Xoves. 28.03.2024
El tiempo

2 Galicia: O Corme remonta a todo un Castriz

Corme-Castriz-Foto-Edu
Eloy e Alejo celebrando o tanto da vitoria do Corme ante o Castriz-Foto-Edu Cambón
2 Galicia: O Corme remonta a todo un Castriz
Nova demostración de que o soño deste BabyCorme está máis vivo que nunca. Nun choque caldeado na previa, o cadro cormelán dáballe a volta ante un mermado Castriz, mantendo a súa posición de privilexio como perseguidor do líder San Lorenzo (está a 4 puntos) e xa sacando 6 puntos aos 3º clasificado, o Muxía; e 7 ao propio Castriz.

A gran sorpresa dábaa a Muros goleando a un Camariñas que cotizaba á alza nas últimas semanas.

 

Muros - Camariñas (4-1)

  • Muros: Xandre; Isma, Pelos, Iván Cerilla, Gesto, Juanchi; Xaco; Varo, Alex; Alon e Xavi. Tamén xogaron: Ra, Fran, Dani Noya, Jesús da Meca e Pugil.
  • Camariñas: Jorge, Barreiro (Brais), Roi, Oliver, Pablo Suárez, Moriño (Manuel), Saviola, Hugo (Carlos), Víctor (Djibril), Mario e Yuyo.
  • Goles: 1-0, m.11: Pelos; 1-1, m.59: Saviola; 2-1, m.66: Xavi; 3-1, m.74: Xavi; 4-1, m.90: Jesús da Meca.

Mal partido do Camariñas, que entrou con pouca intensidade, intentando dominar o balón pero cedendo ocasións claras a aos locais. Xavi marraba un man a man nada máis comezar, pero Pelos non fallaba pouco despois aproveitando unha falta lateral. Dominaba o balón o cadro visitante, que se veu algo arriba, pero se topou cunha seria defensa local. Mario e Yuyo avisaron sen sorte.

Arrincaba a segunda metade cun xogadón de Alon que cede para que Ra remate ao corpo de Jorge. Chegaba o empate nunha xogada de estratexia nun córner. E cando parecía que a inercia decantaría o partido cara o lado camariñán polo empurre, aparecía Xavi con dous zarpazos pola escuadra, un dende fóra da área e outro no man a man, para decidir o partido.

Os visitantes intentaron recortar con más corazón que cabeza e tiveron ocasions de Mario e Yuyo, pero non era o día en ataque e ademais estaba un serio Ginky baixo paus, que tería que saír lesionado, ocupando Alon o seu posto ata o final. E xa co tempo cumplido Jesús da Meca aproveita unha contra para facer o cuarto.

 

Cee - Ponteceso (0-2)

  • Cee: Maikel, Colombia, Borja, Juan Oreiro, Adrián Canosa, Rubén, Gabri, Eze, Jose, Isaac Fábrega, Bruno. Tamén: Jorge, Anxo, Jose, Alex Bujeiro e Julio.
  • Ponteceso: Damián, Cotelo, Juan Rey, Pablo, Ángel, Luca, Isaac, Pedro, Nando, Alberto Recarey, Eloy Álvarez. Tamén: Charro, David, Hadrián Neira, Álvaro e Iván Rey.
  • Goles: 0-1, m.55: Nando; 0-2, m.82: Hadrián Neira.

O mellor partido da temporada do equipo de Pablo Mallón, moi ben situados, coa tranquilidade suficiente para xogar o balón candó había que xogalo, e a intensidade necesaria en defensa cando fixo falta defender, para contrarrestar o bo xogo do Cee.

Primeira metade moi igualada, cun par boas ocasións, como unha tras un bo pase de Eze. Pero tamén na área ceense, Alberto Recarey facía dano a balón parado.

Na segunda, arrincaron moito mellor o cadro visitante, movendo moi ben. O colexiado anulaba un tanto ao central pontecesán Angel, pero pouco despois chegaba o gol de Nando. Apretou o Cee e meteu atrás ao Ponteceso, pero nese momento, o colexiado expulsou a Isaac Fábregas, freando o empurre dos ceenses. O Ponteceso recuperou a posesión, Charro avisa e de seguido o xuvenl Hadriñan Neira sentenza.

 

San Lorenzo - Cerqueda (4-1)

  • San Lorenzo: Benja, Raúl, Lucho, Pablo Garrido, David, Andy, Diego Varela, Jairo, Eloy Arantón, Alex Taibo e Iván Rojo. Tamén: Diego Fidalgo, Dani Padín, Joaquín, Carlos.
  • Cerqueda: Mario, Marcos Pensado, Dani Reixía, Samuel, Ignacio, Sergio, Atu, Cristian Fdez., Manu Guillamet e Gustavo. Tamén: Senén, Hugo, Verdes, Alan e Cristian Velo.
  • Goles: 1-0, m.45: Pablo Garrido; 2-0, m.73: Eloy Arantón; 2-1, m.76: Atu; 3-1, m.84: Iván Rojo; 4-1, m.90: Dani Padín.

Bo partido do Cerqueda ante o líder, moi ordenados na primeira metade sen sufrir demasiado, ante un San Lorenzo que combinaban ben pero sen efectividade de cara a portería. Pero no desconto da primeira metade, o gol de Pablo Garrido facía dano nun equipo que vén nunha mala dinámica como é este Cerqueda. Aínda así non se desordearon na segunda os de Emilio Uzal e tralo segundo, aínda se repuxeron recurtando por medio de Atu, meténdose no partido practicamente ata o final, metédonlle o medo no corpo a todo un San Lorenzo cun par de chegadas de Cristian que anulou o colexiado por supostos fóra de xogo. Só contra o final o cadro de Dani Casal sentenciou.

 

Coristanco - Corcubión (3-2)

  • Coristanco: Rubén, Villa, Samu, Niko, Sergio Lorenzo, Dani, R, Damián, Casti, Kevin e Rama. Tamén: Sergio Regueira, Corral e Javi Martínez
  • Corcubión: Bruno, Mario, Gorka, Rubén, Rama, Tano, Borja, Antu, César, Nacho e Iago Lema. Tamén: Goche, Brais, Martín e Jose.
  • Goles: 0-1, m.25: Iago Lema; 1-1, m.35: Rama; 2-1, m.37: Rama; 3-1, m.45: Rama de penalti; 3-2, m.51: Mario de penalti.

Eterno partido xogado no Platas Reinoso mentres o Concello de Coristanco non remata as obras na Rocheira. O Corcubión comezou mellor, e marcando pronto por medio do capi Iago Lema, que cazou unha arriba e puxo a directa, ademais de ser un verdadeiro quebradeiro de cabeza para os defensas locais. Co gol comezou a meterse atras o cadro de Nito, ante un Coristanco que ía vindo cara arriba, tendo máis e máis o balón. Pero o partido deu a volta en menos de 15 minutos. Apareceu Rama cun de falta, un golazo de volea e un de penalti para cambiar o sino do antes do descanso.

Saíu máis dominador o Corcubión na segundo, e pronto recurtaban, despois dun man a man que Kevin mandaba á rentes do pau, por medio dun penalti. Quedaba aínda máis de media hora, e Iago Lema e César tiveron sendos mans a mans para empatar, atopándose cun Rubén que se erixiou como o protagonista para salvar os 3 puntos para o cadro de Juni.

 

Monte Louro - Volantes (2-1)

  • Monte Louro: Iago, Juan Lois, Borja, Pablo Vidal, Miguel Verán, Pardelo, Riki, Chano, Xián, Álvaro Fary e David. Tamén: óscar Fary, Antón, Pesky, Íker e Manolo Chousa.
  • Volantes: Álex de Yi, Pais, Alejandro, Miguel, Creo, Mamadou, Santi, Pesco, Borja, Pitixo. Tamén: Isma, Yanki, Kevin, Rubén, Manu de Yi.
  • Goles: 1-0, m.45: Pablo; 2-0, m.75: Xián de penalti; 2-1, m.90: Santi.
Monte Louro-Volantes-Foto-Adriana
Monte Louro-Volantes-Foto-Adriana

Fermoso derbi con ambientazo nas bancadas do Agra da Filgueira. Saíron fortes os locais, levando o peso do partido nas botas de Pardelo. Houbo ocasións para os dous bandos, e se Alex de Yi paraba un man a man, na outra área Borja fallou unha ocasión a centro de Pitixo. Clave foi o tanto do capi Pablo Vidal nun remate a unha xogada a balón parado, nun momento clave como é no desconto do primeiro tempo.

Na segunda, o Volantes veuse máis arriba e o Louro arrexuntouse moi ben, buscando ademais as saídas á contra dun Íker que foi un pesadelo para a defensa de Baño, sufrindo ademais un penalti que transformaría Xián. O pàrtido ía de área a área, e o cadro de Chicho conseguíu recurtar por medio de Santi pero sen tempo a empatar.

 
Monte Louro-Volantes-Foto-Adriana 2
Monte Louro-Volantes-Foto-Adriana

Oza - Cabana (1-2)

  • Oza: Brais; Alberto, Lavandeira, Iago Rodríguez (Casais), Alex Martínez (Dani Iglesias), Nico, Alex López, Alex Freire, Nacho, David LP e Pace (Carlos).
  • Cabana: Diego, Aaron, Sergio Ferreiro, Naka, Rubén (Cristian), Sergio Antelo (David), Diego Cacha (Fernando), Moreno, Simón, Manuel, Castro (Pablo).
  • Goles: 1-0, m.50: Nico; 1-1, m.60: Manuel; 1-2, m.64: Manuel.

Boa imaxe, outro día máis, para o Oza, que segue sen sorte, e ao que un par de regalos sempre lle costa moi caro. Comezou ben, apretando e dispoñendo dalgunha ocasión ben desbaratada por Diego. Poñía a contra o Cabana e Manuel achegábase a porta do Oza pero Brais respondía cunha boa intervención. O Oza estaba máis intenso que o Cabana pero non conseguía transformar ese dominio, ante un Cabana que perdía a Rubén por lesión.

Xa no segundo tempo adiantabase o Oza cun balón por encima da defensa que marcaba Nico por encima do porteiro. Reaccionou pronto o Cabana, nun partido que se convertera xa nun ida e volta, e nun balón longo Manuel imponse a defensa e cruza ante a saída de Brais. Pouco despois, nunha xogada por banda de Castro poñia un balón que Manuel remataba no segundo pao. Seguiu tentando o Oza acadar o empate pero os visitantes defenderonse ben e levaron os tres puntos.

 

Muxía - Outes (6-1)

  • Muxía: Joselu, Anxo, Michael Vilela, Gusa, Congui, Adrián Alcaina, Alex, Maikel Mouzo, Mauro, Fran Moreira e Manu Nogueira. Tamén: Ángel, Peski, Toja, Iago Muíño e Xan Nogueira.
  • Outes: Alex, Jura, Clau, Caamaño, Martín, Cutu, Capelo, Chía, Babu, Yago e Sanit. Stefan, Manjelo, Veleiro e Nico.
  • Goles: 1-0, m.25: Mauro; 1-1, m.30: Caamaño; 2-1, m.35: Manu Nogueira a pase de Mauro; 3-1, m.57: Fran Moreira; 4-1, m.65: Iago Muíño; 5-1, m,69: Iago Muíño; 6-1, m.87: Peski.

Muxia-Outes

Primeira parte sin moito ritmo, cun Outes tratando cara a cara a todo un Muxía, que levaba o peso do partido pero sen grandes ocasións. Adiantouse o Muxía, pero pronto empataba o cadro de Miguel Ramos, con moi boas snesacións, pero un roubo na saída de balón de Mauro permitía que Manu Nogueira fixese o segundo, pouco antes de chegar ao descanso.

A volta da caseta o Muxía imprimiu un ritmo máis alto e o Outes sufriu moito. O colexiado anulaba un tanto aos muxiáns que protestaron, e pouco despois Fran Moreira fixo o 3-1. A entrada de Iago Muíño acabou de romper o partido con outro tanto protestado polos visitantes. Peski redondearia a goleada facendo o 6-1 ante un Outes que na tónica do último mes acaba deixándose ir.  

Corme - Castriz (3-2)

  • Corme: Adrián, Jesús, Aigtor, Hugo, Brais Pailos, Elou Villar, Borja Torrado, Isra, Lucas, Manu Bermúdez e Alejo. Tamén: Quique, Miguel, Martín e Noel.
  • Castriz: Juan, Carlos Paredes, Samuel, Erre, Anxo, Álex Mourelle, Fran Calvo, Martín Gemelo, Adrián García, Sebas, Braulio. Tamén: David, Álvaro e Alex Forján.
  • Goles: 0-1, m.3: Braulio tras un centro de Erre; 0-2, m.28: Mourelle de cabeza; 1-2, m.50: Borja; 2-2, m.57: Manu Bermúdez; 3-2, m.62: Eloy Villar.
Corme-Castriz-Foto-Edu 2
Corme-Castriz-Foto-Edu Cambón

Gran partido o visto na tarde dominical Cairo con gran ambiente nas bancadas. Chegaba o cadro de Miguel Chouza con moitas baixas, pero soubo reporñerse facendo unha gran primeira metade, a pesar de ser un choque sen demasiado ritmo e moitos cortes. Adiantouse pronto o cadro xalleiro, que ampliaba a renda á media hora. Apretou o Corme que puido recurtar antes do descanso, pero os paus e Juan mantiveron a renda.

Saíron a por todas o Corme na segunda, envalentonado pola afección, e deulle a volta ao marcador en 20 minutos espectaculares. O xuvenil Borja, Manu Bermúdez e Eloy dábanlle a volta ao marcador. O Corme baixou o ritmo pero o Castriz, que sufriu o baixón físico, non puido reaccionar. Si que tivo unha xa contra o final Martín Gemelo na que puido empatar no segundo pau pero mandou alto, e os puntos quedaron no Cairo.

Corme-Castriz-Foto-Edu 3
Corme-Castriz-Foto-Edu Cambón

 

Máis crónicas da 2ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios