Venres. 19.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: O #BabyCorme frea ao San Lorenzo

O Baby Corme tras vencer ao San Lorenzo
O Corme tras vencer ao San Lorenzo
2ª Galicia: O #BabyCorme frea ao San Lorenzo

Con Alejo e outros 15 xogadores menores de 22 anos, o Corme conseguiu frear a todo un San Lorenzo que chegaba ao Cairo tras 6 vitorias. Nun choque no que os dous equipos demostraron o seu apoio ao Colectivo de Árbitros da Costa mantendo obalón no campo propio medio minuto cada equipo tocando a pelota e sin pasar o outro equipo a campo contrario, o Corme deixa a 6 punos ao cadro de Verdillo.
A mesma distancia ten o equipo de Dani Casal sobre un Muxía que leva 8 vitorias e 2 empates nos 10 últimos partidos tras superar con claridade a un novo Cerqueda que non parece levantar cabeza.

Non fallou tampouco o Castriz que fixo gala da pegada dos Braulio, Noli, Pastoriza, Facal e compañía, quedando a 4 puntos dos perseguidores (nas dúas prazas de promoción), e sacando agora 2 puntiños sobre un Camariñas e 3 sobre un Cee que non paaron do empate. Métese aí de novo o Cabana tras vencer un partido de tolos en Muros ao Volantes.

Para mostra da calidade da categoría, estes tres chicharros de falta directa:

Oza - Camariñas (2-2)

  • Oza: Nacho, Iago Rodriguez, Lavandeira, Alberto, Alex Martínez (Vilariño), Pace (Carlos), Álex López, Alex Freire (Dani Iglesias), Nico (Brais), Edu (DavidLP) e Fran.
  • Camariñas: Jorge, Barreiro (Brais), Roi, Oliver, Pablo Suárez, Moriño (Hugo), Nazo, Saviola (David), Víctor, Yuyo e Djibril.
  • Goles: 1-0, m.10: Fran de penalti; 1-1, m.25: Djibril; 2-1, m.38: Edu; 2-2, m.88: Nazo.

Saiu moi ben o cadro carballés que se adiantou pronto cun ritmo moi alto. O Oza non pasaba apuros, pero nun córner de Saviola empataba Djibril. Eran bos minutos dos camariñáns que mandaron un balón ao longueiro de Roi e tiñan un par de chegadas de Djibril e Yuyo. Pero faltando 5 minutos por descanso Edu aproveita unha xogada de rebotes para meter por diante aos locais.
Na segunda parte o Camariñas estirouse ante un Oza que esperaba moi serio atrás, sen sufrir demasiado. Pero non puido manter os 3 puntos, e sufriu nunha transición un bo gol de Nazo tras unha boa xogada de Yuyo.

Cee - Muros (2-2)

  • Cee: Maikel, Colombia, Borja, Juan Oreiro, Gabri, Rubén, Isaac Fábregas, Adrián Canosa, Jose, Eze e Bruno. Tamén: Jose, Julio e Santos.
  • Muros: Xandre; Fran, Pelos, Gesto, Juanchi; Ra, Xaco; Aliños; Alonso, Xavi e Jesús.
  • Goles: 1-0, m.37: Gabri; 1-1, m.53: en propia; 1-2, m.56: Xavi; 2-2, m.74: Miguel.

Partido tamén condicionado polo tempo, cun Cee que co vento a favor tiña a posesións. Pero á contra Alonso en dúas ocasións e Xavi tiñan boas ocasións para os de Porrúa. O Cee faría o 1-0 pouco antes do descanso logo dun balón parado en longo. Non pasaban nin 10 minutos da segunda parte cando o muradáns lle deran a volta ao marcador, tras gol en propia logo dun centro de Juanchi; e un tanto de Xavi a pase do seu irmán xemelo Xandre dende a súa portería, marcando Xavi ao primeiro toque picándolla a Maikel.
Reaccinou o Cee, que achuchou e que conseguíu o empate nun córner. Tivo aínda que facer Xandre dúas boas boas paradas para levar un punto para Muros.

 

Coristanco - Ponteceso (1-1)

  • Coristanco: Rubén, Villajos, Niko, Hugo, Sergio Lorenzo, Joni, Pazos, Dani, R, Samu e Randy. Tamén: Casti, Javi Martínez e Sergio Regueira.
  • Ponteceso: Damián, Cotelo, Juan, Luis, Luca, Ángel, Pedro, Mendieta, Jose, Eloy Álvarez e Charro. Tamén: Álvaro, Roberto, Hadrián, Iván e Pablo.
  • Goles: 1-0, m.79: Niko; 1-1, m.92: Charro.

Ponteceso-Coristanco

Partido con bastante respecto entre ambos, nos que a orde se impoñía á fantasía. Así, na primeira parte as máis claras son 2 remates de cabeza de Pazos e Niko e un ataque en 2 contra un defensa de Samu e Casti que non chegan a acabar a portería. Polo Ponteceso, unha boa xogada dentro da área dun dianteiro que reagateaba a un defensa e cando ía rematar so ante Rubén, chegaba Niko ó corte para atallar o disparo.

Na segunda parte continuaba a mesma dinámica, co balón dominado polo Coristanco pero sen crear demasiado perigo, se ben xeraba un par ocasións creadas por Joni, que regateando a varios rivais obrigaba a Damián a facer un paradón. Ou unha xogada por banda que tras un centro pasaba por diante de Randy por centímetros. A falta de 10 minutos, unha falta lateral sacada por Dani era peiteada cara a súa propia portería por un xogador pontecesán, daba na cruceta e Niko remataba metendo o 1-0.
Remataban os últimos 10 minutos cun cadro de Pablo Mallón subindo liñas, ata que no desconto un pase dentro da área a Charro era ben anticipado por Villajos, que non é quen de golpear con contundencia e déixaa para que o dianteiro a marque a pracer.

 

Corcubión - Castriz (3-7)

11 do castriz
11 do Castriz no Cubaleiro
  • Corcubión: Bruno, Antón, Nacho, Fran, Mario, Gorka, Borja, Tano, Iago, César e Martín. Tamén: Eli, Goche e Íker.
  • Castriz: Juan, Carlos Paredes, Adrián García, Alex Mourelle, Alejandro, Adrián Rod., Martín Gemelo, Iván Facal, Noli, Iván Pastoriza e Braulio. Tamén: Coke e Fran Calvo.
  • Goles: 0-1, m.1: Noly tras asistencia Alex Forján; 0-2, m.23: Alex Mourelle remata un córner lanzado Iván Facal); 0-3, m.35: Erre a asistencia de Iván Pastoriza nunha xogada na que os locais pediron falta sobre Bruno; 1-3, m.46: Iago de fermosa falta directa; 1-4, m.50: Noly tras asistencia de Braulio; 1-5, m.55: Adrián García de penalti cometido sobre Iván Pastoriza; 2-5, m.58: Iago; 2-6, m.70: Fran Calvo de fermosa falta directa; 3-6, m.83: Iago de penalti; 3-7, m.87: Iván Pastoriza a asistencia de Braulio.

Reparto de puntos no Cubaleiro, con 3 para o Castriz e 3 para o meta local Bruno, que levou unha boa brecha tras un choque con Braulio.

Lesion de Bruno do Corcubion
Imaxes da lesión de Bruno

Foi un partido tolo o vivido no campo corcubionés, cun resultado moi abultado gracias ao acerto dos dianteiros e erros da defensas. Antes de que se cumplise o primer minuto de xogo, o Castriz xa facía o primeiro nunha indecisión da defensa local, todavía durmindo. O gol espabilou aos locais, que empezaron a tocar e xerar ocasións, tendo un penalti a favor que parou Juan. Cando mellor estaban os de Nito, nun corner farían o segundo os visitantes. Pero os de Miguel Chouza, cando chegaban facían moito dano, máis aínda despois da “lesión” de Bruno, que obrigaba ao defensa Mario a poñer as luvas.
Na segunda, os corcubioneses xogaron ben, tocando o balón, sumando 3 goles do capi Iago, insuficientes para contrarrestar os 4 goles visitantes da segunda metade.

 

Muxía - Cerqueda (4-1)

  • Muxía: Domingo, Michael, Gusa, Congui, Maikel Mouzo, Julián, Adrián Alcaina, Alex Martínez, Mauro, Fran Moreira e Manu Nogueira. Tamén: Ángel, Anxo, Toja, Iago Muíño e Xan Nogueira.
  • Cerqueda: Mario, Samuel, Marcos Pensado, Dani Reixía, Atu; Hugo, Andrés, Manu Guillamet, Lorenzo, Cristian e Alexis.
  • Goles: 1-0, m.3: en propia; 1-1, m.43: Manu Guillamet; 2-1, m.46: Michael; 3-1, m.89: Manu Nogueira; 4-1, m.90: Xan Nogueira de penalti.

Muxia-Cerqueda

Mellora paseniño o Cerqueda de Emilio Uzal que nada puido facer ante un Muxía que volve, como o ano pasado, coller velocidade de cruceiro pasando por riba dos seus rivais. Empezaba con ritmo alto o cadro de Lobelos e Leis, que se adiantaba con sorte tras un rebote. Baixou o ritmo demasiado pronto e o Cerqueda tivo moi boas fases nesa primeira metade, ata que o Cerqueda empataba ao fío do descanso á saída dun córner.

Pero de novo, nada máis saír dos vestarios, noutro saque de esquina, o capitán muxián facía o segundo, dándolle agora si tranquilidade aos locais para manter o dominio do partido. Pero non acabou de sentenciar ata os últimos instantes, cun Cerqueda que rondou o empate.

 

Volantes - Cabana (2-3)

11 do VOlantes-Foto-Adriana
11 do Volantes-Foto-Adriana
  • Volantes: Álex de Yi, Alex Figueiras, David Pais, Pablo Martínez, Alex Fdez. Miguel, Iago, Rodri, Pesco e Borja. Tamén: Isma, Aaró, Manu de Yi, Kajulo e Yanki.
  • Cabana: Víctor, Aaron, Sergio Ferreiro, Naka, Rubén, Sergio Antelo, Moreno, Diego Cacha (Fernando), Simón (David), Manuel (Castro), Raúl Corzón (Cristian).
  • Goles: 0-1, m.8: Simón tras roubo de Manuel; 1-1, m.18: Pesco de fermosa falta directa; 1-2, m.63: Manuel de penalti; 2-2, m.96: Borja; 2-3, m.98: Aarón.
Volantes-Cabana-Foto-Adriana
Volantes-Cabana-Foto-Adriana

Saíron durmindo os muradáns que sufrían varias ocasións e mesmo regalaban un tanto nada máis comezar. O Cabana parecía estar mais cómodo e rondaba a porta local, pero o Volantes comezaba a carburar, e se Borja avisaba cun remate ao longueiro coa porta baleira, era Pesco o que demostraba a súa calidade cunha falta dende o borde da área. O choque igualouse ata o descanso.

A saída de Yasnki permitía aos de Chicho máis posibilidades arriba, baixando balóns, pero un penalti moi protestado polos locais permitía a Manuel facer o segundo. Tocáballe remar de novo aos de Baño, que a base de balóns áreos metía aos cabaneses na súa área, sen olvidar as contras. Marcou Yanki pero o colexiado anulábao por fóra de xogo, e o mesmo pasaba na área local.

Quedaba un eterno desconto co Volantes volcado ata que que Borja facía o empate no enésimo balón colgado. Seguiu envocardo o cadro local no pouco tempo que faltaba, pecando de veteranía, e se deixou nunha contra levar o puntiño do Eleuterio Balayo sobre o pitido final.

 
Pesco no Volantes-Foto-Adriana
Pesco no Volantes-Foto-Adriana

Monte Louro - Outes (2-1)

  • Monte Louro: Xacobo, Psablo, Miguel Vetrán, Manolo Chouza, Borja; Pardelo, Óscar Fari, Xián, Álvaro e Íker. Tamén; Savid e Antón.
  • Ryan; Clau, Caamaño, Chía (Aarón), Cutu; Mario (Manjelo), Capelo, Babu, Joao, Veleiro (Santi) e Iago.
  • Goles: 0-1, m.24: Caamaño; 1-1, m.50: Xián; 2-1, m.70: Xián de cabeza.

Tres puntazos moi importantes para o Louro (que chegaba con só 13 xogadores, debutando o ex xuvenil Xacobo que foi rescatado ante a praga que ten o cadro loureán na súa portería) para non desengancharse da zona media, ante un Outes tamén moi mermado (só 11 séniors) que suma a súa 5ª derrota consecutiva. Foi un partido feo, poucas ocasións, con moito fútbol directo, que o cadro de Miguel Ramos tiña controlado o tempo, sen sufrir demasiado máis que un par de tiros de Álvaro e Juan Lois. Marcou no ecuador do primeiro tempo o equipo visitante que rematou o primeiro tempo co dominio absoluto do choque.

Cambiou o conto na segunda. Saíron os de Bibi máis decididos ante un Outes moi débil, sen tensión, que sofre en defensa e ve como Xián empata nunha xogada na que a defensa visitante non é suficientemente expeditiva. O partido seguía igualado, ata que noutro córner a frouxa defensa visitante permitía a Xián facer o segundo. Aí si que coa serie mala de resultados, os da Serra viñéronse abaixo e malia que o partido volveuse algo tolo, non tiveron grandes ocasións para empatar.

 

Corme - San Lorenzo (2-1)

  • Corme: Adrián Suárez, Brais Pombo, Aitor, Hugo, Brais Pailos, Rubén, Eloy Villar, Samu Costa, Manu Bermúdez, Isra e Alejo. Tamén: Miguel, Quique, Martín, Noe e Borja Torrado.
  • San Lorenzo: Benja, Diego, Raúl, Lucho, Pablo Garrido, Diego Varela, David Villar, Jairo, Alex Taibo, Arantón e Iván Rojo. Tamén: Puyol, Fuentes, Andy, Carlos Dutra e Dani Cotelo.
  • Goles: 1-0, m.16: Alejo de penalti; 1-1, m.72: Iván Rojo; 2-1, m.80: Alejo.

Partidazo, moi igualado e intenso, pero marcado polo forte vento que facía na tarde de onte no Cairo. O partido foi marcado pola intensidade de ambos conxuntos, pero tamén polas imprecisións, cun Corme que saía presionando moi arriba, e adiántandose por medio dun penalti que pararía de primeiras Benja pero que se tería que repetir. Nesta segunda vez acertaría o dianteiro cormelán Alejo, a flamante fichaxe de inverno dos de Ángel.

O partido seguía co mesmo guión con pocas ocasions para ningún dos dous equipos, se ben os carballeses pedían un posible penalti.

Saía o San Lorenzo máis arriba e combinando mellor na segunda ben. Ata que nunha indecisión entre porteiro e defensa cormeláns Iván Rojo aproveita para facer o empate. Non se veu abaixo o Corme, e de contado Alejo avisaba mandando un balón ao pau, para que na seguinte, nun balóns ás costas da defensa, si consiga o seu segundo tanto (leva 5 goles en 6 partidos xa…).

Quedaban 8 minutos para rematar o partido, e os de Dani Casal seguían intentando con balóns aéreos pero non chegaba con claridade. Casi marca na outra portería o meta cormelán Adrián que nun desprazamento en longo e coa axuda do vento, mandou o balón moi preto das redes.

Os visitantes protestaron que o colexiado non descontou apenas 1 minuto.

 

Máis crónicas da 2ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios