Xoves. 25.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: Muros e Coristanco confirman o seu pase e o Cabana o título

SD Cabana campiona da Liga da Costa Norte 2022 copia
O SD Cabana proclamouse campión da Liga da Costa Norte en San Andrés moi arroupado pola súa afección
2ª Galicia: Muros e Coristanco confirman o seu pase e o Cabana o título

Rematou a Liga da Costa e o fixo cun emocionante carrusel en www.futboldacosta.com no que se decidiron dúas prazas da fase de ascenso. Son finalmente Muros e Coristanco os que se meten, deixando fóra a Camariñas e San Lorenzo.

Parecía que ninguén quería meterse na Fase de Ascenso no grupo Sur. Muros e Camariñas levan unha serie terrible de resultados e así o confirmaron na última xornada, na que o Muros se meteu cun soso empate ante un Camariñas que perdía na casa. O Muros pasa xunto co campión de grupo, a Esteirana, que perdía o seu primeiro choque da tempada ante un Muxía que acaba a liga regular facendo pleno de vitorias na segunda volta, e pechando o curso na segunda praza.

Polo Norte, o Cabana certificou o seu título vencendo en San Andrés con solvencia. A atención estaba nas Fontiñas, onde o Coristanco necesitaba gañar para adiantar a un San Lorenzo ao que lle tocaba descansar. Así o fixo o equipo de Juni que se cola xunto co cadro cabanés e o Castriz na fase de ascenso.

1ª Fase, Gr. A

Camariñas - Outes (2-1)

  • Camariñas: Pablo Novo, Barreiro (Víctor), Roi (Oliver), Rodrigo, Pablo, Moriño, Carlos (Miki), Nazo, Mario, Dbibi, Brandon.
  • Outes: Alex, Jura, Chía, Babu, Chaki, Cutu, Martín, Capelo, Iván, Eloi e Fran.
  • Goles: 0-1, m.7: iván; 0-2, m.15: Fran; 1-2, m.89: Djibril.

Era unha final para o Camariñas pero non o parecía ao comezo do partido. O Outes saía con moitísima intensidade apretando moito, e creaba ocasións, marcando dous tantos en apenas 15 minutos. Non reaccionaba o cadro local e os de Miguel Ramos puideron levar máis renda para o descanso.

No segundo tempo o Camariñas fixo cambios e tomou o partido. Xa non permitía enlazar dous pases seguidos aos da Serra, que se tiveron que meter atrás. Si que houbo algunha ocasión para recurtar, pero o gol de Djibril chegaba demasiado tarde para meterse no choque, deixando así escapar a ocasión de meterse na fase.

Muxía - Esteirana (2-1)

  • Muxía: Hugo, Peski, Rui, Gusa, Conguito, Julián, Víctor Alcaina, Edu Castreje, Isma Márquez, Mauro Romaní, Manu Nogueira. Tamén: Joselu, Fran Moreira, Javi Rey, David e Xan Nogueira.
  • Esteirana: MJ, Samuel, Damián, Dani París, Farnós, Adrián Louro, Alex Rama, Pablo Rama, Oli, Raúl e Carajillo. Tamén: Priegue, Elías, Pachi, Adri e Anxo.
  • Goles: 1-0, m.10: Isma Márquez; 1-1, m.25: Pablo Rama; 2-1, m.62: Isma Márquez.

Muxia-Esteirana

Chegaba con moitas baixas o líder invicto á gran pedra de toque antes da fase. E o Muxía confirmou que vai en serio polo ascenso endosando a primeira derrota aos esteiráns, e completando unha inmaculada segunda volta. O cadro muxián formulou un choque de alta intensidade, con chegadas nas dúas áreas, e un cadro local máis acertado.

Tras varios avisos un gran pase de Manu Nogueira deixa a Isma nun man a man que define ben e abre o marcador. Protestaron os locais un posible penalti sobre Isma, na xogada anterior ao empate de cabeza de Pablo Rama.

Envorcouse máis o cadro local sobre a meta de MJ, sen deixar saír co balón tocado, presionando arriba, e creando ocasións. Isma fixo o doblete con un centro de Fran, e aínda querían os de Lobelos ampliar a diferencia de cara o golaveraxe na segunda fase. Puido pasar de todo nos últimos minutos. Un man a man de Alex e outro de Carajillo puideron significar o empate, pero por bando local tamén tiveron Fran, Toja, Congui, Rui, Manu e Mauro para ampliar a renda. Ata Hugo subíu nun córner e non afinou no remate.

Monte Louro - Baíñas (3-0)

  • Monte Louro: Iago, Juan do Sivil, Pablo, Raúl, Manolo Chouza; Dani, Riki, Xián, Piti, Ílker e Juan Lois. Tamén: Yerai, Pesco, David, Antón e Borja.
  • Baíñas: Sergio Capelo, Maikol, Brais, Rodri, Cristian Canosa, Lucas, Cristian Hermida, Raúl Antelo, Oreiro, Antelo, Adrián Canosa. Tamén: Carlos, Raúl e Esteban.
  • Goles: 1-0, m.50: Xian a portería valeira a pase de Piti; 2-0, m.60: Xián a pase de Piti; 3-0, m.75: Piti estreouse.
Monte Louro - Bainas
Foto: Edu Olveira

Segue en estado de gracia este Louro, e iso que comezaron os vimianceses dominando o partido durante a primeira media hora. Pero tampocuo tiveron moitas ocasións e cando o cadro local se foi asentando conseguíu comezar a facer dano.

Foi ao comezo da segunda metade cando Xián fixo dous goles seguidos regalados por Piti, que ademais marcaba pouco despois para sentenciar ante un Baíñas que non estaba ben nin en defensa nin en ataque.

Todo boas novas para o cadro loureán, coa estrea de Piti como goleador esta temporada e a volta de Borja aos terreos de xogo tras unha longa lesión.

Piti volveu marcar co Monte Louro
Piti volveu marcar co Monte Louro-Foto- Edu Olveira

Muros - Lira (0-0)

  • Muros: Xandre, Berni Chinana, Jurjo, Xaco, Ra, Gesto, Varo, Jesús, Xavi, Thiago e Ivi. Tamén xogaron: Flavio, Fran, Ángel, Isma e Alonso.
  • Lira: Balayo, Santi, Cartamil, Sebas (Xaquín), Raúl, Elvis, Mamadou, Lucas (Oliver), Juan (Alex Pri), Ángel e Dis.

Cambiou a imaxe dos últimos partidos o Muros, e pareceuse máis ao de comezo de temporada. En fronte, un Lira de Juan Rey que vai collendo xeito. Así arrincaba mellor o cadro liracho pero sen profundidade. O Muros comezaba a facer dano por banda dereita, e Thiago tuvo unha moi boa que para ca cara o porteiro rival. Tamén probou Xavi pero o tiro iríase por riba. O Lira tamén mandaba un balón á cruceta.

Na segunda houbo poucas chegadas claras, ante dous equipos que estiveron máis seguras as defensas e os porteiros salvaron varias chegadas.

1ª Fase, Gr. B

Malpica - Castriz (2-2)

  • Malpica: Borja; Mante, Andy O., Dimitri, Esteban, Jairo, Alber, Jordan, Aday, Andi Rey e Iván.
  • Castriz: Puyol, Martín Gemelo, Saúl Propín, Anxo, Fabián, Samuel, Adrián García, Mata, Iván Facal, Noli, Pastoriza. Tamén: Álvaro, Kevin, Guillín, Braulio e Sergio.
  • Goles: 1-0, m.40: Noli; 2-0, m.50: Noli; 2-1, m.74: Aday; 2-2, m.86: Andy Rey.

Con 11 xustos chegada de novo o Malpica á Pedra Queimada para enfrontarse a un Castriz que tiña o ollo no carrusel para ver que acontecía en San Andrés. O choque estaba soso, e tardaría o Castriz en desfacer as táboas ata o fío do descanso. Ampliaba a renda nada máis saír dos vestarios e parecía que a goleada sobrevoaba o campo malpicán.
Pero nada mais lonxe da realidade. Foi o Malpica que se sacudiu o dominio para volverse en dominador, aproveitando que o Castriz vía que o Cabana tiña asegurado o título. Aday recurtaba e Andy Rey faría o empate a piques do final a pesar de estar con 10 sobre o campo pola expulsión de Jordan e cun tocado sobre o céspede. Boa demostración de que o equipo de Guri está vivo.

Aday e Andy Rey do Malpica
Aday e Andy Rey foron os goleadores do Malpica. Fotos de Federico, que xa anda de volta polos campos tralo seu paso polo hospital

Nantón - Coristanco (1-3)

  • Nantón: Isma, Diego Bello, Busto, Pablo, Amado, Martín, Fariña, Redondo, Gavín, Iván Moreira e Josiño. Tamén: Eloy Moreira, Fuentes, Pastoriza, Juan e Silvariño.
  • Coristanco: Rubén, Jonathan, Juan Lagoa, Mario, Adrián, Corral, Sergio, Castiñeiras, Rubén Rial, Nico e Villajos. Tamén: Belar, Pazos, Dani Vázquez, Borha e Kevin.
  • Goles: 0-1, m.8: Juan Lagoa; 0-2, m.21: Castiñeiras; 0-3, m.47: Jonathan; 1-3, m.90: Iván Moreira.

Non sufríu o Coristanco para conseguir os 3 puntos e adiantar ao San Lorenzo na 3ª praza. E iso que os de Carlos Vidal comezaban mandando un balón á madeira. Pero os de Juni mandaban e xa se adiantaban pronto co tanto de Iván Lagoa e no ecuador da primeira metade sentenciaba ante un Nantón que se metía arriba.

Coristanco metese na fase de ascenso
Foto de familia do Coristanco

Cerqueda - Buño (1-2)

  • Cerqueda: Miguel, Marcos Pensado, Dani Riexía, Javi Souto, Gustavo, Lorenzo, Iván Blanco, Sergio, Nico, Hugo e Manu Guillamet. Tamén: Senén, Alan, Breo Rey, Julián e Breo.
  • Buño: Xurxo, Suárez, Fran, Luismi, Nacho, Íker, Elías, Ferreiro, Sergio Bastón, Adrián Pose e Antelo. Tamén: Ángel, Jorge Calvete, Miguel Dourado, Pablo e Eloy.
  • Goles: 0-1, m.55: Antelo; 0-2, m.71: Luismi; 1-2, m.87: en propia.

Finalizou a liga cun derbi que se levou o Buño, confirmando a súa melloría e suman 3 vitorias consecutivas para pechar a fase. O Cerqueda saía máis dominador, pero non conseguía abrir a lata dun serio cadro oleiro. Arrincou a segunda co gol de Antelo tras un córner protestado polos cerquedáns, e o segundo de Luismi tras un roubo na saída de balón. Intentaba reaccionar o cadro de Jorge Guillamet pero ata o seu gol, xa nos últimos minutos, foi en propia meta.

Zas - Cabana (1-4)

  • Zas: Adrián, Rama, Iago, Fariña, Brais, Dani Mato, Mikel, Miguel, Fiuentes, Fndo. Tamén: Corzon Darío, Anxo, José Ángel e Dani Mato.
  • Cabana: Víctor (Diego), Aarón (Pablo), Sergio Ferreiro, Raúl (Ismael), Duda, Sergio Antelo, Diego Cacha, Diego Moreno (Fernando), Simón, Manuel, Raúl Corzon (Rubén).
  • Goles: 1-0, m.3: Manuel; 2-0, m.35: Duda; 0-3, m.58: Cacha; 0-4, m.79: Manuel; 1-4, m.90: Adrián de penalti.

Imaxe do Zas-Cabana

Saiu o Cabana decidido a polo partido e adiantariase moi pronto por medio de Manuel nunha xogada de Raúl Corzon que rexeitou o porteiro. Duda nun corner poría o segundo e así se chegaria o descanso. Xa na segunda parte Cacha e de novo Manuel poñerian o 0-4. Logo da expulsión de Dani Mato que deixou o Zas on 10 tentaba achegarse á porta visitante pero só no desconto nun tiro q dou na man de Sergio (expulsado) acadou o gol da honra desde o penalti.

 

Comentarios