Sábado. 12.10.2024
El tiempo

2ª Galicia: Esteirana e Muxía apretan a zona alta

Castriz-Muxia
Imaxe do igualadísimo Castriz-Muxía
2ª Galicia: Esteirana e Muxía apretan a zona alta

6 equipos están no fío da navalla, con pé e medio na 3ª Galicia. Os arrastres da 1ª van provocar 2 ou 3 descensos máis dos 3 establecidos polo que practicamente 2 de cada grupo da fase de permanencia dirán adeus á categoría. Falamos dos Zas e Buño no Gr.A, Baíñas e Nantón no Gr.B, e Lira e Malpica no Gr.C. En calquera caso, os 6 non poden deixarse levar porque de haber un arrastre menos o mellor 3º aínda salvaría a categoría.

Por arriba, a Esteirana cedeu o primeiro empate desta fase, o que fai que o Muxía o alcance na táboa. Sen enfrontamentos directos, e co golaveraxe individual empatado, toca botar o ollo ao xeral de toda a temporada, no que o cadro esteirán aínda ten unha clara vantaxe de 20 goles.
Gran papel, en todo caso, de Coristanco e Castriz, amosando a pesar de estar sen opcións, un nivel moi parello.

Fase de Ascenso, xornada 4

Coristanco - Esteirana (0-0)

  • Coristanco: Rubén, Samu, Rubio, Nico, Belar, Damián, R, Javi, Mario, Villa e Casti. Tamén: Borja, Joni, Dani e Paso.
  • Esteirana: MJ, Simón, Code, Damián, Samuel, Dani París, Brais, Pablo Rama, Raúl, Oliver, Elías. Tamén: Alex Rama, Adri Louro, Adri Abelleira, Pachi e Álvaro Farinós.

Partido igualado na Rocheira, nunha primeira parte moi desputada sen un dominador claro, cunha ocasión moi clara de Castiñeiras que paraba o porteiro no man a man. Tamén a Esteirana tivo varias chegadas que salvaba Rubén (sobre todo un man a man de Raúl), nuns últimos 15 minutos da primeira de claro dominio blaugrana, a pesar da dificultade para circular o balón.

Na segunda, con máis intesidade e tensión aínda, houbo menos claridade en ambos equipos, e sen apenas ocasións, para deixar o empate sen goles no marcador.

Castriz - Muxía (1-2)

  • Castriz: David, Fabián, Samu, Adrián, Alex Mourele, Anxo, Martín Gemelo, Alberto Mata, Facal, Pastoriza, Braulilo. Tamén: Álvaro, Kevin, Guillín e Sergio.
  • Muxía: Joselu, Rui, Abel, Michael, Gusa, Conguito, Mauro Romaní, Julián, Edu, Fran Moreira e Manu Nogueira. Tamén: Peski, Javi, David, Xan Nogueira e Maikel Mouzo.
  • Goles: 0-1, m.25: Gusa; 1-1, m.34: Adri; 1-2, m.47: Fran Moreira.

Partido moi igualado dende o comezo, con dominio era alterno, cun Castriz que está demostrando un gran nivel, moi parello aos Esteirana e Muxía, pero con pouca sorte nos resultados. O cadro de Miguel Chouza, con moita xente medio campo levaba o peso, cun par de chegadas e un posible penalti no que pedían man.
A balón parado adiantábase o Muxía nun córner tras unha prolongación. Non acusou demasiado o Castriz a pesar de non xogarse nada, que seguiu pelexando. E se Fran puido facer o segundo, o Castriz empataba tamén de córner.

Pero nada máis sacar de centro, nunha gran acción de Manu Nogueira, volvía meter por diante aos de Diego Lobelos, tras roubar o balón, desfaise de dous contrarios e cede para que Mauro e Fran encaren ambos o porteiro, marcando o segundo.

Os locais apretaron ante un Muxía que daba un par de pasos atrás. Consideraron fundamental os xalleiros unha xogada clave a falta de 20 minutos para o final, cando o balón bate no árbitro, pero non se para o xogo e o Muxía lanza unha contra que remata coa expulsión do meta local.
Aínda seguiu apretando o Castriz e a mellor acción, nun golpeo dende a frontal, fixo que Joselu se lucise e enviara a córner. Quedou tamén con 10 o Muxía que pasou moitos apuros para aguantar as embestidas locais no último treito.

Cabana - Muros (6-1)

  • Cabana: Víctor (Diego), Aarón, Ismael (Castro), Raúl, Rubén, Fernando, Sergio Antelo, Sergio Ferreiro, Simón, Manuel, Cristian (David).
  • Muros: Álvaro, Ángel, Xoaquín, Ra, Gesto, Xavi, Nimo, Thiago, Flavio, Jesús, Alon. Tamén: Joaquín, Iván, Fabio, Fran e Xoel.
  • Goles: 1-0, m.5: Sergio Antelo; 2-0, m.16: Sergio Ferreiro; 3-0, m.30: Aarón; 3-1, m.33: Xoaquín; 4-1, m.54: Manuel; 5-1, m.72; Simón; 6-1, m.85: Simón.

Metíase de cara pronto o partido para os de José Manuel con dous tantos dos Sergios. Pero o Muros non daba por perdido e chegaba con claridade, pero sen acerto. Ao terceiro dos locais si respondía o Muros e acababa o primeiro tempo metendo o medo no corpo local.

No segundo tempo tentou aproximarse o Muros pero quedou con 10 e os locais cerraron o marcador con tres goles máis.

 

Permanencia Gr.A, xornada 4

Camariñas - Baíñas (2-4)

  • Camariñas: Pablo Novo, Barreiro (Miki), Oliver, Rodrigo (Manuel), Pablo, Moriño, Carlos, Nazo, Djibril, Mario, Víctor, (Saviola).
  • Baíñas: Sergio, Maikol, Lucas, Samuel, Cristian Hermida, Brais Alonso, Cristian Canosa, Esteban, Dylan, Carlos Antelo e Raúl Antelo. Tamén: Carlos, Rodri, Raúl, Brais e Jorge Quintáns.
  • Goles: 1-0, m.13: Djibril; 2-0, m.15: Djibril; 2-1, m.25: Carlos Antelo; 2-2, m.43: Dylan de penaltiM 2-3, m.44: Esteban Canosa; 2-4, m.48 Cristian Canosa.

Ata o final está pelexando o Bai´ñas por sumar o maior número de puntos posibles e intentar a milagre. Onte puideron remontar un partido que se puxera moi de costas, tras un bo comezo do partido do Camariñas, dominando creando ocasións e metérndose por diante con dous tantos de Djibril. Pero o Baíñas, aos poucos, foise estirando e recurtaban á media hora.

Clave foi o tanto de penalti antes do descanso para empatar o partido, e para poñerse por diante antes, o que fixo que o Camariñas saíse apagado dos vestiarios, e o cadro de Roski fixera outro tanto máis nada máis saír.

Tardou en reaccionar o cadro local, e non tivo acerto no treito final para empatar.

Cerqueda - Nantón (6-1)

  • Cerqueda: Miguel, Marcos Pensado, Dani Reixía, Alan, Lorenzo, Breo, Iván Blanco, Eloy Boedo, Sergio, Manu Guillamet e Nico. Tamén: Óscar, Javi Souro, Julián, Roberto Carlos e Nacho.
  • Nantón: Guille, Fran Gavín, Micael, Pablo Rod., Diego Bello, Martín, Pablo Fuentes, Redondo, Fariña, Iván Moreira e Josiño. Tamén: Isma, Juan, Pastor, Alberto e Silva.
  • Goles: 1-0, m.21: Breo a balón parado; 2-0, m.41: Eloy Boedo nunha contra; 2-1, m.43: Josiño de penalti; 3-1, m.47: Eloy boedo de penalti; 4-1, m.65: Breo; 5-1, m.76: Eloy Boedo; 6-1, m.82: Julián.

Sen sorte está o Nantón que sufría unha excesiva derrota en Xaviña. Saíu a empuxar desde o primeiro minuto o Cerqueda con gañas de certificar a súa permanencia na Liga da Costa. Ao descanso o marcador estaba 2-1 pero o gol de penalti de Eloy Boedo (o home do partido) nada máis saír dos vestiarios matou aos de Carlos Vidal, que se deixaron caer.

Cerqueda celebrando a permanencia
Cerqueda celebrando a permanencia

Permanencia Gr.B, xornada 4

Malpica - San Lorenzo (2-3)

  • Malpica: Damián, Jordan, Andy Oropeza, Laik, Jairo, Andi Rey, Iván, Martín, Aday e Borja. Tamén: Jose, fran, Mateo e Aitor.
  • San Lorenzo: Puyol; David, Eloy, Lucho, Raúl; Alexis, Garrido, Taibo, Eloy; Diego e Brais. Tamén xogaron: Pablo, Joaquin, Styven e Alberto.
  • Goles: 1-0, m.9: Aday; 2-0, m.12: Iván; 2-1, m.15: Diego; 2-2, m.55: Taibo; 2-3, m.90: Pablo.

Partido estrano en Pedra Queimada cun Malpica que dominou a primeira metade e puido saír cunha maior vantaxe ante un cadro de Verdillo ausente. Pero reaccinou na segunda o equipo carballés, máis centralo, mellor colocado, que ía gañando peso a medida que pasaban os minutos. Taibo igualaba de tiro lonxano coa axuda do meta local aínda cun mundo por diante. A cousa estaba igualada e cando todo parecía rematar en empate, Pablo García daba a vitoria aos visitantes para finiquitar unha temporada para esquecer na familia malpicá.

Monte Louro - Lira (2-0)

  • Monte Louro: Alassan, Pablo, Juan do Sivil, Borja, Manolo Chouza, Xian, Dani, Riki, Juan Lois, Iker e Piti. Tamén: Miguel, Raúl, Antón, David e Anbel.
  • Lira: Balayo, Ángel, Cartamil, Cristian, Raúl (Sebas), Mamadou, Añón, Juan, Pri (Santi), Michelo e Dis (Oliver).
  • Goles: 1-0, m.75: Íker dende case o medio campo; 2-0, m.78: Xián tras un erro do meta liracho que quixo salvar un córner e lle relagou o balón.

Importante vitoria do Monte Louro que deu un paso fundamental para a permanencia e deixou practicamente sentenciado ao Lira. Foi un partido igualado, tenso, moi impreciso, coas defensas sempre vencendo aos ataques. O Lira empezoou mellor, máis combativo, pero sen ocasións claras.

Na segunda, o cadro liracho mantiña o pulso, combinando algo mellor, pero o Louro repúñase e equilibraba de novo o choque. Foi un tiro case dende o medio campo de Íker (que desprazamento ten o extremo loureán!) o que abría a lata collendo por sorpresa ao meta liracho. Foi un golpe duro, pero íinda sería a perda de Balayo que, salvando un córner, lle regala o segundo a Xián.

Grupo C

Buño - Zas (2-3)

  • Buño: Xurxo, Jorge, Fran, Omar, Luís, Nacho, Iker, Eloy, Antelo e Adri. Tamén: Ángel e Elías.
  • Zas: Pereiras, Hugo, Ángel, Marcos, Dozu, Manu, Brais, Dani, Iván, Álvaro, Andrés. Tamén: Xabi, Tucho, Brayan, Isaac e Rubén.
  • Goles: 0-1, m.24: Andrés; 1-1, m.40: Eloy; 1-2, m.54: Álvaro; 1-3, m.60: Iván; 2-3, m.79: Omar.

Buno-Zas

Partido de calor na mañá dominical entre dous equipos practicamente descendidos, no que os erros defensivos foron protagonistas. Andrés adiantaba aos de Periscal e enviaba un balón á madeira, pero Eloy empataba o choque. Na segunda o Zas daría dous pasos que parecían dar a tranquilidade pero o Buño metíase de novo no partido e estivo preto do empate ata o final.

Cee - Outes (5-2)

  • Cee: Maile, Juliio, Tomás, Ángel, Chema, Jose, Pablo Lestón, Luís Lojo, Adrián Canosa, Eze e Bruno. Tamén: Pablo, Gabri, Alex Díaz e Anxo.
  • Outes: Angeliño, Jura, Chía, Martín, Cutu, Estefan, Manyelu, Veleiro, Iván, Santi e Simón.
  • Goles: 1-0, m.35: Bruno; 2-0, m.60: Bruno; 3-0, m.65: Jose nun córner; 3-1, m.72: Adrián de penalti; 4-1, m.80: Bruno de penalti; 4-2, m.86 Santi; 5-2, m.90: Eze

Cuarto triplete da temporada dun Bruno que remata o curso en gran estado de forma. Como o Cee, que suma 4 de 4 nesta segunda fase.
O Outes, con moitas baixas, marcou un partido dende atrás, ante un Cee dominador. Cee abría o marcador no treito final nunha internada de Bruno que estivo moi rápido e listo. Puido empatar o Outes antes do descanso pero a defensa local salvou baixo paus. Tamén no comezo da segunda tivo o equipo de Miguel Ramos, pero perdoou o empate e de contado, nunha xogada calcada á primeira Bruno ampliaba a renda. Sen tempo Jose marca nun córner e aí se rompe o partido.

Máis info

Comentarios