2ª Galicia: Esteirana e Muxía non ceden, mentres 4 equipos din practicamente adeus á categoría
Esteirana e Muxían seguen demostrando que son os máximos candidatos ao ascenso. Pero como non haberá choque directo nesta liguilla, o tempo corre a favor dos esteiráns, que suman os 2 puntos máis arrastrados da primeira fase. O Castriz semella o único de poder romper a tendencia e decantar a balanza para un ou outro.
Na loita pola permanencia (os arrastres provocarán que practicamente descendan os dous últimos de cada grupo) Baíñas e Nantón sentenciaron o seu descenso no Gr.A co seu empate.
No Gr.B, a cousa está máis igualada e Monte Louro, Lira e Malpica están moi igualados, malia que a tendencia do cadro malpicán é seriamente mala. Ollo ao Louro-Lira da semana que vén.
Finalmente, no C, Buño e Zas firmaron o seu camiño á terceira.
Fase de Ascenso, xornada 3
Muros - Castriz (2-3)
- Muros: Álvaro, Ivi, Quin, Gesto, Dani, Varu, Xavi, Jesús, Alonso, Thiago, Nimo. Tamén: Berni Chinana, Ra, Ángel, Isma, Flavio.
- Castriz: Álvaro, Fabián, Álex Mourelle, Iván Facal, Martín Gemelo, Saúl Proupín, Adrián, Anxo, Noli, Braulio e Iván Pastoriza. Tamén: Kevin, Samu, Alberto Mata e Sergio.
- Goles: 1-0, m.5: Nimo de falta; 1-1, m.10: Braulio tras erro dun defensa; 2-1, m.21: Xavi resolve ben con tiro alto; 2-2, m.30: Iván Pastoriza tras pase de Iván Facal; 2-3, m.44: Iván Facal dende fóra da área.
Partido de tolos, xa sen presión, sempre coas defensas impoñéndose ás defensas. O Muros colocáronse por diante en dúas ocasións, pero o Castriz era quen de darlle a volta.
Na segunda, empezou a quentarse e houbo máis tensión do esperado, cunha trifulca e todo que remataba cun xogador xalleiro expulsado. Pero sen ocasións para cambiar o marcador.
Esteirana - Cabana (7-3)
- Esteirana; MJ, Simón, Code, Damián, Dani París, Alex Rama, Adrián Louro, Adrián Abelleira, Raúl, Oli e Brais Rod. Tamén: Sergio, Pablo Rama, Farinós, Pachi e Oscar Farinós.
- Cabana: Víctor (Diego) Aaron (Cristian) Ismael, Raúl (David), Rubén, Fernando, Sergio Ferreiro, Sergio Antelo, Simón, Manuel, Raúl Corzón.
- Goles: Oli, Raúl (2), Adrián Louro, Pablo Rama (2), e Oscar Farinós para a Esteirana; Manuel Romero (2) e Sergio para o Cabana.
Presentábase con 7 baixas os cabaneses, e pouco puideron facer ante o poderoso Esteirana. A súa superioridade foi manifesta na primeira metade, poéndose 3-0. Parecía sentenciado pero o Cabana metíase, con dúas penas máximas transformadas por Manuel, cun 3-2 parecía meter o medo no corpo dos de Geno. Pero nada máis lonxe da realidade, e ca entrada de Pablo Rama o equipo local volveu tomar o mando e cada chegada acababa en gol.
Muxía - Coristanco (4-2)
- Muxía: Joselu, Rui, Michael, Gusa, Congui, Julián, Edu, Isma Márquez, Mauro Romaní, Manu Nogueira e Fran Moreira. Tamén: Hugo, Peski, Javi Rey, Xan Nogueira e Abel.
- Coristanco: Rubén, Jonathan, Pazos, Belar, Mario, Nico Abelenda, Villajos, Castiñeira, Dani Vázquez, Sergio e Kevin. Tamén: Adri Pazos, Rial, Corral, Borja e Samu.
- Goles: 1-0, m.17: Michael; 2-0, m.38: Isma Marquez; 3-0, m.53: Edu; 3-1, m.54: Mario; 3-2, m.63: Mario cun golazo dende fóra da área; 4-2, m.83: Fran Moreira.
Gran primeiro tempo do cadro de Lobelos superando ao Coristanco, e mesmo puidendo ir con algún tanto máis.
Pero o Coristanco sacou de garra e meteuse de cheo no partido con dous tantos de Mario, despois de que Isma tivese que saír por lesión no xeonllo. Eran os mellores minutos do cadro verde, que facían presaxiar un final apoteósico, facendo un fútbol directo con moito perigo. pero un bo pase de Edu cázao Fran Moreira para sentenciar á contra e deixar sen opcións a un gran Coristanco.
Permanencia Gr.A, xornada 3
Camariñas - Cerqueda (2-1)
- Camariñas: Pablo Novo, Barreiro, Roi, Rodrigo, Pablo, Moriño (Chocolate), Carlos, Hugo, Nazo, Mario, Djbril.
- Cerqueda: Óscar, Marcos Pensado, Dani Rixía, Alan, Javi Souto, Lorenzo, Gustavo, Iván, Manu Guillamet, Nico e Julián. Tamén: Hugo, Breo Rey, Nacho, Eloy Boedo e Sergio.
- Goles: 1-0, m.23: Djbril; 2-0, m.62: Djbril; 2-1, m.82: Sergio.
Entrou moi ben o Camariñas no partido, movendo o balón en campo contrario e chegando á meta rival. Abría o marcador Djbril tras un fermoso pase alto de Mario. Malia lesión de Moriño, o cadro local seguiu dominando. Na segunda apretou moito o Cerqueda, que pasou a levar o mando do partido. Pero volvía aparecer Djbril para facer o golazo da tarde.
Pinchou aí o cadro malpicán, e o Camariñas volveuse facer co contro. Parou Óscar un penalti, e outra de Nazo, e no treito final, Sergio cazaba unha dende fóra da área e metía ao cadro de Guillmet de novo no choque. Foron minutos de incerteza, con moito balón colgado do cadro visitante, pero sen ocasións claras.
Baíñas - Nantón (1-1)
- Baíñas: Carlos, Maikol, Cristian Canosa, Esteban, Adrián, Samuel, Brais Tajes, Dylan, Brais Alonso, Carlos Antelo, Raúl Antelo. Tamén: Raúl González, Lucas, Jorge e Rodri.
- Nantón: Guille, Fran Gavín, Jose, Costiña., Diego, Martín, Pablo Fuentes, Redondo, Touri, Iván Moreira e Josiño. Tamén: Fariña, Pastor, Alberto Fuentes, Javi Muíño e Manuel.
- Goles: 1-0, m.38: Cristian Canosa; 1-1, m.66: Costiña.
Unha parte para cada un e un empate que os manda aos dous a 3ª. Os de Roski chegaban con moitas baixas, e sufriron lesións durante o partido. O cadro de Vidal controlaba algo máis, pero trala pausa de hidratación, Cristian Canosa abría o marcador tras varios erros defensivos visitantes.
Apretou na segunda o Nantón, que empataba nun córner. Tiña de cara o partido e intentou por todas as bandas o cadro visitante levar o partido, pero non acabou de romper a igualada.
Permanencia Gr.B, xornada 3
Malpica - Monte Louro (1-6)
- Malpica: Borja, Andi, Andy, Dimitri, Jordan, Laik, Mateo, Jairo, Iván, Aday, Martín. Tamén: Fran e Jose.
- Monte Louro: Alassane, Juan do Sivil, Pablo, Borja, Manolo Chousa; Dani, Xián, Yeray, Íker, Juan Lois e Íker. Tamén: Miguel Verán, Raúl, Pesco, Antón e Abel.
- Goles: 0-1, m-7: Xián; 0-2, m.19: Xián; 0-3, m.29: Juan Lois; 0-4, m.45: Juan Lois; 1-4, m.58: Jairo de penalti; 1-5, m.65: Xián; 1-6, m.82: Piti.
Partido serio do Louro ante un Malpica en caída, con moitos problemas de efectivos. Foron caendo na primeira os tantos, se ben na segunda, o Malpica parecía que se metía no partido cun tanto de penalti. Pero pronto chegaría o 5º, o triplete de Xián, para sentenciar, e deixar que Piti volvese marcar.
San Lorenzo - Lira (1-1)
- San Lorenzo: Puyol, Ures, Raúl, Lucho, Kuki; Diego, Padin, Garrido, Eloy; Taibo e Brais. Tamén xogaron: David, Eloy, Alexis, Joaquín.
- Lira: Balayo, Ángel, Elvis, Cristiam, Cartamil (Santi), Mamadou, Añón, Raúl (Sebas), Fran (Pri), Juan, Michelo (Isaac).
- Goles: 1-0, m.37: Brais Cancela; 1-1, m.90: Juan.
Importante punto que salvou Juan no minuto 90 para un Lira que terá a semana que vén en Louro unha finalisima. O cadro liracho empezara moi ben o choque, con varias ocasións, pero sen acerto. O equipo de Verdillo íase revolvendo e no último treito da primeira metade metíase por diante cun bo tanto de cabeza de Brais.
A segunda foi máis trabada, con moitas paradas de xogo, faltas… pouco fútbol e poucas chegadas. Ían pasando os minutos e o Lira intentaba apretar pero non eran claras. Nunha desas chegadas, o Lira pediu gol pois vira como o balón entrara con claridade, pero o colexiado non a viu e comezou a sacar tarxetas ante a tangana que se formou. Cun menos, así e todo, o Lira, cheo de rabia, seguiuno intentando e foi no último suspiro, cando Juan cun bo tiro dende o borde da área conseguía empatar deixando a permanencia a 2 puntos.
Permanencia Gr.B, xornada 3
Cee - Buño (6-1)
- Goles: 1-0, m.8: Bruno; 2-0, m.30: Cristian; 3-0, m.40: Bruno; 3-1, m.65: eloy martínez; 4-1, m.73: Bruno; 5-1, m.79: Eze; 6-1, m.85: Luís Lojo.
Partido sen historia en Cee, ante un Buño que viña facendo un bo final de temproada pero que sucumbriu no enorme campo do San Paio de Refoxos.
Outes - Zas (2-0)
- Outes: Angeliño, Veleiro, Chía, Babu, Cutu, Stefan, Martín, Capelo, Iván, Simón e Aarón.
- Zas: Rubén, Rubén Corzón, Fondo, Mato (Xabi, m.79), Pepe (Brayan, m.55), Marcos, Álvaro, Iván, André, Anxo e Nico (Isaac, m.74).
- Goles: 1-0m n,37: Simón; 2-0, m.56: Capelo.
Non fallou o Outes ante a visita do Zas, pero o choque non foi demasiado claro. O Zas formulou o partido dende trás, e maniatou ao cadro de Miguel Ramos, pero o seu acerto foi determinante para levar o partido. Os de Periscal mandaron varios balóns aos paus por medio de Fondo e Anxo.