Xoves. 01.10.2020
El tiempo

2ª Galicia: O Corme perde por ano novo

O Corme perdeu co Cerqueda-Foto-Fin Lema
O Corme perdeu co Cerqueda-Foto-Fin Lema
2ª Galicia: O Corme perde por ano novo

Ano novo e vida nova. Non se pode despistar o Corme, que comeza o ano rompendo a súa imbatibilidade, como único equipo sénior que quedaba invicto no fútbol modesto costeiro. O Cerqueda foi quen de aproveitar a falta de intensidade do líder, que agora, trala remontada do Ponteceso no Eleuterio Balayo, queda a só un punto de distancia. Pegado queda tamén a Esteirana, que venceu en Lombáns, e se mantén a 3 puntos. Queda o San Lorenzo a 5 da Esteirana tras vencer pola mínima a un bo Zas, mentres o Muxía parece que perde definitivamente o vagón de cabeza tras tropezar en Pedra Queimada.

No medio hai un vagón de 8 equipos (do 6º ao 13º) en apenas 6 puntos de marxe, que non se poden despistar, pelexando por escapar da 4ª praza por abaixo, que pode ser pasto dos arrastres, unha vez que os 3 de cola parecen destinados a ocupar as dúas prazas de descenso e unha hipotética primeira praza de arrastre.

 

Baíñas - Castriz (1-2)

  • Baíñas: Paulo, Moreira, Luís Alvite, Abel, Cristian Canosa (Héctor, m.81), Baba, Toño, Eloy García (Eloy Trigo, m.81), Samuel (Víctor, m.52), Cristian Hermida, e Dieguito.
  • Castriz: David, Alex Forján, Carlos, Rompe, Alex Mourelle Adrián García, Chiki (Alvarito, m.89), Mata, Iván Pastoriza, Pablo Martínez e Rubén Blanco.
  • Goles: 0-1, m.47: Rubén Blanco; 0-2, m.86: Mata; 1-2, m.90: Moreira.

Comezaba a xornada o sábado con este partido, en Vimianzo. Comezaba a primeira metade igualada, con maior dominio local e un par de boas chegadas, como unha unha do lateral Abel ou un remate de Cristian que sae fóra. O Castriz (Miguel Chouza só contaba cun suplente, porteiro ademais), algo máis inseguro, tamén tivo algunha contra sobre todo, no segundo treito do primeiro tempo.

Na segunda metade comezaba co gol de Rubén Blanco a pase raso cruzado en profundidade de Iván Pastoriza nunha fermosa contra. Acusou o gol o cadro de Barca durante moitos minutos, ata que a chegada de Víctor deu osíxeno, e mesmo tivo o empate nas súas botas. Arriscou algo máis o Baíñas, e Mata, nunha contra sentenciaba xa contra o final. Moreira recurtaba pero xa co tempo cumplido.

 

San Lorenzo - Zas (1-0)

  • San Lorenzo: David Pena, Alejandro, Iglesias, Ures, Puñal, Hugo, Dani Padín, Eloy, Fuentefría, Brais Cancela e Yago Varela. Tamén: Diego F., Diego V., Alex, Alexis, Alberto.
  • Zas: Puyol, Brais Espasandín, Balsa, David, Atu; Molinos (Marcos, m.75), Manu, Fabián, Rubén (Iván, m.53), Manu Guillamet e Kevin (Damián, m.58).
  • Gol: 1-0, m.52: Puñal de cabeza nunha falta lateral.

San Lorenzo-Zas-Foto-Roberto 2
Foto de Roberto

Tarde calorosa e prácida para a práctica do futbol nas Pedreiras, non así o terreo de xogo que estaba un pouco incómodo para o futbol combinativo, o que deparou unha primeira parte foi bastante igualada a dominio do xogo, pero sen apenas ocasións. O Zas deixou unha boa imaxe, outra vez, pero acabou pagando a súa inexperiencia, tendo ata 4 xuvenís no campo.

A segunda metade volvía comezar co cadro local dominando algo máis, e buscando a segunda xogada. Manu Guillamet puido ter aberto o marcador, e Atu tamén fixo dano en xogadas de estratexia. Pero foi Puñal o que abruría o marcador tras unha falta lateral. A partir de aquí o equipo de Zas non se rendeu e pelexou ata o final, e mesmo tivo o empate nunha xogada a balón parado noutro remate de Atu a 5 do final.

 San Lorenzo-Zas-Foto-Roberto
San Lorenzo-Zas-Foto-Roberto

Malpica - Muxía (2-1)

  • Malpica: Damián, Mante, Belar, Lucio, Laik (Juan Abelenda, m.57), Migueliño (Kevin, m.72), Andy, Michi Castro, Jairo, Alberto e Alberto Hombre.
  • Muxía: Hugo, Conguito, Michael, Maikel, Javi Toja, Edu, Víctor Alcaina, Mauro Romaní, Julián, Adrián Alcaina, Manu Nogueira. Tamén xogaron: Isma Márquez, Alex, Abel e Pereira.
  • Goles: 1-0, m.28: Jairo de penalti; 2-0, m.49: Andy; 2-1, m.60: Manu Nogueira.

Fermoso partido vivido en Pedra Queimada, moi igualado e que puido decantarse de calquera lado, pero no que o Malpica rentabilizou mellor as oportunidades. Comezou o Muxía combinando ben, chegando arriba, pero tamén Jairo e Michi facían dano por parte malpicá. Foi dende os 11 metros e tras un erro na saída do balón dos muxiáns como chegaba o único tanto da primeira metade. Víctor, de falta, a piques estivo de empatar antes do descanso.

Repetiuse o guión na segunda, e un novo roubo na saída do balón permitiu que Andu batise a Hugo. O Muxía estirou liñas e arriscou. Pronto recurtou por medio de Manu Nogueira, e o Malpica quedaba con 10 pola expulsión de Alberto Hombre por vermella directa. Quedaba media hora de acoso visitante, pero que non se traduxo no empate.

 

Cabana - Coristanco (2-2)

  • Cabana: Roberto, Aarón (Fernando Rey), Ismael, Raúl (Rubén), Duda, Pablo, Diego Cacha, Manolo, Moreno, Raúl Corzón (Fernando Beres), Simón (Cristian)
  • Coristanco: Rubén, Álvaro, Mato, Pazos (Álex, m.46), Jonathan (Rubi, m.46), Bermudez, Dani Vázquez (Corral, m.46), Daniel Castiñeiras (Villajos, m.60), Mario, Sergio e Samuel Vazquez (Casas, m.90).
  • Goles: 1-0, m.20: Simón; 2-0, m.40: Cacha; 2-1, m.55: Álex; 2-2, m.72: Corral.

Cabana SD-Coristanco

Primeira parte con pouco fútbol, cun Cabana algo máis metido do partido, que soubo aproveitar, con calidade na definición, dous regalos da defensa coristanquesa para meterse por diante. Tivo un balón o pau o equipo de José Manuel para ampliar a renda

Na segunda cambiou o partido e o Coristanco saíu a por todas e dominou o choque, acadando no ecuador da segunda metade o empate. Nos últimos 10 minutos raro que quedase o choque 2-2 porque houbo ocasións, moi claras, para os dous equipos.

 

Corme - Cerqueda (0-1)

  • Cerqueda: Darío, Estefan, Breogan, Nacho, Marcos Pensado, Dani, Lagos, Lorenzo, Iván Mato, Méndez, Nico. Tamén: Iván Rojo, Dani Mato, Breo, Julián.
  • Corme: Suso, Alejandro, Toniño, Aitor (Pandi, m.79), Sergio Sueiro, Dani Casal (Javi Peón, m.81), Brais Torrado (Samu Costa, m.70), Adri Doldán, Brais Corral, Manu Bermúdez (Alejo, m.58), Javi Bermúdez (Lucas, m.46).
  • Gol: 0-1, m.14: Iván Mato.

Corme e Cerqueda no Cairo-Foto-Fin Lema

Non foi o día deste Corme que perdeu a súa imbatibilidade na primeira xornada do ano. Foi ante un Cerqueda que saí moi ben prantado, presionando arriba a saída de balón dun Corme que nunca tivo claridade co balón. Pronto Iván Mato adiantaba aos visitantes nunha xogada na que a defensa cormelá adoleceu de pasividade, e o partido continuaba co cadro local dominando, combinando moi lento sen profundidade, e un serio Cerqueda que cortaba roubando ou en falta cada xogada, intentando saír á contra.

O Corme foi sacando a artillería que quedara no banco nao longo da segunda metade, e intentábano con máis corazón que cabeza. Houbo xogadas claras para conseguir un empate, que tería sido máis xusto visto o visto, pero nin Casal (o seu tiro saíu lambendo o pau longueiro), nin Sueiro (o seu remate de cabeza bate no longueiro), nin Samu (o seu remate salvouno Darío sobre a liña de gol) acertarían. Nos últimos minutos tamén o Cerqueda puido sentenciar á contra, pero ao final o marcador ficaría con ese apretado 0-1.

 

Lira - Esteirana (1-4)

  • Lira: Baba; Óscar, Josiño (Maikel), David, Eloy, Yerai, Toni, Mamadou (David), Oli, Cristian e Manu (Borja).
  • Esteirana: MJ, Simón, Dani Corniños, Code, Tobío, Pablo Rama, Samu Pensado, Alex Rama, Raúl, Elías Ruso, Carajillo. Tamén; Dani Rama, Pachi, Roi, Álvaro e Pablo.
  • Goles: 0-1, m.20: Alex Rama; 0-2, m.27: Tobío; 0-3, m.37: Raúl; 1-3, m.61: Cristian; 1-4, m.75: Carajillo.

Puido cambiar o partido se Mamadou non fallase un penalti no m.70 co 1-3, no marcador. Pero non era o día dun Lirs que chegaba cunha pequena crise de gripe entre varios dos seus efectivos, se viu superado por unha Esteirana que saíu moi forte, sobre todo na primeira metade, na que dominou completamente e foi tremendamente vertical marcando 3 tantos.

Saíu mellor o Lira, esquecendo o resultado e combinando algo mellor. Cristian recurtaba e á Esteirana entráronlle as dúbidas, sobre todo tras un penalti que penalti que puido devolver ao Lira ao partido, pero as esperanzas foron ás nubes, como o lanzamento de Mamadou, e o partido marchouse na seguinte xogada co cuarto de Carajillo.

 

Buño - Cee (0-2)

  • Buño: Toni, Fran, Castro,David, Miguel Dourado (Martín Castro, m.74), Manu (Fabián, m.80), Elías, Sergio, Canedo, Juan Antelo e Adrién Rama (Alesander, m.75).
  • Cee: Joseli, Jorgito, Patera, Rubén Yayá, Alex, Isaac, Josiño, Ezequiel, Luís Lojo, Bruno e Leo. Tamén: Iago, Martín, Adrián.
  • Goles: 0-1, m.68: Luís Lojo; 0-2, m.74: Ezequiel.

Partido igualado en Xaviña, cun Cee máis alegre a pesar das baixas en defensa, que comezaba dominando o balón, pero cun Buño ben armado atrás que intentou saír á contra. De feito, Joselu (do mellor do equipo xunto a un inconmensurable Patera) tivo que empregarse en dúas ocasións na primeira metade, pero Bruno tamén mandaba ao pau para os ceenses.

O Buño parecía que saía mellor na segunda metade, máis arriba, e mesmo tivo o gol nas botas. O partido volveuse máis impreciso e o Cee comezaba a aproveitar os ocos que empezaba a deixar a defensa oleira e era Luís Lojo, tras unha boa contra por banda dereita, o que abría o marcador para os visitantes. O Buño estirouse e pouco despois Ezequiel sentenciaba á contra.

Nos últimos minutos o Buño poido recurtar distancias pero de novo Joselu resolveu con gran acerto sobre o pitido final.

 

Muros - Ponteceso (3-4)

  • Muros: Xandre, Berni, Iván Cerilla, Xaco, Gesto, Varo, Xavi, Kiko, Jose, Dani e Flavio. Tamén: Bruno, Ivi, Juanchi, Río e Dani.
  • Ponteceso: Brais, Ismail, Juanjo, Dani Cotelo, Luca, Alberto Recarey, Mendieta, Puente (Martín Martínez, m.89), Abel Torres (Pablo Sánchez, m.86), Eloy Álvarez (Maradona, m.78), Charro (Isaac, m.72)
  • Goles: 1-0, m.16: Jose nunha falta lateral; 2-0, m.25: Iván Cerilla noutra falta lateral; 2-1, m.47: Eloy Álvarez; 2-2, m.48: Puente; 2-3, m.56: Abel Torres de penalti; 2-4, m.84: Abel Torres; 3-4, m.90: Jose.

Muros e Ponteceso en Miraflores-Foto-Brais Pose e David Antelo
Muros e Ponteceso en Miraflores-Foto-Brais Pose e David Antelo

Partido espetacular o vivido en Miraflores, cun Muros que comezou moi enchufado e que se colocaba 2-0 no primeiro cuarto de partido ante un Ponteceso que dominaba o tempo do partido pero sen intensidade. Na área contraria Abel facía lucirse a Xandre e Alberto Recarey mandou unha das súas faltas ao longueiro.

Cambiou o panorama en apenas 10 minutos do segundo tempo, cun Ponteceso que saiu a por todo. Eloy Álvarez recurtaba remachando un tiro de Recarey e de seguido Puente facía o empate. Pasaron apenas 8 minutos ata que Abel completaba, dende os 11 metros, a remontada, ante un Muros, que aínda así, non lle quitaba a cara ao partido. O propio Abel Torres facía preto do final un dos goles da temporada nunha arrancada por banda dende o medio do campo, deixando atrás a 4 rivais e definindo de rabona, batendo nos 2 paus para darlle máis suspense. O Muros seguiuno intentando, e recurtaría pero xa sen tempo para máis. O cadro pontecesán, que volve colocarse a só 1 punto do liderato,dedicou a vitoria a Adrián, recén operado.

 O Ponteceso remontou en Muros-Foto-Curro copia
Muros e Ponteceso en Miraflores-Foto-Brais Pose e David Antelo

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

comentarios