Xoves. 25.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: Soneira, Xallas e Mazaricos suman; Dumbría e Baio sofren sendas remontadas

11 Mazaricos-Foto-Luis Gonzalez
11 do Mazaricos en Santiago
1ª Galicia: Soneira, Xallas e Mazaricos suman; Dumbría e Baio sofren sendas remontadas

O Xallas levou o derbi de Fontenla ante a Esteirana e, xunto co Soneira (que suma a súa 7ª vitoria, e 1 empate, en 8 partidos), manteñen a pelexa pola promoción. Unha loita na que está inmerso o Dumbría, que deixaba escapar os puntos do Conco.
Tamén sufriu unha remontada o Baio, o que provoca que caia en postos de descenso.

Ademais, o Mazaricos non fallaba ante o pechacancelas e estira a vantaxe sobre o descenso.

Xallas - Esteirana (4-1)

  • Xallas: Iván Couto, Diego, Aitor, Rubén Sande, FIdi, Samuel, Brais, Colón, Capelo, Carlos Rieiro e Juan de Celia. Tamén: Íker, Caneda, Doro, Alex Blanco e Dani Barbeira.
  • Esteirana: MJ, Simón, Code, Damián, Tobío, Alex Rama, Pablo Rama, Adrián Louro, Oli, Elías e Rober Pladur. Tamén: Adrián Abelleira, Alex Louro, Javi, Pachi e Raúl.
  • Goles: 1-0, m.9: Carlos Rieiro; 2-0, m.30: Damián en propia; 2-1, m.38: Elías; 3-1, m.57: Carlos Rieiro; 4-1, m.73: Capelo de penalti.

Púxose de cara o derbi para os locais co gol de Carlos Rieiro aos 10 minutos. A Esteirana, que voltaba a Fontenla trala fermosa final da Copa do pasado verán, non atopaba o seu sitio e o Xallas facía o segundo á media hora.
Reaccionou aí o equipo de Geno, que se veu arriba con todo e fixo sufrir aos xalleiros, recurtando Elías e tendo un par de chegadas que ben puideron significar o empate. Iso si, antes do descanso Juan de Celia mandaba un bo balón á cruceta.

Intentouno o cadro esteirán na segunda coa liña defensiva blaugrana moi alta, pero aí o equipo de Adrián Vázquez foi atopando espazos e facía máis dano á contra que a Esteirana co seu dominio. Carlos Blanco fixo o terceiro nunha transición e a partir de aí, na útlima media hora, o partido non perigou.

 

Soneira - Silleda (5-0)

  • Soneira: Javi Souto, Darío, Fabián, De la Sierra, Pichi, Alemán, Cristian, Richi, Borja Gándara, Javito e Basti. Tamén: Coke, Álex Figueiras, Maki, Fabián Sendón e Brais Pereira.
  • Goles: 1-0, m.12: Javito; 2-0, m.37: Pichi; 3-0, m.61: Alemán; 4-0, m.82: Maki; 4-0, m.89: Javito.

Non fallou o equipo de Pedro Gómez ante un dos de abaixo nun partido sen moita historia. Foi un partido con pouco ritmo e intensidade. Na primeira metade o Silleda intentou levar a iniciativa pero os goles foron dos locais. Así e todo, aínda co 1-0 Javi Souto parou un penalti.

Na segunda metade os locais tiveron xa máis control do xogo e os goles foron caendo. Houbo máis ocasións claras de Javi, Fabián ou Maki.

 

Baio - Negreira (2-3)

11 do Baio

  • Baio: Iago, Braian, Pablo Rod., Norberto, Pablo Dom., Peke, Iván, Porty, Bieito, Santiso e MC. Tamén: Brais, Mario, Iván Rod., Ceide e Aitor.
  • Goles: 1-0, m.13: Norberto; 2-0, m.30: Porty; 2-1, m.32: Joel; 2-2, m.48: Miguel; 2-3, m.52: Joel.

Capis do Baio-Negreira

Non se viu no Platas Reinoso a diferencia que hai na táboa entre os dous equipos. O Baio saíu dominador, e froito dese control adiantaríase no marcador con 2-0 Eran moi bos minutos dos de Félix ante todo un trasatlántico como é o Negreira, pero o único desaxuste defensivo dos locais en toda a primeira metade permítelle a Joel recurtar distancias.

Nada máis comezar a segunda metade, nunha xogada tras varios rexeites, empata o cadro nicrariense, e sen tempo a reaccionar, e noutra chegada sen aparente perigo, poñen o 2-3 no marcador.

Parou e reaccinou o cadro baiés, chegando con claridade para facer o empate nun balón ao longueiro de Porty, ou sen boas ocasións de Costa, Santiso…

Segue sen ter sorte o cadro baiés, que se mete en postos de descenso (pero a apenas 4 puntos do 10º clasificado). Pero Félix teno claro: “De seguro que esta liña vai ter recompensa e o fútbol sera xusto cun grupo de xogadores que estan moi a altura da categoría”.

 

Vista Alegre - Mazaricos (2-3)

  • Mazaricos: Pablo, Brais, Pose, Borja, Josete (Ferreiro), Pereiro (David), Losada (Chiki), Sandelo, Chumiko, Guille (Molinos).
  • Goles: 0-1, m.2: Guille; 0-2, m.12: Borja remata unha falta; 0-3, m.35: Chumiko dende o medio campo; 1-3, m.43: Lucas; 2-3, m.71: Sergio Brea.

Importante e necesaria vitoria do Mazaricos ante o pechacancelas para seguir escapando da zona baixa. Saíu o cadro de Mingui moi metido, cunha presión alta moi forte que lle permitía a Guille Botas, recente fichaxe procedente do Sofán, estrearse con titularidade e gol incluído. O equipo amarelo seguíu moi firme e o segundo chegaba á media hora.
Reaccionaron aí os locais, que obrigaron a Pablo a salvar un par de balóns. Nada puido facer ante o tanto dos locais co que se chegaba ao descanso.

Non estaban pasando apuros os amarelos na segunda, pero co 2-3, tocou sufrir, se ben as mellores ocasións no último treito do partido foron para Chiki, enviando un balón á madeira, e outra fóra cando só diante do porteiro o balón caeulle á perna mala.

 

Dumbría - Calo (1-2)

11 do Dumbria

  • Dumbría: Anxo, Alex Sendón, Samu, Pablo Paz, Mario, Baba, Estévez, Dani, Chao, Lucas Toba, e Xabi Castro. Tamén: Carlos, Brais, Rivi, Marcote e Kevin.
  • Goles: 1-0, m.21: Xabi Castro; 1-1, m.67: Adrián de penalti; 1-2, m.80: Adrián de penalti.

Capis do Dumbria e Calo

Dous penaltis permitíronlle ao Calo remontar un partido que o Dumbría tiña controlado. Os de Pablo saíron ben e se adiantaron pronto. Pero na segunda, os santiagueses estiráronse un pouco e os locais non conseguiron sentenciar. E foi dende os 11 metros como remontaron o partido.

Máis crónicas da 1ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios