Sábado. 04.05.2024
El tiempo

1ª Galicia: O Xallas mantense arriba de todo tras golear ao Mazaricos

Mazaricos e Xallas na Pedra do Ouro
Mazaricos e Xallas na Peña do Ouro
1ª Galicia: O Xallas mantense arriba de todo tras golear ao Mazaricos

Comeza con moita forza o Xallas esta campaña con 3 vitorias en 3 partidos. O cadro de Adrián Vázquez puido cun Mazaricos con moitas baixas que a pesar de todo non mereceu un resultado tan abultado.

Sumaron as súas primeiras vitorias o Baio e a Esteirana, mentres que Soneira e Dumbría sufriron as primeiras derrotas ante dous dos pesos pesados da categoría como son Cidade de Ribeira e Negreira.

Baio - Vista Alegre (3-0)

11 do Baio

  • Baio: Iago, Pablo, Norberto, Mario, Bieiro, Porty, Iván García, Yago, Pablo, Santiso, e MC. Tamén: Cristian, Bruno, Josiño, Hugo e Sergio.
  • Goles: 1-0, m.12: MC; 2-0, m.25: Porty; 3-0, m.75: Josiño.

Capis do baioi

Partido de dominio local de principio a fin, intentando ser protagonistas e levando iniciativa. Apenas uns pequenos desaxustes individuais e malas tomas de decisión en zona de finalización privaron dun resultado máis amplo, pero o equipo de Félix parece ter collido xa ritmo de competición, sumando 3 puntos que enchen de confianza ao grupo.

 

Negreira - Dumbría (3-1)

11 do Dumbria en Negreira

  • Dumbría: Anxo, Alex Sendón, Samu Quintáns, Brais, Dani Martínez, Lucas Toba, Dani, Baba, Xabi Castro, Raúl Añón, Capelo. Tamén; Carlos, Sergio, Marcote, Estévez e Caamaño.
  • Goles: 1-0, m.24; Raúl Añón en propia; 2-1, m.40: Gonzalo; 3-0, m.51: Samuel en propia; 3-1, m.65: Estévez.

Negreira-Dumbria

Dous goles en propia sentenciaron ao equipo de Pablo Conde nun dos campos máis complicados da categoría.  

 

Mazaricos - Xallas (0-3)

11 do Xallas en Mazaricos
O Xallas saíu cunha camisola de apoio a Sergio Barbeira, que o pasado martes sufría unha lesión no ombreiro que o pode apartar dos terreos de xogo máis de 3 meses
  • Mazaricos: Brais, Caamaño, Pose, Borja, Danis (Aurelio), Pereiro, Josete (Ferreiro), Chumiko, Pereiro, Brais, Marcos (Molinos).
  • Xallas: Iván Couto, Aitor, Caneda, Brais, Fidi, Colón, Marcos, Capelo, Setefan, Carlos Rieiro, Alex Blanco. Tamén: David Freire, Becerra, Doro, Rubén Sande, Samuel.
  • Goles: 0-1, m.28: Capelo de gol olímpico; 0-2, m.65: Colón; 0-3, m.89: Colón.

Arrincou o Xallas mandón na Peña do Ouro, levando o peso do partido con moita posesión pero sen crear ocasions claras. Si que tivo Brais que esforzarse nunha xogada do cadro visitante. Nada puido facer, porén, no tremendo de córner directo de Capelo que abría o marcador.

Igualouse o choque na segunda chegando pronto a xogada clave do envontro. Un erro no pase atrás de Samuel, deixaba só a Molinos que despois de regatear ao porteiro rematou pegadiño ao pau. Pouco despois no único erro da defensa amarela na saída de balón permitiu que Colón roubase e fixese o segundo, finiquitando aí o partido. Foi un querer e non poder para os mazaricáns dende ese momen to, e só na última xogada do partido Colón fixo outro golazo de falta directa que supuxo o terceiro gol.

 

Esteirana - Tordoia (2-1)

  • Esteirana: MJ, Simón, Damián, Code, Tobío; Alex Rama, Adrián Louro, Oli, Raúil, Brais e Elías. Tamén: Adrián Abelleira, Pablo Rama, Godo, Vega e Pachi.
  • Goles: 1-0, m.60: Raúl; 1-1, m.68: Óscar; 2-1, m.89: Raúl.

Dous tantos de Raúl, o segundo sobre o pitido final, serviron para que a Esteirana sumase os seus primeiros 3 puntos. Os de Geno dominaron a primeira metade, metéronse por diante e souberon reaccionar ante o empate visitante, e seguiron empurrando ata que o goleador da tarde facía o gol da vitoria a piques de chegar aos 90.

 

Cidade de Ribeira - Soneira (2-1)

  • Soneira: Javi Souto, Brais Mouzo, Aarón Fddez., Pichi, Fabián, De la Sierra, Alex Figueiras, Borja Gándra, Richi, Maky, Javi Souto. Tamén: Álvaro, Darío, Basti, Gesto e Brais Pereira.
  • Goles: 1-0, m.33: Anthony; 2-0, m.72: Anthony; 2-1, m.90: Riki.

Non puido o Soneira remontar os tantos do cadro ribeirense. Foi un partido no que os dous equipos querían levar a iniciativa, e comezaba mellor o equipo de Pedro Gómez, que nos primeiros minutos tivo 2 ocasións clarísimas en sendos man a man de Maki e Richi que parou Fiori, o mellor do Ribeira. O cadro local respondía e tivñan unha gran ocasión pero fallaban a porta baleira. Cando mellor estaban os soneiráns, un erro deixaba a Anthony só para facer un doloroso 1-0.

Na segunda metade o xogo xa estivo máis descontrolado e os locais nos primerios minutos tiveron varios disparos francos que erraron. Javi, en dúcas ocasións, e Richi nun remate á escuadra que parou Fiori, puideron empatar o partido, pero era o mesmo xogador o que facía o segundo.  Só contrao final Richi reduciu distancia pero foi insuficiente.

 

Máis crónicas da 1ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios