Martes. 23.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: O Corme vence en Ponteceso mentres Camariñas e Muxía empatan sen goles

Camarinas-Muxia
Imaxe do Camariñas-Muxía
2ª Galicia: O Corme vence en Ponteceso mentres Camariñas e Muxía empatan sen goles

Dous derbis da parte alta da táboa protagonizan esta xornada. No Pinguel, este tremendo BayCorme segue na nube, e vencía ao Ponteceso para manterse na 2ª praza, a só 4 puntos dun San Lorenzo que non fallou na visita do Muros a Verdillo.
No outro derbi, o Hermanas Patiño acollía un ambienta tremendo para ver un partido gris que remataba sen goles.

Por abaixo, clave vitoria do Corcubión en Xaviña, ante un Cerqueda que deixa marcando o descenso a 6 puntos.

 

Coristanco - Volantes (3-1)

  • Coristanco: Rubén, Sergio, Villajos, Samu, Niko, Joni, Corral, Casti, Pazos, Dani e Hugo. Tamén: R, Mario, Rama, Kevin e Javi Martínez.
  • Volantes: Alex de Yi, Isma, Alejandro, Marcos, Dani Alcalde, Miguel, Iago, Pesco, Kevin e Pitiso. Tamén: Martín MIllán, Manu de Yi e Yanki.
  • Goles: 1-0, m.60: Villajos; 1-1, m.68: Pesco; 2-1, m.80: Rama; 3-1, m.90: Mario.

Partido que se xogou en Baio, pois de mutuo acordo se cambiara a orde dos partidos, e o campo da Rocheira aínda non está listo. Esperan por Coristanco que acaban dunha vez unhas obras que ían levar 3 semanas e xa pasan dos 4 meses. Levan varias semanas dicindo que está listo pero para a semana tocará volve ao Platas Reinoso.

Saíron mellor os de Chicho, cunha boa primeira metade ante un Coristanco que estaba espeso, que permitían que Pitiso (nova fichaxe dos laranxas) se prantase dúas veces diante de Rubén. Pouco ritmo e ocasións ata chegar o descanso.

Estirouse o cadro de Juni na segunda, volcando o xogo pola banda esquerda con Hugo, Villa e Joni moi entonados. Chegaba o 1-0 nunha gran xogada destes tres, sendo Hugo o que poñía un gran centro que remataba o Villajos. Medraba o lateral nestes minutos, chegando continuamente a liña de fondo, e incluso deixando un tiro o longueiro.

Cando mellor estaban os locais, unha falta frontal colgada por Pesco escapáballe das mans a Rubén, empatando o partido.
Puido caer dos dous lados o choque pero os locais estiveron máis atinados, con Mario e Rama como protagonistas. Primeiro Mario lanza desprazamento en longo, que Rama baixaba na área e definía ó pau longo. E despois, nunha contra un taconazo atrás do debutante, tras rozar nun defensa, deixaba a Mario ante o porteiro, para poñer o 3-1 definitivo. Seguía poñendo balóns longos o Volantes, pero agora si, Rubén impoñiase e evitaba apuros finais.

 

Ponteceso - Corme (0-3)

  • Ponteceso: Damián, Cotelo, Juan, Peón, Luca, Pedro, Luisete, Mendieta, Eloy Álvarez, Alberto Recarey, Charro. Tamén: Álvaro, Hadrián, Pablo, Ángel e Isaac.
  • Corme: Quique, Jesús, Aitor, Hugo, Brais Pailos, Eloy Villar, Borja Torrado, Lucas, Isra, Manu Bermúdez e Alejo. Tamén: Adrián, Brais Pombo, Miguel, Rubén e Gabri.
  • Goles: 0-1, m.60: Lucas de gol olímpico; 0-2, m.73: Isra nunha contra; 0-3, m.76: Manu Bermúdez de gol olímpico.

Ambientazo no Pinguel para este fermoso derbi que lle permite continuar o soño ao BabyCorme. Foi o cadro de Ángel máis eficaz que os de Pablo Mallón e levaron o partido pola súa pegada.

Comezou o choque cos cormeláns mellor posicionados, e avisando por medio de Alejo e Manu Bermúdez. Pero a partir do primeiro cuarto de hora os locais foron safando do control azulón e tiveron ocasións para meterse por diante, sobre todo dúas de Eloy Álvarez que salvou Quique, un dos grandes protagonistas do partido, e outro de Recarey que volve salvar o novo meta cormelán desviando ao longueiro. Puido ser 2-2 pero quedou 0-0 ao descanso.

Saía o Ponteceso forte na segunda, e chegaba pronto a que puido ser a xogada clave: un novo man a man de Eloy Álvarez no que volve aparecer Quique. E pouco despois, Lucas marca de córner directo. Do 1-0 ao 0-1. O Ponteceso subíu liñas e unha contra fenomenalmente trenzada permitía a Isra facer o 0-2, e practicamente deixar listo o partido, para que Manu Bermúdez, de novo de córner directo, puxese a puntiña.

 

San Lorenzo - Muros (3-1)

  • San Lorenzo: Puyol, Raúl, Lucho, Pablo Garrido, David, Andy, Diego Varela, Jairo, Eloy Arantón, Alex Taibo e Iván Rojo. Tamén: Diego Fidalgo, Dani Padín, Joaquín, Carlos e Dani Cotelo.
  • Muros: Xandre; Isma, Pelos, Gesto, Juanchi; Xaco; Jesús, Varo; Xavi, Alex Majorrila e Alon. Tamén xogaron: Iván, Púgil, Dani Jurjo, Antòn de Sel e Jesús da Meca.
  • Goles: 1-0, m.56: Eloy Arantón de cabeza; 2-0, m.61: Iván Rojo de vaselina; 3-0, m.66: Iván Rojo; 3-1, m.79: Gesto.

Demasiado castigo par aun Muros que chegou cheo de baixas ao campo do líder e aguantou unha hora de partido moi seguro. Primeira parte de pouco fútbol e moitas imprecisións. Os de Verdillo non eran quen de combinar, aínda que dominaban o partido non conseguían crear perigo. Por bando visitante Xavi tivo unha ocasión nunha das súas internadas, e os muradáns pediron unha man na área local, mentres que aos locais lle anularon un gol por fóra de xogo.

Na segunda parte, abriuse máis o partido. Primeiro Xavi probou a Puyol dende lonxe, pero o San Lorenzo comezaba a facer máis dano polas bandas e ás costas da defensa muradá. Deixou o choque sentenciado o cadro de Dani Casal, aproveitando eses minutos de incerteza muradá tras recibir o primeiro gol de Eloy Arantón tras un centro lateral de Diego. En 10 minutos Iván Rojo marcaba dous fermosos goles de killer. O carballés alcanza no alto da táboa de goleadores ao fisterrán do Cee Isaac Fábregas, ambos con 15 goles, polos 14 de Djibril (Camariñas) e os 13 de Sebas (Castriz) e Xián (Monte Louro).

 

Cerqueda - Corcubión (2-4)

  • Cerqueda: Mario, Marcos Pensado, Dani Reixía, Lorenzo, Abde, Alexis, Gustavo, Cristian Fdez., Samuel, Manu Guillamet. Tamén: Héctor, Sergio, Christian Velo, Andrés e Alan.
  • Corcubión: Bruno, Díaz, Fran, Mario, Antu, Gorka, Tano, Borja, Martín, César e Iago Lema. Tamén: Rama, Goche, Brais, Nacho e Eli.
  • Goles: 1-0, m.14: Cristian Fdez dende a frontal; 1-1, m.32: Iago Lema; 1-2, m.35: Iago Lema; 1-3, m.61: César Lojo; 2-3, m.75: Andrñes.; 2-4, m.79: César Lojo.

Mal partido do Cerqueda que lle custa caro e ve como o Corcubión e o tren da salvación escapa a 6 puntos. E iso que empezaron ben os de Emilio Uzal, creando algunha ocasión, pero tamén permitindo que os de Nito aproveitasen un par de indecisións para achegarse á meta de Mario. Pero era Cristian o que adiantaba aos locais cun golazo de volea. Tivo o segundo o mesmo xogador, pero varios minutos despois aparece Iago Lema para darlle a volta ao marcador.

Eran un choque marcado polo vento con moito balón áereo. Xa na segunda metade, arrincaba forte o Cerqueda, pero pronto aparecía a parella de baile do capi corcubionés, César, para facer o terceiro que parecía que pechaba o partido. Pero nunha falta colgada polo equipo local, o sol de fronte cegou a Bruno e o balón colouse na portería poñendo o 2-3 no marcador. Reaccionaría rápido o Corcubión, e César faría o cuarto a pase da morte de Iago.

 

Cabana - Monte Louro (4-0)

  • Cabana: Víctor (Diego), Aarón, Sergio Ferreiro, Naka, Rubén (Dani), Sergio Antelo (Ismael), Diego Cacha, Moreno, Simon (Pablo) Manuel, Castro (Miguel)
  • Monte Louro: Iago, Pablo, Antón, Miguel Verán, Manolo Chouza; Pardelo, Xián, Riki, Alvaro Fari, Oscar Fari, Chano. Tamén: Xacobo, Borja, Benji, Peski e David.
  • Goles: 1-0, m.17: en propia; 2-0, m.55: Manuel; 3-0, m.57: Moreno; 4-0, m.67: Castro.

Partido claro para os cabaneses, que deixou pronto sentenciado o partido, ante un Monte Louro descoñecido, menos incisivo, que se deixou ir, e vaise metendo no vagón de cola.

Empezaba xogando a favor de ventó o Monte Louro que dispoñia de algunha ocasión que non acertou a transformar e o Cabana adiantábase cun gol en propia porta a salida dun córner. Xa no segundo tempo o Cabana foi superior e Manuel e Moreno sentenciaban cando aínda non ían 15 minutos, e Castro cerrou o partido.

 

Castriz - Oza (2-0)

  • Castriz: David, Carlos Paredes, Erre, Alex Forján, Saúl, Ferreiro, Iván Facal, Fran Calvo, Iván Pastotiza, Noli, Sebas. Tamén: Álvaro, Samu, Martín Gemelo e Alex Mourelle.
  • Oza: Nacho; Alberto, Alex Bilounga (Carlos), Iago Rodríguez, Alex Martínez (Vilariño), Pace, Dani Iglesias, Alex Freire, Edu, DavidLP (Brais Pombo), Iván.
  • Goles: 1-0, m.23: Sebas a centro de Erre; 2-0, m.90: Iván Facal de vaselina.

Competou ben o Oza ante todo un Castriz e estivo metido no partido ata o case que o pitido final. O cadro de Miguel Chouza tiña o balón, e facía uns desprazamentos en diagonal de calidade superior. Pero non era quen de traspasar a liña defensiva dos de Miguel Sande, que á contra metían medo. Só acertaba Sebas a abrir a lata no ecuador do primeiro tempo.

Era un choque de paróns e pouco ritmo, que acababa coa lesión de Iván Pastoriza nunha entrada. A expulsión de Noli, que tiveran dúas boas ocasións, no ecuador da segunda, facía que os carballeses deran un paso adiante, pero pronto foi equilibrada pola expulsión de Edu. Aí xa decaeu o ritmo de novo do cadro visitante, e Sebas volveu facer dano cun balón ao pau, un ao longueiro… Pero o gol non chegaba e o Oza colgaba balóns metendo medo á parroquia local ata que Iván Facal cazou un balón na frontal e a clavou de vaselina.

 

Outes - Cee (1-5)

  • Outes: Alex, Jura, Caamaño, Martín, Cutu; Capelo, Pablo, Babu, Stefan, Yago e Joao. Tamén: Manjelo, Veleiro e Clau.
  • Cee: Maikel, Colombia, Borja, Juan Oreiro, Adrián Canosa, Rubén, Isaac Fábregas, Jose, Gabri, Eze e Bruno. Tamén: Jorge, Pablo Lestón, Alex Bujeiro e Jose Lago.
  • Goles: 0-1, m.22: en propia; 0-2, m.47: Isaac Fábregas; 1-2, m.65: Jura; 1-3, m.75: Isaac Fábregas nunha contra; 1-4, m.84: Eze; 1-5, m.87: Isaac Fábregas.

Volveu entonarse o pichichi da táboa e completou un triplete que acabou co cadro da Serra. Primeira metade co cadro de Miguel Ramos ben asentados, tendo o balón e levando o peso do partido, cun Cee buscando ás contras. Os locais tiveron un man a man de Joao e outro remate que sae pegada á cepa do pau. Non acertaron os locais e os visitantes, nun córner adiántanse cun gol en propia.

Doeu o tanto no cadro local, que nada máis saír se deixaba meter outro gol nun erro do porteiro. Non decaeron, reaccionaron e recurtaron os da Serra co gol de Jura, pero nunha contra Isaac acertaba e deixaba sentenciado o choque, permitindo marcar un par de tantos máis no treito final.

 

Camariñas - Muxía (0-0)

11 do Camarinas ante o Muxia

  • Camariñas: Jorge, Brais, Roi, Oliver, Pablo Suárez, Moriño, David (Víctor), Saviola (Hugo), Nazo, Yuyo (Djibril), Mario.
  • Muxía: Domingo, Gusa, Congui, Michael Vilela, Maikel Mouzo, Julián, Adrián Alvaina, Iago Muíño, Mauro Romaní, Fran Moreira e Manu Nogueira. Tamén: Joselu, Anxo, Javi, Alex e Xan Nogueira.

Derbi da ría xogado cun ambiente espectacular, nun Hermanas Patiño abarrotado coas dúas afeccións animando axitada e cordialmente. Foi un partido xogado con moito respecto por ambos equipos e no que ningún fixo o xogo que lle gusta. Non saíu tan dominador como acostuma o cadro muxián, algo máis directo, buscando ás costas dos laterais camariñáns. En fronte, o cadro local tiña grandes dificultades para contactar cos Mario e Djibril. Si que fixo dano no primeiro tempo Iago Muíño por banda, que obrigfou a Jorge a facer dúas boas paradas a remates de Fran Moreira e Maikel Mouzo, mentres que Yuyo era o máis perigoso para a defensa vermella.

Así, comezou mellor o Muxía, que puido desequilibrar o partido, pero o choque foise poñendo máis gris. Na segunda, os locais estiráronse un pouco pero as defensas sempre superaban aos ataques.  A entrada de Victor e Djibril renovou o impetu camariñán pero a ocasión máis clara teria de novo Maikel Mouzo que por centímetros non chegou a un balón claro de gol. A falta de acerto propicuou o 0-0

Máis crónicas da 2ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios