Venres. 17.05.2024
El tiempo

2ª Galicia: Esteirana e Cabana golpean duro

Esteirana-Monte Louro-Foto-Edu Olveira
A Esteirana goleou ao Monte Louro-Foto-Edu Olveira
2ª Galicia: Esteirana e Cabana golpean duro

Volvía a competir a Esteirana tras case mes e medio de parón. Pero semella que o equipo de Geno non ten freo. Goleaba de novo nun derbi ante o Montelouro e suma 7 de 7, con apenas 1 gol en contra en 7 partidos. No Sur, destaca tamén a vitoria do Muxía en Outes e do Muros en Vimianzo, dous equipos que pelexan pola 2ª e 3ª praza.

Polo Norte, o Cabana endosaba 5 tantos en media hora ao San Lorenzo e segue escapando no alto da táboa. Non puido seguir o ritmo o Coristanco, que rescatou un punto da Rocheira no m.88 ante un serio Cerqueda; mentres que o Buño vencía ao Zas no duelo de cola.
Só houbo un partido adiado por COVID, o Castriz-Nantón.

 

Grupo 1ª, xornada 10

Baíñas - Muros (1-2)

  • Baíñas: Carlos, Raúl, Hermida, Maikol, Jorge, Esteban, Samuel, Oreiro, Cristian Canosa, Charlie e Ruli. Tamén xogaron Víctor, Dylan, Lucas e Chicote..
  • Muros: Xandre, Isma, Ivo, Fran, Jurjo, Xaco, Álvaro, Ivi, Je, Xavi e Thiago. Tamén xogaron: Flavio, Ángel, Gesto, Monchito e Alon.
  • Goles: 0-1, m.10: Xavi; 0-2, m.83: Ivi; 1-2, m.89: Dylan.

Non foi o mellor partido do Baíñas ante un Muros que soubo ler mellor o devir o do encontro e foi merecedor da vitoria. Xavi, que xa probara no man a man a Carlitos (o meta do Pindo foi o mellor do partido), marcou un golazo dende fóra da área pola escuadra. O cadro de Roski pelexaba pero non conseguía facer dano aos muradáns. Na outra área, Thiago perdoaba varias ocasións.

Intentouno na segunda metade o cadro vimiancés (que bota de menos, sobre todo a Adrián Canosa e Brais Tajes). Pero o que empezou a aparecer foi Ivi, que fixo estragos na banda dereita, creando case todo o perigo desde ese costado. Foi el mesmo o que poría o 0-2 nunha desas internadas. Quedaban apenas 5 minutos para o final, e o Baíñas recurtaría de penalti para meter o medo no corpo, pero o marcador non se movería.

 CD Muros celebrando un gol en Vimianzo

Lira - Cee (4-1)

  • Lira: Balayo, Raúl, Santi, Cartamil, Elvis, Ángel, Lucas, Mamadou, Fran, Juan e Dis. Tamén: Sebas, Pri, Marcos e Xaquin.
  • Cee: Maikel, Tomás, Bruno, Ángel, Josiño, Txema, Antón Lestón, Cristopher e Cristian. Tamén: Xacobe, Juan, Diego, Christian González e Anxo.
  • Goles: 1-0, m.25: Fran Perico; 1-1, m.35: Luís Lojo; 2-1, m.50: Dis; 3-1, m.75: Ángel de vaselina; 4-1, m.80: Dis.

Lira-Cee en Lombans

Segunda vitoria consecutiva para o Lira de Gabri Sil, ante un Cee que desapareceu no segundo tempo. A primeira metade aínda estivo algo igualada, sempre cos locais mandando no xogo, poñéndose por diante cun bo gol de Fran Perico (o olfato nunca se perde) pero co Cee respondendo co gol do fenómeno de Luís Lojo nunha saída prematura de Balayo.

Na segunda ó pouco de saír Dis marcaría nun man á man, provocando a desaparición dun Cee que a partir de aí sería un equipo sen solidez en defensa e sen ideas en ataque. Ángel cunha boa vaselina clavaria na escuadra unha fermosa valesina para dar tranquiidade e Dis sentenciaría para pechar un bo partido odos lirachos.

 

Esteirana - Monte Louro (5-0)

  • Esteirana: Víctor, Code, Adrián, Tobío, Simón; Damián, Oliver, Adrián, Carlos Rama, Raúl, Carajillo. Tamén: Dani, Elías, Pablo Rama, Pachi, Farinós.
  • Monte Louro: Iago, Juan Lois, Borja, Miguel, Pablo; Yeray, Dani, Xián, Raúl, Íker, Piti. Tamén: Manolo Chousa, David, Abel e Antón.
  • Goles: 1-0, m.22: Raúl de falta; 2-0, m.45: ; 3-0, m.55: Tobío; 4-0, m.87: Elías; 5-0, m.90: Elías.

Esteirana-Monte Louro-Foto-Edu Olveira 2

Pouco que contar nun choque que dominou a Esteirana ante un cadro loureán que fixo o peor partido do curso, cunha clara falta de contundencia e deixándose ir durante moitos minutos.Esteirana-Monte Louro-Foto-Edu Olveira 3Fotos de Edu Olveira

Outes - Muxía (0-1)

  • Outes: Alex, Jura, Kevin, Chali, Cutu, Chía, Martín, Babu, Michi, Aarón e Eloi.
  • Muxía: Hugo, Rui, Michael, Abel, Conguito, Gusa, Mauro, Víctor Alcaina, Julián, Fran Moreira e Manu Nogueira. Tamén: Joselu, Javi Rey, Pablo, Isma Márquez e Xan Nogueira.
  • Gol: 0-1, m.17: Fran Moreira.

Miguel Ramos adestrador do OUtesMiguel Ramos, adestrador do Outes

Partido serio o amosado polo cadro muxián no Conchido, comezando cunha presión alta, roubando arriba e tendo varias ocasións nos primeiros 20 minutos. Foi aí cando Fran Moreira aproveitaba un bo pase de Manu Nogueira tras un mal pase dos locais.
O Outes cambiou a idea e pasou a facer un fútbol máis directo, comezando a achegarse pola meta de Hugo, que si que facer algunha gran parada para salvar o empate, sobre todo na segunda metade. Pero os minutos ían pasando e os locais non podían e ían deixando espazos para que os  de Diego Lobelos, á contra tivese varias ocasións para matar o partido, por medio de Manu Nogueira, Fran Moreira, Abel, e Gusta, pero o marcador non se movería.

 

Grupo 1ª, xornada 10

Buño - Zas (3-1)

  • Buño: Xurxo, Jose, Jorge, Fran, Omar, Luismi, Yago, Pablo, Elías, Sergio Bastón e Adrián Pose. Tamén: Ángel, Martín, Íker, Antelo e Diego.
  • Zas: Pereiras, Maikel, Mato (Darío, m.30), Adrián (Xabi, m.79), Miguel, Brais, Álvaro, Dani, Andrés (Pepe, m.77) e Yago.
  • Goles: 1-0, m.27: Bastón de penalti; 2-0, m.40: Omar no man a man; 3-0, m.50: Martín; 3-1, m.50: Yago.

Buno-Zas -Foto-Sporting
Foto do Sporting Zas

Partido entre os dous pechacancelas da categoría que se saldou coa segunda vitoria do cadro oleiro deixando aos zaseiros aínda sen sumar de 3 en 3. O choque comezaba con alternativas nas dúas áreas, e se nunha Pereiras tiña que salvar un man a man, na outra era Xurxo o que salvaba o man a man con Iván. De penalti (protestado) se adiantaba o Buño e o Zas respondía cun balón de Brais ao poeste. Fran tamén mandaba ao longueiro aos locais pouco antes de que Omar fixera o 2-0 antes do descanso.

Ese gol, e o que marcou Martín nada máis saír dos vestiarios, cando mellor estaba colocado o cadro zaseiro acabou co partido. O Zas intentouno pero sen demasiada fe, e se Yago recurtaba, apenas Brais probou a Xurxo durante a última media hora. O cadro de Periscal acabaría con 9 xogadores polas expuslións de Brais e Yago.

 

Cabana - San Lorenzo (7-3)

11 do Cabana nas redondas

  • Cabana: Víctor (Diego Suárez), Aarón, Sergio Ferreiro, Raúl, Duda (Ismael), Sergio Antelo, Diego Cacha, Diego Moreno (Fernando), Simon (Dani), Manuel (Raul Corzón), Castro.
  • San Lorenzo: Puyol, Eloy, Arantón, Fidi, Mateo, Raúl, Ures; Pablo Garrido, Eloy Ferreiro, Taibo Alexis e Diego. Tamén: Darío, Luci, Brais Cancela, Dani Pedín e Dani Cotelo.
  • Goles: 1-0, m.7: Manuel; 2-0, m.15: Simón; 3-0, m.20: Manuel; 4-0, m.25: Manuel; 5-0, m.30: Castro; 5-1, m.40: Ures; 5-2, m.44: Eloy Ferreiro; 6-2, m.66: Manuel; 6-3, m.72: Brais Cancela; 7-3, m.73: Castro.

Cabana-San Lorenzo

Mal partido do San Lorenzo ante este temible Cabana, que estivo tremendamente acertado e que en media hora xa se colocaba 5-0, facendo moi boas triangulacións tras roubos rápidos na presión alta. Sorprendido se viu o cadro de Verdillo que pouco a pouco foi situándose ante a relaxación dos locais. A segunda metade foi máis igualada pero o Cabana controlou os tempos. Ollo con Manuel que leva 12 goles.

Ambientazo nas Redondas-Foto-Cabana

Cabana-San Lorenzo nas Redondas-Foto-Cabana
Bo ambiente nas Redondas-Fotos: Cabana

Coristanco - Cerqueda (1-1)

  • Coristanco: Rubén, Jonathan, Jose Pazos, Sergio, Nico, Juan Lagoa, Mario, Damián, Kevin, Borja, Villajos. Tamén: Belar, Javi, Castiñeiras, Adrián e Corral.
  • Cerqueda: Miguel, Marcos Pensado, Dani Reixía, Javi Souto, Breo; Lorenzo, Iván Blanco, Manu Guillamet, Gus, Lore, Cristian Méndez e Julián. Tamén: Héctor, Adrián, Aarón e Eloy Boedo.
  • Goles: 0-1, m.20: Julián; 1-1, m.88: Juan Lagoa de penalti.

Partido intenso, con moitas interrupcións, onde a piques estivo o Cerqueda de levar o tres puntos da súa visita á Rocheira. Nunha primeira parte onde o Coristanco dominaba pero non creaba demasiado perigo grazas ao traballo defensivo do equipo de Jorge Guillamet, moi ben armado e que soubo aproveitar un balón solto na área por medio de Julián. Puido ampliar a súa vantaxe nun lanzamento de córner que se estrelo no pau.

Cambiou o partido na segunda parte, cun Coristanco de Juni máis metido no partido e con menos erros na saída de balón, que envorcou o xogo sobre a área visitante. Xa avisaron os locais cun córner que sacou o Cerqueda na mesma liña de gol. Soubo sufrir o Cerqueda que tivo o 0-2 nun remate de cabeza de Iván que se foi fóra por pouco pero na seguinte xogada concedería un penalti sobre Jonathan que transformaría Juan Lagoa que suporía o tanto local e o empate final.

 

AS táboas en www.futboldacosta.com.

Comentarios