Venres. 17.05.2024
El tiempo

2ª Galicia: O Outes queda só no alto

Volantes_Cerqueda
Imaxe do Volantes-Cerqueda: Foto: Adriana Fdez.
2ª Galicia: O Outes queda só no alto

A igualdade parece que será a gran protagonista neste comezo de temporada na Liga da Costa. Só o Outes foi capaz de vencer os seus dous primeiros partidos, dando conta da equivalencia da categoría.

O Volantes vencía ao Cerqueda, e o Monte Louro a todo un Ponteceso. O partido da xornada foi o empate, cheo de alternativas do Cairo, no que o Camariñas demostrou que este ano vai competir cos de arriba.

O sábado, o San Lorenzo vencía no San Paio de Refoxos.

 

Volantes - Cerqueda (2-1)

11 do Volantes 22-23
11 do Volantes 22-23.Foto: Adriana Fdez.
  • Volantes: Alex de Yi; Pablo Equs, Rodri, David, Oscar Rey; Santi, Miguel, Kajulo; Kevin, Diego Dis e Manu de Yi. Tamén: Pesco, Xaquín, Jandro, Borja e Tiko.
  • Cerqueda: Mario, Gus, Marcos Pensado, Dani Reixía, Javi Souto, Lorenzo, Castro, Cristian, Nacho, Eloy Boedo, Julián. Tamén: Héctor, Kevin, Christian Velo, Samuel, e Manu Guillamet.
  • Goles: 1-0, m.38: Kajulo remata cunha fermosa volea un centro de Miguel; 20, m.63: Pesco; 2-1, m.83: Manu Guillamet.

Partido intenso en Muros, cun Volantes que saía presionando arriba e obrigando a xogar en longo aos de Jorge Guillamet pero cun bloque moi ben armado e moi intenso atrás para conseguir os balóns aéreos. O Volantes non daba aproveitado os continuos erros do Cerqueda, tendo varias ocasións. Só acertaba Kajulo ao fío do descanso, pouco despois de situarse na media punta e de comezar a facer dano onde a le lle gusta. Manu de Yi (irmán do meta), Diego Dis e Santi tiveron boas ocasións.

No segundo temp os Volantes ampliou a vantaxe ao aproveitar Pesco, nada máis saír, un rexeite na frontal para subir o 2-0 ao marcador. Eran os mellores minutos dun Volantes que chegana por bandas cos seus laterais, e que puido sentenciar coas xogadas de Diego Sis, Migue e Pesco. Pero non o fixo, e o Cerqueda foi víndose arriba. Nun córner, a falta de 10 minutos, Manu Guillamet recurtaba, metendo aos seus no partido, pero sen folgos para a remontada.

 

Corcubión - Cabana (1-1)

ud Corcubion 22-23

  • Corcubión: Bruno, Eli, Díaz, Joaquín, Gorka, Lema, Borja, Tano, Martín, Adri e Lu. Tamén: Nacho, Antón, Eva e Porto.

11 do Cabana 22-23

  • Cabana: Diego, Aarón, Sergio Ferreiro, Raúl, Dani (Ruben), Sergio Antelo (Diego Cacha), Moreno, Castro, Simón (Miguel), Raúl Corzón.
  • Goles: 1-0, m.42: Iago Lema de penalti; 1-1, m.47: Raúl.

Partido condicionado polo forte vento no Novo Cubaleiro (outro deses campos erixidos no cabo) que fixo que se cometeran moitas imprecisióins. Comezaba o Corcubión algo máis dominador, tratando de demostrar que o partido da semana pasada foi un mal soño. Os locais gozaron de varias boas ocasións, mentres que o Cabana protestou un posible penalti cometido sobre Castro.

Si que sinalaba un penalti (tamén protestado polos visitantes) sobre Borja convertido por Lema. Os visitantes atopaban en Raúl as suas mellores accións de ataque. Precisamente sería Raúl o que aproveitaría un erro defensivo local para empatar o partido nada máis comezar a segunda metade. O gol deu ás ós visitantes, que pasaron a dominar o partido e mesmo estrelaron un balón no longueiro nunha falta. Na outra área, os locais sacaban contras como unha que Luís remataba a gol pero previa falta. Co tempo xa casi cumplido, a victoria estivo cerca de caer do bando corcubionés por medio de Borja cun disparo lonxano nun erro defensivo visitante. Cando xa a bancada local celebraba o gol, un defensa do Cabana sacaba o balón na mesma liña de gol.

 

Coristanco - Castriz (0-0)

  • Coristanco: Rubén, Dani, Sergio, Lagoa, Nico, Hugo, Damián, Jonathan F., Corral, Casti e Kevin. Tamén: Belar, Samu, Villajos, Javi e R.
  • Alvaro; Carlos paredes, Alex Mourelle, Samuel; Martín Gemelo, Alex Forján; Anxo, Iván Facal, Mata; Sebas e Braulio. Tamén: Noli.

Con 12 xogadores (e Noli tocado) presentánse o Castriz na Rocheira, ante un Coristanco tan serio coma sempre. A presión dos dous equipos, e o castigado céspede do campo coristanqués (por fin comezan as obras de remodelación do céspede o vindeiro 1 de outubro, que obrigará ao equipo de Juni a xogar en Castriz, ou en Zas, onde vai ir a base do cadro verde) obrigaba a facer moito xogo directo. Foi así un partido moi intenso e disputado, con innumerables duelos aéreos, segundas xogadas, no que as accións máis claras foron a balón parado ou centros laterais á área.

Moita igualdade no primeiro tempo, cun Castriz algo máis asentado. Pero as forzas dos xalleiros ían minguando, e o choque íase abrindo sobre todo no treito final. O cadro local marcaba pero de saque de banda directo, polo que foi anulado; pouco despois tras gran xogada de Corral, quedaba un pase atrás para que que Samuel enviaba por riba do longueiro cando entraba só co porteiro. Tiña a súa resposta o Castriz noutro centro lateral que remataba Braulio dentro da área pequena pero cando xa todos cantaban o gol aparecía Rubén lanzándose dende o pau contrario (emulando a Iker Casillas) para sacala sobre a liña. O propio Braulio forzaba un agarrón que os xalleiros consideraban vermella pero que o colexiado deixou en amarela, e no último suspiro, Rubén volvía demostrar a súa calidade como porteiro salvando un punto.

 

Monte Louro - Ponteceso (2-1)

UD Montelouro 22-23-Edu Olveira

  • Monte Louro: Abel, Juan Lois, Manolo Chouza, Pardelo, Pablo; Raúl, Benji, Xián, Riki, Íker e lAvaro Fari. Tamén: Miguel Verán, Abel Rey, Pesqui, Diego e Antón.
  • Ponteceso: Álvaro, Cotelo, Eloy Trigo, Juan Rey, Alberto Verdes, Iván Rey, Ángel, Moscoso, Eloy Álvarez, Mateo, Martín Puente. Tamén Raúl, Fran Montes, Jose, Luca.
  • Goles: 1-0, m.20: Xián peiteando un centro; 2-0, m.40: Juan Lois de falta directa; 2-1, m61: Martín Puente.

Espectacular primeira metade do equipo de Bibi que ben puido ter marchado con 3 ou 4 tantos no taboleiro. Adiantábase o cadro loureán por medio de XIán, e tiñan remates de Xián, Íker ou Raúl ao pau, un man a man de Álvaro Fari, superando ao Ponteceso en todo. Antes do descanso, unha falta de Juan Lois significaba o segundo.

Cambiou o conto na segunda, cun Ponteceso moito mellor colocado, percutindo unha e outra vez a un Abel (xogador de campo que tivo que meterse baixo paus por ter o porteiro titular expulsado) que cumpliu ás mil marabillas. Á conta, os Miguel Verán ou Riki puideron sentenciar á contra, pero os loureáns sufriron, e tiveron que soportar, ata o pitido final, as constantes embestidas dos de Pablo Mallón.

 

 

Muxía - Muros (0-0)

Juan Porrua no banco muradan
Juan Porrúa no banco muradán
  • Muxía: Joselu, Anxo, Michael Vilela, Maikel Mouzo, Congui, Pesqui; Adrián Alcaina, Xan Nogueira, Mauro, Fran Moreira e Manu Nogueira. Tamén: Ángel, Víctor Alcaina, Alex, Iago e Matías.
  • Muros: Xandre; Fran, Gesto, Jurjo, Juanchi; Ra, Xaco; Xavi, Varo, Jesús; Alonso. Tamén: Kin, Alex, Angel e Flavio.

Muxia-Muros

Unha parte e un punto para cada equipo no choque igualado disputado en Arliña. Empezou o Muros co vento a favor pero sufrindo nos 10 primeiros minutos no que se tuvo que lucir Xandre nunha clara do Muxía. O Muxia tentaba tocar pero costaballe moito saír de atrás co bo traballo do Muros sin balón, que non lle deixaba aos de Diego Lobelos (que volvía xuntarse no banco con Óscar Leis trala súa volta) atopar o seu xogo.
Fran Moreira si que acertou ca porteria nun remate de cabeza pero o arbitro anulouno por fóra de xogo. Na outra área, Xaco tamén estivo a piques de abrir o marcador.

Na segunda, o partido volcábase sobre a área muradá, pero o Muxía non foi capaz de romper o muro celeste formulado por Juan Porrúa, e só puido crear algunha ocasión a balón parado, pero o marcador non se movería.

 

Oza - Outes (0-2)

  • Oza: Brais; Vilariño (Carlos, m.46), Gustavo (Dani Iglesias, m.70)), Alex Bilounga, Alex Martínez (Dani Mato, m.46), Iago Lavandeira; Pace, Nico, Alex Vázquez, David LP e Iván Mato (Fran, m.46).
  • Outes: Álex, Jura, Kevin, Martín, Cutu; Capelo, Veleiro, Mario, Babu, Joao e Caamaño.
  • Goles: 0-1, m.13: Jura; 0-2, m.44: Joao de penalti.

Oza-Outes

Partido moi bregado nos estreito campo anexo das Eiroas, cun Oza moi ben prantado, pero o gol inicial de Jura permitía xogar con calma aos da Serra. A expulsión de Alex Bilounga na primeira metade marcaba o partido, e os de Miguel Ramos sentenciaba ao fío do descanso dende os 11 metros.

A segunda metade foi moi bronca, acabando con 7 xogadores o cadro de Míchel tralas expulsións no segundo tempo de Dani Mato, David LP e Nico. Aínda con 7 aguantaron bastante ben os carballeses, ante un Outes que se limitou a conservar o balón, evitar leas, e pensar xa na visita do Corme.

 

Corme - Camariñas (2-2)

  • Corme: Quique, Jesús, Brais, Aitor, Borja Torrado, Eloy Liñares, Miguel, Eloy Villar, Manu Bermúdez, Lucas e Alejo. Tamén: Adrián, Isra, Brais Pailos, Rubén, e Hugo.
  • Camarilas: Jorge, Barreiro (Víctor, m.69), Roi, Oliver, Soule, Moriño, David, Carlos (Brais, m.85), Yuyo (Manuel, m.80), Mario e Djibril.
  • Goles: 0-1, m.5: Djibril; 1-1, m.48: Alejo de penalti; 1-2, m.61: Djibril de penalti; 2-2, m.86: Lucas de falta directa.

Gran partido o visto no Cairo, xogado con moita intensidade por ambos equipos. O Camariñas comezaba mellor, e pegaba primeiro nun saque de esquina que remataba Djibril a centro de Mario. Deulle confianza ao cadro visitante que doominou o partido moitos minutos, chegando con claridade. Yuyo e Djibril puideron ampliar a renda. Pouco a pouco os de Ángel Pérez foron entrando no partido e dispuxeron de varias ocasións para empatar, dúas de Alejo e unha do xuvenil Borja.

Nada máis saír dos vestiarios, un máis intenso Corme conseguía empatar tras un penalti cometido sobre Lucas e transformado por Alejo. O Corme meteuse dominador do partido, pero tras unhas mans sinaladas polo colexiado permitían a Djibril facer o segundo. Tivo aí o 1-3 o equipo de Cabrejo, pero o balón foi ao pau.

Tocáballe ao Corme volver a remar contracorrente, e nunha falta encargaríase Lucas, con outro fermoso golazo, de conseguir o empate a 5 do final. Aínda tivo Alejo un balón ao longueiro pero o partido remataba con táboas.

 

Cee - San Lorenzo (0-1)

  • Cee: Maikel; Colombia, Adrián, Isma, Bruno, Jose Fraga, Chema, Eze, Jon, Isaac Fábregas, Rubén. Tamén: Pablo Oreiro, Borja, Vilar, Tomás e Gabri.
  • San Lorenzo: Puyol, Mante, Raúl, Lucho, Fidi, Pablo Garrido, Alex Taibo, Jairo, Eloy, Diego e Kuki. Tamén: Alberto, Andrés, Padín, Alexis, Joaquín.
  • Gol: 0-1, m.20: Diego.

Partido moi disputado no San Paio de Refoxos, cun San Lorenzo que comezaba dominando e que se metía por diante. Tivo o segundo o cadro de Dani Casal, pero Eloy marraba baixo paus. O cadro de Rafa íase metendo no partido e tivo o empate nun remate de cabeza que marchou alto por pouco ao fío do descanso.

A segunda foi de cor azul. Os locais dominaron o balón, pero a defensa carballesa impedía ocasións claras. Non houbo moitas chegadas á área, agás a 5 do final, cando o cadro visitante tivo unha contra cun claro 3 para 1 que non aproveitan, e á volta o Cee case consegue o empate.

 

Máis crónicas da 2ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios