Venres. 19.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: Loita brutal polas 3 primeiras prazas

Manu GUillamet no Zas_Cerqueda-Foto UD
Manu Guillamet, á esquerda, foi protagonista no Zas-Cerqueda-Foto Sporting Zas
2ª Galicia: Loita brutal polas 3 primeiras prazas

Quedan 3 xornadas por diante e a cousa está que ferve para meterse entre os 3 primeiros. Polo Sur, a Esteirana ten praza segura pero Muxía, Muros e Camariñas pelexarán ata final por meterse na fase de ascenso. Os muxiáns vencían a un mellorado Cee e deron un paso fundamental. O Muros perdía no derbi ante o Louro e o Camariñas sufría para superar ao Lira, e ten agora na man superar ao cadro muradán a semana que vén.

Polo Norte as cousas estçáinda máis igualadas, con 4 equipos en apenas 3 puntos. O Cabana volve poñerse líder aproveitando o descanso do Coristanco. Castriz e San Lorenzo venceron e todo está pendente do partido do choque aprazado da xornada 13 que os enfronta este mércores ás 21:15 en San Pedro.

Grupo 1A, xornada 15

Baíñas - Outes (2-1)

  • Baíñas: Carlos, Jorge, Maikol, Hermida, Dylan, Ruli, Adrián, Oreiro, Cristian, Víctor e Brais. Tamen xogharon Charlie, Lucas, Chicote e Rodrigo..
  • Outes: Alex, Chía, Chaki, Babu, Cutu, Jura, Martín, Capelo, Veleiro, Eloi e Iván.
  • Goles: 1-0, m.68: Charli; 1-1, m.72: Cutu; 2-1, m.90: Lucas.

Foi un partido igualmente malo, dominado polo vento, que non se decidiu ata os instantes finais pero que puido ter quedado en empate. Na primeira metade apenas houbo chegadas con perigo. Na segunda, os visitantes adaptáronse mellor a favor de vento, pero aínda así eran os de Roski os que se metían por díante nun balón parado que aproveita Charlie. Empataban de contado os de Miguel Ramos, e incluso dispuxeron de dúas ocasions moi claras para poñerse por diante. E cando todo parecía que remataría en empate, nun balón en vertical Lucas escapa dos centrais e de vaselina puxo o 2-1 no marcador sin casi tiempo para reaccionar o Outes.

Cee - Muxía (3-4)

  • Cee: Xacobe, Alex Díaz, Tománs, Christian, Ángel Vigo, Anxo, Jose, Adrián Canosa, Antón Lestón, Pablo Lestón e Bruno. Tamén: Diego, Oreiro, Cristian, Mateo.
  • Muxía: Joselu, Rui, Michael, Gusa, Congui, Víctor Alcaina, Isma Márquez, Mauro Romaní, Castreje, Julián e Manu Nogueira. Tamén: Hugo, Fran Moreira, Javi Rey, Xan Nogueira e Abel.
  • Goles: 1-0, m.17: Víctor Alcaina; 0-2, m.46: Congui; 1-2, m.55: Bruno; 1-3, m.57: Isma Márquez; 2-3, m.61: Cristian; 3-3, m.67: Antón Lestón; 3-4, m.71: Manu Nogueira.

Volveu competir ben o Cee (que ten boas expectativas a medida que vaia recuperando xogadores) contra todo un Muxía, xa afianzado na zona noble, que levou o peso do partido ante un Cee agazapado intentando saír á contra. Na segunda ocasión clara que tiveron os de Diego Lobelos, Víctor Alcaina marca o primeiro nun man a man. O Cee tivo a mellor do primeiro tempo nun tiro ó travesaño de Champi.

Na primeira xogada do segundo tempo, tras varios pases cerca da área local, Congui marca o segundo. Ca expulsión por protestas de Tomás, o partido parecía tranquilo, pero o Cee non se viría abaixo e non tardou un minuto en anotar Bruno o 1-2. Comezaba o carrusel de tantos: Isma facía crecer a diferentcia pero Cristian e Antón conseguían empatar para un Cee que non baixou os brazos en ningún momento e con boas contras, fixeron tres goles estando con un xogador menos.

Pero desta vez foi Manu Nogueira o que só un minuto despois da igualada, puxo o definitivo 3-4, tendo aínda que aguantar 20 minutos para sumar os 3 puntos que os afianzan con 4 puntos sobre o Camariñas.

Lira - Camariñas (0-2)

  • Lira: Balayo, Raúl, Cartamil, Cristian, Elvis, Ángel, Álex, Mamadou, Juan, Oli, Dis. Tamén: Lucas, Isaac, Dani, Santi e Xakin.
  • Camariñas: Pablo, Barreiro, Roi, Rodrigo, Pablo Suárez, Hugo, Moriño, Saviola (Carlos, m.50), Miki (Chocolate m.50), Brandon (Víctor, m.70) e Djbril.
  • Goles: 0-1, m.87: Pablo; 0-2, m.90: Víctor.

Dimitía a semana pasada Gabri Sil no banco do Lira e é Juan Rey o que volve tomar o mando de forma interina. O cadro liracho pelexou ata o final ante un bo Camariñas, que comezaba mandón, movendo rápido o balón e chegando como nunha Djbril ao longueiro, e unha de Hugo na liña de gol. Foise asentando o cadro local que acabou o primeiro tempo na área rival, tendo ata algunha ocasión clara para poñerse por diante.

Na segunda o partido estaba seco, sen demasiadas chegadas, e cando todo parecía que ía rematar en empate sen goles, rebumbio na área local tras unha falta lateral acababa con gol camariñán de Pablo pero anotado a nome de Djibril. Xa co tempo engadido matou Víctor o choque.

Muros - Monte Louro (2-5)

  • Muros: Xandre, Ra, Gesto, Fran, Ivo, Xaco, Álvaro, Ivi, Xavi, Alon, Rubén. Tamén: Flavio, Thiago, Jesús da Meca, Berni Chinana e Isma.
  • Monte Louro: Iago, Juan do Sivil, Juan Lois, Manolo Chouza, Raúl, Yeray, Xián, Dani Sahorta, Piti, Íker e Miguel Verán. Tamén: Antón, Abel, David e Pesco.
  • Goles: 0-1, m.8: Xian; 0-2, m.48: Juan Lois; 1-2, m.54: Ra; 1-3, m.61: Iker; 2-3, m.64: Thiago; 2-4, m.70: Xian; 2-5, m.90: Juan Lois.
Proteccion Civil Muros axudando a Ucraina
Comezaba o choque coa recollida de alimentos por parte de Protección Civil para enviar axuda humanitaria a Ucraína

Sorprendende vitoria dun Monte Louro que viña de 5 partidos sen sumar os 3 puntos, no derbi muradán ante un Muros que suma a súa segunda derrota seguida e perde enteiros para meterse entre os 3 de arriba. Unha alegría ben merecida, en calquera caso para o comprometido cadro loureán, que está no mellor momento da tempada e agora a sorte cae do seu lado.

Adiuantouse rápido o Monte Louro, pero o Muros foise arriba e puxo en apretos a un Iago que estivo moi segiuro baixo paus.

O guión seguía na segunda metade, co Muros máis mandón, pero un Louro que a cada contra marcaba, con Piti, Miguel Verán e Iker arriba, e un Juan Lois que facía moito dano pola banda esquerda. Tralo 0-2, recurtaba Ra a balón parado, pero pouco despois Íker lanza dende a frontal e o balón bótalle mal a Xandre e pásalle por riba. O Muros non decaía e Thiago volvía acurtar diferencia. Pero metía o cuarto o Louro nunha xogada con ata 3 rebotes, case para sentenciar xa o derbi.

Montelouro celebrando un gol-Foto-Edu Olveira
Montelouro celebrando un gol-Foto-Edu Olveira

Grupo 1B, xornada 15

Buño - Castriz (1-6)

  • Buño: Xurxo, Suárez, Fran, Omar, Luismi, Nacho, Íker, Eloy, Juan Antelo, Ferreiro e Adrián Pose.
  • Castriz: Álvaro, Kevin Varela, Samuel, Saúl Proupín, Iván Pastoriza, Anxo, Iván Facal, Adrián García; Noly e Braulio. Tamén: : Martín Gemelo,Fabián, Guillín, David e Alberto Mata.
  • Goles: 0-1, m.3: Noly a pase de Braulio; 0-2, m.22: Iván Facal dende o medio campo; 0-3, m.30: Iván Pastoriza; 0-4, m.58: Braulio; 1-4m, m.68: Antelo de penalti; 1-5, m.87: Adrián García dende fóra da área; 1-6, m.89: Braulio tras un córner.

Arrincou o choque xa co tanto inicial de Noly (xa na parte alta da táboa de goleadores) a pase de Braulio, cun tanto que podería ter sido marcado hai 10 anos. Co marcador en contra aínda non lle perdeu a cara ao partido do cadro oleirán en ningún momento. Facal meteu un golazo dende o seu propio campo vendo o porteiro adiantado; e Iván Pastoriza marcaba o terceiro nunha contra antes do descanso, a pesar de que o choque estaba a ser moito máis igualado.

O Buño saíu co vento a favor na segunda metade, moi metido aínda no partido, ata que Braulio marcaba o cuarto, e aí que a cousa decaeu, tamén cunha expulsión no cadro local.

San Lorenzo - Nantón (1-0)

  • San Lorenzo: Puyol; Kuki, Mateo, Lucho, Fidi; Diego, Garrido, Padín, Eloy; Taibo e Brais. Tamén xogaron: Alexis, Raul e Fran.
  • Nantón: Guillermo, Fran Gavín, Eloy Moreira, Pablo, Diego Bello, Martín, Fariña, Redondo, Pastor, Iván Moreira e Josiño. Tamén: Fuentes, Busto, Manuel, Amado e Muíño.
  • Gol: 70: Brais.

Partido igualado, cunha primeira parte con dominio do balón do San Lorenzo chegando con perigo en dúas ocasións por medio de Eloy e Brais. En calquera caso, as defensas impúñanse aos ataques.

Na segunda metade o partido abriuse un pouco máis ata que no minuto 70 Brais anotaría para os locais. A partir de aí o Nantón volvouse máis colgando moitos balóns á área pero sen atopar o gol.

Cabana - Malpica (5-0)

  • Cabana: Víctor (Diego), Aarón, Sergio Ferreiro, Raúl (Ismael), Duda (Dani), Sergio Antelo, Diego Cacha, Moreno (Fernando), Simón, Manuel, Raúl Corzon (Rubén).
  • Malpica: Borja, Jordan, Andy, Esteban, Dimitri, Roberto Mol, Iván Rod., Laik, Jairo, Aday e David. Tamén: Andi, Joaquín, e Alberto Hombre.
  • Goles: 1-0, m.6: Manuel; 2-0, m.16: Manuel; 3-0, m.36: Raúl; 4-0, m.50: Raúl Corzón; 5-0, m.74: Simón.

Mal momento pasa este Malpica, tras sumar a súa 4ª derrota consecutiva, con pouca implicación e adestramento, e ata xestos de falta de comparerismo. Aproveitouse o Cabana para saír da súa serie de dúas derrotas seguidas. Pronto marcaría Manuel ampliando a súa vantaxe na zona alta dos pichichis. O Cabana dominou totalmente neste primeiro tempo e Raúl á saída dun correr poñia o 3-0. Xa no segundo tempo Raúl Corzón e Simon poñian o 5-0 definitivo no partido.

Zas - Cerqueda (2-6)

  • Zas: Pereiras, Ángel (Manu, m.56), Maikel, Adri (Unay, m.79), Yago, Álvaro (Fondo, m.71), Brais, Dani, Darío (Nico, m.76), Miguel e Marcos (Xabo, m.82).
  • Óscar, Marcos, Javi, Breo Rey, Lorenzo, Gustavo (Nico, m.63), Breo, Iván (Atu, m.80), Manu Guillamet (Jonatan, m.76), Dani.
  • Goles: 0-1, m.14: Manu Guillamet colle adiantado a Pereiras; 1-1, m.65: Darío dende a frontal; 1-2, m.66: Eloy a pase de Manu Guillamet; 1-3, m.69: Manu Guillamet; 1-4, m.70: Iván de cabeza a un córner de Manu Guillamet; 1-5, m.72: Manu Guillamet de xogada persoal; 1-6, m.80: Eloy dende 30 metros; 2-6, m.90: Nico.
Zas_Cerqueda-Foto UD
Foto: Sporting Zas

Mala imaxe do Zas ante un efectivo Cerqueda na que Manu Guillamet tivo a súa tarde de gloria. Adiantábase o Cerqueda, pero avisaba o Zas antes do descanso cun tiro ao posto de Darío.

O propio Darío empataría pero chegaron os minutos da páxara local con 4 goles en apenas 4 minutos co mesmo protagonista, para sentenciar o partido.

 

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios