumbría: Anxo, Alex Sendón, Samu Quintáns, Braus, Raúl, Baba, Dani Chao, Code, Lucas Toba, Xabo Castro e Estévez. Tamén: Carlos, Mario, Rivi, Marcote e Dani.
  • Goles: 0-1, m.25: Baba; 0-2, m.30: Estévez.
Mazaricos-Dumbria - Foto-LUis Gonzalez
 Foto-Luís González

Mazaricos-Dumbria e colexiados

Partido igualado que comezaba cun remate de Borja moi preto de convertirse no primeiro. Pero o Dumbría ía tomando o mando, e en 5 minutos marcaba dous goles que puideron ser máis ata o final da primeira metade.

Saíu mellor o Mazaricos na segunda, e Kevin tivo unha gran acción pero non puido superar a Anxo. Os de Mingui levaban o control con algunha chegada de Molinos e Marquiños, ou un centro de Pose que non atopou rematador; pero tamén os visitantes tiveron un remate ao longueiro nun córner.

 
Mazaricos-Dumbria - Foto-LUis Gonzalez 1
 Foto-Luís González

Lalín - Baio (3-2)

  • Baio: Iago, Pablo Rod., Norberto, Ceide, Peke, Pablo Dom., Aitor, Iván Rod., Bieito, Braian e Josiño. Tamén: Brais, Aday, Santiso, Sergio e Pazos.
  • Goles: 1-0, m.11: Brais; 2-0, m.35: Brais; 2-1, m.48: Bieito; 3-1, m.59: Manuel Vilariño; 3-2, m.80: Iván Rod.

Fixeron os de Félix o mellor partido da temporada na casa dun dos favoritos, pero outra vez non tiveron sorte. Os locais se adiantaban pronto pero os baises tiveron ata 4 ocasións claras de gol en situacións 1×1 ante porteiro e 2 remates en área pequena que incomprensiblemente sairon fóra. Á media hora o Lalín facía o segundo.

Arriscou na segunda o Baio levando a iniciativa e Bieito metía moi pronto ao equipo de cheo no partido. Pero pouco despois un centro chut acaba colándose na meta de Diego para volver a coller distancia. Mediante control de xogo e profundizando conseguiron recurtar e apretar ata o final, pero non conseguiron o empate. “Máis que nunca orgullosos dun grupo de xogadores que poñen no campo un plan de partido que gracias a eles sae, aunque o fútbol os estea castigando de forma esaxerada e inxusta”, apunta o míster.

 

Cordeiro - Soneira (1-1)

  • Soneira: Coke, Darío, Aarón Fdez., Gesto, Pichi, Fabián, Alex Figueiras, Borja Gándara, Richi, Maki e Javito. Tamén: Javi Souto, Santi, Fabián Sendón e Brais Pereira.
  • Goles: 1-0, m.15: Adrián Conde; 1-1, m.35: Javito.

Un puntazo moi valioso para os de Pedro Gómez que seguen sumando por 9ª xornada consecutiva. E iso que os soneiráns protestaron moito a actuación arbitral.

O cadro local adiantouse pronto, pero o control xa era dos costeiros, que dominaron a primeira metade e tiveron as mellores ocasións, como un balón ao pao de Pichi e dúas moi claras que lle sacan a Javito, que marcaría na seguinte, e a Pichi.

A expulsión, protestada, de Alex Figueiras nada máis comezar a segunda marcou o devir do partido. Así e todo, non sufriron os soneiráns xogando cun home menos, mantendo a personalidade e aguantando ben.

 

Máis crónicas da 1ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios