Venres. 29.03.2024
El tiempo

2ª Galicia: 3 líderes en dúas horas

O SD Ponteceso novo lider da Liga da Costa tras vencer na Rocheira-Foto-Brais Pose e David Antelo
O SD Ponteceso novo lider da Liga da Costa tras vencer na Rocheira-Foto-Brais Pose e David Antelo
2ª Galicia: 3 líderes en dúas horas

Menudo carrusel o vivido esta tarde de domingo de Entroido a través da plataforma www.futboldacosta.com. Un carrusel con só partidos da Liga da Costa (o entroido provocou descanso das ligas de Preferente, 1ª e 3ª), pero tremendamente vibrante. A xornada comezaba ás 16:15h coa Esteirana no liderato, e se mesmo adiantaba no marcador en Verdillo. Ás 17:00h comezaban os Corme-Lira e Coristanco-Ponteceso. O Ponteceso marcaba na Rocheira, e o San Lorenzo empataba ante a Esteirana, metendo ao Ponteceso no liderato. Pero pronto marcaba o Corme, e se colaba no liderato. Acabana o choque de Verdillo en empate, e o Corme parecía que se colocaría líder ao ir 2-0 na casa ante o Lira, pero o cadro liracho conseguiu empatar no desconto, co que a vitoria, pola mínima, do Ponteceso, permítelle volver ao liderato.

Polo demais, o máis destacado é este Cabana, impresionante tras sumar xa 7 xornadas sen perder, e endosando 3 ao Castriz. Os de José Manuel aproveitaron ademais a derrota do Baíñas ante o Muros e o superan, deixando esa antepenúltima praza, que pode ser pasto dos arrastres, ao cadro vimiancés. O puntiño do Lira déixalle 3 puntos de marxe sobre os cabaneses.

 

San Lorenzo - Esteirana (1-1)

  • San Lorenzo: David, Diego F., Iglesias, Pablo, Diego V., Ures, Alonso, Brais Cancela, Fuentefría, Yago e Dani Padín. Tamén xogaron; Styven, Alexis, Luci.
  • Esteirana: MJ, Samu, Dani Rama, Tobío, Pachi, Pablo, Alex Rama, Pablo Rama, Adri, Raúl, Carajillo. Tamén xogaron: Creo e Xián.
  • Gol: 0-1, m.20: Pablo de falta directa; 1-1 m.55: de remate de cabeza nunha falta escorada á esquerda.

San Lorenzo-Esteirana

Tarde prácida nun campo das Pedreiras a rebosar de afeccionado para recibir ao líder da liga. O partido foi moi disputado, nun verde no que nunca se sentíu seguro o cadro de Geno. O San Lorenzo foise facendo co control territorial do partido, xerando áis ocasións, tendo os blaugranas que abusar tamén dos balóns directos. Pero aí estaba máis cómodo o equipo de Santi Cambón, con balóns ongos ás costas da defensa e entradas por bandas. Así e todo era o equipo visitante o que se adiantaba cunha falta de Pablo.

A mediados do segundo tempo empataría o equipo local a través dunha falta lateral, tamén a balón parado mediada a segunda metade. Houbo ocasións para os dous equipos, algunha máis clara para os visitantes, pero ao final, xusto empate que non lle serve a ningún.

Os esteiráns, que chegaban con numerosas baixas, ademais dos dous puntos, déixanse a Dani Rama por lesión para varios partidos.

 

Baíñas - Muros (1-4)

  • Baíñas: Paulo, Rodri, Moreira, Luís Alvite, Cristian Canosa, Esteban, Oreiro, Charly, Hermida, Baba e Santi Díaz. Tamén xogaron: Cristian, Héctor, Toño, Eloy e Samuel.
  • Muros: Xandre, Juanchi, Berni, Pelos, Iván, Xaco, Varo, Xavi, Saúl, Kiko e Dani Jurjo. Tamén: Flavio, Miguel, Jose Cacharro e Bruno.
  • Goles: 1-0, m.11: Santi Díaz; 1-1, m.61: Xavi; 1-2, m.70: Dani Jurjo tras unha xogada individual metendo o balón na escadra; 1-3, m.78: Jose a pase de Xavi; 1-4, m.90: Xavi.

Bainas-Muros en Vimianzo 2

Partido igualado na primeira metade, con pouco futbol e poucas ocasións, e domino dun Baíñas que se metía pronto por diante. Aguantaban ben os de Roski aos puntas vimianceses e crearon algunha ocasión máis.

Pero cambiou a cousa na segunda. Pronto o Muros parecía chegar antes a todos os balóns e gañando os balóns divididos, ante un Baíñas ao que lle pesou o partido e quedou atenazado co empate de Xavi. Aproveitou o Muros para ir chegando á área local e de contado Dani Jurjo faría o segundo. Nun balón roubado na saída, Xavi rouba e cede para que Jose faga o terceiro, pouco antes de que Xavi finiquite a contenda. En media hora, o Baíñas perdeu o colleitado estas últimas semanas.

Cristian Canosa no Bainas-Muros en Vimianzo
Cristian Canosa, xogador do Baíñas

Malpica - Buño (2-0)

  • Malpica: Lamas, Laik, Mante, Dimitri; Migueliño, Alberto, Esmorís, Aitor: Jairo, Xaco e Gurita. Tamén xogaron: Lucio, Kevin e Brais Ceán.
  • Buño: Brais, Simón, Pablo, Fran, Fabi, Castro, Elías, Zinho, Alesander, Josito e Juan Antelo. Tamén: Petís, Bastón, Paco Oreiro e David.
  • Goles: 1-0, m.m.24: Jairo de bonita vaselina, que deixou o bo porteiro do Buño clavado sin ter nada que facer; 2-0, m.46: Xaco cunha fermosa vaselina dende moi lonxe.

Malpica cos biberons
Os xogadores do Malpica co seu novo equipo de Biberóns. Foto:  Fede

Merecido triunfo da S.C.D. Malpica na Pedra Queimada ante un voluntarioso S.C.D. Buño, nun choque de deportividade pero sen demasiado trascendencia. O choque comezaba igualado, ata que Jairo abría o marcador, No min.29 foi expulsado o defensa malpicán Laik por doble amarela, pero o cadro malpicán, a pesar de xogar unha hora cun xogador de menos chegaba á área contraria e perdoou varias ocasións claras de gol.

Nada máis sacar de centro na seguda Xaco demostrou a súa calidade co segundo tanto. Gol que faría moito dano a un Buño que, coa serie de resultados negativos, viuse abaixo. Aínda así, nos últimos 10 minutos tivo o Buño ocasións de Elías e Antelo para recurtar pero topouse con un maxistral Lamas que estivo acertadisimo.

Cómpre destacar o segundo partido de Gurita no 11 malpicán. O míster combina banco e a punta de ataque.

 

Cabana - Castriz (3-0)

  • Cabana: Víctor, Aarón, Rubén, Raúl, Duda, Pablo Senande (Fernando Rey), Diego Cacha, Sergio, Moreno (Ismael), Castro (Fernando Beres) e Simón (Raúl Corzón).
  • Castriz: David Gerpe, Alex Forján, Rubén, Martín Gemelo, Alex Mourelle; Brais Sendón (Adrián, m.25), Anxo, Mata, Espi, Chiki (Adrián Prol, m.25).
  • Goles: 1-0, m.36: Castro; 2-0, m.71: Moreno de penalti; 3-0, m.90: Duda.

Chegaba o Castriz en cuadro (con apenas 7 xogadores ao 100%) ás Redondas ante un Cabana que vén embalado tras 7 partidos sen coñecer a derrota. O Castriz empezou forte, e pese a presión do Cabana e rondou a meta local. 15-20 minutos bos dos de Miguel Chouza en campo contrario, cunha ocasión de Iván Pastoriza que mandou ao lateral da rede.

O Cabana íase impoñendo nas disputas, nos 1 para 1, e o partido foi cando para o seu lado. Mediada a primeira parte tomou a iniciativa o Cabana e adiantouse cun gol de Castro. Seguiron apretando os locais e chegando con perigo a portería xalleira pero non se moveria o marcador.

Xa no segundo tempo saíu decidido o Cabana a resolver o partido e dispuxo de ocasions que non concretou ata que o colexiado sinalou penalti por man que transformaría Moreno. Nos últimos minutos, o Castriz volcouse co que puido (con 10 polas lesións) e á contra Duda fixo o terceiro.

Ten que fichar o Castriz algo se non quere acabar metido en problemas, pois agora ten unha crúa costa arriba e con tantas baixas vai ser complicado.

 

Zas - Cee (2-3)

  • Zas: Pereiras, Balsa (Xabi), Brais, Atu, Juan (Dani), Manu, Brais Espasandín, Fabi, Manu Guillamet, Darío (Marcos), Aníbal (Moli).
  • Cee: Joselu, Borja (Iago), Jorge, Patera, Josiño, Cote, Xabi (Leandro), Ezequiel, Bruno e Leo.
  • Goles: 0-1, m.23: Eze de gol olímpico; 0-2, m.56: Eze de falta; 1-2, m.66: Dani; 2-2, m.70: Moli remacha un remate de cabeza de Guillamet ao longueiro; 2-3, m.79: Patera.

Sporting Zas-Union Club Cee

Comezou o partido cun Cee intentando levar o peso do partido ante un Zas ben replegado. Pero o choque era de ida e volta, con chegadas, non demasiado claras, nas dúas porterías. O acerto de Eze a balón parado foi clave, adiantando aos ceenses que pouco despois pedían penalti sobre Leo.

O Zas foi tomando o mando do partido, pero ao comezo da segunda, Eze marca de novo, de falta. Bruno tivo a sentenza pero non atinou. E se Manu Guillamet xa avisaba cun man a man que salvou Joselu, e en 5 minutos o Zas empataba o partido. Sufriu aí momentos de dúbidas o cadro ceense, pero a expulsión de Atu volveu deixar tocado ao Zas. Nunha contra Patera remata de cabeza un gran centro de Bruno metendo de novo por diante aos de Rafa. Os de Periscal seguíron insistindo ata o final, e mesmo tivo o empate co tempo cumplido, pero Joselu sacou unha man espectacular a tiro de Manu.

 

Coristanco - Ponteceso (1-2)

Coristanco e Ponteceso na Rocheira-Foto-David Antelo e Brais Pose 1
Coristanco e Ponteceso na Rocheira-Foto-David Antelo e Brais Pose

  • Coristanco: Rubén, Sergio, Rubio, Pazos, Samu, R, Mario, Dani, Castiñeiras, Villajos e Corral. Tamén xogaron: Damián, Jose, Álex, Joni e Javi.
  • Ponteceso: Rubén, Isaac, Moscoso, Juanjo, Ismail, Dani Cotelo, Alberto Recarey (Diego Ferreiro, m.62), Maradona, Puente (Aday, m.69), Abel Torres, Eloy Álvarez.
  • Goles: 0-1, m.15: Maradona remata un centro dende a banda que deixa pasar Eloy Álvarez; 0-2, m.25: Alberto Recarey pola escuadra nunha xogada ensaiada á saída dun córner; 1-2, m.44: Corral.

Coristanco e Ponteceso na Rocheira-Foto-David Antelo e Brais Pose
Coristanco e Ponteceso na Rocheira-Foto-David Antelo e Brais Pose

Comezaba o choque cun Ponteceso imprimindo un rito vibrante, metendo atrás ao Coristanco, e achegándose á meta de Rubén. Isaac e Puente chegaban por bandas, e pronto marcaba Maradona tras unha xogada por banda, despois dun par de avisos de Abel. Non se chegaba ao m.25 cando Alberto Recarey empalmaba un balón na frontal para facer o segundo pola escuadra.

A partir de aí cambiou totalmente o encontro e o Coristanco tomou o mando. Primeiro Casti e Villajos non foron quen de aprobeitar un centro que se paseou entre eles e a portería. Despois, xusto antes do descanso sería Corral o que si conseguía mandar un rexeite tras un córner ao fondo para poñer o 1-2.

Na segunda parte o Coristanco saíu a por todas, pero sempre atopaba a un gran Rubén na meta ponecesá. As máis claras ocasións para os de Juni foron un penalti sobre Corral que Mario mandaba o pau e un man a man do propio Corral que picaba ante a saída do porteiro e marchaba rozando a rede. Pero os de Pablo Mallón souberon defender os balóns directos de asedio nos últimos minutos para sumar 3 puntos e alzarse co liderato.

 

Corme - Lira (2-2)

  • Corme: Illote, Jesús, Pandi, Lejandro, Javi Peón, Dani Casal, Sergio Sueiro, ADrián Doldán, Lucas, Manu Bermúdez e Alejo. Tamén: Eloy, Brais Torrado e Pombo.
  • Lira: Baba; Marcos, Óscar, David, Eloy (Raúl), Miguel, Josiño, Manu, Oliver, Mamadou, Cristiam.
  • Goles: 1-0, m.25: Sergio Sueiro; 2-0, m.61: Manu Bermúdez; 2-1, m.64: Cristian; 2-2, m.88: Cristian.

Merecido empate do Lira no Cairo, nun choque no que nunca lle permitiu sentirse cómodo ao equipo cormelán. E iso que chegaban con 12 os de Juan Rey, que saíron acumulando xogadores no medio campo, pero con máis intensidade e gañando todos os balóns divididos, e tratando de manter posesión sen rifar tras roubo. Os lirachos fixeron un dos mellores partidos da temporada, e non decaeron ante os dous golpes do cadro local, no ecuador da primeira e ao comezo da segunda.

Non deixou nunca de crer o Lira e co 2-0 metiuse arriba, tendo o balón e chegando á meta de Illote. Con intensidade, calidade e bo futbol, o partido fixo xustiza cos dous goles de Cristiam que remachaba o bo facer de todas as liñas nunha gran última media hora.

Cerqueda - Muxía (1-1)

  • Cerqueda: Darío, Pazos, Breo, Javi Souto, Estefan, Dani, Nacho, Lorenzo, Diego, Nico e Iván Rojo. Tamén xogaron: Lagoa, Julián, Marcos Pensado, M. Breo.
  • Muxía: Hugo, Michael, Conguito, Maikel Mouzo, Tati; Víctor Alcaina, Toja, Isma Márquez, Mauro Romaní, Adrián Alcaina e Manu Noguiera. Tamén xogaron: Abel e Álex.
  • Goles: 0-1, m.30: Víctor Alcaina de penalti; 1-1, m.55: Iván Rojo.

 

Partido moi igualado e intenso, cos dous equipos tendo o balón por momentos, e chegando ás porterías rivais. Isma, Toja e Manu Nogueira avisaban por bando visitante, e Iván Rojo, Diego e Nico facían o propio polo bando local. Nun balón que Manu Nogueira descargaba na banda chegaba o penalti que transformaba Víctor Alcaina. Aí tivo o Muxía ocasións para ampliar a renda, pero o Cerqueda tamñen sacudiría algunha contra perigosa.

Saíu o Muxía dominador na segunda, intentando combinar e chegando con certo perigo á meta local. O Cerqueda, con balóns máis directos, conseguía empatar por medio de Iván Rojo. A partir de aí moitos nervios e pouco fútbol, aínda o Muxia, á contra, si que creou varias ocasiones para facer o segundo por medio de Toja, Abel, Manu e Isma.

 

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

 

Comentarios