Venres. 29.03.2024
El tiempo

2 Galicia: Os 4 de arriba abren fenda

Cerqueda-Volantes-Adri 2
Duelo de urxencias en Xaviña- Foto: Adriana Fdez.
2 Galicia: Os 4 de arriba abren fenda

Volveu gañar o Coristanco trala derrota da semana pasada ante o Corme. Os de Verdillo sacan 6 puntos a un impresionante Baby Corme que volvía vencer un dos aspirantes ao ascenso como é o Camariñas. Precisamente, co empate do Muxía en Muros e a vitoria do Castriz a un bo Coristanco, ábrese unha pequena fenda de 5 puntos cos Camariñas e Cabana. Un paso por detrás Cee e Outes, que rompía a súa mala serie de resultados, aínda con opcións de meterse entre os 3 primeiros.

Por abaixo, duelo de emerxencias en Xaviña que deixa ao Volantes en postos de descenso e saca aos de Uzal do pozo.

 

San Lorenzo - Cee (3-1)

  • San Lorenzo: Benja, Juan, Raúl, Lucho, Pablo Garrido, Andy, David, Jairo, Alex Taibo, Arantón e Iván Rojo. Tamén: Diego, Padín, Jonathan, Carlos e Dani Cotelo.
  • Cee: Maikel, Colombia, Isma, Juan Oreiro, Jose, Gabri, Isaac Fábregas, Adrián Canosa, Jose, Eze e Bruno. Tamén: Jorge, Borja, Pablo Lestón, Leo e Santos.
  • Goles: 0-1, m.35: Eze; 1-1, m.48: Iván Rojo de penalti; 2-1, m.66: Raúl; 3-1, m.72: Iván Rojo de penalti.

Partido moi intenso, cun San Lorenzo bastante dominador e chegando pero sin efectividade. O Cee realizaba, cando tiña o balón, realizaba boas combinacions do Cee e nun despiste defensivo dos de Verdillo se metía por diante.

Na segunda parte o San Lorenzo empata nada máis comezar dende os 11 metros e aí ábrese o partido. Os de Verdillo subiron o ritmo e desta vez son quen de materializar as ocasións, un córner e outro penalti, para quedar con 3 puntos que os manteñen no alto da táboa.  

Cerqueda - Volantes (2-0)

  • Cerqueda: Mario, Marcos Pensado, Dani Reixía, Atu, Lorenzo, Alexis, Gustavo, Samuel, Nacho, Cristian Fdez., Manu Guillamet. Tamén: Héctor, Alejandro, Adrián Verdes, Christian Velo, Sergio.
  • Goles: Alex de Yi, Alex Figueiras, Alex Fdez., Miguel, Pablo Martínez, Martín Millán, Santi, Pesco, Borja Torea, Kevin. Tamén: Isma Mayo, Aarón, Rubén e Kajulo.
  • Goles: 1-0, m.40: Atu nun córner; 2-0, m.88: Sergio.

Cerqueda-Volantes-Adri

Partido de emerxencia en Xaviña, cun Volantes que comezaba facendo moi bos primeiros 25 minutos, pero sen profundidade, e queixándose da actuación arbitral. Pouco a pouco os de Emilio Uzal foron collendo posicións, e acabaron dominando o primeiro tempo, adiantándose cun gol de Atu á saída dun córner tras unha mala saída do meta muradán.

Estirouse o cadro de Chicho na segunda, metendo a base de xogo directo ao Cerqueda na súa área. O partido estaba no aire, ata que no m.88, tras un erro do meta visitante, Sergio marca o segundo, ptovocando ademais a expulsión de Pablo por protestar. O partido estaba xa acabado.

 

Ponteceso - Monte Louro (3-3)

  • Ponteceso: Damián, Dani Cotelo, Juan Rey, Luca, Ángel, Nando, Jose Martínez, Alberto Recarey, Eloy Álvarez, Charro. Tamén: Álvaro, Hadrián, Martín Puente, Isaac, Pedro.
  • Monte Louro: Xacobo, Borja, Juan Lois, Chouza, Pablo, Verán, Álvaro Fari, Oscar Fari, Xián, Riki, Íker. Tamén: David, Benji e Antón.
  • Goles: 1-0, m.7: Charro; 1-1, m.15: Xián de penalti; 1-2, m.40: Xián remata nunha falta lateral; 2-2, m.75: Nando; 2-3, m.85: Xián de penalti; 3-3, m.93: Dani Cotelo.

Empate que salvou o Ponteceso no desconto tras facer un gran partido, dominando con xogo control, pero sen gran definición. Adiantouse pronto o cadro de Pablo Mallón, pero dúas estiradas do cadro loureán permitíulles aos de Bibi darlle a volta a balón parado.

Na segunda os locais seguían ofrecendo, tendo moita máis presenza en campo contrario, e mandando mesmo dous balóns á madeira. Os cambios nos locais permitiron máis refresco, e aí conseguía o empate de Nando. E cando a inercia se decantaba sobre a meta loureá, nunha contra, penalti e expulsión de Juanjo. Xián completaba o seu triplete. Quedaba só o desconto e o Ponteceso, malia estar con 10, envorcouse sobre a meta de Xacobo conseguindo inextremis o gol do empate. Un empate que lle sabe agridoce aos de Mallón, que cren que mereceron máis, e que pediron ademais un penalti e un gol pantasma que o porteiro puido ter salvado dentro da liña de gol.

 

Cabana - Corcubión (4-4)

  • Cabana: Diego, Aarón, Sergio Ferreiro, Naka, Rubén (Pablo), Sergio Antelo, Diego Cacha (Fernando), Moreno, Simon, Manuel, Castro.
  • Corcubión: Peipo, Díaz, Fran, Mario, Eli, Gorka, Tano, Borja, Martín, César e Iago Lema. Tamén: Goche, Rama, Nacho, Rubén e Leo.
  • Goles: 0-1, m.8: Iago Lema; 1-1, m.16: Sergio Ferreiro; 2-1, m.35: Simón; 3-1, m.46: Aarón; 3-2, m.73: César Lojo; 3-3, m.89: Samuel; 4-3, m.90: Pablo; 4-4, m.95: Mario de penalti.

Partido de tolos o vivido nas Redondas, con moitas alternativas, ocasións e mesmo polémica. Empezou golpeando o Corcubión, con Iago Lema aproveitando un balón ás costas da defensa local, pero pronto empatarían os locales nun remate de Sergio Ferreiro nun córner. Co 1-1 chegaría primeiro un gol anulado a Sergio Pensado por un protestado fóra de xogo, e pouco despois outra xogada polémica. Un centro lateral de Eli é despexado dentro da portería, por un defensor cabanés. Na contra, Manu mete para Castro que centra para que Simón faga o segundo. Do 1-2 ó 2-1 na mesma xogada.

Nada máis saír dos vestiarios Aarón fai o terceiro, pero nesa xogada sería expulsado Castro por protestar. Pese ó 3-1, verse con un xogador máis deulle alas ós visitantes. Recurtaron distancias cun gol de César de córner e empataron o partido cun bonito gol de Rama desde lonxe.

Co 3-3 o Corcubión foi a por todas e un penalti sobre César, protestado polos locais, o transformaría Mario para culminar a remontada xa case co tempo cumplido. Pero aínda quedaba o desconto e o Cabana queimou as naves e nun final non apto para cardíacos, con todos arriba conseguiu empatar nun centro lateral que remataba Pablo. O resultado pudo haber sido máis abultado. Os locales tiveron varias ocasións claras que se atoparon cun gran Peipo e os visitantes tiveron un longueiro, varios paus e varias ocasións sacadas baixo paus pola defensa cabanesa.

 

Camariñas - Corme (1-2)

  • Camariñas: Jorge, Víctor (Hugo), Roi, Oliver, Pablo Suárez, Moriño, David, Nazo (Barreiro), Yuyo (Saviola), Mario e Djibril.
  • Corme: Quique, Brais Pombo, Aitor, Laik, Hugo, Rubén, Brais Pailos, Isra, Samu Costa, Manu Bermúdez, Alejo. Tamén: Adri, Jesúis, Teo, Miguel e Martín.
  • Goles: 1-0, m.5: Mario; 1-1, m.9: Samu Costa; 1-2, m.44: Alejo.

Camarinas-Corme

Segue sorprendendo este #BabyCorme, que tras bater a todo un líder, puido sacar os tres puntos do complicado campo do Hermanas Patiño. Fíxoo ante un gran Camariñas, que xa amosaba as súas cartas cun tanto inicial de Mario. Eran grandes minutos do cadro local, moito máis intensos que o Corme. Pero un novo erro en defensa, permitía Samu Costa facer o empate.

Seguía mellor o Camariñas, que facía moito dano con Mario por banda, e tiña varias accións como unha moi clara de Djibril que saca o porteiro, e outra de Yuyo tras unha xogada de Mario que o deixa man a man co porteiro e non consigue marcar. Na área contraria, Alejo encaraba a Jorge e tira por arriba do longueiro.

No min. 44 a xogada clave, cando o Corme nunha das súas contras, Alejo marca o 1-2, nunha xogada na que os camariñáns piden fóra de xogo. As protestas rematan coa expulsión de David por dous cartóns amarelos seguidos.

Toda unha parte con 10 por diante para remontar o cadro camariñán, que non recuou e levou o peso do partido ante un Corme moi serio. Si houbo algunha boa chegada local, con ocasións de Mario, Nazo e Djibril (tivo unha sin porteiro que saíu rozando o poste) pero o Camariñas marchou sen premio a pesar do seu gran partido.

 

Muros - Muxía (0-0)

  • Muros: Xandre; Fran, Pelos, Gesto, Juanchi; Ra; Aliños, Varo; Isma, Xavi e Alon. Tamén xogaron: Dani Jurjo, Iván (xuvenil), Jesús (xuvenil) e Kin.
  • Muxía: Domingo, Anxo, Michael Vilela, Gusa, Congui, Julián, Adrián Alcaina, Maikel Mouzo, Iago Muíño, Mauro Romaní e Manu Nogueira Tamén: Joselu, Peski, Fran Moreira, Eloy e Alex.

Muros-Muxia

Partido de moito medio campo, cun Muxía dominador que tocou e tocou levando o peso do partido, ante un Muros que esperaba para roubar e saír á contra. A primeira clara tívoa Xavi que non pudo batir ao porteiro Domingo. Algunha chegada a balón parado foi o único balance.

Na segunda estirouse o Muxía buscando os tres puntos, pero unha defensa moi bo plantada, Xandre que lle parou un bo remate do capi Michale, e o pau que repetiu un tiro de Manu Nogueira, impedírono.

 

Castriz - Coristanco (2-0)

  • Castriz: Juanjo, Carlos, Samuel, Adrián García, Alex Mourelle, Álex Forján, Iván Facal, Noli, Martín Gemelo, Braulio, Noli. Tamén: Coke, Sebas, Adrián Ferreiro, Joser e Fran Calvo.
  • Coristanco: Rubén, Hugo, Nico, Samuel, Adri, Adrián Pazos, Randy, Dani, Mario, Castiñeiras, Jonathan. Tamén: Sergio, Damián, Villajos, e Rubén.
  • Goles: 1-0, m.48 Adrián García cometido sobre Braulio; 2-0, m.71: Sebas tras un bo control e regate.

Partidazo dos de Miguel Chouza, dos mellores do ano, ante un moi firme Coristanco, moi armado e intentando sacar boas contras con Mario e Jonathan arriba. Os xalleiros levaban o peso do partido pero só conseguían facer dano a balón parado. Pouco a pouco os de Juni íanse soltando e tiveron unha boa ocasión tras unha boa xogada de Jonathan que acabou repelindo o pau.

Tralo paso por vestiarios, un penalti cometido sobre Braulio permitía a Adrián García adiantar aos seus. Era o que precisaban os locais, máis cómodos co Coristanco saíndo un pouco máis do pozo, xa chegando á área contraria, pedindo ata dous penaltis, e obrigando a Juanjo a facer un paradón nunha falta de Mario.

Mentres na outra área tiña moito perigo o Castriz nas contras, e conseguía sentenciar Sebas cun gran gol, e desperdiciando outro par de boas ocasións.

 

Outes - Oza (3-1)

  • Outes: Ryan, Jura, Cutu, Clau, Caamaño; Martín, Capelo, Pablo; Stefan, Joao e Santi. Tamén: Aleandro, Yago, Manjelo, Kevin.
  • Oza: Brais, Alberto, Lavandeira, Iago Rodríguez (Casais), Alex Martínez (Vilariño), Pace (Edu), Alex López, Nico (Dani Iglesias), Nacho, David LP, Fran (Iván Mato).
  • Gol do Oza: 0-1, m.50: David LP; 1-1, m.55: Martín de cabeza nun córner; 2-1, m.72: Joao; 3-1, m.73: Veleiro.

Primeira metade moi igualada, con dominio alterno dos dous equipos, pero sen ocasións. Tralo descanso o Oza metíase pronto por diante confirmando que estaban a facer un gran partido.
Pero empataba de contado o Outes, que se veu arriba, subindo a intensidade e a liña de presión. En dous minutos fatíticos para os carballeses deixaban o choque sentenciado, deixando ao Oza coa cara de tontos, despois de facer un gran partido. Aínda quixeron reaccionar con balóns aéreos pero Ryan estivo moi seguro por alto, puidendo romper a mala serie de 6 derrotas consecutivas que levaban os de Miguel Ramos, que pasaron de ser líderes a estar agora na zona morna.

Dende o Oza envían ánimos a Capelo, que se recupere da lesión de nocello.

 

Máis crónicas da 2ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios