Mércores. 15.05.2024
El tiempo

2ª Galicia: Empate en Arliña

Volantes no Cubaleiro_Foto-Adrianada Fdez
O Volantes conseguíu gañar no Cubaleiro_Foto-Adriana Fdez
2ª Galicia: Empate en Arliña

Acollía Arliña un dos grandes partidos da temporada. O líder San Lorenzo visitaba o campo dun dos grandes favoriutos a conseguir o título, un Muxía que leva 14 sen coñecer a derrota con 10 vitorias e 4 empates. O empate final deixa aos de Verdillo con 4 sobre este tremendo Corme e 8 sobre Castriz (que non fallou en Louro) e o propio cadro muradán.

Quere metese nesa pelexa polas 3 primeiras prazas (1 de ascenso directo e 2 de promoción) o Camariñas, que vencía en Cee deixando fóra da loita ao cadro ceense. Cabana e Outes perderon ocasión de achegarse arriba.

Había partidos importantes por abaixo. O máis o do Volantes, que venceu no Cubaleiro, saen dos postos de descenso directo e meten ao Corcubióno no lío. O Muros venceu ao Cerqueda salvando un obstáculo importante e mantendo lonxe o descenso, igual que o Coristanco.

 

Corcubión - Volantes (1-2)

  • Corcubión: Bruno, Díaz, Mario, Fran, Antu, Gorka, Tano, Borja, Marti, Cés e Iago Lema. Tamén: Brais, Goche, Rubén e Xaco.
  • Volantes: Alex de Yi, David Pais, Isma Mayo, Alex, Miguel, Creo, Pape, Pesco, Borja, Kevin. Tamén: Aarón e Rubén.
  • Goles: 0-1, m.58: David; 0-2, m.83: Borja; 1-2, m.87: César.

Corcubion-Volantes-Foto-Adriana Fdez

Partido importante na zona baixa que saca ao Volantes da zona de descenso e mete ao Corcubión de cheo na pelexa por evitalo. O Volantes, tras 4 derrotas seguidas e cunha dinámica moi negativa, chegaba ao Novo Cubaleiro con moitas baixas (Santi, Yanki, Pablo, Pedrares, Millán, Tiko…) pero con só 13 dispoñibles (entre os que estaba xa Pape Mamadou procedente do Fisterra) os de Chicho fixeron un partido que lembrará a afección desprazada.

Saían tocando os de Nito, que tiveron algunha ocasión, pero non logrou facer gol, gracias a dúas grandes intervencións de Álex de Yi. O Volantes, que saía moi enchufado sabedor de que se teñen que agarrar a un cravo ardendo, intentábao tamén co incombustible Pesco poñendo balóns á espalda da defensa corcubionesa.

Arrincaba a segunda cun Volantes no que Borja tomaba o mando do medio do campo. Pronto David marcaría nun córner botado por Pesco, nun erro defensivo local. O Corcubión subiu liñas e corriu riscos, polo que o Volantes tiña as mellores ocasións como un desmarque de Borja que manda alto diante de Bruno. Non fallaría Borja, xa preto do final, para facer o segundo noutra contra, facendo un bo exercicio de pegada. Xa casi co tempo cumplido, nunha xogada de Iago por banda, César metería o gol dos locais pero non deu tempo a máis, e iso que a tiveron os corcubionesa para empatar nun cabezazo que marchou preto do pau.

Tivo paciencia a directiva de Baño e parece que as cousas melloran, mentres que o Corcubión leva unha serie irregular, contando só con 2 puntos de vantaxe sobre o propio Volantes e 3 sobre o Cerqueda, que marca o descenso. Ambos seguirán pelexando para evitar os temidos arrastres.

 

Corcubion-Volantes-Foto-Adriana Fdez 2

Cee - Camariñas (1-2)

  • Cee: Maikel, Colombia, Juan Oreiro, Adri Canosa, Jose Lago, Bruno, Eze, Gabri, Isaac Fábregas, Rubén Yaya e Jose. Tamén: Jorge, Anxo, Pablo Lestón, Julio e Santos.
  • Camariñas: Pablo, Víctor, Roi, Oliver, Pablo Suárez, Moriño, Saviola (Djibril), Hugo (Manuel), Nazo (Carlos), Yuyo (Brais) e Mario.
  • Goles: 0-1, m.50: Yuyo; 0-2, m.64: Djibril; 1-2, m.69: Eze.

Partido moi igualado, cunha primeira parte que intentaron dominar os dous equipos, con posesións longas pero pouco risco, moito control e poucas ocasións por parte dos dous equipos.

A segunda parte xa foi outra historia. O Camariñas arrincou cunha marcha máis e aos 5 minutos xa se adiantaba por medio de Yuyo. Eran os seus mellores minutos, facendo dano con Mario por banda esquerda, ante un Cee que acusou o gol en contra.

Aos 20 minutos, Djibril non falla no man a man e marca o segundo. Aí si reacciona o Cee, que 5 minutos despois marca nunha contra tras unha falta dende a frontal do cadro visitante. Envorcou o campo o Cee e tivo boas ocasións para empatar, se ben Maikel tamén tivo que salvar dúas contras de Mario e Djibril. Ao final aguantaron os camariñáns e levaron 3 importantes puntos para manterse na pelexa pola promoción e deixar ao Cee 4 puntos abaixo con menos opcións de alcanzar ao cuarteto de cabeza.

 

Coristanco - Cabana (3-0)

  • Coristanco: Rubén, Jonathan, Hugo, Pazos, Corral, Samuel, Dani Vázquez, Damián, Villajos, Casti. Tamén: Regueira, Rubén Rial, Javi, Sergio Lorenzo e Kevin.
  • Cabana: Diego (Manuel Nanton), Aaron, Sergio Ferreiro, Naka (David), Cristian (Mario), Fernando (Miguel), Sergio Antelo, Diego Cacha, Moreno, Simon, Pablo (Ismael).
  • Goles: 1-0, m.20: Hugo, 2-0, m.36: Pazos; 3-0, m.79: Corral.

O Cabana presentabase con 8 baixas en Baio ante un Coristanco con máis determinación, que arrincou máis metido no partido e aproveitou moitos balóns longos ás costas da feble defenza cabanesa. Os locais, moi serios atrás, entraban ben por banda e dous dos centros eran aproveitados, tras un rexeite, por Hugo, e outro por Pazos, este tras un córner botado por Dani.

Mellorou o Cabana de José Manuel na segunda, pero non tivo acerto nas poucas ocasións que tivo. Pola contra os locais, con rápidos contragolpes, conseguiron un terceiro gol, despois dunha combinación de Jonathan Fraga e Hugo que lle da un moi bo pase ao espacio a Corral, para selar o partido.

 

Monte Louro - Castriz (1-4)

  • Monte Louro: Iago, Juan Lois, Miguel Verán, Pablo, Manolo Chouza; Chano, Álvaro Fari, Óscar Fari, Benji, XIán e Pardelo. Tamén: Íker, Antón, David, Peski e Xacobo.
  • Castriz: David, Carlos Paredes, Samuel, Alex Mourelle, Adrián García, Joser, Martín Gemelo, Iván Facal, Pastoriza, Sebas, Noli. Tamén: Álvaro, Alberto Mata, Ferreiro, Fran Calvo e Saúl Proupin.
  • Goles: 0-1, m.20: Iván Facal cun golazo dende fóra da área; 0-2, m.22: Sebas de penalti; 1-2, m.32: Alex de Yi; 1-3, m.44: Noli nunha falta lateral botada por Facal; 1-4, m.51: Adrián García a pase de Iván Pastoriza.

Xusta vitoria do Castriz, firme e moi efectivo está o equipo de Miguel Chouza, se cadra cun resultado máis abultado do que se viu no campo ante un cadro loureán que deu a cara e competiu.

Comezou dominando o Castriz, cun ritmo moi alto,ante un cadro loureán moi metido atrás. E pronto Iván facal deixou constancia da súa pegada cun golazo dende fóra da área. Un penalti protestado polos locais, cometido sobre Sebas permitiron ampliar a renda.

Reaccionou o Louro e recurtou e cando estaba nos seus mellores momentos nese cuarto de hora antes do descanso, Noli remataba unha falta botada por Iván Facal para practicamente deixar sentenciado o partido.

Seguiuno intentando o Louro, con máis dominio territorial no segundo tempo, pero de novo a pegada xalleira fixo o cuarto mentres que os locais non conseguiron materializar ningunha das súas tímidas chegadas.

O árbitro desquiciou aos dous equipos.

 

Oza - Ponteceso (1-7)

  • Oza: Brais, Alberto, Lavandeira (Carlos), Iago Rodríguez (Dani Iglesias), Vilariño (Casais), Alex López, Pace (Edu), Alex Freire, Nico, Nacho, Fran (Iván).
  • Ponteceso: Damián, Cote, Luca, Pedro, Ángel, Mendieta, Alberto Recarey, Martín Puente, Jose, Eloy e Luís. Tamén: Álvaro, Hadrián, Iván Rey, Pablo e Isaac.
  • Goles: 1-0, m.1: Luís, 2-0, m.18: Eloy; 3-0, m.30: Mendieta; 4-0, m.35: Alberto Recarey; 1-4, m.55: Edu; 1-5, m.82: Eloy; 1-6, m.85: Isaac; 1-7, m.89: Hadrián.

Apenas pasaba medio minuto cando Luís abría o marcador. E cando estás aí abaixo é complicado recuperar ese golpe. Así lle aconteceu ao Oza, ante un cadro de Pablo Mallón que fixeo unha boa primeira metade, adaptándose ás dimensións do Carral, moi intenso, movendo ben o balón e finalizando con eficacia.

Co 4-0 arrincou a segunda metade e o cadro de Miguel Sande saía a por todas, recurtando e metendo en problemas aos visitantes, mesmo poñendo o medo nos locais. Pero a expulsiónde Álex López aos 20 minutos (o segundo cartón por poñerse diante do balón…) e a lesión de Casais deixaban un último cuarto de hora con 9 aos carballeses, completando a goleada o cadro pontecesán.

 

Muxía - San Lorenzo (1-1)

  • Muxía: Joselu, Michael, Alex, Congui, Gusa; Julián, Adrián Alcaina, Mauro, Maikel Mouzo, Fran Moreira e Manu Nogueira. Tamén: Domingo, Peski, Anxo, Iago Muíño e Xan Nogueira.
  • San Lorenzo: Puyol, Raúl, Lucho, Pablo Garrido, Juan Fuentes, David Costa, Andy, Jairo, Alex Taibo e Arantón. Tamén: Diego, Dani Padín, Joaquín, Jonathan, e Dani Cotelo.
  • Goles: 0-1, m.22: Álex Taibo cun golazo de falta dende case o medio campo; 1-1, m.88: Maikel Mouzo.

Muxia-San Lorenzo

Partido intenso, moi disputado, cun Muxía moito máis mandón e un líder que prefire esperar atrás. Maikel Mouzo, Manu Nogueira e Fran Moreira tiveron as primeiras chegadas pero era o San Lorenzo o que marcaba cun gol de falta dende o medio do campo, nunha das súas poucas chegadas. Ese gol pesou e nese segundo treito da segunda metade os de Dani Casal tiveron os seus mellores momentos.

Volveu saír dominador o equipo de Lobelos e Leis na segunda, tendo boas ocasións para empatar. Maikel Mouzo tivo unha vaselina e un remate de cabeza, e mesmo fran Moreira marrou un penalti que pararía Puyol. Cando parecía que os puntos marcharían para Verdillo, e co equipo envorcado, o propio Maikel Mouzo si atinaría para facer o empate. Aínda o colexiado anularía un tanto a Gusa xa no desconto.

 

Muros - Cerqueda (5-2)

Os erros nas áres foron protagonistas do partido, e o cadro cerquedán, ademais con moitas baixas e mesmo dous xuvenís de inicio, demostrou estar aínda un paso por debaixo dun cadro muradán que comezou regular pero remontou e xa conta con 10 puntos de marxe sobre o descenso.

O Muros acertaba pero o Cerqueda erraba cada vez que pisaba área. Só maquillaron o resultado no treito final.

  • Muros: Xandre, Fran, Pelos, Gesto, Juanchi; Ra, Xaco, Varo; Isma, Xavi, Alon. Tamén: Ginky, Ivan Cerilla, Dani Jurno, Pugil e Alex Majorrila.
  • Cerqueda: Mario, Marcos Pensado, Dani Reixía, Alexis, Lorenzo, Andrés, Adrián Verdes, Alan, Sergio, Manu Guillamet, Cristian Fdez. Tamén: Senén, Jose Alejandro, Christian Velo e Juan.
  • Goles: 1-0, m.7: Isma; 2-0, m.25: Xavi; 3-0, m.38: Isma; 4-0, m.65: Isma; 5-0, m.69: Xavi; 5-1, m.75: Juan; 5-2, m.82: Andrés.
  •  

    Corme - Outes (4-1)

    • Corme: Adrián, Jesús, Aitor, Rubén, Borja, Isra, Eloy Villar, Lucas, Samu Costa, Alejo, Manu Bermúdez. Tamén: Miguel, Martín, Quique, Noel e Hugo Paredes.
    • Outes: Alex, Clau, Martín, Caamaño, Veleiro; Chía, Pablo; Babu, Stefan, Yago e Santi. Tamén xogaron: Manjelo, Nico e Capelo.
    • Goles: 1-0, m.11: Borja; 1-1, m.24: Chía; 2-1, m.36: Alejo dende a frontal; 3-1, m.44: Alejo; 4-1, m.83: Borja.

    Saíron os cormeláns mandando ante un Outes en bloque baixo, deixando dominar pero sen sufrir demasiado, e a pesar do vento en contra. Si que abriu o marcador o xuvenil Borja. O Outes mantivo o tipo e nun penalti por unhas protestadas mans, empataba. Eran minutos de dominio local pero de moito control, ata que dous erros da defensa dos de Miguel Ramos ao fío do descanso permitiron a Alejo deixar practicamente o partido sentenciado. Antes Manu Bermúdez xa mandara un balón á cruxeta.

    Máis do mesmo na segunda metade, ante un cadro rival que intentaba saír, pero na área visitante Alejo avisaba, e xa contra o final Borja pechaba o partido.

     

    Máis crónicas da 2ª Galicia

    As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios