Martes. 23.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: O Xallas segue sumando pero o Dumbría perde fol

 Por abaixo, vitoria do Baio, empate da Esteirana e derrota dun afundido Mazaricos
Kanario capi do Dumbria
Pablo Paz, o capi do Dumbría, ante o Flavia
1ª Galicia: O Xallas segue sumando pero o Dumbría perde fol

8 vitorias e 1 empate leva o Xallas nunha serie de resultados que o colocan xa na 4ª posición, con opcións mesmo de superrar ao Negreira. Os de Adrián Vázquez venceron o sábado ao Agolada e teñen por diante 5 partidos para ratificar o seu posto de promoción, para o que xa contan con 5 puntos de vantaxe.
O que se distancia, pero aínda non defintivamente pois apenas está a 3 puntos, é o Dumbría, que caía na casa ante un rival directo como o Flavia e perde opcións de promoción.

Co Soneira en terra de ninguén xa pensando na Copa, os de abaixo continúan a súa loita por evitar descensos directos e arrastres. O que peor o ten xa é o Mazaricos, tras sumar a súa 9ª derrota consecutiva. O Baio gañou e se achega á Esteirana pero ambos ocupan aínda postos que posiblemente serán de arrastre. Con todo, a cousa está moi apretada, e o 10º clasificado apenas ten 5 puntos máis que o propio cadro baiés.

Xallas - Agolada (1-0)

  • Xallas: Iván Couto, Aitor, Caneda, Samuel, Angel Cuns, Fidi, Capelo, Doro, Carlos Rieiro, Sergio Barbeira, Juan de Celia. Tamén: Íker, Diego, Becerra, Stefan, Sergio.
  • Gol: 1-0,m .72: Doro.

Saía o Xallas con moita pólvora arriba, e comezou xa Juan de Celia avisando cun balón que sacou a defensa baixo paus. Pero non estaba fluído con balón o cadro de Adrián Vázquez, que sufríu coas transicións dos visitantes.

Na segunda, intentaban xerar algo máis pero non estaba preciso o cadro xalleiro, e mesmo tivo que aparecer Couto varias veces para manter a igualada. E volveu aparecer Doro, como hai dúas semanas, para volver marcar e dar 3 puntos de ouro ao equipo verde, que soubo sufrir ata o final para manter o resultado.

”Non é nada fácil levar estes resultados na segunda volta”, explica Adrián.

Mazaricos - Ribeira (0-3)

  • Mazaricos: Ángel, Raúl, Carreira, Esteban Pereiro, Ricardo, Brais, David Lado, David García, Marcos, Guille Botas, Molinos. Tamén: Brais Espasandín, Germán e Pablo Losada.
  • Goles: 0-1, m.9: Adao de cabeza; 0-2, m.12: Adao de cabeza; 0-3, m.68: Pablo Pérez.

Chegaba o implacable líder a Pedra do Ouro e nada puido facer o equipo de Marcos Domínguez para saír da Así e todo os amarelos xogaron ben, ben xuntiños, armados atrás e sen posibilidade de facerlle dano arriba polas baixas. Dous goles de cabeza dun dos mellores dianteiros da categoría abrían o marcador, e a partir de aí os mazaricáns non se deixaron ir, competiron ben pero o partido se fixo longo polas baixas.
Toca competir agora con rivais da súa liga.

Baio- Silleda (3-1)

  • Baio: Buguy, Aday, Pablo Rod., Pablo Dom., Aitor Vilas, Iván Rod., Iván García, Norberto, Santiso, Pazos, Braian. Tamén: Hugo, Bieito, Javi Suárez, Sergio e Fraga.
  • Goles: 1-0, m.17: Pablo Dom.; 2-0, m.29: Aitor Vilas de penalti; 2-1, m.40: Rubén; 3-1, m.81: Santiso.

Non fallou o Baio ante o segundo pola cola, e sumou 3 puntos que o manteñen na loita pola permanencia. O cadro de Félix saía moi metido no partido, impoñendo ritmo e facéndose co control do xogo e así se adiantaba no marcador 2-0 á media hora. A partir de aí pecou de contaxiarse do ritmo lento e sen continuidade que quería o Silleda, sobre todo no comezo da segunda metade despois de que o cadro visitante se metese de novo no partido. Aínda así, foi por momentos moi superior e con moita chegada, e unha acción a balón parado chegaba a sentenza.

Boa nova para os baieses a volta aos campos de Javi Suárez, que volvía aos campos despois de moitos meses tras unha dura lesión de xeonllo e xa xogou media hora facéndose notar e con moitas gañas.

Cruces - Soneira (1-0)

  • Soneira: Javi Souto, Darío, Aarón, Gesto, Fabián, Alex Figueiras, Borja Gándara, Maky, Richi, Basti e Javito. Tamén: Coke, Senra, Brais Pereira, Alberto Mouzo.
  • Gol: 1-0, m.23: Manuel.

Tivo o control do balón o cadro de Pedro Gómez pero careu de profundidade ante un Cruces que marcou pronto nun erro garrafal dos soneiráns, pero que tampouco inquedou apenas a meta de Javi Souto. Na segunda, os vimianceses si que chegaron nalgunha ocasión por mediod e Javito, Richi ou Borja, pero non estiveron acertados.

Dumbría - Flavia (0-1)

11 do Dumbria

  • Dumbría: Anxo, Samuel, Pablo Paz, Raúl, Canario, Baba, Lucas Toba, Darío, Mario, Xabi Castro e Estévez. Tamén: Carlos, Alex Sendón, Brais, Rivi e Dani.
  • Gol: 0-1, m.39: Pedro.

Crúa derrota do Dumbría ante un rival directo como o Flavia que mesmo supera aos dumbrieses e os deixa na 7ª praza. Así e todo, as opcións seguen abertas e o Cordeiro, que ocupa agora a última praza de promoción, está a só 3 puntos dos de Pablo Conde.

Calo - Esteirana (1-1)

  • Esteirana: MJ, Damián, Tobío, Code, Adrián Louro, Alex Louro, Pablo Rama, Pachi, Alex Rama, Oli, Rober Pladur. Tamén: Javi, Brais, Raúl e Elías.
  • Goles: 1-0, m.42: Denis; 1-1, m.90: Raúl.

Partido moi intenso, onde se notaba a presión por non perder. Adiantouse o cadro local nun posible fóra de xogo protestado polos blaugranas. O cadro de Gus foise estirando e fixo moitodano na segunda metade,tendo que intervir o porteiro local en varias ocasións de Adrián, Pladur, Álex, Elías… e ata unha falta ao longueiro de Oli. Non decaeu o equipo esteirán que pelexou ata o desconto, e foi aí cando Raúl asinou un empate que deixa ao equipo con opcións.

 

MÁIS CRÓNICAS DA 1ª GALICIA

AS TÁBOAS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM

Comentarios