Venres. 29.03.2024
El tiempo

2ª Galicia: Os de abaixo tamén gañan

Zas-Coristanco-Foto-Sporting
O Sporting Zas conseguiu a súa segunda vitoria do curso ante o Coristanco-Foto-Sporting
2ª Galicia: Os de abaixo tamén gañan

Cabana e Zas son os protagonistas esta semana coas súas novas vitorias. Vitorias que, en todo caso, non os sacan do pozo, pois aínda son 7 e 8 os puntos que os separan, respectivamente do cuarto por abaixo, o Baíñas. Os de José Manuel e Periscal pelexarán por evitar o segundo posto de descenso directo (moito ten que cambiar o Buño, que aínda non coñece o sabor da vitoria, para evitar o posto de pechacancelas) e rezar para que non haia arrastres.

Por arriba, non fallou ningún dos tres do primeiro vagón (si sufríu o Corme en Castriz e a Esteirana no derbi co Muros) e os dous do segundo vagón (San Lorenzo e Muxia suaron para superar a Cerqueda e Baíñas), manténdose as distancias.

 

Muxía - Baíñas (3-2)

  • Muxía: Maikel, Michael, Pereira, Tati, Maikel Mouzo, Abel, Julián Busto, Mauro Romaní, Adrián Alcaina, Víctor Alcaina, Manu Nogueira. Tamén: Isma Márquez, Alex, Mario, David.
  • Baíñas: Paulo, Ramón, Abel, Toño, Eloy Trigo, Baba, Eloy García, Cristian Canosa, Cristian Hermida, Víctor, Dieguito. Tamén: Esteban Canosa, Héctor, Brais, Rodri.
  • Goles: 1-0, m.28: Pereira; 2-0, m.33: Manu Nogueira; 3-0, m.63: Mauro Romaní; 3-1, m.82: Dieguito de gol olímpico; 3-2, m.88: Baba.

Muxia-Bainas

O vento foi protagonista en Arlliña. Os primeiros 20 minutos o Baíñas aguantaba ben o control do terreo de xogo do equipo local, ata que chegaba a xogada clave, cando o meta visitante Paulo é expulsado por unha falta fóra da área. Unha expulsión protestada polos visitantes pola situación no vértice na área e correndo cara a banda. Tivo que colocar Barca a Brais e sacar ao punta Víctor do campo, para afrontar 70 minutos por diante só con Dieguito arriba. Eran minutos de desconcerto nos visitantes e os locais se colocaban 2-0.

Na segunda, co vento a favor, o Baíñas a pesar de ter un home menos, meteu atrás ao Muxía, pero este se resarcía co terceiro tanto, obra de Mauro Romaní. Chegaban tamén, por insistencia, ocasións na área local, como un tiro de Abel. Xa no treito final, os vimianceses apretaron, Dieguito marcaba de gol olímpico, Baba facía o segundo e no un par de xogadas a balón parado meteron medo na parroquia local, pero o marcador non se movería.

 

Ponteceso - Buño (5-1)

11 do Ponteceso nas Redondas-Foto-Brais Pose e David Antelo
11 do Ponteceso nas Redondas-Foto-Brais Pose e David Antelo

  • Ponteceso: Rubén, Isaac, Ismail, Moscoso, Luca, Dani Cotelo, Alberto Recarey (Mendieta, m.78), Diego Ferreiro (Eloy Santos, m.67), Puente, Maradona (Charro, m.82), Eloy Álvarez (Iván Rey, m.75).

11 do Buno nas Redondas-Foto-Brais Pose e David Antelo
11 do Buño nas Redondas-Foto-Brais Pose e David Antelo

  • Buño: Toni, David, Pablo, Varela, Adrián Rama, Miguel Dourado, Castro, Fran, Paco, Elías e Juan Antelo, . Tamén: Petís, Alesandre, Martín e Brais.
  • Goles: 1-0, m.37: Maradora; 2-0, m.48: Martín Puente; 3-0, m.52: Diego Ferreiro; 3-1, m.55: Elías; 4-1, m.62: Luca; 5-1, m.89: Dani Cotelo.

Mermaron as baixas o potencial dos dous equipos, pero notouse a amplitude de plantel dun dos líderes da liga ante o pechacancelas. O Ponteceso saíron moi enchufados, pero cadro oleiro soubo aguantar máis de media hora. Ata o final da primeira metade, só Alberto Recarey cunha falta inquedaría a Toni, mentres que Juan Antelo tamén facía algunha cabalgada ata a área de Rubén. Era ao fío do descanso, cando un centro de Recarey era remachado por Maradona permitindo ir con vantaxe mínima aos “locais” no desterro das Redondas.

Volveu saír presionando moito o Ponteceso na segunda, e pronto Martín Puente e Diego Ferreiro (este levaba tempo sen poder xogar e celebrou moito o tanto) facían dous goles que deixaban practicamente o partido visto para sentenza. Recurtou o Buño pero de seguido Luca volvía ampliar a renda. Dani Cotelo faría o quinto xa case no desconto, cando Antelo obrigaba a Rubén a facer o paradón da tarde.

 Ponteceso-Buno-Foto-Brais Pose e David Antelo
Eloy Álvarez laméntase. Foto: Brais Pose e David Antelo

Lira - Cabana (1-2)

  • Lira: Baba, Óscar, Costiña, Eloy, David, Miguel, Toni, Mamadou, Manu, Oliver, Cristian.
  • Cabana: Roberto, Aarón, Ismael, Raúl (Rubén), Pablo, Castro (Stiven), Diego, Cacha, Manolo (Sergio), Moreno, Fernando Rey (Fernando Beres), Raúl Corzon.
  • Goles: 1-0, m.5: Toni; 1-1, m.63: Raúl Corzón; 1-2, m.88: Moreno.

Homenaxe de Lira e Cabana a Pana copia
Lira e Cabana homenaxearon a Pana

Segue o Lira tendo grandes problemas de efectivos por mor das lesións e inoportunas enfermidades. 10 e medio (Miguel ergueuse da cama tras unha semana de febre para xogar) conseguíu xuntar Juan Rey para enfrontarse ao Cabana, nun partido importante pois podía deixar moi lonxe os postos de descenso. E parecía que a cousa se puña de cara, cando Toni, aos 5 minutos marcaba un golazo marca da caasa dende 30 metros.

Os locais levaban o peso do partido e o Cabana cometía demasiados erros que propiciaban chegadas dos Cristian ou Oli. Puido o Lira aumentar a renda en dous remates en corner. A partir da media hora foise recuperando o Cabana e empezou a rondar a portería local, cando comezaron a acabarse os folgos dos Miguel e compañía.

Xa no segundo tempo cambiou totalmente o rumbo do partido e os visitantes fixéronse co dominio e apretaron facendo lucirse ao porteiro local Baba en varias ocasións. Toni e Manu sufrían problemas musculares e o equiopo liracho estaba sufrindo aínda con media hora por diante, xusto cando Raúl Corzon empataba. O Cabana seguiu empurrando ata que Moreno, preto do final, dáballe a terceira vitoria aos de José Manuel no que vai de temporada.

 

Esteirana - Muros (1-0)

  • Esteirana: Mj, Simón, Dani Corniños, Code, Tobío, Samuel; Pablo Rama, Alex Rama, Raúl, Elías Ruso e Carajillo. Tamén: Roi, Adri, Pachi e Pablo.
  • Muros: Xandre, Chinana, Pelos, Dani, Gesto (Juanchi); Xaquín, Flavio (Saúl), Álvaro (Ivi); Xavi, Kiko; Jose (Xelis), Cacharro.
  • Gol: 1-0, m.52: Carajillo.

Esteirana-Muros-Foto-Javi Souto
Imaxe do derbi muradán. Foto: Javi Souto

Fermoso e disputadísimo derbi o celebrado no Xosé Luís Vara, que puido ter rematado en empate. O choque comezaba con moito xogo no medio campo e moitas interrupcións e aí, o cadro muradán, a balón parado (tanto en córner como en saques de banda longos), segue a ser moi perigoso. A Esteirana non conseguía combinar con claridade pero tamén sacou algunha contra, como un remate de cabeza de Pablo que salvaba Xandre ou un rito lonxano de Alex Rama ao que tamén respostaba o porteiro celeste.

Comezaba a segunda co tanto de Carajillo de tiro cruzado. O Muros tirouse máis arriba, ante unha Esteirana que se convertía en perigosa nas contras, tendo ata 3 ocasións para matar o partido. O cadro muradán metía balóns dentro da área e Pelos cun tiro cruzado, e sobre todo un tiro “á reviravolta” de Xavi lamendo o pau, puideron poñer o empate. Os celestes pediron tamén u posible penalti por agarrón sobre Xavi, pero o VAR non o contemplou…

 

Castriz - Corme (1-3)

  • Castriz: David, Álex Forján, Carlos, Adri, Alex Mourelle, Rubén, Anxo, Chiki, Espi, Iván Pastoriza e Mata. Tameén: Brais Sendón e Iván Castro.
  • Corme: Suso, Pandi, Alejandro, Javi Peón, Toniño; Brais Corral, Sergio Sueiro, Adrián Doldán, Lucas, Manu Bermúdez e Alejo. Tamén: Illote, Brais Pombo, Brais Torrado, Diego Bermúdez e Dani Casal.
  • Goles: 0-1, m.6: Alejandro; 1-1, m.40: Alex Forján de falta directa por encima da barrreira; 1-2, m.79: Alejo; 1-3, m.89: Brais Torrado nun córner.

Empezaba o Corme querendo mandar no partido, e gracias a eso conseguían adiantarse por medio do “xuvenil" Alejandro nunha xogada a balón parado. Non lle tocaba remontar, desta volta aos cormeláns, pero si que tiveron que suar a vitoria. Tardou en reaccionar o cadro de Miguel Chouza, ao que en principio lle custaba saír da presión, pero pouco a pouco foi igualando o xogo, e durante o último cuarto de hora dominou o partido. Así conseguiu a igualada, cun bo gol de Álex Forján de falta, e fixo empregarse a Suso.

A segunda empezaba co Corme querendo mandar pero cun Castriz que cada vez que saía daba moita sensación de perigo, estando máis cerca o 2-1 que o 1-2. Porén era Alejo o que marcaba do final rematando un centro. A raíz do gol o Castriz estirouse un pouco máis, tendo unha moi boa ocasión que sacaba Alejo baixo paus, pero tamén deixaba ocos atrás para as contras cormelás. A expulsión de Mata acabou coas posibilidades do cadro xalleiro, ante un Corme que sentenciaba case que no desconto.

 

Cee - Malpica (1-3)

  • Cee: Joselu, Álex, Jorgito, Borja, Chema, Josiño, Coté, Ezequiel, Luís Lojo, Bruno e Leo. Tamén: Xacobe, Iago e Rubén Yayá.
  • Malpica: Damián; Mnate, Belar, Laik, Lucio, Miguel, Kevin, Alberto Hombre, Andy, Jairo e Michi Castro. Tamén: Dimitri e Marquitos.
  • Gols: 0-1,m .46: Jairo; 1-1, m.55: Bruno; 1-2, m.58: Jairo; 1-3, m.83: Jairo.

Partido importantísimo para os dous equipos para poder distanciarse un pouco da zona baixa, no que o Malpica se presentaba con varias baixas. O choque comezaba con bastante ritmo, cos dous equipos intentando baixar o balón. O cadro de Gurita apretaba arriba e roubaba con facilidade, pero a lesión de Michi Castro aos 20 minutos deixounos descolocados. A ocasión máis clara para o Cee tívoa Eze, que bota unha falta ao longueiro e no rexeite, Chema non acerta a metela entre os 3 paus.

Despois do descanso un home estivo por encima do resto dos xogadores que estaban no campo e ese foi Jairo, que marcou tres auténticos golazos cada un mellor que o anterior. Polo medio Bruno era quen de empatar, pero volvía aparecer o punta malpicán para facer o segundo. Neses minutos o Cee tivo varias ocasións (por medio de Bruno, Eze e Yayá) pero no treito final o protagonista da tarde volvía aparecer para sentenciar.

 

Cerqueda - San Lorenzo (1-2)

  • Cerqueda: Darío, Dani Gemelo, Breo, Nacho, Marcos Pensado (Javi Pazos, m.68), Iván Mato, Lorenzo, Lagoa, Diego, Breogán (Estefan, m.65) e Nico (Julián, m.76).
  • San Lorenzo: David, Alejandro, Iglesias, Pablo Garrido, Puñal, Ures, Verdes, Novi, Diego V., Fuentefría e Brais Cancela. Tamén: Alonso, Diego F., Alexis e Styven.
  • Goles: 1-0, m.50: Diego; 1-1, m.67: Iglesias; 1-2, m.90: Diego F.

Cerqueda-San Lorenzo-Foto-Ra
Foto: Ra Bello

Partido moi disputado no campo de Xaviña, no que un equipo local, que esperaba en liña de medio campo meteu en moitos problemas ao San Lorenzo. A primeira parte foi moi igualada cun San Lorenzo que mantiña un control inerte, habendo poucas ocasións para os locais en contras, e para os visitantes en chegadas por banda e faltas laterais, como que remataban ao pau.

Comezou a segunda metade co tanto de Diego para os de Míchel, aproveitando un rexeite da defensa a unha xogada a balón parado. Reaccionou o equipo de Santi Cambón e foron volcando o campo cara a meta local. Nun córner Iglesias empataba o partido, e ca inercia, seguuron empurrando ata o desconto, cando chegaba o segundo tanto, obra de Diego F. que mandaba os puntos cara Verdillo.

 Cerqueda-San Lorenzo-Foto-Ra 2
Foto: Ra Bello

Zas - Coristanco (2-0)

  • Zas: Puyol, Brais (Rubén, m.89), David, Atu, Manu, Andrés (Miguel, m.87), Fabi, Bruno, Kevin (Brais Espasandín, m.67), Manu Guillamet (Marcos, m.88), Iván (Eloy, m.80).
  • Coristanco: Rubén, Samu, Rubio, Damián, Mato, R, Jose, Álex, Casti, Sergio e Corral. Tamén xogaron: Villajos, Dani, Pazos e Joni.
  • 1-0, m.27: Manu Guillamet a rexeite de Rubén ao seu propio penalti; 2-0, m.69: Manu Guillamet de tiro lonxano por arriba ao ver adiantado a Rubén.

Zas-Coristanco-Foto-Sporting 2
Foto: Sporting Zas

Partido igualado, sen apenas ocasións, marcado por dous erros defensivos dos coristanqueses que lle deron a segunda vitoria aos zaseiros. Na primeira unha pérdida preto do córner provocaba un penalti que Manu Guillamet acertaba a meter á segunda, trala parada inicial de Rubén. Boas ocasións tiveron os puntas visitantes na primeira pero non estiveron acertados.

Na segunda o Coristanco embotellou ao Zas no seu campo, pero a defensa dos de Periscal contivo calquera atisbo de perigo. Só unha perda en tres cuartos de campo deixaba a Manu Guillamet con tempo para pensar, ver a Rubén adiantado e colarlla por riba.

 

Todas as crónicas de 2ª Galicia

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios