Mércores. 24.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: O Mazaricos completa a xesta

Mazaricos a fase de ascenso
O Mazaricos meteuse na fase de ascenso
1ª Galicia: O Mazaricos completa a xesta

A semana pasada foi branquiazul. Esta amarela. Se o Baio confirmaba o seu pase hai semana e media, onte domingo foi o Mazaricos o que o facía, nunha xornada frenética. Chegaban os de Diego Gálvez empatados a puntos e a golaveraxe individual a esta última xornada, e mesmo o Tordoia tiña un goliño máis no golaveraxe xeral. Pero foi quen o Mazaricos de meterlle 5 ao Ponteceso no Pinguel, mentres o Tordoia non puido pasar do 2-0 ante un Belvís ao que se lle ía a vida, permitindo que o cadro amarelo pase entre os 3 primeiros por un só gol.

Polo demais, a temporada regular rematou con outra vitoria do Baio, que pecha con 7 vitorias seguidas (e 8 vitorias e 2 empates nos 10 últimos partidos). O Corme non foi quen de superar ao Negreira e no derbi, o Dumbría venceu ao Soneira.

Dumbría - Soneira (4-1)

11 do Dumbria
11 do Dumbria
  • Dumbría: Jorge, Code (Rober), Baba, Kanario, Mataso (Xabi), Brais Fdez ( Lucas), Xaco, Darío, Mario, Sendón e Yuyo (Marcote).
Soneira no Conco
Soneira no Conco
  • Soneira: Javi Souto, Darío, Brais Mouzo, Ángel, Pichi, Brais Pereira, Nico, Alex Figueiras, Diego Lois, Cristian. Tamén: Damián, Javi Souto, Carlos, Davud e Fran Calvo.
  • Goles: 1-0, m.25: Mario nunha contra; 1-1, m.40: Maky; 2-1, m.60: Xaco; 3-1, m.62: Marcote; 4-1, m.64: Mario.
Dumbria - Soneira colexiados
Capis e colexiados

Partido máis igualado do que sinala o marcador e no que os dous adestradores consideran que foron mellores. O Dumbría comezaba algo mellor asentado, e conseguía marcar nunha contra tras un córner en contra. A partir de aí o Soneira veuse arriba. Maky, un dos protagonistas do choque, marcou o empate e aí os de Pedro tiveron varias ocasións para meterse por diante, pero unha falta de Mayor, un remate de Alex Figueiras dende o punto de penalti, e un remate de Maky no segundo pau atopáronse os tres cun gran Jorge baixo paus.

Arrincaba a segunda metade tamén co Soneira algo máis estirado, e Jorge volvía ser chave salvando un man a man con Maky. Chegou aí, a que foi para o míster visitante, a xogada chave do partido, cando Baba agarraría a Maky nunha contra, pero o colexiado non considera falta e a que sería a segunda amarela.

Pouco despis chegou o segundo e aí o partido xa morreu, pois os locais fixeron 3 goles en apenas 6 minutos.

Corme - Negreira (0-3)

  • Corme: Adrián, Brais Pombo, Pandi, Aitor, Diego, Jugo, Lucas, Borja Torrado, Toniño, Noel, Brais Torrado. Tamén: Suso, Álvaro, Brais Pailos, Pablo Pombo e Gabri.

Partido sen moita historia, cun Corme que continúa con moitísimas baixas e un Negreira que dominou o partido dende o principio. Marcaba pronto o equipo visitante logo de varios rexeites. Conseguía o segundo nunha falta sacada en corto e logo dun duro disparo, chegando así o descanso.
A segunda parte o Corme intentariao con balóns en longo pero pouco perigo conseguiu crear. Negreira marcaría o terceiro para finiquitar o partido e asegurar o primeiro posto.

Ponteceso - Mazaricos (1-5)

11 do Ponteceso no Pinguel
11 do Ponteceso no Pinguel. Foto: SD Ponteceso
  • Ponteceso: Brais, Luca, Pablo Vázquez, Juanjo (Martín Rioboo, m.44), Pablo Sánchez (Puente, m.70), Isaac, Nando, David Castro, Eloy Álvarez (Raúl Pertrusán, m.80), Mara, Hadrián Neira.
  • Mazaricos: Iván Baña, Borja, Raúl, José Ángel, Marquitos, Ricardo, Rachón, Chumiko, Pereiro, Chapela e Kevin. Tamén: Mario, Roo, Brais, Molinos e Dani.
  • Goles: 0-1, m.14: Chapela de gol olímpico; 1-1, m.37: Luca; 1-2, m.51: Kevin de penalti; 1-3, m.75: Marquitos; 1-4, m.81: Kevin; 1-5, m.83: Marquitos.
Ponteceso-Mazaricos colexiados
Capis e colexiados

Con ata 10 baixas presentábase o equipo de Pablo Mallón, que aínda así aguantaba ben a primeira metade ante un Mazaricos q ue se xogaba todo, e que tiña que gañar e marcar dous goles máis que o Tordoia. O cadro de Diego Gálvez metía un ritmo altísimo, e tras varios córners, Chapela anota un directo. Co dominio visitante transcorría unha primeira metade que remataba co empate feito por Luca.

Na segunda van decaendo as forzas do cadro local e o cadro amarelo vense arriba insistindo e insistindo. Kevin transforma un claro penalti a Chumiko no 1-2 nada máis sair do vestuario. Xa no último cuarto de hora, Marcos, Rachón e Mario tiveron varias ocasións, conseguindo os tantos suficientes para pechar unha tempada fantástica en Mazaricos.

Volantes - Baio (3-4)

  • Volantes: Álex de Yi, David, Mos, Oscarín, Ricardo, Pablo, Godo, Pesco, Toni, Manoliño, Kike. Tamén: Alberte, Alex, Pardelo, Iago e Miguel da Corocha.
  • Baio: Iago, Mario, Rubio, Damián, Ceide, Yago, Alex Varela, Iván, BIeito, Santiso, Paco. Tamén: Diego, Pedro, Peke e Hugo.
  • Goles: 1-0, m.32: Manoliño; 1-1, m.41: Paco; 1-2, m.43: Bieito; 2-2, m.45: Pesco de penalti; 2-3, m.57: Rubio; 3-3, m.80: Pesco; 3-4, m.97: Pedro.
Volantes - Baio-Adriana
Foto: Adriana Fdez.

Partido de tolos no Eleuterio Balayo, fermoso para o espectador, que comeza moi igualado cos dous equipos intentando mandar, e habendo moitas chegadas ás áreas. O arsenal ofensivo dos de Iván González (Pesco, Toni, Manoliño, Kike) ía facendo dano á meta dun Baio con moitas baixas. Manoliño rompía a igualada con este fermoso tanto.

Pero o Baio dalle pronto á volta ó marcador cun gol de Paco tras centro de Ceide e nun córner que remata Bieito. No desconto da primeira parte empata Pesco lanzando un penalti de panenka.

Na segunda parte saíron igual, pero no choque segue sendo de ida e volta. Seguían chegando as ocasións, como varios mans a mans de Paco, ou unha xogada na que Ceide viu como lle anulaban un tanto por unha suposta falta. Rubio si conseguía meter de novo ao Baio por diante, pero nunha contra empatou Pesco.

O choque podía caer de calquera lado, e xa superados os 4 de desconto, o xuvenil Pedro marcou o 3-4 tras un centro lateral de Ceide. Aínda tivo o Volantes o empate na última, pero Iago sacou un remate de cabeza da escadra.

O empate provócalle ao Volantes comezar a fase por evitar o descenso dende a 7ª posición.

Volantes-Baio-Foto Adriana
Volantes-Baio-Foto Adriana Fdez.

Novas relacionadas

Comentarios