Sábado. 20.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: O líder… das remontadas

Corme CF-SD POnteceso no Cairo-Foto-Brais Pose e David Antelo 2
Imaxe do derbi Corme - Ponteceso no Cairo-Foto-Brais Pose e David Antelo
2ª Galicia: O líder… das remontadas

7 remontadas completadas (e tres máis que remataron en empate) leva o Corme esta temporada. Choques como o de Muxía (chegou a ir 0-3 abaixo), ou coa Esteirana (0-2), demostran que o partido non acaba nunca aínda que lle vaias gañando ao Corme.
Volveuno facer este domingo no derbi de altura celebrado no Cairo ante o Ponteceso. Adiantábanse os de Pablo Mallón, pero na segunda metade, o equipo de Lelo aproveitou o vento a favor para darlle a volta ao marcador, e facerse máis líder. Son 3 puntos de vantaxa sobre a Esteirana e agora 4 sobre o propio Ponteceso.

Polo demais, o Muxía alcanza ao San Lorenzo na loita por un cuarto posto que pode ter premio da Promoción (van os dous mellores cuartos).

A xornada deparou ademais a volta aos bancos de Roski. O adestrador da Ponte do Porto colle o relevo de Barca e Curro, e da solución provisional de Taski, nun Baíñas ao que lle toca rexurdir se non quere acabar enleado cos arrastres.

Por abaixo, ademais do novo empatiño do Cabana, o protagonista foi o Buño, que como nos contaba Brais, demostrou ante o Muros que vai pelexar ata o final.

 

Baíñas - Esteirana (0-4)

  • Baíñas: Paulo, Héctor, Cristian Canosa, Esteban, Canosa, Charly, Samuel, Hermida, Javi Oreiro, Baba e Víctor.
  • Esteirana: MJ, Simón, Tobío, Dani Rama, Dani Corniños, Alex Rama, Adri, Samuel, Raúl, Carajillo e Elías. Tamçen: Álvaro, Pablo Rama, Xián, Pachi.
  • Goles: 0-1, m.44: Elías de penalti; 0-2, m.60: Elías;: 0-3, m.87: Pachi; 0-4, m.89: Álex Rama.

Estreábase Roski no banco do Baíñas ante un dos aspirantes a todo. E fíxoo con 11 xogadores, ás 15:00h nun campo moi duro (e cos laterais anegados) como é o do Municipal, e cun vento moi protagonista. Na primeira metade, os locais, aproveitando o vento a favor, volcaron o campo cara a área esteirá, ante un cadro de Geno que non era quen de combinar e pasar do medio campo. Pero na útima xogada do primeiro tempo, penalti, gol da Esteirana e na xogada seguinte, expulsión de Baba.

Na segunda, xa cun máis e o vento a favor, a Esteirana dominou e os goles tardaron pero foron chegando.

 

Malpica - Lira (2-4)

  • Malpica: Damián; Dimitry, Andy, Lucio, Belar, Fuentes; Ceide, Migueliño, Aitor; Jairo e Manteca. Tamén xogaron: Brais Cean.Gaby Bello e Josiño Amarelle.
  • Lira: Alex, Marcos (Raúl), David, Óscar, Eloy, Borja, Miguel (Costiña), Manu, Toni, Cristiam e Mamadou.
  • Goles: 0-1, m.2: Cristian; 0-2, m.20: Cristian; 0-3, m.30: Miguel de falta lonxana; 1-3, m.57: Juan Fuentes; 2-3, m.59: Manteca; 2-4, m.70: Mamadou a pase de Toni.

Imaxe do CF Lira- SCD Malpica-Foto-Fede
Imaxe do CF Lira- SCD Malpica-Foto-Fede

Chegaba o Lira a Malpica tras unha serie malísima de resultados e de efectivos. Así que Juan Rey formulou o partido dende atrás, ben armados e sacando contras, que pronto renderon. Cristian nada máis comezar, despois de dous achegamentos locais, e aos 20 minutos abría o marcador. Non estaba o Malpica fino e Miguel, de falta lonxana, ampliaba a renda.

A volta de vestuarios o Malica apretou moito e púxose co 2-3 moi pronto, o que fixo que nos puxeramos un pouco nerviosos e concederamos duas boas ocasions que puderon levarnos o empate. Pero tirou de sufrimento e traballo o cadro de Juan Rey, soubo aguantar, e tras unha xogada individual de Toni por banda, deu un atras para que Mamadou poña o 2-4 e remata o partido.

 

San Lorenzo - Cee (0-3)

  • San Lorenzo: David Penas; Alex, Hugo, Diego Fidalgo, Iglesias, Padín, Pablo Garrido, Diego Varela, Ures, Padín, Fuentefría e Brais Cancela. Tamén: Yago Varela, Alexis, Alex Alonso.
  • Cee: Carlos, Brais, Borja, Jorgito, Patera, Coté, Josiño, Eze, Leo, Bruno e Leandro. Tamén: Tomás e Iago.
  • Goles: 0-1, m.41: Patera remata un córner botado por Eze; 0-2, m.50: Bruno de falta directa; 0-3, m.60: Eze dende fóra da área tras un córner.

Partido moi disputado nas Pedreiras na que o equipo local tiña o dominio territorial, e mesmo comezaba xerando ocasions a través de entradas por banda e centros laterais. O equipo de Rafa, moi serio todo o partido sen conceder apenas un só erro, chegaba tamén á área tival a través de balóns longos, e segundas xogadas. De córner adiantábase o Cee ao fío do descanso.

Na segunda parte foi un pouco máis do mesmo O equipo de Santi Cambón seguía empurrando e entrando por bandas, pero a defensa ceense non se descompuña. Chegou aí unha xogada que pudo cambiar o encontro na que Carlos fai un paradón co pé para evitar o 1-2 de Alex Alonso. Brais Cancela tamén puido ter recurtado nun par de ocasióins. Pronto marcaba Bruno de fermosa falta directa. E Eze facía o terceiro. O San Lorenzo non estaba fino e o partido morriu cun intento de vaselina de Bruno que marchou alto por pouco.

 

Cabana - Cerqueda (2-2)

  • Cabana: Víctor, Aaron, Raúl (Stiven), Rubén, Duda, Pablo (Fernando Beres), Sergio, Manolo (Fernando Rey), Moreno, Castro (Raúl Corzón), Simón.
  • Cerqueda: Darío, Loco Breo, Javi Souto, Pazos, Diego, Estefan, Dani, Breo, Iván Rojo, Nico, Lagoa. Tamén xogaron: Nacho, Julián, Marcos Pensado, Lorenzo.
  • Goles: 0-1, m.15: Javi Souto; 0-2, m.61: Diego; 1-2, m.79: Simón; 2-2, m.83: Raúl.

Partido feo nas Redondas, con poucas ocasións. Saíu o Cabana apretando arriba e o Cerqueda tentando saír xogando. Nun cúrner despois dun choque de cabezas quedou o balón morto e adiantouse o Cerqueda. Seguiu apretando o Cabana que dispuxo de varias chegadas de Aarón, Simón e Castro.

Xa no segundo continuou a mesma tónica, e nunha xogada ben trenzada poñía o 0-2 o Cerqueda. Parecía que o Cerqueda tiña o partido controlado, aproveitando que o Cabana se descolocaba ademais co resultado. Pero a falta de 10 minutos Simón recurtaba, e a base de coraxe, metiu á UD no seu campo, e pelexando cada balón coma se fose o último conseguiu acadar o empate tras un córner.
Aínda no desconto o partido puido caer dos dous lados, primeiro a favor do Cabana cun penalti por man que o árbitro non viu, e despois a favor nun remate a balón parado do Cerqueda que saíu alto.

 

Coristanco - Muxía (1-3)

  • Coristanco: Mauricio, Samu, Sergio, Rubio, Damián, Javi, R, Dani, Álex, Castiñeiras e Villajos. Tamén: Rubén, Corral e Raúl.
  • Muxía: Hugo, Michael, Tati, Julián, Abel, Pereira, Adrián Alcaina, Víctor Alcaina, Mauro Romaní, Isma Márquez e Manu Nogueira. Tamén: Xan, Toja, David e Álex.
  • Goles: 0-1, m.10: Maikel remata unha falta botada por Víctor Alcaina; 1-1, m.15: Javi remata unha falta; 1-2, m.26: Manu Nogueira aproveita o rexeite do porteiro a unha falta botada por Víctor Alcaina; 1-3, m.74: Víctor Alcaina de penalti.

Partido competido con poucos espacios e no que o balon parado tivo protagonismo. Ningún dos equipos era quen de ter o control, e o capi muxián Michael abría o marcador rematando unha falta. Aos poucos minutos, unha falta na frontal transformabaa en gol Javi para poñer o empate provisional. Continuaba a mesma dinámica, e de novo unha falta lateral acababa no 1-2 previo o descanso. Aínda Dani e Villajos tiveron o empate para os de Juni.

Á volta de vestiarios seguíase vendo un duelo disputado, ata que unha patada de Mauricio nunha saída por alto acarreaba súa expulsión e o penalti correspondente. Transformábao Víctor Alcaina, e na celebración prodúcese unha pequena liorta que remata coa expusión de Álex. O partido tivo que pararse pero se reanudou sen maiores problemas.

 

Corme - Ponteceso (3-1)

  • Corme: Suso, Aitor, Javi Peón, Toniño, Alejandro; Sergio Sueiro, Brais, Lucas, Adrián Doldán, Manu Bermúdez e Alejo. Tamén: Dani Casal, Eloy, Samu, e Jesús.
  • Ponteceso: Brais, Isaac, Moscoso, Ismail, Luca, Mendieta, Alberto Recarey, Charro (Maradona, m.75), Abel Torres (Nando, m.85), Puente, Xuco.
  • Goles: 0-1, m.20; Abel; 1-1, m.48: Lucas; 2-1, m.88: Alejo; 3-1, m.89: Lucas.

Corme CF-SD POnteceso no Cairo-Foto-Brais Pose e David Antell
Foto: SD Ponteceso

Gran partido o vivido no Cairo, con dous equipos que non especularon á hora de xogar para deleite dos máis de 300 afeccionados que ateigaron o campo cormelán. O vento marcou o ritmo do partido. O Ponteceso comezaba a favor, trenzando boas xogadas, ante un Corme ao que lle costaba sacar o balón. No ecuador do primeiro tempo, un saque de banda era rematado por Puente, e o rexeite de Suso era aproveitado por Abel para abrir o marcador para os visitantes. Puente e Recarey tiveron sendas faltas que puideron ampliar a vantaxe antes do descanso, mentres só Lucas se achegou, cun tiro lonxano, á meta de Brais.

Pero o cambio de campo foi clave. O Corme saíu enchufado e xa na primeira xogada Alejo avisaba cun balón ao lateral da rede. Sería Lucas cun tiro o segundo pau quen empataría aos cinco minutos da segunda. Eran minutos de alta presión cormelán, ante un Ponteceso no que Pablo Mallón metía máis presencia no medio campo, e conseguía ir igualando a contenda. Charro facía boas internadas pero sen premio.

E cando parecía que o partido acabaría en empate, apareceu Alejo, que nun gran tiro cruzado conseguía convertir en realidade a 7ª remontada (10ª se contamos os empates) do cadro de Lelo. Co Ponteceso volcado nos últimos intres, Lucas aproveitaría un balon en longo para sentenciar o partido.

 

Buño - Muros (4-5)

  • Buño: Brais, David, Miguel Dourado, Fran, Luís Miguel, Zinho, Elías, Bastón, Fabi, Adrián Rama e Juan Antelo. Tamén: Alesander e Manuel.
  • Muros: Rubén; Daniculas, Flavio, Iván Cerilla, Juanchy; Xaco, Gesto, Saúl; Siaba, Xavi, Ivi. Tamén xogaron: Ramón de Lira e Berni.
  • Goles: 0-1, m.44: Xavi; 0-2, m.50: Gesto; 1-2, m.51: Zinho; 2-2, m.58: Juan Antelo; 3-2, m.61: en propia; 3-3, m.66: Siaba; 3-4, m.70: Gesto; 3-5, m.76: Siaba; 4-5, m.88: Luís Miguel.

O CD Muros apoiando Felipe
O CD Muros apoiando Felipe

Partido de tolos en Xaviña, que comezaba de xeito moi emotivo, enviando o equipo muradán unha mensaxe de máximo agarimo ao seu adestador Felipe, trala súa terrible perda.

Os dous equipos deixaban xogar na primeira metade, cun Muros algo máis incisivo tras roubo en campo contrario. A balón parado tamén facían dano os muradáns, pero non foi ata o último minuto do primeiro tempo cando se adiantarían os visitantes cunha boa vaselina a pase de Siaba.

O gol fixo dano aos oleiros, que tardaron en reaccionar, e estiveron a mercé do cadro muradán. Facían o segundo e o Buño, en 10 minutos tolos, con varios erros do cadro vistante, daban a volta ao marcador. Pero regalaron o empate os oleiros, aparecendo Siaba primeiro, Gesto despois e Siaba de novo para colocar, en sendas contras, unha fenda no marcador. Ivi mandou, polo medio un balón á cruceta.

E cando parecía que o partido morrería, Luís Miguel metía de novo aos de Mauro no partido con 5 minutos por diante. Volcouse na meta visitante o Buño, e tivo o empate, cun penalti. Pero Antelo non puido superar a Rubén, que se convertía no heroe muradán.

 

Zas - Castriz (1-3)

  • Zas: Puyol, David Velo, Abdu, Fabián, Bruno, Andrés, Brais, Adrián, Molinos, Manu Guillamet, Manu. Tamén: Damián, Brais, Eloy, Kevin.
  • Castriz: David, Alex Forján, Carlos, Alex Mourelle, Martín Gemelo, Anxo, Rubén, Chiki, Adrián García, Espi e Iván Pastoriza. Tamén: Brais Sendón e Adrián Prol.
  • Goles: 1-0, m.8: Brais; 1-1, m.37: Espi tras unha boa internada de Martín Gemelo; 1-2, m.57: Iván Pastoriza a pase de Anxo; 1-3, m.90: Brais Sendón tras unha falta de pillería.

Comezaba ben o Cerqueda, co vento a favor, e facendo dano a balón parado. Metiuse por diante co gol de Brais, e cando mellor estaba, combinando moi ben, parece que entrou o medio e foron perdendo o control do partido. O Castriz, que comezara moi atenazado, foi pouco a pouco subindo marchas, e conseguía empatar antes do descanso.

Na segunda, co vento a favor, o Castriz fíxose co balón e co partido, e apareceu a calidade dos Espi, Martín Gemelo, Iván Pastoriza ou Brais Sendón, para completar a remontada.

 

Todas as crónicas de 2ª Galicia.

 

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios