Sábado. 18.05.2024
El tiempo

21 rapazas xa forman a familia das Miúdas amadriñada por Susú Cores e Vero Boquete

21 rapazas xa forman a familia das Miúdas amadriñada por Susú Cores e Vero Boquete
Adestramento das Miudas Despois do máis que esperanzador comezo, a familia feminina dos Miúdos parece xa completamente formada. Completáronse as 3 Xornadas “As Miúdas” cun rotundo éxito e co apoio de moitas entidades. O Eleuterio Balayo de Muros, o Agra da Filgueira de Louro e o Xosé Luís Vara de Esteiro acollían tres sesións de adestramento, que contaron con xentes como Alba Rodríguez, Susú Cores ou a mesma Vero Boquete, unha das mellores xogadoras do mundo, que viu ata Esteiro da man de Susú. Como gozaron as deportistas ao lado da súa principal referente e guiadas pola seleccionadora galega e tamén por Felipe Candamo. Foi unha sesión que sobre todo se centrou na porteira con unha auténtica "master class" de como se vive baixo paus nun campo de fútbol 11. Vero Boquete asinando autogramos cas Miudas Vero Boquete asinando autogramos cas Miudas As verdadeiras protagonistas son esas 21 valentes rapazas que queren seguir rompendo moldes, que demostraron un interese tremendo por aprender. Son máis as que estarían interesadas en participar no proxecto pero non todas poden compatibilizar. Ademais, varios concellos da volta están poñéndose en contacto con Figueroa, para interesarse nun proxecto que podería coller eido comarcal. En todo caso, a porta estará aberta. Vero Boquete co equipo feminino dos Miudos Vero Boquete co equipo feminino dos Miudos Así, aquelas “ideas de toleirón” do promotor do proxecto, Fran Figueroa, parecen máis preto de convertirse nunha realidade palpable. Superando retos e mesmo expectativas, agora comeza o día a día da creación do equipo. Este mesmo venres comezarán os adestramentos, e xa andan buscando equipos para disputar amistosos. Aí será a verdadeira experiencia do primeiro equipo da historia de fútbol 11. Fran Figueroa promotor do equipo feminino dos Miudos Fran Figueroa promotor do equipo feminino dos Miudos Algunhas das 21 rapazas das Miudas de MurosAlgunhas das 21 rapazas das Miudas de Muros Algunhas das 21 rapazas das Miúdas de Muros As Miudas adestrando con Susu Cores As Miúdas adestrando ás ordes de Susú Cores Foto de familia das Miudas Foto de familia das Miúdas en Esteiro

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios