venres. 08.11.2024
El tiempo

1ª Galicia: O Xallas segue sumando tras superar ao Soneira

Processed with VSCO with  preset
1ª Galicia: O Xallas segue sumando tras superar ao Soneira

Espectacular a serie do Xallas, que suma, tras vencer o sábado ao Soneira en Vimianzo, 7 vitorias e 1 empate nas últimas 8 xornadas. Os de Adrián Vázquez manteñen o ritmo dos de arriba e buscarán a promoción de ascenso. Deixouse 2 puntos o Dumbría en Agolada tras unha mala primeira metade, pero os de Pablo Conde manteñen o fío da loita por esa 4ª praza con Cordeiro, Lalín e Flavia pegados.

E de novo, mala xornada para os de abaixo. Esteirana, Baio e Mazaricos volveron caer complicándose cada vez máis a vida.

Soneira - Xallas (0-1)

  • Soneira: Coke, Darío, Aarón Fdez., Fabián, Gesto, De la Sierra, Alex Figueiras, Borja Gándara, Pichi, Richi, e Basti. Tamén: Javi Souto, Ángel, Alberto Mouzo e Brais Pereira.
  • Xallas: Iván Couto, Aitor, Caneda, Brais, Samuel, Colón, Fidi, Stefan, Carlos Rieiro, Capelo e Juan de Celia. Tamén: Fabián, Diego, Doro, Sergio Barbeira e Ángel Cuns.
  • Goles: 0-1, m.4: Juan de Celia.

Partido igualado o disputado o sábado no Municipal de Vimianzo que os xalleiros souberon sufrir e sumar 3 puntos máis. Os soneiráns, a pesar das moitas baixas (Javito, Maki, Mayor, Brais Pereira e Ángel…) non permitiron aos xalleiros estar cómodos en ningún momento. Pero o choque se metía de cara para os de Adrián Vázquez, cun tanto tempraneiro de Juan de Celia. O Soneira tomaba xa o mando, e conseguía chegar á meta de Iván Couto con ocasións de Borja, Basti, Pichi… mesmo a última da primeira metade foi un remate de Aarón ao longueiro á saída dun córner.

Os soneiráns seguiron intentándoo na segunda metade, pero tamén protestaron a “actitude chulesca” do trío arbitral. Os xalleiros sufriron ata o final para sumar os puntos.

 

Agolada - Dumbría (1-1)

11 do Dumbria en Agolada

  • Dumbría: Anxo, Dani Chao, Pablo Paz, Raúl, Yerva (Kanario), Baba (Sendón), Darío, Lucas (Rivi), Mario (Brais Fdez), Diego Estévez e Xabi Castro.
  • Goles: 1-0, m.32: Cristian; 1-1, m.82: Xabi Castro.

Agolada-Dumbria cf

A mala primeira metade dos dumbrieses meteunos por abaixo no marcador. Pero superaron as malas sensacións os de Pablo Conde na segunda, levando o peso dun partido moi trabado, cun cadro local moi combativo que non permitiu grandes ocasións. Si que acertou Xabi Castro na recta final para, polo menos, rescatar un punto do Hospitalillo.

 

Esteirana - Lalín (1-3)

  • Esteirana: MJ, Kevin, Damián, Tobío, Code, Adrián Louro, Alex Rama, Pablo Rama, Patxi, Oli, e Rober Pladur. Tamén: Alex Louro, Javi, Brais, Raúl e Elías.
  • Goles: 1-0, m.14: Oli; 1-1, m.26: Manu Casal; 1-2, m.32: José Luís; 1-3, m.82: Rubén.

Arrincou ben o equipo de Gus nuns primeiros minutos de seguridade no pase, control e mesmo chegadas. Así se metían por diante cun tanto de Oli. Pero nunha acción de mala sorte, os visitantes, nunha das súas primeiras chegadas, empataban, e o equipo, en dinámica negativa (suma 6 derrotas nas últimas 7 xornadas) veuse abaixo. Os visitantes pasaron a dominar e pouco despois marcaron o segundo.

Saíron renovados na segunda os costeiros, competindo, pero sen claridade arriba nun sgundo tempo de moito medio campo e poucas chegadas, que os 6º da táboa sentenciaron no treito final.

 

Puebla - Baio (2-0)

  • Baio: Buguy, Pablo Rod., Pablo Dom., Peke, Iván rod., Iván García, Norberto, Pazos, Aitor Vilas, Brayan e Santiso. Tamén: Ivan Fraga, Aday, Sergio, Josiño e Javi Suárez.
  • Goles: 1-0, m.53: Alex Pérez; 2-0, m.91: Astray.

Oportunidade perdida para poder enganchar unha serie positiva de resultados. Os baieses comezaban frouxos, sen personalidade para para poder facer dano a un Puebla con pouco ritmo e falta de ideas.

Foi na segunda parte na que os de Félix deixaron escapar o partido. Sen facer nada, os locais se meteron por diante e esperaron a que o partido caese de maduro, pero os baieses tampouco estiveron moi preto do empate.

 

Cordeiro - Mazaricos (2-0)

  • Mazaricos: Ángel, Borja, Raúl, Carreira, Pablo Losada, Esteban Pereiro, Brais, David, Kevin, Marcos, Molinos. Tamén: Bras, Guille Botas, David, Ricardo e Iago.
  • Goles: 1-0, m.5; Manuel; 2-0, m.30: Jorge Iglesias.

8ª derrota consecutiva do cadro amarelo, que volveu acusar o que lle leva pasando nas últimas semanas de tardar en entrar no partido. Cando espertaron xa marcara o cadro local un tanto… A primeira metade foi igualada pero só os locais conseguiron marcar, a pesar das 2-3 ocasións claras que tiveron os costeiros.

Na segunda foron mellores os de Marcos pero non puideron remontar o partido a pesar das ocasións. O equipo xa ten case a mente na Copa…

 

Máis crónicas da 1ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios