Sábado. 20.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: Os 4 de arriba abren fenda

Corme celebrando gol nas Redondas-Foto-Edu Cambon
O Corme celebrando gol nas Redondas-Foto-Edu Cambón
2ª Galicia: Os 4 de arriba abren fenda

Incrible o que está a facer este BabyCorme, o único de manter o ritmo do poderoso líder San Lorenzo. Os de Ángel Pérez conseguiron vencer un campo tan complicado como as Redondasñs.
A derrota dos cabaneses e as vitorias de Muxía e Castriz, e o empate do líder en Camariñas, deixan aos 4 de cabeza cunha marxe de 8 puntos, polo que parece que serán eles os que se xoguen a praza de ascenso directo e as 2 prazas de promoción.

Houbo tamén partidos importantes na zona baixa, como a vitoria do Volantes ao Oza, clave para alonxar ao pechacancelas. Perdeu a ocasión o Corcubión de meter ao Monte Louro no allo, e os de Bibi remontar o choque e conseguiron unha vitoria fundamental para a permanencia. Quedan os 4 de abaixo pelexando por evitar os 2 postos de descenso directo e os posibles arrastres.

Camariñas - San Lorenzo (0-0)

  • Camariñas: Jorge, Brais, Roi, Oliver, Pablo Suárez, Moriño, Carlos (David), Saviola (Hugo), Yuyo, Mario e Djibril.
  • San Lorenzo: Benja, Raúk, Lucho, Pablo Garrido, Dani Cotelo, David, Andy, Carlos, Dani Padín, Jonathan e Iván Rojo. Tamen: Puyol, Fidalgo, Eloy Arantón, Joaquín e Lucas.

Intenso partido o vivido o sábado no Hermanas Patiño. Comezou o Camariñas algo máis mandón ante un líder armado, que intentaba aproveitar as accións a balón parado. Pero Jorge estaba seguro na meta local, e Mario tivo algunha que non acabou en gol.

Un Mario que seguía facendo dano na segunda, pero sen acerto. Tamén chegaba o cadro de Verdillo, como nun man a man de Hugo que parou moi ben Jorge ao fío do pitido final.

Destacar o ambientazo que había na grada un partido más, a verdade e que este ano da gusto xogar na casa, cunha afección que está co equipo.

Cabana - Corme (1-4)

  • Cabana: Víctor, Aaron, Sergio Ferreito, Naka, (Ismael), Dani (Miguel), Sergio Antelo, Diego Cacha, Moreno (Fernando), Simón (Cristian), Manuel, Castro.
  • Corme: Adrián, Jesús, Aitor, Laik, Borja Torrado, Eloy, Hugo Paredes, Brais Pailos, Lucas, Isra e Alejo. Tamén: Quique, Brais Pombo, Miguel, Rubén e Gabri.
  • Goles: 1-0, m.5: Sergio; 1-1, m.45: Lucas; 1-2, m.50: Lucas; 1-3, m.65: Borja Torrado; 1-4, m.68: Borja Torrado.
Cabana-Corme-Foto-Edu Cambon
Cabana-Corme-Foto-Edu Cambon

Gran partido o vivido nas Redondas. Adiantouse pronto o Cabana por medio de Sergio Antelo e o Cabana controlaba máis a situación e achegabase a porta do Corme pero sin ser capaz de concretar as ocasions. O Corme, moi imprecisos e nerviosos, abusaban de balón longo. Había ocasións pero non claras, ata que no desconto do primeiro tempo, Lucas empataba de falta.

Empezaba o segundo tempo cun novo lanzamento de falta que se colaba entre a barreira e Lucas adiantaba a un Corme moito máis asentado, que aproveitou os minutos de desconcerto dos locais, para sentenciar con dous tantos de Borha Torrado. Si que tivo o Cabana 10 bos minutos pero non conseguuron recurtar.

Corme vencendo nas Redondas

Corcubión - Monte Louro (2-3)

  • Corcubión: Bruno, Antu, Nacho, Díaz, Rubén, Goche, Tano, Borja, Lema, César e Rama. Tamén Brais, Martín, Eli e Leo.
  • Monte Louro: Iago, Juan Lois, Miguel Verán, Manolo Chouza, Pablo; Borja, Pardelo, Álvaro Fari, Riki, David e Xián. Tamén: óscr Fari, Abel Rey, Antón, Íker e Raúl.
  • Goles: 1-0, m.25: César; 2-0, m.40: Iago; 2-1, m.55: nun córner; 2-2, m.68: Xián de punteira; 2-3, m.82: Raúl.

Dous partidos nun, cunha remontada de fe, de banquiño, do Monte Louro tras unha primeira metade de superioridade local. Comezou o partido dominando o equipo de Nito e tendo as máis claras ocasións do partido, cun ritmo total e unha presión fantástica. César fixo o primeiro a pase de Antu e o propio César centraría para que Iago de cabeza fixese o segundo. Con 2-0 chegouse ó descanso e ca sensación de que podían ter sido máis goles a favor.

Pero cambiou completamente o partido na segunda. O Louro subiu líneas pero sin chegar a crear perigo ata que un córner pechado acabou colándose na meta de Bruno. O gol deulle ás ao Louro e afectou ó Corcubión, ante un cadro visitante que viña como un avión, e que coa incercia acabou remontando un partido que case dera por perdido, gracias á fe, e aos cambios.

Vitoria que se lle escapou ó Corcubión contra un rival directo e que podía enganchalos ó seguinte grupo de rivais para saír do pozo.

Volantes - Oza (1-0)

  • Gol: 1-0, m.31: Kevin.
Volantes-Oza-Foto-Adriana
Volantes-Oza-Foto-Adriana

Partido clave na zona baixa, que permite ao Volantes escapar dos dous de abaixo. Arrincaron con nervios os locais e o Oza se planta diante de Alex de Yi e o colexiado perdóalle o cartón vermello a Rodri por unha falta ao borde da área. Pouco a pouco o cadro de Chicho vaise recompoñendo, subindo a presión e tirando ataques rápidos e tanto Borja como Mamadou e Kevin tiveron ocasións. Nunhaa acción precedida dun balón parado Cajulo incorpórase dende segunda liña e en semifallo habilita a Kevin que fai o tanto definitivo a posterior.

O Oza recupera o mando e ten varias ocasións para empatar que se atopan unha e outra vez con Álex de Yi. Na segunda, o Volantes puido matar o partido, pero no ida e volta dos últimos minutos o Oza tivo ocasións tamén para empatar.

Volantes-Oza-Foto-Adriana Fdez
Volantes-Oza-Foto-Adriana Fdez

Ponteceso - Muxía (0-3)

  • Goles 0-1, m.33: Manu Nogueira; 0-2, m.67: Mauro Romaní; 0-3, m.69: Anxo.

Protestou o Ponteceso a actuación arbitral, nun partido no que os dous partidos querían o balón. Estaba sendo un choque de poder a poder, cun Ponteceso que tiña control de balón pero sen profundidade. Adiántase o cadro muxián cun gol de Manu Nogueira tras desviar unha falta pechada de Mauro.

A xogada clave do choque foi unha falta que fai Mendieta que o colexiado sácalle tarxeta, e tralas protestas do capitán pontecesán, expúlsao. Quedou condicionado completamente o partido, e aínda así o Ponteceso non decaeu, seguiu pelexando cara a cara e mesmo pediu un penalti sobre Charro para poder empatar. Pero unha internada por banda de Iago Muiño nunha contra sorprendeu ao Ponteceso e sentenciou.

Cerqueda - Coristanco (0-5)

  • Goles: 0-1, m.20: Fraga; 0-2, m.49: Rama; 0-3, m.66: Joni de penalti; 0-4, m.73: Fraga; 0-5, m.81: Sergio.

Primeira metade máis igualada, cun Cerqueda que conseguía aguantar ao Coristanco mesmo chegar á área de Rubén. Pero non estivo acertado, e O Coristanco conseguía adiantarse, nunha xogada na que os locais, que tamén pediron un penalti sob Sergio, viron falta ao porteiro. Antes do descanso chegou a mellor ocasión para os de Uzal, pero non hai forma.

E do empate, á volta do descanso, xa ao 0-2, que metía moi costa arriba o partido. Un penalti e partido sentenciado, a pesar do cal o Cerqueda conseguía mandar dous balóns ao longueiro.

Castriz - Cee (3-1)

  • Goles: 0-1, m.53: Eze; 1-1, m.55: Alex Forján; 2-1, m.80: Iván Facal; 3-1, m.90: Erre.

Tardou en sentenciar o Castriz ante un gran Cee. Contaba Miguel Chouza con apenas 15 xogadores. O partido comezou con moi pouco ritmo, co Cee tendo máis balón pero sen profundidade. Facal avisaba cun xogadón que acaba no pau.

Rompeuse o partido na segunda, o Castriz saiu cunha marcha máis, pero era Eze o que marcaba un golazo dende lonxe. Non tardou o Castriz en empatar, pouco despois, noutro golazo dende lonxe. Mazazo para o Cee e o Castriz envalentonouse, e comezou a carburar, crear ocasións, diagonais… Pero tardou en poñerse por diante, ata os últimos minutos.

Outes - Muros (1-0)

  • Gol: 1-0, m.70: Jura.

Recupera o Outes a senda da vitoria nun partido que comezou con moito respecto, con dous equipos moi firmes atrás. O Muros buscaban balóns ás costas da defensa, e o Outes dominaba algo máis territorialmente, pero sen profunidade.

Na segunda comezou algo mellor o cadro de Miguel Ramos, pero sempre con temores, porque o partido estaba visto que o que marcara primeiro tería moito feito. Así foi, marcou Jura, e obrigou a Xandre a facer varias paradas, e malia que o Muros reaccionou, e a incerteza estivo presente ata o pitido final, como o balón ao pau que lanzou o cadro de Porrúa no m.95.

MÁIS CRÓNICAS DA 2ª GALICIA

AS TÁBOAS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM

Comentarios