Venres. 11.10.2024
El tiempo

2ª Galicia: Esteirana e Cabana aumentan diferencias

Camarinas-Monte Louro-Foro-Edu Olveira 2
Imaxe do Camariñas-Monte Louro-Foro-Edu Olveira
2ª Galicia: Esteirana e Cabana aumentan diferencias

Polo sur, a Esteirana aumenta a súa vantaxe tralo empate do Camariñas ante o Louro. Empate que tamén aproveitou o Muros para colarse na segunda praza, tendo, iso si, dous partidos máis que os camariñáns. Segue na loita polo poido só o Muxía, que descansaba, e aí ábrese outra fenda trala derrota do Baíñas ante o Lira, e do Outes ante o propio cadro muradán.

Polo Norte, semellante situación, cun Cabana que escapa no liderato, ante a vitoria do San Lorenzo (3º) na Rocheira ante o Coristanco (2º). Son xa 5 e 7 puntos os que sacan os cabaneses a coristanqueses e carballeses. Pero ollo, que Cerqueda e Castriz seguen pelexando por entrar neses 3 postos que dan acceso á fase polo ascenso. Os cerquedáns venceron o derbi malpicán ante os da capital, mentres o cadro xalleiro non pasou do empate ante un Zas que vén de menos a máis, pero que vía como durante a semana lle quitaban os puntos conseguidos na que era a súa primeira vitoria ante o Coristanco, por unha aliñación indebida.

 

2ª Galicia, Gr. 1A, xornada 12

Baíñas - Lira (0-1)

  • Baíñas: Sergio, Jorge, Maikol, Hermida, Dylan, Lucas, Oreiro, Adrián, Rulo, Cristian e Charlie. Tamen xogaron Rodrigo, Raúl, Samuel e Chicote.
  • Lira: Balayo, Santi, Raúl, Cartamil, Elvis, Ángel, Lucas, Mamadou, Fran, Oliver, Dis. Tamén: Cristian, Juan, Marcos e Isaac.
  • Gol: 0-1, m.70: Dis nunha xogada ensaiada a balón parado.

Terceira vitoria seguida dos de Gabri Sil, ante un Baíñas de Roski que levou a iniciativa pero que non foi quen de superar a formulación visitante. Foi un partido bastante bronco, feo, cun Lira moi ben posicionado, que impediu que houbese moitas ocasións. Un tiro de Adrián Canosa pola parte local e un tiro de falta de Dis por bando liracho foron as mellores ocasións, se ben o cadro vimiancés tiña máis presencia en campo contrario, buscando algón balón ás costas da defensa.

Non cambiou o guión na segunda, pero era o Lira o que se metía por diante cun córner ensaiado ao segundo pau que mete Dis para dentro.
Non puido cambiar de marcha o equipo de Roski, que aínda tivo no último suspiro o empate nun balón controlado por Cristian Canosa no que decidiu dar un pase da morte e cal un defensa do Lira moi atento consigue desarmar.
Rematou con vitoria visitante un deses partidos chamados a rematar en empate a cero, ou en caer do lado do que marque primeiro.

 

Esteirana - Cee (3-0)

  • Esteirana: MJ, Simón, Damián, Dani, Adrián Abelleira, Tobío, Pablo Rama, Adrián Louro, Elías, Carajillo, Raúl. Tamén: Alex Rama, Pachi, Abeijón, Farinos e Oliver.
  • Cee: Xacobe, Christian, Bruno, Ángel, Josiño, Anxo, Adrián Canosa, Diego, Iago, Regueiro, Cristian. Tamén: Pablo Oreiro, Juanma Conde, Mateo, Juan Oreiro, e Gabri.
  • Goles: 1-0, m.65: Elías; 2-0, m.67: Pablo Rama de penalti; 3-0, m.69: Tobío.

Non competiu mal o Cee, que segue co equipo en cadro (só 7 maiores e outros tantos xuvenís na convocatoria), e fixo unha moi boa primeira metade, moi ordenado, ante unha Esteirana que tiña a posesión en todo momento, pero sin profundidades e o Cee tratando de contraatacar pero sin ocasions.

Na segunda a Esteirana moveu máis rapido o balón unido o esforzo que fixo o Cee na primera dou lugar a que chegaran ocasións e os 3 goles que poideron ser algún mais.

 

Outes - Muros (1-3)

  • Outes: Álex, Chía, Kevin, Chaky, Jura, Cutu, Martín, Veleiro, Babu, Fran e Iván.
  • Muros: Xandre; Chini, Xako, Fran, Isma; Ángel, Varo; Ivi; Xavi, Thiago e Je.
  • Goles: 1-0, m.65: Fran; 1-1, m.73: en propia meta; 1-2, m.75: Ivi de penalti; 1-2, m.86: Ivi.

Partido marcado pola lesión de Kevin, a cuarta grave que sofre o cadro da Serra este curso. O Muros chegaba tocado taménO choque comezaba cun Outes dominador, xerando ocasións, pero de novo pecando de falta de precisión n último pase os de Miguel Ramos. Así e todo tiñan un par de boas chegadas como un tiro de Iván que salva moi ben Xandre.

Comezaba a segunda co mesmo guión, e pronto Fran metía aos seus por diante cun gran remate. Parecía que o partido se decantaba que ía para os locais, pero nun balón longo, aparentemente sen perigo, pero coa influencia xa do vento a favor, acaba en gol en propia de Kevin. Pouco despois un penalti serve para que os muradáns fagan o segundo. Chega aí o parón pola lesión de Kevin, e o choque se enfría durante 20 minutos ata que chega a ambulancia.

Á volta, co cadro local tocado, o Muros saía máis espero Ivi sentenza cunha gran definición.

 

Camariñas - Monte Louro (1-1)

  • Camatiñas: Pablo Novo, Barreiro (Chocolate), Roi, Carlos, Pablo Suárez, Moriño, Saviola (Miki), Hugo (Víctor), Soule (Rodrigo), Mario e Djibri.
  • Monte Louro: Piti, Pablo Vidal, Borja, Manolo Chouza, Juan Lois; Miguel, Raúl, Dani, Riki, Íker e Xián. Tamén: Abel e David.
  • Goles: 0-1, m.20: Xián; 1-1, m.68: Djibril.
Camarinas-Monte Louro-Foro-Edu Olveira
Foto-Edu Olveira

Unha parte para cada equipo, cun punto que sabe mellor en Louro que en Camariñas. Os de Bibi fixeron un partidazo, a pesar de ter só 13 xogadores, e non poder contar co meta recén fichado Alassane, que se mancou nunha man durante a semana no traballo, e tivo que volver a meterse Piti baixo paus. Así e todo, os loureáns foron mellores na primeira, gañando todos os duelos, con máis intensidade, ante un Camariñas que non daba entrado no partido. Íker, que fixo un partidazo, era un pesadelo para a defensa local, e cedeu para que Xián marcase un e marrase o segundo. Riki tivo tamén un par de tiros para ampliar a vantaxe.

Espertou o Camariñas na segunda, con máis intensidade conseguindo que o partido transcorrese no campo visitante. Conseguiron empatar nun córner de Mario que remata Djibril de cabeza. Nos últimos 20 minutos o partido puido caer de calquera lado, pois se os locais encimaban máis, os visitantes tiveron algunha á contra.

 
Camarinas-Monte Louro-Foro-Jose Tedin
Foto-Jose Tedín

 

2ª Galicia, Gr. 2B, xornada 12

Buño - Cabana (0-3)

  • Buño: Xurxo, Jose, Jorge Calvete, Yago, Íker, Brais Ceán, Diego Ferreiro, Bastón, Antelo, Fran, Omar. Tamén; Ángel, Luismi, Martín, Elías e Adrián Pose.
  • Cabana: Víctor, Aaron, Sergio Ferreiro, Raúl (Ruben), Duda, Sergio Antelo (David), Diego Cacha, Diego Moreno, Simón (Castro), Manuel, Raúl Corzon (Cristian).
  • Goles: 0-1,m.16: Simón; 0-2, m.79: Rubén Riegía; 0-3, m.90: Manuel.

Empezó controlando a posesión o Cabana e dispuxo da primeira ocasión nos pes de Raúl, que sacaba ben Xurxo. Nunha falta lateral sacou rápido Moreno e deixou só a Simón que adiantou aos de José Manuel. O Buño seguía ben plantado no campo e impedía o xogo dos visitantes que non eran quen de crear grandes ocasións e cando superaban a defensa local aparecía o porteiro.

Xa no segundo tempo igualouse o encontro, cun Buño respondón, e só cerca do final Rubén poñería o 0-2 logo de varios rexeites. Xa nos últimos minutos chegaria o gol de Manuel nunha perfecta vaselina poñendo o 0-3 definitivo, e sumando un tanto máis na súa conta, xa van 14 para o pichichi da categoría.

 

Malpica -Cerqueda (0-2)

  • Malpica: Damián, Dimitrim, Andy O., Roberto Mol, Esteban, Jairo, Julián, Aitor, Jordan, Aday e Iván.Tamén xogaron: Esmorís, Borja, Laik e Andy Rey.
  • Cerqueda: Miguel, Marcos Pensado, Dani Reigía, Javi Souto, Breo Rey, Gustavo, Aarón, Lorenzo, Iván Blanco, Breo, Manu Guillamet. Tamén: Héctor, Julián, JOnatan, NIco e Sergio.
  • Goles: 0-1, m.36: Iván; 0-2, m.55: Javi Souto.

Derbi intenso en Pedra Queimada, cun Malpica de Gurita que saía mpoi mandón no terreo de xogo, ante un Cerqueda de Jorge Guillamet que esperaba armado atrás. Pero a partir da media hora o Cerqueda saíu da cova e cambiaron as tornas. Subiron a liña de presión impedindo que os locais sacasen o balón con facilidade, e foron dándolle a volta á tortilla. Roubaban xa fácil os visitantes, e nunha desas marcaba o xuvenil Iván que non fallou no man a man. Tivo tamén o empate antes do descanso o Malpica, pero o tamén xuvenil Miguel salvaba a ocasión.

Na segunda, o balón seguía nos pés do Malpica, pero sen profundidade, mentres que un Cerqueda máis intenso, facía dano á contra. Foi nun córner no que marcaría Javi tras un rexeite. Así esmorecía un soso derbi no que destacaron Damián polos locais e Dani Reigía polos visitantes.

 

Coristanco - San Lorenzo (1-2)

  • Coristanco: Rubén, Pazos, Juan Lagoa, Adrián, Borja, Kevin, Mario, Damián, Castiñeiras, Sergio Lorenzo, Nico Abelenda. Tamén: Villajos, Javi, Samuel, Corral e Dani.
  • San Lorenzo: Puyol, Luciano, Pablo Garrido, Diego, Mateo, Canedo, Álex Taibo, Brais Cancela, Eloy, Arantón, Dani Cotelo. Tamén: Darío, Raúl, Alexis, Mato e Dani Padín.
  • Goles: 1-0, m.13: Pazos; 1-1, m.15: Eloy Ferreiro ; 1-2, m.90: Raúl.

Era un dos partidos da xornada e foi un choque moi igualado, que só se decidiu no último suspiro. Adiantouse o cadro de Juni, pero de seguido empatou o cadro de Adolfo. A igualdade reinou na Rocheira, ata que sobre o pitido final, Raúl decantou a balanza para os de Verdillo.

 

Castriz - Zas (1-1)

  • Castriz: Álvaro, Kevin (Sergio), Fabi, Samu, Mata, Iván Pastoriza (Guillín), Jose Ramón, Facal, Alex e Anxo.
  • Zas: Rubén, Pepe, Maikel (Unay), Marcos, Miguel, Adri (Xabi), Dani, Álvaro (Ángel), Iván (Nico), Brais e Darío (Andrés).
  • Goles: 1-0, m.48: Fabi; 1-1, m.63: Dani de penalti.
Castriz-Zas-Foto-Sporting
Foto-Sporting

Reparto de puntos en San Pedro, cun Zas que dá conta da súa melloría a pesar de recibir o venres o pau de perder os puntos conseguidos ante o Coristanco por aliñación indebida dun xogador xuvenil, que pensaban que cumpriría a súa sancións na categoría.

Arrincaba o choque cun Castriz máis enchufado chegando arriba, cunha doble ocasoón para Adri e un tiro de Pastoriza que salva Rubén. O Zas de Periscal estaba ben ordenado, pero mandaban os de Miguel Chouza, sendo Rubén o máis destacado do partido.

Na segunda, co mesmo guión, o Zas saía algo máis á contra, pero era Fabián o que abría o marcador para os locais. Os visitantes adiantaron filas e unhas mans provocaban un penalti que convertía Dani no empate.
No último treito do partido o Castriz tivo varias ocasións, que non entraron e mesmo no derradeiro suspiro Andrés lanzou ao pau para os zaseiros.

Castriz-Zas-Foto-Sporting 2
Foto: Sporting Zas
 

As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com

Comentarios