2ª Galicia: O Outes mantén o liderato tras vencer ao Corme
Parece que vai en serio este Outes de Miguel Ramos que suma a súa 3ª vitoria consecutiva, superando nada menos que a todo un Corme, que aínda está en proceso de renovación. Por detrás xa asoman equipos como o Castriz, un dos favoritos, Cabana ou San Lorenzo, que protagonizaban dous dos partidos máis igualados da xornada, vencendo pola mínima a outros dos aspirantes como Coristanco e Muxía.
San Lorenzo - Muxía (2-1)
- San Lorenzo: Puyol, Fidalgo, Raúl, Lucho, Pablo Garrido, Alex Taibo, Jairo, Andrés, David Villar, Dani Cotelo e Arantón. Tamén: Dani Padín, Andy, Lucas, Alberto Mato e Pablo Díaz.
- Muxía: Joselu, Anxo, Michael Vilela, Maikel Mouzo, Pesqui; Alex, Mauro Romaní, Julián, Adrián Alcaina, Manu Nogueira e Fran Moreira. Tamén: Domingo, Víctor Alcaina, Congui, Matías e Xan Nogueira.
- Goles: 0-1, m.11: Fran Moreira de vaselina; 1-1, m.44: Raúl remata un córner botado por Alex Taibo; 2-1, m.90: Víctor Alcaina en propia.
Intenso partido en Verdillo, con dominio alterno e moito balón dividido no que o Muxia golpeou primero cunha vaselina de Fran Moreira tras un roubo nun saque de banda. O muxián faría o segundo pero o colexiado sinalaba fóra de xogo. Ao fío do descanso o San Lorenzo empata á saída dun córner cun remate de Raúl.
Tras a volta da caseta máis do mesmo, intensidade dos de Carballo que manexaron mellor a permisividade arbitral, sendo expulsado o muxián Maikel Mouzo por protestar aínda a media hora do final. Así e todo, os de Diego Lobelos e Óscar Leis aguantaron moi ben o dominio local e os ataques a balón parado dos locais, e tiveron os seus mellores momentos, mesmo fallando un penalti a 5 do final. Os de Dani Casal non desistían tampouco e apretaron ata que no 94 un gol en propia lles daba a vitoria.
Cerqueda - Muros (2-0)
- Cerqueda: Mario, Marcos, Dani Reixía, Gus, Javi Souto; Lorenzo, Eloy Boedo, Adrián Verdez, Manu Guillamet, Cristian Méndez e Cristian Fdez. Tamén: Miguel, Julián, Hugo, Velo e Nacho.
- Muros: Xandre, Juanchi, Dani, Gesto, Fran, Ramón, Varo, Xaco, Jesús, Xavi, Alonso. Tamén: Thiago, Alex, Quin e Flavio.
- Goles: 1-0, m.20: Eloy Boedo; 2-0, m.80: Julián.
Primeiros 3 puntos para o Cerqueda nun partido que tiven dúas partes diferenciadas nun partido non moi vistoso, ante un Muros que nunca se atopou. Na primeira o Cerqueda roubaba en campo contrario e conseguía presentarse en campo rival aproveitando os continuos erros na saída de balón dos visitantes. Foi nunha presión sobre a central onde Eloy atoparíase cun balón para subir o 1-0 ao marcador.
Na segundo logrou defender o resultado nun partido que o Muros chegou a errar un par de ocasións claras de empatar e a 10’ do final Julian sentenciou o partido ao bater na man a man ao porteiro visitante.
Camariñas - Cee (2-3)
- Camariñas: Jorge, Víctor, Roi (Rodrigo), Oliver, Soule, Moriño, David (Manuel), Carlos (Hugo), Yuyo (Brais), Mario e Djibril.
- Cee: Maikel, Juan, Bruno, Adrián Canosa, Isma, Isaac Fábregas, Jon, Josiño, Chema, Eze e Rubén. Tamén: Colombia, Jorge, Gabri, Borja e Jose.
- Goles: 1-0, m.16: Víctor a pase de Mario; 1-1, m.18: Isaac; 1-2, m.26: Isaac; 2-2, m.55: Djibril a pase de Víctor; 2-3, m.70: Isaac.
Un triplete de Isaac Fábregas batiu a un Camariñas que se metía por diante, a pesar que era o cadro de Rafa o que comezaba máis enchufado, e controlando o medio campo. O gol de Víctor era neutralizado polo home do partido, que conseguía facer o segundo e tivo o terceiro nun balón que foi á madeira. A partir da media hora, os locais comezaron a carburar, e acabaron volcados sobre a área de Maikel.
Comezaba a segunda igual, xa monólogo camariñán, e pronto Djibril daba co empate. Pero cando mellor estaban os locais, na única escapada ceense da segunda, Isaac facía o terceiro. Aínda apretou o Camariñas pero atopouse unha e outra vez cun Maikel espléndido, facendo ata 4 paradas de moito mérito.
Volantes - Corcubión (2-2)
- Volantes: Álex, Tiko, Pablo Equs, David, Rodri, Santi, Miguel, Jandro, Dis, Cajulo e Kevin. Tamén: Manu Yi, Isma, Pesco, Uxío e Riomao.
- Corcubión: Bruno, Rubén, Álex, Nacho, Iago, Antón, Borja, Tano, Adri, Martín e Luisete. Tamén: Rama, Eli e Eva.
- Goles: 0-1, m.11: Iago Lema de cabeza nun córner; 0-2, m.42: Nacho mete un golazo de falta pola escuadra desde máis de 30 metros; 1-2, m.64: Rodri tras unha falta lateral; 2-2, m.87: Isma.
Vibrante encontro no Eleuteiro Balayo, que se metía de cara pronto para os locais co tanto do capi Iago Lema, ante un Volantes que non acababa de entrar no partido e cunha intensidade baixa. Os de Nito tiñan superioridade nas bandas, e facían dano a balón parado. Se o primeiro foi de córner o segundo, contra o descanso, foi de falta fermosa dende lonxe.
Cambiou o sistema Chicho na segunda, dando un paso adiante con extremos e Pesco xa facendo dano entreliñas, pero sobre todo con máis intensidade. Recurtaría Rodri nunha xogada a balón parado, e o equipo laranxa seguiuno intentando ata acadar o empate practicamente sobre o pitido final. Un pase de Pesco en profundidade o cazaba Dis que centraba para que Isma Mayo empatase e celebrase o tanto. Aínda tivo algunha máis o cadro locais a balón parado pero o marcador non se movería.
O Volantes queda con 6 homes na enfermería.
Cabana - Coristanco (3-2)
- Diego, Aaron, Sergio Ferreiro, Raúl, Rubén (Dani), Fernando, Diego Cacha (Miguel), Moreno, Castro (Cristian), Raúl Corzon, Simon (Naka).
- Coristanco: Rubén, Samu, Lagoa, Nico, Sergio, Hugo, Joni, Mario, Casti, Raúl e Corral. Tamén: Javi, Damián, Rubio, Randy e Joni Pose.
- Goles: 1-0, m.5: Moreno de penalti; 1-1, m.15: Casti; 2-1, m.40: Sergio Ferreiro; 2-2, m.44: Corral; 3-2, m.90: Moreno.
Partido tolo, fermoso, dos que fan afección, xogado cunha gran intensidade, con multitude de ocasións para os dous conxuntos e que puido caer de calquera dos dous lados, pero se decantou do cadro local sobre o asubío final. Adiantouse o Cabana por medio de Moreno de penalti cometido sobre Raúl Corzon. Pronto chegaría o empate de cabeza de Casti tras unha falta lateral. O partido era un ida e volta con dou equipos buscando o gol, e aínda habería outros dous tantos, un por bando, antes do descanso, outro nunha falta lateral dos de José Manuel, e unha contra dos de Juni que remataba Corral.
Non baixou o ritmo na segunda, pero si o fixo o acerto. Non foi ata o desconto cando Moreno transformaba unha falta para delirio dos locais.
Ponteceso - Oza (3-0)
- Ponteceso: Álvaro, Cotelo, Óscar Moscoso, Jose, Ángel, Juan Rey, Luis, Alberto Recarey, Eloy Álvarez, Hadrián, Martín Puente. Tamén: Charro, Iván Rey, Pablo, Luca e Mateo.
- Oza: Brais; Alberto (Brais Pombo), Iago Rodríguez, Dani Iglesias, Gustavo (Josiño), Alex Martínez (Efe), Iago Lavandeira, Álex Vázquez Freire, Carlos, Iván Mato e Pace (Gonzalo).
- Goles: 1-0, m.1: Alberto Recarey; 2-0, m.41: Hadrián; 3-0, m.70: Hadrián.
Partido de control local, con partes de de ida e volta, no que o Ponteceso demostrou que á contra é letal. A lesión de Iván Mato condicionou moito aos carballeses, que non puideron responder ao dominio local.
Outes - Corme (2-0)
- Outes: Alex, Jura, Kevin, Aleandro, Stefan, Martín, Capelo, Babu, Veleiro, Mario e Joao.
- Corme: Enrique, Jesús, Brais Pombo, Aitor, Isra, Eloy Villar, Pailos, Hugo, Lucas, Manu Bermúdez e Alejo. Tamén: Adrián, Eloy Liñares, Miguel, Rubén Porteiro e Gabri.
- Goles: 1-0, m.11: Martín nunha xogada ensaiada a balón parado; 2-0, m.40: Capelo.
Saíu moi ben o Outes, presionando arriba, non deixando circular e pisando área rival. En fronte un Corme que aínda está en proceso de adaptación do novo plantel, tendo en conta que apenas quedan 6 homes do ano pasado.
Nunha xorgada ensaiada adiantábanse os de Miguel Ramos, que seguiron mantendo a raia aos de Ángel Pérez, que non conseguían pisar área local.
Na segunda o partido rompeuse algo máis, sen dominador claro e con ocasións nas dúas áreas. Nos últimos 15 minutos o Corme asediou máis e si tiveron dous mans a mans ante Álex que resolveu para manter o liderato.
Castriz - Monte Louro (2-0)
- Castriz: Juan, Carlos, Adrián, Martín Gemelo, Alex Mourelle, Saúl Propín, Sebas Rial, Alberto Mata, Iván Facal, Braulio e Pastoriza. Tamén: Álvarito, Sam
- Monte Louro: Iago, Antón Vidal, Pablo Vidal, Manolo Chouza, Juan Lois, Raúl, Benji, Pardelo, Alvaro Fari, Iker e Xián. Alberte. Miguel Verán, Abel, Riki.
- Goles: 1-0, m.82: Adrián García tras un pase de Anxo; 2-0, m.90: Álvarito tras roubo de Pastoriza.
Partido regular, cun Louro moi ben prantado defendendo moi ben, competindo man a man ante un Castriz que estaba serio atrás, dominando e dominando, pero sen acerto. Apenas conseguía romper a tea de Bibi o cadro local nunha ocasión clara de Braulio que non puido co meta loureán, e nun tiro de Adrián García que tamén salvou un fantástico Iago. Tamén o cadro loureán apretaba e tivo gol anulado a Íker tras unha fermosa parede, un tiro de ÍkerSeguiuno intentando o cadro local na segunda, pero o paso dos minutos os loureáns foron crendo máis nas súas posibilidades de sumar e se estiraban, e mesmo tiveron un case remate de cabeza nunha contra que estivo a piques de acabar en gol. Pero cando os xalleiros, imprecisos ao longo do partido, case decaían da empeña, caíalle Anxo cedíalle un balón a Adrián García para abrir a lata. E co Louro volcado, os de Miguel Chouza sentenciaban co tanto de Alvarito sobre o pitido final.