Mércores. 16.10.2024
El tiempo

2ª Galicia: Camariñas e Corme puideron cos Muxía e Ponteceso nos derbis

Muxia-Camarinas-Jozse Campana 2
Imaxe do Muxía-Camariñas- Foto: Jose Campaña
2ª Galicia: Camariñas e Corme puideron cos Muxía e Ponteceso nos derbis

Dous fermosos derbis se viviron este domingo no fútbol costeiro. O Cairo e Arliña, dous dos campos máis fermosos da comarca, viviron auténticos choques con sabor a Fútbol da Costa. O Corme puido finalmente co Ponteceso, pero o Muxía sucumbíu ante un Camariñas que sorprendeu a todos co seu bo facer.

Polo demais, o Outes segue só no alto da táboa tras superar outra proba no San Paio de Refoxos. Por detrás, Castriz (que venceu a un Oza que aínda non sumou) e Cabana, que venceu un complicado partido en Agra da Filgueira.

 

Muros - San Lorenzo (0-2)

  • Muros: Xandre; Fran, Gesto, Dani, Juanchi; Ra, Xaco; Varo; Xavi, Alon e Isma. Tamén xogaron: Alex, Ángel, Quin e Jesús da Meca.
  • San Lorenzo: Puyol, Fidalgo, Raúl, Lucho, David; Andy, Alex Taibo, Eloy, Diego Varela, Pablo Garrido, Jairo. Tamén: Dani Padín, Andrés, Lucas, Alexis e Dani Cotelo.
  • Goles: 0-1, m.5: Alex Taibo dende o seu propio campo; 0-2, m.61: Lucho de penalti.

Partido xogado na tarde do sábdo no novo Eleuterio Balayo, con sabor a empate que comezaba sen apenas ocasións, pero era Alex Taibo o que sorprendía a todos, incluído o meta local, marcando dende o seu propio campo. O San Lorenzo intentaba tocar pero o Muros púñalle as cousas difíciles ca presión, e buscando balóns verticais. Pero apenas había ocasións.

Un penalti sobre Eloy nunha contra na segunda permitía facer o segundo, matando ao cadro local.

 

Cee - Outes (0-1)

  • Cee: Maikel, Colobia, Bruno, Juan e Isma; Isaac Fábregas, Jon, Fraga, Chema, Adrián Canosa e Rubén. Tamén: Borja, Jose, Tomás e Gabri.
  • Outes: Alex, Jura, Kevin, Leo, Estefan; Martín, Capelo, Babu, Veleiro, Joao e Iago.
  • Gol: 0-1, m.48: Joao.
Partido bastante igualado na primeira metade, coas defensas impoñéndose ás defensas. Dominio alterno pero sen grandes ocasións.

Seguía o mesmo guión na segunda, pero Joao abría o marcador. Os de Miguel Ramos mantiñan o balón, pero o Cee comezou a empurrar cara a meta de Alex, tendo varias ocasións nos últimos 25 minutos tendo mesmo Jura que salvar un balón baixo paus, que puido significar o empate, que tería sido máis xusto. En calquera caso, 4ª vitoria dos da Serra.
 

Corcubión - Cerqueda (2-0)

  • Corcubión: Bruno, Rubén, Álex, Nacho, Gorka, Lema, Borja, Adri, Martín, César e Luisete. Tamén: Tano, Goche e Antón.
  • Cerqueda: Mario, Marcos Pensado, Dani Reixía, Javi Souto, Lorenzo, Eloy Boedo, Kevin, Cristian, Manu Guillamet, Julián. Tamén: Senén, Ángel, Adri Verdes, Hugo e Samuel.
  • Goles: 1-0, m.5: César de cabeza a un saque de banda botado por Nacho; 2-0, m.80: Lu remata un pase da morte de César tras unha gran internada.

Mal partido o vivido no Novo Cubaleiro, cun Cerqueda moi vertical e un Corcubión que se metía por diante cun rematazo de cabeza de César e un saque de banda modo corner botado por Nacho. Desde ese momento o Cerqueda tentaba, roubando en campo contrario, con chegadas laterais e xogadas a balón parado pero non atopou o gol.
O cadro de Nito foise contaxiando e máis metido atrás lanzaba balóns longos buscando a Lu e César. Os minutos pasaban e non foi ata case o desconto cando sentenciaban os locais o encontro ao aproveitar un contragolpe cos visitantes envorcados sobre a área local.

 

Volantes - Coristanco (2-1)

Volantes-Coristanco-Foto-Adrianada Fdez
Volantes-Coristanco-Foto-Adrianada Fdez
  • Volantes: Alex Yi, Pablo Martínez, Rodri, David, Tico; Santi; Óscar Rey, Miguel; Pesco, Dis e Manu Yi.
  • Coristanco: Diego Mallo, Villa, Sergio, Lagoa, Belar, Mario, Hugo, Javi, Casti, Randy e Raúl. Tamén: Joni pose , Samu, Joni Fraga, Corral e Dani.
  • Goles: 1-0, m.24: David tras un córner botado por Pesco; 2-0, m.34: Dis; 2-1, m.75: Mario dende 40 metros.

Volantes Coristanco-FotoAdri

Xogouse en Muros o choque xa que cambiouse a orde polas obras da Rocheira. Saíu coas liñas moi unidas o cadro de Chicho, moi atento ás diagonais dun Coristanco que tiña máis o balón, pero facendo dano nas segundas xogadas e a balón parado. Así chegaban os dous tantos dun cadro muradán que onte buscabou moito os balóns directos.

Meteuse máis atrás na segunda o Volantes, tratando de parar o partido, cando Mario collía o mando. Puido matar o partido o Volantes nalgunha contra. Cos cambios os de Juni gañaron en profundidade e empezaron a chegar ocasións nos pés de Casti, Samu e sobretodo Corral que se prantou ata en 3 ocasións ante o porteiro. Pero o tanto só chegou cun lanzamento de Mario dende 40 metros collendo ao meta fóra da portería.

As expulsións de Pablo e Mario por enzarzarse en dúas xogadas deixaban o partido feito un “correcalles”, con ocasións nos dous bandos. Pesco tivo unha pena máxima para sentenciar pero Diego Mallo leulle a intención, e o Coristanco tivo un man a man que puido ter significado o empate.

 

Monte Louro - Cabana (1-2)

  • Monte Louro: Alberte, Pablo, Manolo CHouza, Juan Lois, e Miguel Verán; Xián, Riki, Pardelo; Fari, Peski e Íker. Tamén xogaron; Diego, David, Benji e Abel.
  • Cabana: Diego, Aaron, Naka (David), Raúl, Rubén, Fernando, Castro, Moreno, Simón (Pablo), Raúl Corzon (Cristian) e Dani (Miguel).
  • Goles: 0-1, m.25: Raúl Corzón; 1-1, m.37: en propia; 1-2, m.77: Moreno.

Monte Louro-Cabana-Foto-Edu Olveira 3

Baixón en Louro tras un partido no que perdoaron, sobre todo nunha primeira metade na que saiu moi presionante e con transicións rápidas e balón ás bandas achegabase con perigo a porta cabanesa. Íker tivo dúas para empurrar, e Fari, que un puñal durante todo o partido pola banda dereita, viu como lle anulaban un tanto por fóra de xogo.

Os visitantes tentaban saír desa presión e nunha xogada ben levada por banda esquerda Moreno centraba e Raúl no segundo intento logo dunha boa parada do porteiro local adiantaba o Cabana. Pronto empataba os locais cun gol en propia porta.

No segundo tempo asentouse algo máis no campo o Cabana e foi todo mais igualado. Chegou aí o tanto anulado de Fari a pesar das protestas locais. Xa cerca do final, con todo mirando ao empate un erro do meta local deixa o balón os pés de Moreno que poñia os visitantes por diante. No tempo que quedaba balón largos e acoso dos locais que pudieron empatar pero toparon cun gran Diego na portería cabanesa.

 

Monte Louro-Cabana-Foto-Edu Olveira

Oza - Castriz (2-5)

  • Oza: Brais; Vilariño, Alex Bilounga, Iago Rodriguez, Lavandeira; Josiño, Alex Martínez, Carlos, Dani Mato, Alex Freire e David LP.
  • Goles: 0-1, m.13: Braulio a pase de Adrián; 0-2, m.16 Braulio a pase de Saúl; 0-3, m.21; Adrián pase de Iván; 1-3, m.30: David LP; 1-4, m.44: Noly pase de Adri; 2-4, m.60: David LP; 2-5, m.74: Forján de falta.

Partido máis igualado do que sinala o marcador, cun Castriz de Miguel Chouza tremendamente eficaz nun gran estado de forma. Dominou o cadro xalleiro ao comezo, cambiando ben de xogo, e aproveitando as primeiras xogadas para colocarse 0-3 aos 20 minutos. David LP, o mellor dos carballeses, recurtaba e aí ata o descanso o Oza estivo mellor, pero xusto antes do descanso Noly facía o cuarto.

Baixou algo o pistón na segunda o equipo rossonero e tralo 2-4 de novo de David LP, o partido abriuse, cun Oza envorcado, con moita tensión, e apretando moito. Pero Álex Forjan sentenciaba cun golazo de falta pola escuadra pouco despois dun aviso de Martín Gemelo nunha contra.

 

Corme - Ponteceso (2-1)

  • Corme: Adri Suárez, Jesús, Aitor, Isra, Pailos, Borja Torrado, Noel, Samuel, Eloy Villar, Manu Bermúdez e Alejo. Tamén: Enrique, Miguel, Rubén, Hugo e Álvaro.
  • Ponteceso: Álvaro, Pablo Sánchez (Charro, m.68), Moscoso (Ángel, m.82), Iván Trigo (Javi Peón, m.82), Juanjo (Iván Rey, m.75), Luca, Dani Cotelo, Alberto Recarey, Puente, Nando, Hadrián Neira (Eloy Álvarez, m.55).
  • Goles: 1-0, m.40: Alejo; 2-0, m.70: Isra; 2-1, m.92: Martín Puente.

Corme- Ponteceso

Fermoso ambiente, un ano máis, no Cairo para ver o derbi pontecesán igualado, con moita intensidade pero poucas ocasións. Levaba o peso do partido o cadro de Ángel Pérez, pero era Neira o que lanzaba o primeiro aviso. Foi xa no treito final cando Alejo, quen se non, abre o marcador ao aproveitar un rexeite de Álvaro a un tiro dende a frontal e a pesar das protestas dos visitantes por un posible fóra de xogo.

Estirouse o Ponteceso na segunda, e Nando tería unha ocasión clarisima. Luca, Recarey e Nando tiñan boas ocasións, pero o Corme se resistía, e lanzaba algún zarpazo como o de Isra que significaba o 2-0. Non se rendiron os de Pablo Mallón e Julio Vila, e sobre a bocina marcaría un golazo Puente a toda escuadra sen tempo xa para a remontada.

 

Muxía - Camariñas (1-2)

  • Muxía: Jose Domingo, Anxo, Michael Vilela, Maikel Mouzo, Congui, Julián, Adrián Alcaina, Iago, Mauro Romaní, Manu Nogueira e Fran Moreira. Tamén: Joselu, Rui, Eloy Sambad, Alex e Xan Nogueira.
  • Camariñas: Jorge; Brais; Roi (Pablo Suárez, m.85), Oliver, Soule, Moriño, David, Carlos (Hugo, m.78), Víctor, Mario (Manuel, m.87) e Djibri.
  • Goles: 0-1, m.73: Mario de cabeza; 0-2, m.80: David dende o borda da área; 1-2, m.91: Manu Nogueira de penalti.
Arlina nun derbi
Ambientazo en Arliña

Partidazo en Arliña ante un ambientazo, moi igualado e que só se rompeu no treito final. O Camariñas soubo maniatar as armas do cadro muxián, e co vento a favor estivo máis en campo contrario durante o primeiro tempo, pero as defensas sempre se impoñían aos ataques. Víctor e Mario entraban polas bandas, e o cadro de Lobelos e Leis facía dano a balón parado.

Cambiou o vento e cambiou o conto. O Muxía apretaba arriba, pero o cadro camarilán aguantaba ben as embestidas. Tivo Manu Nogueira o tanto para abrir a lata pero Jorge fixo un paradón ao seu cabezazo. Á falta de 15 minutos un centro longo de David parecía que se marchaba pero Mario pega un salto e marca un golazo de cabeza dende o segundo pau. 7 minutos despos marca David outro golazo de fora da área, pa poñer o 0-2. O gol do Muxia chega de penalti por man de Soule no minuto 94.

 
Muxia-Camarinas-Jozse Campana
Foto de Jose Campaña

Máis crónicas da 2ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios