Martes. 23.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: O Corme remata o 2019 como único equipo invicto do Fútbol da Costa

Corme-Zas-Foto-Fin Lema
O Corme pecha un 2019 espectacular-Foto-Fin Lema
2ª Galicia: O Corme remata o 2019 como único equipo invicto do Fútbol da Costa

10 vitorias seguidas leva este Corme, que non coñece a derrota nesta temporada (sufríu só 3 derrotas en Liga en todo o 2019), que remata o ano como único equipo invicto do Fúbl costeiro. Os de Lelo parece que se reafirman ante calquer adversidade e tiveron que remontar, de novo, en San Andrés. Son 4 os puntos que teñen sobre o Ponteceso e 6 sobre a Esteirana, os dous inmediatos perseguidores que golearon a pesar de facer partidos normaliños. Queda a 11 puntos o San Lorenzo, que non pasou do empate ante o seu “coñecido” Coristanco. O Muxía segue empeñado en non descolgarse do primeiro vagón e fica, tras golear ao pechacancelas, a 2 do cadro de Verdillo.
Na zona baixa, derrotas dos 3 de abaixo (Zas, Cabana e Buño), que xa teñen unha fenda de 11 puntos co seguinte grupo.
O sábado suspendeuse o Cee-Muros.

Remata o ano Xuco, que fixo un triplete, pichichi da Liga da Costa, con 17 goles, un máis que Aljo (Corme) e Brais Cancela (San Lorenzo). Iván Rojo (Cerqueda, 13) e Elías Ruso (Esteirana, 11), pechan os 5 primeiros.

Xuco remata o2019 pichichi-Foto-Brais
Xuco remata o 2019 pichichi da Liga da Costa-Foto-Brais

Muxía - Buño (4-0)

  • Goles: 1-0, m.30: Mauro; 2-0, m.55: Toja; 3-0, m.60: Isma Pose; 4-0, m.89: Abel.

Partido dominado de principio a fin polo Muxia que foi capaz de facer un xogo combinativo, ante un Buño que aguantou bastante ben a primeira media hora. Ata que Mauro remaraba unha boa combinación para abrir o marcador. O Buño buscaba as contras se atopaba cun Maikel Cambeiro que resolvía con seguridade na meta local.

Na segunda saíu máis enchufado aínda na segunda, buscando resolver canto antes. Chegou o segundo, e aí Elías puido meter ao equipo de Mauro no partido, así como o Petis pedía un penalti. Non foi así e o Muxía sentenciou.

 

Coristanco - San Lorenzo (1-1)

  • Goles: 1-0, m.2: Pazos; 1-1, m.34: Fuentefría.

Partido moi disputado na Rocheira na que se enfrontaban dous equipos que se coñecen moi ben e durante os primeiros minutos foi un choque moi táctico. Adiantaríase o equipo local nunha xogada a balón parado. O equipo visitante empezou a encontrarse no partido e a través de saídas rápidas e a través de diagonais ás costas da liña defensiva local, mentres o equipo local xeraba ocasions a través de combinacións rápidas en zona laterais e pases rápidos ás costas do medio campo visitante. O empate do San Lorenzo chegaba pola velocidade de Fuentefría.

Na segunda parte empezou un pouco como a primeira dominando o equipo local a través de moito empuxe. Pero pouco a pouco o equipo visitante intentaba facerse co control pero o equipo local xeraba ocasións a través de contras polas bandas, e o visitante a través de faltas laterais. Peor non chegaría ningún tanto.

 

Zas - Corme (2-4)

  • Goles: 0-1, m.16: Samu; 1-1, m.29: Manu nunha xogada espectacular; 2-1, m.57: Brais; 2-2, m.59: Lucas en xogada persoal; 2-3, m.72: Dani Casal de córner directo; 2-4, m.89: Diego; 2-5, m.90: Lucas de vaselina.

Oscar Santos pitou o Zas-Corme-Foto-Fin Lema
Oscar Santos pitou o Zas-Corme-Foto-Fin Lema

Sufríu o líder en San Andrés ante un bo Zas, que ata se puxo por diantee estivo metido no partido ate o minuto 89. E iso que comezaba mellor o Corme, tendo a pelota e xerando claras ocasións, pero Samu era quen de batir a Puyol. O Zas foi recuperando terreo, e conseguía empatar cunha gran xogada de Manu. De aí ao descanso, unha doble ocasión de Brais e Molinos e un gol anulado a Brais puideron meter ao Zas por diante, pero tocoulle a Suso (que levou un forte golpe) salvar aos seus.

A segunda empezaría sin un dominador claro. O Zas, nun balón en longo conseguiría adiantarse. Pero sin tempo para celebralo Lucas conseguía empatar nun magnífico control que o deixaria só ante a saída do porteiro. Conseguiría adiantarse o Corme cun, outro, gol de córner directo de Casal, pero o choque seguía aberto. Con balóns longos e disparos dende fóra, un deles ao longueiro de Fabián, o Zas metía ao Corme na súa área, facendo os seus mellores minutos. Pero á contra, só nos últimos minutos, sentenciaba o líder.

 O Porteiro do Corme Suso levou un bo golpe-Foto-Fin Lema
O Porteiro do Corme Suso levou un bo golpe-Foto-Fin Lema​

Cerqueda - Baíñas (2-2)

  • Goles: 1-0, m.8: Humber; 2-0, m.25: Lorenzo; 2-1, m.55: Víctor; 2-2, m.80: Abel nunha xogada a balón parado.

Cerqueda-Bainas-Foto_Ra
Foto_Ra

Dúas partes moi diferenciadas nun partido no que o Baíñas chegaba con apenas 12 xogadores. E volveron comezar durmidos os vimianceses e o Cerqueda se colocaba 2-0 con superioridade. Puido sentenciar aí o cadro local, pero o Baíñas aguantou ata o descanso, tendo mesmo un man a man do corcubionés Víctor para recurtar.

 Na segunda, con mais corazón que fútbol o Baíñas, xa sen cambios, foise facendo co partido frente a un Cerqueda perdido e desnortado que fixo os peores 45 minutos de toda a liga. Recurtaba propio Víctor co gol que vemos, e tras un balón de Canosa ao longueiro eun man a man de Víctor, conseguía empatar a 10 do final. Aínda quedaba tempo, e nos últimos minutos houbo ocasións claras nas dúas áreas, pero o empate non se movería.

Cerqueda-Bainas-Foto-Ra1
Foto: Ra

Ponteceso - Lira (4-0)

  • Goles: 1-0, m.9: Xuco; 2-0, m..60: Mara; 3-0 m.63: Xuco; 4-0, m.70: Xuco.

Marcos Ordonez pitou o Ponteceso-Lira-Foto-Brais Alvarez
Marcos Ordóñez pitou o Ponteceso-Lira-Foto-Brais 
 

Xusta vitoria dun Ponteceso superior, pero se cadra algo abultada, que tivo que tirar de xuvenís (como o meta titular Adrián Ordóñez) para completar a convocatoria. Marcaba pronto Xuco, pero o Lira non lle perdía a cara ao partido, e tiveron varias ocasións para empatar na primeira metade, pero o meta xuvenil fixo 3 paradas de mérito. Puente, Alberto Recarey e Xuco tamén tiveron as súas para os “locais” no seu exilio das Redondas.

No comezo da segunda o Lira estaba ben situado, deixando tocar, pero afiando as garras, ata que o Ponteceso sacou de pegada. Mara aproveitaría un rexeite a un tiro de Xuco para marcar o segundo. Na seguinte xogada o Lira marca, pero o colexiado anularía o tanto por fóra de xogo. E á volta, terceiro tanto, de Xuco, nun balón que se lle escapa a Baba das mans, deixando sentenciado o choque aínda con 20 minutos por diante.

Ponteceso-lira-Foto-Brais
Foto: Brais

Esteirana - Cabana (6-0)

  • Goles: 1-0, m.15: Carajillo; 2-0, m.26: Elías Ruso; 3-0, m.38: Elías Ruso; 4-0, m.47: Alex Rama; 5-0, m.66: Pablo Rama; 6-0, m.71: Samu Pensado.

Resultado enganoso o do set esteirán, nun partido no que os locais entraron moi imprecisos sendo o Cabana o que xeraba perigo, tras varios roubos. Diego mandaba un balón ao pau, Castro tiña dúas boas ocasións, e Sergio mandaba outro ao longueiro antes de que a Esteirana espertara. Un cadro de Geno que comezaba a tocar mellor, e que aproveitaa un erro de Diego para arir o marcador. Pronto chegaría o segundo e os cabaneses ían baixando os brazos. Aínda así tiveron chegadas, sobre todo na primeira metade, pero os de José Manuel están gafados cara gol, e se atoparon cun gran MJ.

 

Castriz - Malpica (3-0)

  • Goles: 0-1, m.33: Alberto Hombre; 2-0, m.65: Andy; 3-0, m.80: Jairo.

Partido moi intenso, duro, e forte, con moitas disputas aéreas, máis igualado do que indica o marcador. Comezou mellor o Castriz, enviando Mata un balón ao pau, e tendo boas ocasións por medio de Iván Pastoriza, e outra de Adrián. Co paso dos minutos foi perdendo o rigor táctico o Castriz e foi aparecendo a figura de Michi Castro. Así chegaba o tanto de Hombre, tras unha combinación que iniciaba o veterano punta larachés. Ata o final da primeira foi mellor o Malpica ante un Castriz que sempre cae cos primeiros golpes.

Ao comezo da segunda comezou mellor o Castriz, e quedaba con 10 o Malpica, pola expulsión de Aitor. E cando parecía que ía chegar o empate, Michi Castro forzaba a expulsión de Anxo e igualou de novo a contenda, e con espazos, enlazou o medio e co ataque para que, co partido roto, caeran dous tantos máis. Brais Sendón tamén acabou expulsado.

 

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios