Mércores. 16.10.2024
El tiempo

2ª Galicia: A igualdade reina na Liga da Costa

Monte Louro - Corcubion-Edu Olveira
Monte Louro - Corcubion-Edu Olveira
2ª Galicia: A igualdade reina na Liga da Costa

Fermosa esta igualadísima Liga da Costa, sen un candidato claro, como o demostra o empat sen goles do líder, un Outes que segue sen recibir un só gol, en Muros.
Partido tamén con sabor á zona alta o disputado en Verdillo, onde os dous máximos goleadores (Djibril, con 6 e Iván Rojo xa con 5 como Noli e Isaac Fábregas) non faltaron á súa cita co gol, pero no que os puntos quedaron na casa.

Polo demais, vitoria clara do Cee ante un Castriz que quedou na festa do socio do sábado, e primeira vitoria do Oza na categoría.

Oza celebrando a primeira vitoria
O Oza celebrando a primeira vitoria

 

Coristanco - Cerqueda (0-2)

  • Coristanco: Rubén, Dani, Belar, Sergio, Hugo, Damián, Mario, R, Casti, Randy e Kevin. Tamén: Javi, Pazos, Samu e Villajos.
  • Cerqueda: Senén, Marcos Pensado, Daniel Reixía, Gustavo, Javi Souto, Lorenzo, Ignacio, Serio, Manu Guillamet, Brais e Julián. Tamén: Mario, Christian Rod., Kevin, Christian Velo e Samuel.
  • Goles: 0-1, m.20: Sergio; 0-2, m.81: Kevin.
Partido pechado, sen ritmo e con moito golpeo longo na Rocheira, onde a eficacia do Cerqueda serviulle para sumar os 3 puntos. Dominou o balón o Coristanco que trataba de facer dano con golpeos en longo, tendo unha boa ocasión na que Damián remata o pau un córner. O Cerqueda ben plantado repelía os balóns unha e outra vez. Foi nun balón ás costas da defensa local como chegaría o primeiro tanto dos visitantes no ecuador da primeira parte: Brais pelexouna ante a indecisión entre defensa e porteiro e Sergio finalizou cun disparo desde dentro da área para subir o 1-0 ao marcador.

Na segunda parte misma tónica, un Coristanco máis envorcado que xogaba en longo, e un Cerqueda que defendía os ataques en longo dos locais. Casti tivo varias para empatar, pero cando máis arriba estaban, aproveitarían os visitantes outro balón longo para sentenciar o partido co 0-2 por parte de Kevin.

 

San Lorenzo - Camariñas (3-1)

  • San Lorenzo: Puyol, Raúl, Lucho, Pablo Garrido, Diego Varela, Andrés, Alex Taibo, David, Dani Cotelo, Iván Rojo e Eloy Arantón. Tamén: Benj, Fidalgo, Lucas, Mato e Pablo Díaz.
  • Camariñas: Jorge, Brais, Roi (Caamaño), Oliver, Pablo, David,(Manuel), Moriño, Soule (Rodrigo), Víctor (Barreiro), Mario e Djibril.
  • Goles: 0-1, m.32: Djbril; 1-1, m.50: Iván Rojo; 2-1, m.68: Lucho, 3-1, m.73: Iván Rojo de penalti.
San Lorenzo-Camarinas-Foto-Tedin
San Lorenzo-Camariñas en Verdillo-Foto-Tedin

Comezou moi igualado o encontro, cun Camariñas incisivo, sen deixar crear aos locais. Adiantábase á media hora o cadro visitante nunha boa xogada entre Mario e Djibril que acaba con asistencia de Mario e gol de Djibril.
Na segunda parte empata o San Lorenzo nun córner nada máis saír dos vestarios, e pouco despois ponse por diante cun penalti protestado polos visitantes. Os carballeses aproveitaron o seu maior poderío para facer dano a balón parado e sentenciaron aínda con 15 para o final.

 

Monte Louro - Corcubión (0-1)

Monte Louro - Corcubion-Edu Olveira2
Monte Louro e Corcubión saltando ao Agra da Filgueira-Edu Olveira
  • Monte Louro: Iago, Juan Lois, Antón, Pablo, Manolo Chouza; Íker, Fari, Pardelo, Abel Rey, Riki e Xián. Tamén; Benji, Abel, Oscar Fari, Alberte e Peski.
  • Corcubión: Bruno, Eli, Mario, Álex, Gorka, Iago, Tano, Adri, Martín, César e Luisete. Tamén Joaquín, Antón, Eva e Porto.
  • Gol: 0-1, m.55: Adri.
Monte Louro - Corcubion-Edu Olveira 3
Monte Louro - Corcubión-Edu Olveira

Partido moi sufrido e disputado en Louro. Salan os locales máis enchufados, tendo ocasións pero sin chegar a crear perigo, pero estiveron máis imprecisos que nunca. Os visitantes non se atoparon cómodos ó principio do partido e costoulles entrar en xogo. Co 0-0, que puido ser o resultado final, chegaríase ó descanso.

Xa na segunda metade os corcubioneses foron entrando no partido, tendo máis ocasións ata que Adri de cabezazo axustado ó pau faría o gol do partido. A partir de aí asedio do equipo de Louro, co Corcubión defendéndose en área propia. Os visitantes pasarían os últimos minutos con 10 xogadores por expulsión de Antón por doble cartón e César pudo facer a sentenza nunha contra. O Louro o intentou de todos os xeitos e mesmo tivo un man a man de Lois antes de ser expulsado, e un par de balóns ó longueiro, pero o marcador xa non se movería.

A peor nova no cadro de Nito foi a lesión de Mario, que volvía aos campos tras levar moitos meses mal dos abductores e tivo un mal xiro no xeonllo e está á espera da inspección.

 

Muxía - Ponteceso (3-2)

  • Muxía: Joselu, Adrián Alcaina, Congui, Gusa, Michael Vilela; Anxo, Mauro Romaní; Iago Muíño, Maikel Mouzo, Manu Nogueira. Tamén: Domingo, Fran Moreira, Toja, Alex e Xan Nogueira.
  • Ponteceso: Álvaro, Jesús Cotelo, Eloy Trigo, Luis Varela, Luca, Moscoso, Alberto Recarey, Eloy Santos, Eloy Álvarez, Ángel e Martín Puente. Tamén: Roberto.
  • Goles: 0-1, m.29: Alberto Recarey; 1-1, m.28: Michael; 2-1, m.70: Mauro Romaní; 2-2, m.73: Ángel; 3-2, m.90: Toja
Grupos tecnicos do Muxia e Ponteceso
óscar Leis, Julio Vila, Luís Romaní, Pablo Mallón e Diego Lobelos forman os corpos técnicos de Muxía e Ponteceso

Un mermado Ponteceso fixo un bo partido ante un muxía que queda cos puntos. Arrincaron ben os de Leis e Lobelos, con ben con varias ocasions claras para meternos por diante. Maikel Mouzo, desta volta de extremo esquerdo, estrelou un disparo na cruceta. O Ponteceso moi metido atrás tamen propiciado polo vento en contra que tíñan. Saíron 2 veces ben a contra pero Joselu estivo seguro. Así e todo os visitantes adiantariase a saida dun corner que sacan o borde da area e Recarey golpearia ca súa clase habitual. Rápido empatou o Muxía cun gol do capitán Michael Vilela nunha xogada embarullada.

Tras o descanso o Ponteceso seguiu defendendo en bloque baixo, e o cansanzo ía facendo mella tendo só 12 xogadores na convocatoria. O Muxía fíxose amo e señor do xogo, e con paciencia tratou de crear ocasións. Aguantaron ata que Mauro entrou na área e cun duro disparo puxo o 2-1, Case sen tempo a celebralo, nun balón longo que o Muxía pedía fóra de xogo, Ángel empataba de novo. Tocaba remar de novo indo pola vitoria que chegaría no desconto por meido de Toja.

 

Muros - Outes (0-0)

11 do Muros
11 do Muros
  • Muros: Xandre; Fran, Pelos, Dani, Jurjo, Juanchy; Xaco, Varo, Gesto, Xavi, Alex e Thiago.
11 do Outes con Mario
11 do Outes con Mario
  • Outes: Alex, Jura, Aleandro (Kevin, m.75), Cutu, Leo; Martín, Capelo, Veleiro, Caamaño (Aarón, m.55), Joao (Santi, m.25) e Iago.

Freou o Muros ao Outes nun choque no que os porteiros foron protagonistas. A intensidade dos muradáns conseguiu maniatar aos de Miguel Ramos, que tardaron moito en entrar no partido, malia levar algo máis o peso do balón. As chegadas eran os locais, que mesmo tiveron un penalti que para Alex Pouso.

Os locais tiveron unha triple ocasión de Xavi, Gesto e Alex pero non entraban. Na segunda metade foron algo mellores os da Serra que tiveron unha boa ocasión que salvou Xandre. Tamén Alex tivo que salvar con dous paradóns un tiro de Dani Jurjo e outro a Iván Cerilla.

 

Corme - Cabana (3-2)

  • Corme: Adrián, Jesús, Brais Pombo, Aitor, Hugo, Eloy Villar, Isra, Miguel, Samu Costa, Manu Bermúdez, Brais Pailos.
  • Cabana: Diego Suárez, Aarón, Naka, Sergio Ferreiro, Rubén (Raúl), Fernando, Sergio Antelo, Moreno, Simón (Diego Cacha), Raúl Corzón, Castro (Manuel).
  • Goles: 0-1, m.9: en propia; 0-2, m.12: Aarón Casás; 1-2, m.55: Miguel; 2-2, m.77: Lucas de falta; 3-2, m.84: Noel Vidal.

Partido condicionado polo forte vento, que fixo que un tempo fose para cada equipo. No primeiro tempo superioridade absoluta do Cabana que puido irse cun marcador máis claro que o 0-2 que lucía o marcador, creando moito perigo a balón parado.

Cambiou o conto na segunda, e co vento a favor puxo cerco á meta visitante. Subiron liñas os de Ángel obrigando aos de José Manuel a meterse atrás, pero aínda con opcións nos balóns longos ás costas da defensa local. O Corme metíase de cheo no partido por medio de Miguel, e foi creando o ocasións ata o empate, que chegaría nunha falta de Lucas dende o borde da área que se colaba polo pau do porteiro. Chegaban máis ocasións para os locais (os visitantes tamén pediro dúas penas máximas e protestaron un gol anulado a Manuel) e noutro centro sería Noel que lle daba defintivamente a volta ao marcador, deixando os puntos no Cairo.

 

Cee - Castriz (3-0)

  • Cee: Maikel, Colombia, Isma, Rubén, Jon, J uan Oreiro, Bruno, Adri, Chema, Eze, Gabri.
  • Castriz: Juan, Sam, Saul Proupín, Anxo (Alex Mourelle, m.30), Adrián Rod. (Carlos, m.51), Alex Pérez, Sebas, Adrián Gemelo, Iván Facal, Pastor, Braulio.
  • Goles: 1-0, m.12: Bruno á media volta; 2-0, m.33: Eze de penalti; 3-0, m.72: Eze.

Houbo festa do Socio en Castriz na noite sabatina… E o Cee aproveitouno facendo un partido serio e esperando que as forzas dos visitantes foran gastándose. Adriantouse pronto o Cee por medio de Bruno. Tiveron o empate na primeira metade os de Miguel Chouza, pero Brauliio mandou a cruceta e Adrián García ao longueiro. Un penalti de Alex Mourelle que aínda estaba frío, á media hora, deixou practicamente sentenciado o choque. Pouco puideron facer na segunda metade uns espesos xalleiros ante un Cee moi ben armado, que soubo aguantar e sentenciar nunha contra.

Oza - Volantes (1-0)

  • Oza: Brais; Alex Bilounga, Alberto, Iago Rodríguez, Alex Martínez, Dani Mato, Lavandeira, Alex Vázquez, Dani Iglesias, Freire, Nico e David LP.
11 do Volantes
11 do Volantes. Foto: Adriana
  • Volantes: Alex de Yi, David Pais, Oscarín, Alex Figueiras, Iago, Kajulo, Rodrigo, Pablo Martínez, Pesco, Kevin e Diego.
  • Gol: 1-0, m.19: Nico de penalti.
Oza Volantes
Oza - Volantes. Foto: Adriana

Vitoria sufrida, a primeira da temporada, ao Oza ante un atascado Volantes, que saía con intención de mandar no choque, pero que nunca se atopou e que se queixo da permisividade do colexiado. Adiantouse o cadro local dende os 11 metros por unhas mans, e foron superiores na primeira metade, con dous balóns ao pau.

Na segunda mellorou o equipo muradán, con cambio de sistema e algo máis de profundidade, pero o Oza aguantaba con intensidade. Tivo o empate o Volantes no desconto cun penalti de Pesco que marrou.

 

Máis crónicas da 2ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios